2015/11/23

Apunte sobre a Galiciencia 2015 dende Ribadeo


Durante os días mércores 18 a venres 20 de novembro de 2015, tivo lugar a edición 10 da Galiciencia no Polo de Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole. Alí foron presentados 62 traballos de diferentes investigacións levadas a cabo por estudantes de secundaria, e tamén unha mostra de 22 pequenas investigacións de estudantes de primaria.
O IES de RibadeoDionisio Gamallo participou na mostra da man de dúas alumnas de 2º ESO, Estela Bravo e Iria García, co traballo 'Cambios en praias da Mariña lucense', que recabou o interese de moitos visitantes á mostra.
Pola súa parte, as alumnas, que presentaron un traballo continuación doutros preparados para a XXI Feira da Ciencia de Ribadeo (abril 2015, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) seguirán a desenvolver o seu estudo.
A experiencia de participar na Galiciencia 2015 levou consigo non só o poder expoñer o traballo realizado ou ver outros dos seus pares, senón tamén tres días de conviencia en Ourense e Allariz, a visita guiada á vila alaricana ou o paso polas termas de Outariz, entre outras actividades.
Outro traballo que estaba preparado, Estudo da expansión da vespa Velutina, de Pablo Vivero e Román Álvarez, finalmente non foi seleccionado e tamén segue a ser desenvolto.
Rematando de preparar o traballo

Un dos traballos premiados na Galiceincia 2015

Cartel correspondente á edición 2015 na exposición conmemorativa dos 10 anos de Galiciencia

traballo sobre viaxes de descubrimento arredor do mundo

Vista xeral da entrada

Apunte sobre a entrada á exposición

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.