Dicía hai un par de días que os reis veñen a Ribadeo traendo frío neste 2019. Agora xa, mesmo sen rematar o día sete, bateuse a marca do múmero de días por baixo de tres graos que ostentaba o 2017 (si, o ano no que Ribadeo bateu por dúas veces a máxima rexistrada na Pedro Murias, e a segunda mesmo por máis de un grao centígrado).
Na gráfica vese o número de días con temperaturas por baixo dos 3 ºC en Ribadeo nos primeiros sete días do ano correspondente:
As temperaturas no que vai de ano resúmense así:
Ó estar a menos da metade do día 7, a media e a máxima seguro que cambiará; non así a mínima, amainado o vento e con nubes que impedirar que baixe moito pola noite. Por certo, na gráfica obsérvase que o día 1 a temperatura estivo tamén a piques de contar con menos de 3 ºC, por foi de 3,1 ºC.
Curso de Jazz… e van 14!
-
Chégame o aviso do curso de Jazz que anualmente se celebra en Ribadeo. Este
ano, a 14ª edición. Se o(s) pdf(s, galego e castelán) teñen información
larga e...
Hai un día


Ningún comentario:
Publicar un comentario