== (o) ==
Apunta: https://worldview.earthdata.nasa.gov
O anterior é unha ligazón á pantalla de inicio dunha páxina da NASA que permite o seguemento de diversas variables, de lumes a inundacións, pasando por variacións co tempo do campo visible dunha determinada zona da Terra. Para ferregachar, ir na procura de algo moi concreto ou sinxelamente, para pasar o tempo marabillándonos co monitoreo que se pode/poden exercer sobre as actividades na Terra/sobre as nosas actividades, sobre nós.
Unha nota sobre os blog que manteño: Levo un tempo xa longo -máis de dous anos- en cambio moi lento, pero contínuo, migrando a lugares máis libres e tentando ser menos dependente -neste caso, de Google-, polo que, se queres seguirme, toma nota que https://ribadeando.blogspot.com está a ser substituído por https://blogs.amarinha.gal/ribadeando, e o seu url https://ribadeando.com por https://ribadeando.gal. Polo momento, https://fqribadeo.blogspot.com e https://tentandoeducar.wordpress.com e algún outro que non edito dende hai moito máis tempo, seguen sen cambios, pero iso pode cambiar. En caso de ser así, deixarei unha nota como última entrada visible no blog correspondente. Mentres, desaparecín de Facebook, Instagram ou X; a cambio, podédesme seguir en Mastodon en https://amarinha.gal/@Ribadeando e https://mastodon.gal/@agremon e por suposto (de pronto), nos correos electrónicos de sempre e mensaxería en Whatsapp e Telegram
Ningún comentario:
Publicar un comentario