Os datos xa teñen anos. Están feitos por catro alumnos de 1º bac, collendo cantidades semellantes de auga e mecheiros semellantes, e datos cada minuto ó comezo (os últimos, con horas de arrefriamento, están tomados por min).
É só unha mostra, sen conclusións nin máis pretensións ...
As táboas e gráficos xerais, o segundo cortado ós datos recollidos polos alumnos,sen as 'rectas' finais...
As curvas de quencemento xerais, comezadas dende o acendido do lume e truncadas as dúas máis rápidas no momento máis cálido e as outras dúas ós 12 minutos, onde se intúe máis que se ve que as temperaturas aumentan máis rápido canta menor diferencia de temperatura co ambiente ten o líquido ...
Os incrementos de temperatura, minuto a minuto, nun dos conxuntos de datos, no que se pode observar que os incrementos de temperaturas ó quencer van diminuíndo, e logo, ó arrefriar, tamén van diminuíndo ...
E a gráfica de temperaturas correspondente a dito conxunto de datos:
todas as táboas de datos e gráficas están colgadas en http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/1Bac
Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo
-
Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo
Remato o domingo coa impresión dun espazo humano, un pequeno recuncho
no que case corenta persoa...
Hai un día
2 comentarios:
Nos facemos unha práctica semellante en 2º curso de Enxeñaría para calcular o coeficiente de transmisión de calor por convección (ley de arrefriamento de Newton). Alédome que nos institutos se fagan cousas semellantes.
Ben, non creo que sexan comparables, pero alédome de írmonos achegando na educación que creemos convinte. Lémbrome dunha práctica en 1º de carreira que ... é longo, cando nos atopemos, explícoche.
Publicar un comentario