2007/03/26

Fotos da exposición 'A ciencia ten nome de muller' en Cangas do Morrazo






Por xentileza do Centro de Información da Muller do Concello de Cangas podo poñer hoxe estas fotos, algunhas das tomadas na exposición 'A ciencia ten nome de muller' que tivo lugar entre o 5 e o 19 de marzo de 2007 naquela localidade.

2007/03/23

Presentación da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía



As dúas fotos con licenza 'Creative Commons' (ver abaixo) que hai, tomadas por Ramón López (o que falta na foto). Máis información, aquí

Unha curiosidade: unha chuleta 'científica'


Preséntase unha fotografía dunha chuleta 'multiuso' na cobertura dunha calculadora. Seguindo o dito, non se di 'o pecador', pero si 'o pecado'. (lembrar que se pode ampliar clicando sobre ela)

2007/03/22

Capturas de encerado coa distribución dos seres vivos: 3-Animais II - Cordados




As úas últimas da serie de clasificación dos seres vivos; unha delas, tamén en esquema por verse mal na foto.

2007/03/18

A divulgación científica: recensión dun libro

A divulgación científica é a tradución por parte de Susana Cruces Colado do texto de Pierre Lazslo 'La Vulgarisation Scientifique', editado na colección Que sais-je? por PUF. Foi presentada ó premio de tradución de Bivir e coido que paga a pena á xente que está interesada en facer chegar a ciencia ó público.
Como en xeral os libros da colección, non é moi longo (102 px.), e o seu desenvolvemento preséntase como atractivo, chamando a atención dende o índice, e salvo pequenos erros, a tradución pode considerarse coidada.
Pasando ó contido, comeza por dar no primeiro capítulo unha visión da ciencia encadrada na sociedade para remarcar a importancia do propio tema tratado. Pasa despois a unha parte histórica de onde trata de abstraer puntos importantes para o seu uso posterior. É no terceiro capítulo, tratando a importancia da atención do lector, onde xa se mete máis a particularizar sobre os xeitos de difusión; de fito este capítulo ten unha parte que claramente se corresponde co seu título e outra que poderiamos titular como exemplificacións.
Os dous capítulos seguintes son sobremaneira prácticos, manexando o primeiro os textos e o segundo as imaxes, procurando consellos, dando exemplos e facendo de cando en vez pequenos resumes para asentar o que se di. Por último, toma exemplos de autores do pasado século para amosar situacións exitosas de divulgación, tomadas todas de divulgadores da área anglosaxona, que queda claro dende o comezo do libro, son na actualidade quenes levan a dianteira nas mellores costumbres divulgativas.

Por que as tostadas caen sempre coa parte untada para abaixo?

Hai varais cousas diferentes que inflúen.
A primeira, é que a pregunta non é certa tal como está planteada. É algo estatístico, e non ó 100%, pero si parece haber unha maior porcentaxe de caídas pola parte untada. Esa porcentaxe depende de moitas cousas, pois se ben a física é a mesma en Ribadeo que na China, as tostadas probablemente faralas e untaralas de xeito diferente a como se fai na casa do lado, e polo tanto as probabilidades no teu caso serán tamén diferentes.
O segundo, ten algo que ver coas condicións iniciais: Se unha tostada se deixa caer sen desequilibrios iniciais, difícilmente terá rotado antes do chan, e como se untan cara arriba, a caída será prácticamente sempre coa apre untada cara arriba. pero na realidade, as caídas comezan cun desequilibrio lateral incluído, co que a tostada comeza a súa rotación, e a falta de outras circunstancias, o lado do que caia dependerá da rotación da tostada e da altura de caída, co que xa (por termo medo) podemos estar próximos ó 50% de caídas dando coa parte untada no chan. E digo podemos porque se inicialmente a tostada ten unha posición, de saída as velocidades de rotación máis baixas darán inequívocamente a mesma posición no chan.
Hai outros dous factores xerais máis que inflúen. O primeiro deles é que o pan da tostada está cheo de poros, polo que a súa densidade media é pequena en relación ó que levamos como unte, que é macizo e terá en xeral unha densidade próxima á da auga. Como o rozamento actúa na caída, a parte de maior densidade tenderá a colocarse debaixo, pois ó colocarse de lado, as forzas que tiran dela para abaixo serán relativamente máis importantes que as de rozamento. E eso, sexa cal sexa a beira que estemos a considerar. Esto implica que as probabilidades de que a parte untada caia cara abaixo xa sobrepasan ás que indican a tendencia contraria.
O último factor xenérico indícanos que o unte en xeral ten unha superficie lisa, ofrecendo menos rozamento que outras aprtes da tostada, o que incide no xa dito no párrafo anterior.
Con esto, en teoría, queda xustificada unha versión lixeira do enunciado da entrada: 'as tostadas tenden a caer coa aprte untada para abaixo'. Enunciado que non é cuantitativo pois depende, como dixen ó principio, de como unta as tostadas cada quen (moi cargadas ou pouco, a máis altura sobre o chan ou a menos, totalmente horizontais ou untándoas con certa inclinación do pan, ...)
De calqeura xeito, algunha indicación das que podedes ver en internet sobre o tema é falsa, como a que di que é unha lenda urbana: non é unha lenda urbana, aínda que subxectivamente tendamos a creer que a porcentaxe das veces que (a nós) se nos cae a tostada manchando o chan é superior ó real.

2007/03/17

Recensión dun artigo: 'Reconstruyendo el retrato de Heisenberg'

Descargable en .pdf, da unha visión da relación ética-política-ciencia nun caso concreto: Werner Heisenberg, ó tempo que analiza as súas relacións con Einstein. Considero que é un pouco retrucada, pero alomenos ilustra a dificultade de xuízo e ética na investigación científica, e por exemplo, da que pensar que pasaría coa situación doutros científicos como Edward Teller en caso de ter desenvolto a súa ciencia baixo mandato dos nazis.

2007/03/16

Capturas de encerado coa distribución dos seres vivos: 3-Animais (b)


... Como as dúas primeiras imaxes da clasificación dos animais están borrosas, aí van en formato esquema (as outras tamén irán, pero pouco a pouco)

Capturas de encerado coa distribución dos seres vivos: 3-Animais





.. e os animais (as dúas últimas é cousa de miralas relacionadas)

Capturas de encerado coa distribución dos seres vivos: 2- Plantas



Seguimos coas plantas... (e lembro que facendo clic sobre a imaxe, aparece en formato maior)

Capturas de encerado coa distribución dos seres vivos



Poño aquí a toma de vistas do esquema básico da clasificación dos seres vivos.
Nesta primeira entrada, os tres primeiros reinos por complexidade (e antigüidade)
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.