Hai poucos días fixen unha entrada sobre o clima do verán ribadense (
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/09/rematou-o-veran-verdade-climatoloxica.html), na que esta mesma noite descubrín unha anomalía grave nos datos. Laméntoo. Coido que compre corrixila, o que fago nesta entrada a unha non habitual, repetindo a anterior xa corrixida e completando agora parcialmente con datos sobre choiva extendidos a todo o ano, durante todo o século actual. Fago a mesma salvedade que fixen na pasada entrada, pois hai falta dalgún día solto que pode variar lixeiramente o resultado dalgún ano concreto. O 2001, debido a que ten abondas faltas no comezo de ano, non o computei como ano completo.
O verán rematou o 22 de setembro preto das 5 da tarde
hora oficial. Despois de cada verán, sempre hai comentarios sobre como
se desenvoltou. E resulta que as percepcións subxectivas poden
coincidir moi ben coa realidade meteorolóxica ...
Deixo abaixo gráficas e datos de temperaturas e cantidade de choiva dos veráns do século:
Vese
que as temperaturas medias do verán (22 de xuño a 21 de setembro, ambos
incluídos) deixan a 2012 en 4º lugar, por tras de 2006, 2004 e 2003. Se
ben, como se pode ver nas táboas de abaixo (ordeadas a primeira por ano
e a segunda por temperatura). Non obstante, as de 2004 e 2003 son case
imperceptiblemente iguais ás de 2012, sendo só as de 2006 netamente máis
altas.
En
canto á choiva, aclarar que mentras que algunha falta de datos nas
temperaturas non inflúe grandemente pola homoxeneidade do verán, unha
equivalente falta de datos nos correspondentes á choiva, si que poideran
variar a gráfica de precipitacións, de aí que anote nos datos de 2004 e
2009 faltan medidas na web correspondente a Pedro Murias, de onde tomo
os datos deste artigo.
Coa
salvedade antedita sobre os datos, unha volta corrixidos, obsérvase que o verán 2012 si foi
especialmente seco en Ribadeo, completando o terceiro ano consecutivo de veráns secos, e véndose na gráfica que ó longo do que levamos de século, os veráns tenden a ser máis secos.
-- -- --
O primeiro gráfico novo representa a media de choiva acumulada ó longo dun ano para un día dado. É unha gráfica que me sorprendeu ó facela pola súa limpeza. Vese que a cantidade de choiva caída vaise acumulando ó longo do ano, pero distínguense zonas de máis precipitación e zonas de menos. Ó final hai unha caída (o día 366) que corresponde ó feito de que este século levamos só rematados dous anos bisestos, un deles o máis seco ata o momento.
Na segunda imaxe dividín a gráfica por tramos (obviando o do 366). Así pódese observar que ata o día 160 aproximadamente (10 de xuño), o réxime de choivas é prácticamente constante, pouco maior de 2,5 L/m
2 e día. De aí ata aproximadamente o comezo astronómico do outono (21 de setembro), é dicir, prácticamente o verán, o réxime baixa a súa media, pasando a pouquiño máis de 1 L/m
2 e día de xeito uniforme. De aí e ata comezo de decembro (pouco máis de dous meses, no comezo do outono), de novo volve a producirse unha uniformidade de choiva, pero esta vez maior, sobrepasando os 4 L/m
2 e día. O mes de decembro volta a ter un réxime de choiva semellante ó de comezos de ano.
O anterior, en canto ás medias. Desglosado ano por ano, temos a seguinte gráfica, onde se pode observar que no 2006 (1300 L/m
2 ) choveu máis do doble que no 2004 (600 L/m
2 ), e que o conxunto deste ano , a 30 de setembro, era o máis seco dos referidos.
Como casa isto co referido no post anterior? Pois por dúas razóns: O inverno foi con diferencia o máis seco do século e o verán, tamén, se ben xusto antes do cambio de estación houbo unha choiva que convertiría o conxunto nun ano máis normaliño, aínda que algo máis seco que a media.
Vémolo coas marcas da gráfica seguinte, onde se ven os de días de choivas en xuño e a lenta evolución ata a marca de fin de setembro, últimas medidas recollidas.
-- --
Despois do anterior, quizáis veña ben unha reflexión: remataba o artigo que tento corrixir indo contra a percepción subxectiva. E está demostrado que a subxectividade moitas veces traballa en contra da realidade. Pero non sempre. E cos datos obxectivos tamén se pode equivocar un no seu tratamento (ou na súa obtención). Algo que hai que ter en conta...