2019/01/07

De novo, o comezo de ano máis frío do século en Ribadeo

Dicía hai un par de días que os reis veñen a Ribadeo traendo frío neste 2019. Agora xa, mesmo sen rematar o día sete, bateuse a marca do múmero de días por baixo de tres graos que ostentaba o 2017 (si, o ano no que Ribadeo bateu por dúas veces a máxima rexistrada na Pedro Murias, e a segunda mesmo por máis de un grao centígrado).
Na gráfica vese o número de días con temperaturas por baixo dos 3 ºC en Ribadeo nos primeiros sete días do ano correspondente:

As temperaturas no que vai de ano resúmense así:
Ó estar a menos da metade do día 7, a media e a máxima seguro que cambiará; non así a mínima, amainado o vento e con nubes que impedirar que baixe moito pola noite. Por certo, na gráfica obsérvase que o día 1 a temperatura estivo tamén a piques de contar con menos de 3 ºC, por foi de 3,1 ºC.

2019/01/05

E os reis veñen traendo... frío!


Este comezo de ano ven marcado polo frío. Se no 2017 tivemos o comezo de ano máis frío do século, este pode volver batir a marca, a pesar de que as temperaturas medias ó longo do ano seguen en aumento (de feito, no 2017 bateuse dúas veces a marca de temperatura máis alta acadada na Pedro Murias)
Na gráfica vese a temperatura, tomada a 1,5 m de altura, cada 10 minutos dende as 0 horas UTC do día 30 de decembro ata as 13 horas de hoxe, 5 de decembro (14 horas, hora legal), e aprézase que exceptuada a noite entre o 1 e o 2, que foi suave,e por un pelo, a noite de fin de ano, cada unha das outras foi máis fría que a anterior, acadándose as mínimas antes do amencer e as máximas arredor das tres da tarde, hora legal.
Estamos tendo temperaturas tan baixas como na costa en escandinavia, e isto tamén é cambio climático relacionado co aumento global de temperaturas, aínda que pareza contraditorio. A explicación queda para outro día.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.