A selectividad sempre é un trago para os estudantes, aínda que saiban que a ratio de aprobados non corresponde na realidade co nome pomposo dunha selección.
Coido que o exame de Física na selectividade neste setembro en Galicia é quizáis algo máis difícil da media deste tipo de exames, non polos temas ou complicación intrínseca, senón polos pasos a seguir, que estimo algo máis longos que isa hipotética media.
Había que escoller unha opción das dúas, hora e media de máximo, un venres ás 9 de mañá.
Pero, ano tras ano, exame tras exame (e non só de selectividade), e aínda que haca un convencemento de partida, sempre queda a dúbida do nivel, do tipo, da conveniencia en si...
Ti, que opinas? Que te parece a selectividade tal como está disposta agora (a lembrar que está previsto que cambie en breve)? Que ventaxas e inconvintes lle atopas a este tipo de exame? Que te parece o nivel?
NOTA: Esta entrada participa na XLIV Edición do "Carnaval da Física" que este mes organiza Marta Macho no seu blog ZTFNews.
Dous artigos sobre o antroido. Eli García-Bouso
-
Deixo a continuación dous artigos de Eli García-Bouso publicados en La
Comarca del Eo dos días 8 e 15 de febreiro de 2025:
*O A(E)NTROIDO*
P...
Hai 2 días