No vídeo da 1ª Feira da ciencia de Ribadeo, o seu final indica que ó rematar unha feira comeza (a preparación de) outra. Na realidade, ambas solápanse, pois quenes pasaron pola feira saben que queda traballo ó recoller: trátase de organizar o recollido, rematalo algunhas veces, sempre levantar a memoria, ... mentras que si, xa se vai pensando na próxima edición.
Onte rematou a XVIII edición da feira, e agora, na wiki (tamén algo caerá no blog), é o momento de comezar a cargar fotos, vídeos, as memorias cando vaian estando, ... Polo momento, xa hai unha ducía de fotos que irán aumentando con seguridade ata máis dun centenar. Por certo, se queres enviar fotos da feira, hai lugar para elas.
Convocatoria para a paz. Ribadeo, domingo 20260614
-
Queda o cartel de Suso para a ocnvocatorai do encontro semanal pola paz en
Ribadeo. Desta volta, o domingo (coma sempre), 14 de xuño. Adxunto deixo
tamén a...
Hai 13 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario