Estamos tendo un tempo que diriamos excepcional. Indo ós rexistros,
confírmase que é moi bo para a época, pero tampouco tan excepcional.
Estes
días pasados rematou nos xornais a nova de que este ano está sendo o de
temperatura media máis elevada que se ten rexistrado. E a iso ía: tamén
en Ribadeo.
Collendo os datos da Estación Meteorolóxica automática da Granxa Pedro Murias, podemos chega ó seguinte gráfico:
Representa
a temperatura media dos días transcorridos ata a data sinalada no eixe
inferior en cada ano dos que levamos do século. O actual, 2014, ten
sinalada a mesma temperatura dende hoxe ata fin de ano, e vemos que a
media actual supera en máis dunha décima de grao o ano seguinte en
temperatura media por estas datas, 2001, que queda outras dúas décimas
por riba dos dous seguintes, 2011 e 2006, e moi apartado da raia grosa
que representa ó ano pasado, 2013, que a estas alturas de ano ía coa
media máis baixa do século.
En poucos días as medias comezarán a
baixar, pero polo momento, coa previsión que poño embaixo, subministrada
por meteogalicia, a media aínda seguirá aumentando ata domingo, e
diferenciándose de anos pasados. E así, tamén en Ribadeo, como no resto
do mundo, este ano leva todas as de ser o máis caloroso rexistrado.
--
Esta entrada participa na LVII Edición do Carnaval de la Física/Antroido da Física, co blog anfitrión deste mes Divulgación
LAS PENSIONES Y LA CLASE POLÍTICA. José María Rodríguez Díaz (2011)
-
A conto da mensaxe do rei por Nadal, viume á cabeza este escrito de
José María que xa tocaba poñer (sen que queira dicir que o que escribe non
teña p...
Hai 13 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario