2015/11/09

A gravidade de Gravity

Onte vin Gravity. E fixeime nalgúns detalles que me amargaron a peli: as inconsistencias coa física non me deixaron disfrutar dela.
Nun momento determinado, un dos protagonistas di que dispoñen de 90 minutos: en 90 minutos os restos que andan dando volta á Terra voltarán a amargarlles a vida, 'pois móvense a uns 80 000 km/h'. Facendo cálculos, esa velocidade é duns 22 km·s-1, isto é, dobre velocidade que a velocidade de escape terrestre. Así, os refugallos espaciais terían unha velocidade que os alonxaría da Terra, a súa órbita sería aberta, e polo tanto non os voltarían molestar... por certo, a uns 400 km, altura pola que circulan tanto a estación espacial internacional como á que chega á lanzadeira espacial, dúas das tres naves da película, a órbita estable necesita unha velocidade duns 6775 m·s-1,dando a volta á Terra en... hora e media. Pódense facer algúns razonamentos para tentar xustificar a hora e media, pero as causas atribuídas serían todas invalidadas pola dinámica orbital e o conxunto de datos coñecidos. Quizáis, o razonamento máis acaído podería funcionar así: os refugallos formarían un anel arredor da Terra, con materiais movéndose a diversas velocidades, co límite superior dos 80 000 km/h ditos antes. Mais nese caso, as naves atoparían o anel despois de media volta, non despois dunha volta enteira; é dicir, ós 45 minutos.
É curioso que pa película, as vistas sobre a Terra non correspondan nunca (ao menos, que me fixara) a lugares do hemisferio sur. Cabería dicir que iso é imposible, aínda que quizáis sexa explicable pola montaxe da película, escamoteando as vistas dende o ceo de lugares onde terá pouca difusión (e Australia?)
Imaxe collida de http://www.esa.int/Our_Activities/Human_Spaceflight/International_Space_Station/Where_is_the_International_Space_Station

Noutro momento, un dos protagonistas queda suxeito ó outro e pendurado del por unha corda. A escea é parella a cando aparece noutras películas unha persoa pendurada suxeita a outra no alto dun edificio: a que ocupa o lugar superior ten que facer unha forza considerable e estar ben apoiada. Na escea espacial, a 'superior' está suxeita por uns cables enrolados ó seu pé, que ameazan con deslearse. Escena dramática... e imposible. En órbita non hai unha gravidade 'extra' que tire dos corpos máis aló da propia órbita, que tenda a retrasalos ou facer que avancen sobre o corpo principal. É dicir, a tensión da corda sería nula na práctica, e calquera esforzo sobre ela da astronauta achegaría ó austronauta suavemente a ela. Ben, e si consideramos que a nave principal (a estación espacial internacional neste caso) se puxo a rotar rápido a raíz dos impactos do lixo espacial, producindo a necesidade dunha forza centrípeta nos astronauras colgados nela para seguir atados? Ese caso non se da: o impacto co lixo espacial remataba de producirse, e os astronautas non estaban suxeitos á estación espacial internacional por un vástago ríxido que lles comunicara unha rotación, senón que petaron con ela e saíron de xeito tanxencial, necesitando só dunha forza inicial para evitar que se continuara alonxando un astronauta do outro, e este da nave, entre outros razonamentos coincidentes no resultado.
Non deixa de ser curioso que, nun momento dado, un dos astronautas avise ó outro de que se achegan os restos espaciais. Se se cronometra, iso implica cousa de 2 s o dicilo, máis a reacción dende o avistamento. Pero 2 s, a 22 km·s-1, implica 44 km. Realmente, o astronuta ten unha supervisión para, nunha situación estresante, ser capaz de distinguir lixo espacial (é dicir, trozos ningún deles dun tamaño demasiado grande) a uns 44 km de distancia...
Que tal a película? Pois... non o sei. Quedeime en consideración doutro tipo...
...

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.