Estou a ler unha revista de artigos de análise sobre a educación en España (La importancia de la educación. eldiario.es, otoño 2015). E decátome: boa parte dos razonamentos son enmarcables en conceptos, leis e relacións entre magnitudes físicas. Algo como a teoría xeral de sistemas, tendo como punto de partida a física e punto de achegamento o manexo educativo (que non exactamenter a educación).
Vexamos algúns exemplos para amosar o que digo:
1.Falando de PISA, chega a '(...)los retrasos educativos se pagan durante generaciones, porque la relación entre lo que fujimos y lo que somos es fuerte en todos los campos, pero mucho más en éste'. Vexamos: en calquera movemento, as condicións iniciais, a posición inicial en concreto, non determina a posición ó longo do tempo?
2.Falando da 'lei de Campbell', '(...) si empleamos un indicador cuantitativo para evaluar una política pública, cuantos más recursos asignamos a los resultados de esta medición, más se pervierte el proceso social que estamos midiendo'. Pero, iso mesmo non é o que ocorre cando temos a lei de indeterminación en mecánica cuántica? Se introducimos nun sistema unha variación dunha magnitude, as magnitudes relacionadas darán unha lectura que pouco ten que ver coa que pretendíamos antes de introducir esa variación como útil para facer a medida... sexa un raio de luz (enerxía) que fai variar a posición e a cantidade de movemento, ou o que sexa. E é evidente en educación que cando exercemos unha grande actividade sobre a avaliación, resíntese a aprendizaxe que esteamos a avaliar... De aí que continúe dicindo que o esforzo avaliativo tradúcese en clases para aprender a pasar as probas de avaliación. Algo que, por certo, poderiamos incluír nun apartado 2.b, relacionado coa idealidade das leis físicas :se se queren aplicar 'soltas' ten que ser en condicións ideais, onde non molesten outras leis non menos físicas, pero que complican o problema, o mesmo que se se quere avaliar só determinado factor ten que ser en condicións ideais (que non se dan) de desaparición doutros factores relacionados coa actividade empregada para medir...
3.Falando da aplicación das leis e medidas educativas: 'Una medida educativa no es sólo esa medida, es cómo los diversos agentes educativos la hacen suya, si la apoya, si generan resistencias pasivas o activas, sobre cómo afecta a los equilibrios educativos entre diversos grupos, cada uno con sus propios intereses y marcos de sentido.' Pero acaso iso non é que hai que considerar ata que punto unha lei física é válida mirando antes as condicións do contorno no que se vai aplicar esa lei 'ideal' equivalente a 'ideal' norma educativa?
4.Falando do efecto Hawthorne en experiencias educativas, 'Se ha comprobado qeu las personas, por el mero hecho de ser seleccionadas para aprticipar en un experimento, varían su comportamiento, en muchas ocasiones, con un plus de motivación.' De novo, cando as condicións dunha experiencia reducen o seu campo de actuación, non son xeralizables (vg., o que ocorre se collemos 20 moléculas de auga pouco nos vai a indicar sobre o que ocorre sobre o conxunto de 1 L de auga, aínda que por suposto poda ser aproveitado para estudar particularidades da molécula de auga.
... e poderiamos seguir. Coido que sería interesante que os analistas educativos estudiaran algo de física antes de poñerse ó seu...
--
Esta entrada participa na edición LXV do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo.
LAS PENSIONES Y LA CLASE POLÍTICA. José María Rodríguez Díaz (2011)
-
A conto da mensaxe do rei por Nadal, viume á cabeza este escrito de
José María que xa tocaba poñer (sen que queira dicir que o que escribe non
teña p...
Hai 42 minutos
Ningún comentario:
Publicar un comentario