Tódolos días teñen a súa 'física preferente'. Hoxe chove. Logo, física da atmosfera. Por non falar do movemento de caída das pingas. Ou da tensión superficial, insuficiente para evitar que nos mollen.
Pero tamén podemos aplicar todos e cada un dos días, a cada momento, unha física xeral', pois todos os días a gravidade axúdanos a levantarnos da cama, ou a camiñar. E o rozamento? Sen el estariamos perdidos: o xeito de impulsarse tería que relacionarse coa acción e reacción. Claro que incluiría tamén o electromagnetismo, coas correntes eléctricas que nos recorren nervio a nervio. Ou a óptica, por suposto, para a análise da realidade que nos rodea.
En fin, poderiamos seguir, e seguir. E iso é o que se debe facer para tentar que a xente nova comprenda que a física está aquí, entre nós, para quedarse e facernos máis humanos, facilitarnos a vida, permitir a comprensión das cousas (nós incluídos), ...
- Participando no XX Antroido da física, da man de Resistencia numantina. -
Feira da Ciencia 2026. Nota de prensa homenaxe a Díaz Fierros
-
Adxunto nota de prensa, fotos e ligazóns: Homenaxe ó profesor Díaz Fierros
na Feira da Ciencia de Ribadeo “Ribadeo, un faro de ciencia” foi o lema da
XXXI ...
Hai un día
Ningún comentario:
Publicar un comentario