Chegou o día final do WebSummit e moitas cousas por contar, que irán en entradas extra.
A primeira impresión foi a xente chegando con maletas para saír de alí directo ó aeroporto. Unha vez dentro, se ben ó comezo do día non se notaba menos xente, cara ó mediodía xa era evidente. Ata había sitio sentado en xeral nas charlas!
O que non variou a pesar diso é o trasego contínuo da xente saíndo e entrando nos espazos onde se daban. e é que con moitas posibilidades de xeito contínuo unha detrás de outra, hai que fiar moi fino para ir chegando se outra interesa máis e está a piques de comezar.
En relación a iso, o uso das app, tanto do propio evento, como de tradució ou transcrición, é convinte dende antes mesmo de comezar. A de tradución, aínda que se saiba inglés, pois hai veces que ó estar lonxe non se escoita. A do evento, para o manexo da axenda, e a de transcrición para apuntes concretos. Desta servireime aínda para os post que virán.
Unha cousa rápida, como o último día, como ponte para os post que faltan:
Co corte do entrevistado de Wikileaks ó entrevistador en termos 'non sigas por aí. Dende o comezo, estás representando a outra parte, e esto non pode seguir así, como representante da outra parte e entrevistador' seguido dun forte aplauso da audiencia nunha charla moi concurrida, marcouse un nivel ético.
Os robot marcaron un punto de atención nas diversas formas presentadas. Pero non todos eran tecnolóxicos. Chama a atención que tamén chamara a atención dos visitantes este que amoso abaixo...
En fin, a salto de mata, como o último día, e sabendo que o cumio non se rematou de xeito efectivo aquí...
--
Anterior do Websumit:
#WebSummit (2)
#WebSummit (1)
#WebSummit (0)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario