Onte rematou en Viveiro o XXXII Congreso de EnCiGa, a asociación de ensinantes de ciencias de Galicia. Para unha reseña de tódalas actividades, ou, no futuro próximo, as comunicacións escritas, remito á páxina de Enciga. Mais non me resisto a deixar unhas pinceladas a máis dos post da comunicación "A Ciencia na Galipedia" e poster "Selectividade Galego e Física: uns datos parciais" que levei e xa puxen.
En primeiro lugar, unha foto para a directiva de EnCiGa, constituída agora só por mulleres coa presidencia de María Inés García Seijo, despois de moitos anos de presidencia de Paulino Estévez:
Coido que o merecen pola súa labor nunha sociedade que na actualidade conta cuns 500 membros e é dinámica abondo como para organizar o congreso e publicar a revista a máis doutras actividades.
Como todos os anos, o congreso foi un crisol de ideas diversas manifestadas a traverso de conferencias, obradoiros, comunicacións ou paneis, pero tamén un lugar onde crear e manter comunidade arredor do ensino da ciencia tendo como piares persoas, os congresistas.
Destacaría moitas cousas que apreciei, pero iso supón deixar sen xulgar os tres cuartos de cousas que literalmente, non puiden atender por ser simultáneas coas que si puiden atender. Por iso, só unhas pinceladas sobre as conferencias.
A primeira, sobre a táboa periódica, de Manolo Bermejo, sorprendeume polo artellamento de datos que me fixo descubrir algúns recovecos dun tema sobre o que parece que está todo dito hai tempo. Todo dito, pero non todo comprendido e relacionado polos ouvintes, como puiden comprobar. A conferencia titulábase 'Ten vida a táboa periódica?' Quedou confirmado que si.
Na segunda, "Galicia, unparaíso xeolóxico", J.F. Canosa deixou ganas no público dun coñecemento máis profundo da nosa terra, da súa constitución, dos seus pregues non sempre tan suaves...
O sábado, Olalla López Costas deslumbrou cou negrura dos restos humanos: "A ciencia dos esqueletos: Xanelas ao pasado" non só abriu esas xanelas de coñecemento, senón que dexiou unha visión de que aciencia que se fai en Galicia ten concexións internacionais coas que se trata codo a codo. E tamén abriu esas fiestras sobre a historia itnerpretada a traversdo dos seres vivos, das persoas que viviron nun determinado período, da súa alimentación, enfermidades e relación entre ambas.
En fin, quedo con ganas de expoñer máis cousas do congreso, pero será en todo caso noutras entradas.
OS VIEIROS DE ASOREY. Xosé Carlos Rodríguez Rañón
-
Francisco Asorey no 1914 (imaxe no D.P., collida de Wikimedia Commons)
*“OS VIEIROS DE ASOREY” *
* Xosé Carlos Rodríguez Rañón *
* Así se chama a e...
Hai 21 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario