Este ano, o verán comeza aínda mañá, 23 de setembro, aínda que sexa
ben cediño (2:29 UTC, isto é, ás 0:29 hora oficial, media hora escas
despois do cambio de día), co que podemos considerar que aló foi, máis
aínda coa chuvia que leva a caer todo o día en Ribadeo. E falo de Ribadeo só, coas limitacións que leva consigo: unha parcialidade que fai que calquera afirmación ou conclusión que se poda obter non será máis que algo que sumar a outras moitas para poder obter unha evidencia xeralizada de cambio climático a nivel da Terra, que é o que interesa ó conxunto da humanidade.
Co dito ó comezo, podemos dicir que a tempada de boa temperatura vai
pasada en Ribadeo, aínda que poda haber días sorpresa con Sol e temperatura
agradable, pero dificilmente chegarán ás máximas do verán.
E aí
ía: mentres que o cambio climático se vai producindo lentamente, subindo
a temperatura media de xeito case imperceptible un ano tras outro, ó ser unha cuestión
estatística, nos extremos de temperatura, en momentos puntuais do día a
día, nótase máis a variación. Un caso particular, as temperaturas máximas obtidas a diario que poden superar unha temperatura alta: estariamos falando duns poucos días ó ano. Imo sver:
Dende comezos de século, a estación
automática de medición meteorolóxica da Pedro Murias leva dándonos os
resultados, e, se collemos as temperaturas máximas diarias, observamos o
que temos embaixo:
É
dicir, o número de días que se leva acadado en Ribadeo nalgún momento do día temperaturas
superiores a 25ºC vai aumentando paulatinamente, de media, a razón de
máis de 3 días/ano cada catro anos. Se collemos os catro últimos (neste
aínda pode haber algún día máis con temperatura maior que 25ºC, aínda
que sexa improbable), temos 65 días con temperaturas superiores, mentras
que nos catro primeiros do século (o 2 000 pertence ó século XX) o
número é de só 30.
Non sei o que nos deparará este inverno, pero o aumento de temperaturas, o cambio climático, está claro en Ribadeo no que levamos de século.
--
Actualización: en outubro acadouse o 17 día de +25ºC este ano, o que aumenta a inclinación da gráfica...
--
Actualización: en outubro acadouse o 17 día de +25ºC este ano, o que aumenta a inclinación da gráfica...
-
Esta entrada participa na Edición LVI do Antroido da física/Carnaval de la Física , con blog anfitrión en High Ability Dimension
Ningún comentario:
Publicar un comentario