Mergulla o teu polgar na ría, ou nas Catredrais. Dende que naciches, o nivel do mar ten aumentado, e dende o comezo dos anos noventa, por termo medio uns oito centímetros. A igualdade de marea, o extremo do teu polgar mergullado non chega a tocar a superficie libre de auga que tería ese mesmo lugar...
Ben pouco, pode pensarse. Só uns 3 mm cada ano. Pero está a aumentar, e é algo acumulativo. Para 2050 terá aumentado máis de 10 cm máis; en total dende comezos dos 90, cousa dunha cuarta. Para os que vivan na Veiga, suporá inundacións constantes, e para os habitantes dos atolóns espallados polos mares, o abandono do seu espazo vital.
O nivel do mar sube, segundo é medido, entre outras institucións, pola ESA. E, a quen lle toca pensar nas consecuencias e en evitalo? A todos nós.
23F? Aquí
-
Como unha curiosidade na que se pode un mergullar, deixo a ligazón ós
documentos liberados polo goberno sobre o 23F:
https://www.lamoncloa.gob.es/consejode...
Hai 18 horas

Ningún comentario:
Publicar un comentario