Non o podo asegurar, pero grazas a Iria Acevedo chegoume unha anécdota sobre Einstein nun paquete de azucre:
-Un periodista preguntoulle a Einstein:
'Pode explicarme a lei da Relatividade?'
e Einstein contestoulle:
'Pode explicarme como se frite un ovo?
O periodista mirouno con estraneza e contestou:
'Pois si, si podo'
a isto, Einstein contestou:
'Bo, pois fágao, pero supoña que eu non sei o que é un ovo, nin unha sartén, nin o aceite, nin o lume'
Como comentario:
Quen diría que a relatividade é unha lei? Posiblemente iso deu pé á contestación de Einstein... aínda que o máis seguro é que a historia non sexa así, e que o da 'lei' saíra do relator do conto.
De calquera xeito, tendo en conta o que costou á xente corrente aceptar que o mundo non era plano despois de Colón, pois non é estrano que integrar a relatividade nas nosas cabezas coste tamén xeracións de incomprensión.
Hoxe en Lourenzá por Palestina
-
Onte falei da xuntanza pola paz en Ribadeo. Hoxe domingo sumouse
Vilanova de Lourenzá. Mandáronme (Enrique Fernández Rivas, de Lourenzá)
fotos e o te...
Hai 10 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario