Hoxe a ESA emitiu un documento de recoñecemento dun feito: os mares están absorbendo máis dióxido de carbono que o se pensaba. É un bo dato, pois sinala que os mares están axudando máis do previsto á regulación climática e medioambiental da Terra.
Mais ese bo dato enmascara unha realidade peor do pensado, pois a pesar da absorción marina, o dióxido de carbono na atmosfera segue a medrar cada vez máis rápido, e o quecemento global, igual: eses datos non varían pola corrección que indica o documento. E máis, se o mar está absorbendo CO2 máis rápido do previsto, significa que se achegará antes ó límite, e polo tanto, que deixará de absorber/ralentizará a absorción antes do previsto, variando ademáis o seu pH de xeito máis rápido, afectando ó coral, ó esquelete dos peixes... e a nós.
Temperatura (liña negra) e dióxido de carbono (liña e sombra azul). A temperatura media medrou 1º C dende mediados do século pasado. O dióxido de carbono na atmosfera aumentou 1/3 no mesmo período. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario