2010/08/11

O ceo de noite, o ceo de día

Entre onte, 10 de agosto, e hoxe, 11, tiveron lugar as xornadas 'O ceo de noite, o ceo de día'. Onte a partires das 22:00, na Casa da ría de Ribadeo en Santa Cruz, tivo lugar a primeira sesión, na que se estudou o crepúsculo e a aparición das estrelas, comezando polas de maior magnitude ata completarse a noite. Despois de Venus, foi descrito a ollo nú boa parte do ceo nouturno, comezando polas máis brilantes achegadas a Venus (Arturo) e o triángulo de verán (Vega, Altair, Deneb), para pasar logo a outras zonas do ceo, como a estrela Polar e a orientación cara a ela dende a Osa Maior, ou a Vía Láctea. Xa no telescopio, os asistentes poideron botar unha ollada a variso obxectivos, entre eles, un cúmulo na constelación de Escorpión e, finalizando a sesión, a un magnífico Xúpiter no que se lle distinguían as franxas e os catro satélites galileanos; en particular, Ío, que se puido ver como se separaba do planeta dende case rozalo visulamente. A sesión rematou máis aló da unha da madrugada, longo tempo despois de sobrepasar a sesentena de asistentes.
Pola mañá, comezando con tempo cuberto, foia a sesión correspondente ó ceo de día. No reloxio de Sol do cargadoiro houbo un primeiro conxunto de explicacións sobre a súa estrutura e funcionamento, pero ó estar cuberto, despois de cousa de media hora pasouse ó Forte de San Damián para realizar unha presentación do tema do ceo de día (colgada xa en internet), abranguendo un somero estudo dos elementos do ceo diurno, os movementos relativos do Sol e da Terra e as liñas básicas para a construcción dos reloxios de Sol. E ... ó saír, luciu o Sol ...
Créditos da presentación 'O ceo de día':
http://gl.wikipedia.org , páxinas consultadas en diversos días.
http://es.wikipedia.org, páxinas consultadas en diversos días.
http://www.planetarioviajero.com/Images/RELOJ%20ANALEMATICO.pdf , consultada o 9/08/2010
Imaxes diversas recollidas dos lugares anteriores e, na mesma data, de :
http://www.antiquus.es/catalogo.php?sm=2&g=6
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/ecuatorial.jpg
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/horizontal2.jpg
http://webs.ono.com/andanatres/Guad01.jpg
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/horizontal1.jpg

2010/08/06

O ceo de noite, o ceo de día. Xornadas sobre astronomía en Ribadeo

O ceo de noite, o ceo de día.
Celebraránse dúas sesións, de duración estimada 2h cada unha, en colaboración coa A.C. Xerfa.
10/08/2010 ás 22:00 horas, na Casa da ría de Ribadeo
O ceo de estrelas en agosto. A cargo de Alfonso Piñeiro
Material: Poden traerse prismáticos, telescopios ou planisferios celestes.
11/08/2010 ás 10:00 horas, no reloxio de Sol do cargadoiro
Os movementos de sol de Terra. Reloxios de sol. A cargo de Antonio Gregorio
Poden traerse filtros de soldadura, espellos, ...
Nota: se o tempo está nuboso, a sesión correspondente será reducida.

2010/06/07

Segundo parece, está mal facilitar a educación

Vaia unha nova! Mirar tamén a resposta.
Dende a educación pública, vendo sufrir ataques desa calaña, e mirando para o xeito de facer as cousas de quenes 'gobernan' ou aspiran a facelo...

2010/06/02

Cabodano da Casa das Ciencias de A Coruña

Ribadeo dista algo máis de 150 km do de A Coruña. Dentro de Galicia, quitado zonas de Ourense, é dos puntos máis alonxados desa cidade. No que vai de século, cada curso académico, polo menos tres dos catro centros de educación xeral de Ribadeo teñen feito unha viaxe didáctica á Casa das Ciencias. Difícil será atopar alguén menor de 30 anos na vila que non teña ido pola institución, e polo contrario, non será dificultoso atopar xente maior desa idade que teña pasado por alí a abrir a boca ante un mundo que non imaxinaba. Podemos á nosa volta imaxinar tamén nós e extrapolar o que ocorre no resto de Galicia.
A Casa das Ciencias cumpriu onte 25 anos aberta, as súas vodas de prata, despois de constituír quizáis, fóra da Universidade, o maior mobilizador a nivel científico de Galicia en toda a historia, acompañada das institucións irmáns, a Domus e a Casa dos Peixes, e particularmente, da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, dinamizadora do conxunto co seu pulo e coas súas actividades complementarias, como o día da Ciencia na Rúa.
De todo esto, na prensa, un só escrito, asinado polo actual director da institución. E punto, para unha institución que despois dos seus vintecinco anos, segue a ver albergar o paso de milleiros de persoas tódolos días e que pode que constitúa o conglomerado que mobiliza a máis xente de xeito voluntario en toda Galicia dende hai 25 anos, ademáis da súa importancia para o desenvolvemento da formación dos galegos.
Di no seu artigo o director que continúan con ilusión. Falta fai, porque polo visto, e a pesares da labor desenvolta, queda moita tarefa por facer.
- Publicado por vez primeira en ribadeando -

2010/05/11

O paradoxo de Víctor

Hai poucos días que un alumno propúxome un paradoxo. Está resolto, pero non está nada mal para ser prantexada no bac para a súa resolución polos alumnos. O autor, Víctor Pérez (2bt). Coido que poden ser propostas mellores aproximacións a un paradoxo semellante, así como explicacións de solucións para as respostas pedidas. Ese é o desafío e para iso están os comentarios.

**
O paradoxo de Víctor.
Partimos dun medio n=1, no que disparamos un fotón a unha velocidade c.
Cando este fotón chega ó segundo medio de n=2, a súa velocidade redúcese á metade.
Entón, nese medio, aceleramos a partícula a unha velocidade c. Cando chega ó medio n=1 de novo, que ocorrerá?
a)O fotón continuará á velocidade da luz, producíndose unha liberación de enerxía cando cambia de medio (igual que a cantidade utilizada para aceleralo no segundo medio).
b)O fotón pasaría a velocidade da luz, suceso fisicamente imposible segundo a teoría da relatividade.
c)O fotón continuaría á velocidade da luz, sen producirse nada relacionado coa enerxía.
d)Outra opción que se salga dos meus coñecementos de física (que chegan ata 2º de bacharelato).
**

Unha variante, a modo de exemplo para seguir profundizando e aprendendo: Cando o raio de luz está atravesando o medio de n=2, o medio pode ser acelerado. As preguntas neste caso poden corresponder coas propostas por Víctor.

Entrada para 'El carnaval de la física', VII edición. Blogs participantes (a partir da publicación xeral):

I Foro de Intercomunitario de Investigación Xuvenil

Tivo lugar o 7 e o 8 de maio de 2010 en Gandarío.
Facendo unha crónica rápida e informal, teriamos:
Idea antes da viaxe: Gandarío, un día de ponencias de investigación ó que irán alumnos de 4º ESO.
Despois: Un xoves pola tarde de viaxe ilusionado a Gandarío, onde os centros de Balaguer, IES El Cairat de Esparraguera, Alborada de Vigo, a Compañía de María de Ferrol, xuntáronse coa xente de 4º do IES Porta da Auga (e viceversa) en dúas noites inolvidables cun día por medio de traballo e relax. Amizades e vista de novas perspectivas, entre outras cousas. Mar e charlas. Investigación en/de moitos sentidos. E desexo de voltar o próximo ano a algo semellante. Mentras, traballo para logralo.
En canto a obxectivos, logrados (se ben máis os de relación que os didácticos). En canto a desenvolvemento, segundo o previsto, con baño incluído.
En canto ó futuro... os correos electrónicos posteriores son abondo ilustrativos, pero polo momento deben permanecer sen publicar.
Á beira, o díptico, coa nota de dirección técnica de UCETAG e o patrocinio da Xunta.
Máis información.

2010/05/05

2010/04/27

Para o cálculo da estrutura electrónica dos átomos

Remato de colgar unha folla de cálculo para aplicación automaica do Diagrama de Möller, na súa primeira versión en examesdefisicaequimica (ver en http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/4ESO). queda moito que mellorar, pero tempo ó tempo...

2010/04/24

Unha física, un exame

- en relación con 'el carnaval de la física' -
I.Velaeiquí un exame:
1.Cunha lente de 2,5 Dp queremos proxectar sobre un lenzo (usado como pantalla) unha imaxe dun obxecto aumentando o tamaño deste 3 veces. Calcula a que distancia teremos que situar a pantalla e o obxecto da lente.
2.Unha lámpada introdúcese na auga (n = 1,33), no fondo do centro dun estanque e encéndese para iluminar o exterior do mesmo. Se queremos que a liminación forme un círculo de luz de 1,5 m de radio, quedando o resto da auga do estanque sen iluminar cara ó exterior, calcula a profundidade máxima que deberá ter.
3.Un espello ten de radio +0,35 m. Calcula a imaxe que dará dunha postal vertical situada a 0,35 m do seu centro óptico.
4.Dispoñemos de dúas lentes converxentes de f1 = 0,04 m e f2 = 0,08 m, e dunha montura que permite montalas cunha separación de 0,15 m. Se situamos un obxecto a 0,16 m diante da montaxe, calcula onde se formará a imaxe.
5.Un raio choca contra un obxecto de anchura 20 mm cun ángulo de incidencia de 30º, saíndo pola outra beira un raio paralelo a unha distancia 1 mm ó de entrada. Calcular n do material constitutivo do obxecto.
6.Unha luz de 4·1014 Hz produce electróns capaces de saltar un campo de x V. Se temos luz de 4,5·1014 Hz, os electróns son capaces de saltar un campo 20x V. Calcula a enerxía de extracción do metal.
II. Corresponde a 2BT, e vai sen criterios de corrección e sen facilitar de xeito previo o deseño curricular correspondente. A solución, aquí (ex. de 20100423)
III. A idea? Recibir críticas. Axustar un deseño do currículo a el ou (mellor) outro exame, variado deste, ó currículo. Axustar criterios de corrección. Definir as súas limitacións. Concebir unha ensinanza previa ou posterior axustada... calquera cousa que poda servir para mellorar. Aí están os comentarios para a relación.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.