Na procura doutra cousa, atopeime entre outras cousas co traballo "
DESTRUCCIÓN DE LA CIENCIA EN ESPAÑA. LAS CONSECUENCIAS DEL TRIUNFO MILITAR DE LA ESPAÑA FRANQUISTA" ou cunha
lista de persoas relacionadas coa ciencia represaliadas despois do 1936 na Universidade de Madrid. Como homenaxe mínima, traduzo deste último traballo a parte correspondente ós físicos, poendo algunha ligazón naquels con máis sona:
Honorato de Castro Bonel, catedrático de Astronomía Xeral, separado da Universidade exiliouse en México.
Pedro Carrasco Garrorena, catedrático de Física Matemática, separado da Universidade exiliouse en México, foi profesor da UNAM e do IPN.
Blas Cabrera Felipe, catedrático de Electricidade e Magnetismo, exiliouse en México, foi director da revista Ciencia.
Manuel Martínez Risco Macías, catedrático de Acústica e Óptica, separado da Universidade exiliouse en Francia, onde foi Maître de Recherches no Centre National de la Recherche Scientifique.
Arturo Duperier Vallesa, catedrático de Xeofísica e Física Teórica Experimental, separado,exiiouse na Gran Bretaña, onde traballou na Universidade de Birmingham e no Colexio Imperial de Londres, ó inicio des anos cincoenta voltou a Madrid, onde recuperou a súa cátedra.
Nicolás Cabrera Sánchez, auxiliar de Termoloxía, exiliouse nos Estados Unidos, foi catedrático de Física na Universidade de Virxinia, en 1969 regresou a España, onde se fixo cargo da dirección do Departamento de Física Fundamental na nova Universidade Autónoma de Madrid.
Fernando Lorente de Nó, encargado da cátedra vacante de Mecánica Celeste, non voltou á Universidade.
Marcelo Santaló Sors, axudante de Astronomía, exiliouse en México, ocupou altos cargos na OEA.
José Tinoco Acero, auxiliar de Astronomía, foi sancionado coa inhabilitación “para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para opositar y desempeñar cargos docentes en un plazo de seis años y la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio por espacio de cuatro años”, non voltou á Universidade.
Eduardo Gil Santiago, auxiliar de Acústica e Óptica, foi sancionado coa inhabilitación “para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para opositar y desempeñar cargos docentes en un plazo de seis años y la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio por espacio de cuatro años”, non voltou á Universidade.
Rafael Carrasco Garrorena, auxiliar de Física Matemática, Astronomía Física e Xeofísica, foi sancionado coa “inhabilitación para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio o cargos anejos a la enseñanza en un plazo de cuatro años”.
Miguel Ángel Catalán Sañudo, catedrático de Estrutura Atómico-Molecular e Espectrografía, separado da Universidade, en 1945 foi readmitido “con la sanción de inhabilitación para el ejercicio de cargos directivos y de confianza y pérdida de haberes y demás emolumentos no percibidos”, foi expulsado do Instituto Nacional de Física e Química.
Martín Fontela Álvarez, mecánico da Facultade de Ciencias, fi expulsado da Universidade.