2024/03/13

Máis aló da alarma climática

 

    É só unha gráfica. Unha que fai saltar as alarmas dende hai un ano. Unha que representa que a temperatura media do mar, durante cada un dos días de un ano enteiro (11 de marzo 2023 - 11 de marzo 2024), se mantivo en niveis superiores a calquera temperatura tomada ese mesmo día en calquera outro ano anterior.

   Non, non estamos a vivir un inverno suave. Estamos a vivir unha emerxencia climática. Estamos a vivir unha catástrofe.

2024/01/10

500 boliñas cada metro de costa

O buque do sinistro, un de tantos. Collido da Wikipedia, foto tomada por Bahnfrend, lic. CC BY SA 4.0

    Onte, a conta dos 'pellets' que invaden a costa, un grupo de amigos tivemos na rede unha pequena discusión. Pola miña parte, fixen unhas contas rápidas que presento aquí e dan lugar ó título.

    Non discuto a posibilidade do seguinte desastre (haberao si ou si, visto o corredor de paso por Finisterre ou a vixiancia efectiva) ou toxicidade dos grans (que parece cambiar cas horas nun sostido fogo mediático político) señon que espoño sinxelamente que pola súa cantidade, son un impacto no medio a considerar. Aínda que non sexan velenosos ou non se descompoñan pouco a pouco dando lugar a microplásticosm ambas cousascon posibilidades. Non fai falta que sexa un Prestige para que sexa un desastre, igual que non fai falta para observar que a administración pode ter a visión e a xestión centrada noutros puntos ben diferentes da xente ou o ambiente.

    Os datos: máis de 25 toneladas de pellets(1) flotando no mar(2) e chegando ás costas(3), polo de agora principalmente ás galegas(4) en forma de grans duns 0,3 - 0,4 cm de diámetro(5) (non son exactamente esféricos nin iguais).

    Collamos os datos máis favorables, os que menos impacten, e fagamos contas.

    25 toneladas de auga son 25 m3. De boliñas, serán máis, pero collamos os 25 m3

    Se as boliñas son de 0,4 cm de diámetro, temos que cada unha ten un volume V = (4/3)·π·0,23 cm3, ou sexa, 0,032 cm 3.

    Dividindo o volume total entre o de cada boliña, (25 000 000 cm3/ 0,032 cm3) , da case oitocentos millóns de boliñas. Repito, sempre tirando polo baixo.

    Dividindo eses 800 millóns entre 1600 km de costa, da medio millón de boliñas por cada km, isto é, 500 por cada metro, sexa praia ou rochedo. 500 como mínimo, que psr iso collimos os datos máis favorables. Iso sí tomando que todas veñan a parar a Galicia, o  que non é certo, e que todas xa viñeran a parar a terra, cousa que tampouco o é, así como que a distribución sexa equivalente por toda a costa, que tampouco o é (agarraranse máis ó terreo na praia, o fondo dunha ría non se verá igual de afectado que a boca...)

    Con toda a crítica que se poda facer ó cálculo anterior, estimo que non deixa de ser unha boa primeira aproximación que dá idea de a que nos estamos a enfrontar. A poboación e o medio, non os políticos. Animo a ver algo máis do tema na Galipedia, aquí ou aquí.

--

1 26,2, toneladas, din algunhas fontes atribuíndo o dato a quen os transportaba.

2 Logo con densidade menor ca 1 kg/L

3 Aínda queda, suponse, moito por chegar.

4 De dimensións algo variables segundo consideracións, pero sempre case dobre que Asturias, Cantabria e o País Vasco xuntos: preto duns 1600 km segundo o IGN, aínda que a Xunta reduce a súa lonxitude. Asemade, por desastres anteriores, é previsible que a maioría sigan chegando ás costas galegas.

5 Non son exactamente esféricos nin iguais, habendo tamaños aínda máis pequenos, o que aumentaría o seu númeto total.

2023/12/31

Orixe do típico sombreiro xaponés?

     Para despedir o ano en FQ Ribadeo, aquí deixo dúas vistas do monte Fuji. Como se ve, ten cubríndoo unha nube lenticular, un 'sombreiro de nubes', aquí captado dende o chan e polo satélite Sentinel 2. Fonte: Reddit a través de @Divulgameteo. Parécese a un sombreiro típico dos usados no leste asiático, de Vietnam a Xapón, pasando pola China ou Corea (o que non quere dicir que os sombreiros sexan imitación desa nube, e por suposto moitísimo menos, o contrario). 




2023/12/08

Ciencia... do engano

    Atopeime o seguinte. O vídeo non é que me impresionara, mais deixome pensativo...

2023/12/01

Terremoto de intensidade 3,3 en Oroso (Santiago)

    Os datos resumidos recollidos polo IGN do terremoto de hoxe preto de Santiago son:

Captura de pantalla de http://www.ign.es/web/ign/portal/ultimos-terremotos/-/ultimos-terremotos/getDetails?evid=es2023xlxvp&zona=1#

    Outros datos complementarios están dispoñibles na web do Instituto Xeográfico Nacional (IGN)

Un iceberg como media provincia de Lugo

ESA 2023, lic. CC BY-SA 3.0 IGO

2023/11/26

As liñas dos avións a reacción

    En baixo deixo un curto vídeo onde se ve unha liña de condensación dun avión a reacción que xa pasara, outra que está creando outro avión a pasar e un terceiro avión, que por estar a unha altura cunhas condicións de sequidade de aire diferente, non forma liña de condensación. Unha curiosidade.


2023/11/24

Sobre a semana da ciencia en Salvaterra de Miño

    No XXXVI Congreso de Enciga tivo lugar a presentación da ponencia 'Deseño dunha semana de ciencia nun IES', presentada por Sandra Parada Nogueiras e Verónica Simón Otero. Como dende o comezo vin interesante o tema, relacionado coas feiras de ciencia, gravei un vídeo. Está sen editar e ten mala calidade de realización, pero coido que transmite ben o que foi. Unha introdución pode acharse un pouco máis en baixo, o resume enviado ó Congreso.





2023/11/05

Lembranza do antigo instituto

    Non sei o ano exacto, pero esta foto do antigo IES Rodríguez de Valcarcel de Ribadeo ten xa uns cantos (ó mellor daquela xa deixara de usarse ese nome...)



2023/11/04

As mulleres que nos levaron á Lúa

    Hai algún tempo pasou por diante dos meus ollos a exposición da que remato de retrovar as fotos. coido que é aproveitable. Aquí queda:














2023/08/10

Baixo o Sol

47,4 ºC, foto de Pancho Campos

    Dez de agosto. O sol quenta. Recibo unhas fotos de Pancho Campos nunha serie de quecemento dun termómetro dixita posto ó Sol. 47º C en Ribadeo. É ó Sol, o máximo no día, pero non por iso deixa de ser moito. Para Ribadeo ou para outro lugar. A gráfica resultante é:


    Segundo os datos da estación meteorolóxica de Pedro Murias, alí, a unha altura de 1,5 m sobre o chan, a temperatura tería acadado o seu máximo hoxe ás 11:40 UTC (13:10 hora legal), pasando de 28 ºC (termómetro nun lugar ventilado protexido do Sol), lixeiramente por baixo da tempera máxima deste verán, acadada o 28 de xullo:

    Ben, non é tampouco a temperatura máxima medida na Pedro Murias, que data de aló polo 2017. Pero todos eses son datos puntuais. A cousa é que a temperatura media do mes pasado foi a máis alta rexistrada para un mes no que leva a estación meteorolóxica de Pedro Murias, que pouco a pouco, ó longo do século vai marcando máximos. O último sobre un mes completo, o de xullo, cunha temperatura media de 20,0 ºC. A ver agosto se segue a subir... Benvidos ó quuecemento global.

2023/07/06

A estrela Rosalía de Castro e o planeta Río Sar


    Se miras nas páxinas da Unión Astronómica Internacional, a máis do asteroide Rosalía (podes 'velo' evolucionar aquí e obter todos os seus datos astronómicos aquí) poderás atopar 
https://www.iau.org/public/themes/naming_exoplanets/, (hai unha versión en portugués ou en castelán, pero hai dificultade para facer a ligazón correspondente) onde nunha lista verás, despois dunha introdución explicativa, o seguinte:

List of Exoplanet Names

Object TypeAstronomical DesignationApproved NameCitationProposerWorld Region
PlanetHD 149143 bRiosarRio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.IAU100 NameExoWorldsSpain

    É dicir, existe un planeta chamado internacionalmente Río Sar ('Riosar') que xira arredor da Estrela Rosalía de Castro. Chamado así dende 2019, a información é maior se se descarga unha folla de cálculo (https://www.nameexoworlds.iau.org/_files/ugd/6358ac_f8290c984e9a47b1bba9e6c31d9ff48c.xlsx?dn=NameExoWorlds%20fulltable.xlsx), na que aparece:


É dicir, cinguíndose ás cabeceiras de filas (Country /Name Star /Citation Name Star /Name Exoplanet /Citation Name Exoplanet /Theme /Star catalog ID /Exoplanet catalog ID /Constelation /Star colour /Star type /Link to SIMBAD )

Spain

Rosaliadecastro

Rosalia de Castro was a significant figure of Galician culture and prominent Spanish writer, whose pioneeting work often referenced the night and celestial objects.

Riosar

Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.

Names and places associated with the writing and life of Galician and Spanish writer Rosalía de Castro (1837–1885).

HD 149143

HD 149143 b

Ophiuchus

yellow

dwarf

http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-basic?Ident=HD+149143

    O que, facendo a interpretación, di que a estrela chamada Rosalía de Castro, que aparece no catálogo estelar como HD 149143 (é dicir, do catálogo Henry Draper, a nº 149143), ten un planeta, HD 149143 b, que corresponde co nome internacional de Río Sar. A estrela é unha anana amarela situada na constelación de Ofiúco. A ligazón corresponde a outra base datos. Na ligazón de nameexowotlds citada detállanse asemade os avistamentos, que son moitos.

    En relación a quen é Rosalía e o río Sar, coido que non paga a pena máis detemento por moi coñecidos. De calquera xeito, aí quedan as ligazóns á Galipedia.

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.