Chegou o 1 de xullo. A temperatura é 'de praia'. A auga, ao menos na ría de Ribadeo, los bloques, hai unha hora, para desfrutar dela.
É dicir, para non pensar que a Terra está a requecer máis e máis... Deixo abaixo algunha gráfica sobre iso en Ribadeo.
Estamos no día 183 do ano, queda aínda algo máis dun mes para acadar os días que, por termo medio, son máis calorosos. O Sol xa comezou a levantarse máis tarde e deitarse máis cedo, pero a inercia da Terra fai posible que sigan a subir as temperaturas. Algo a ter tamén en conta en relación co cambio climático.Ata o momento, a temperatura no ano axústase abondo a unha media dos anos que levamos no século, só un pouco por riba, despois dun xaneiro que resultou o máis frío do século e un febreiro dos máis calorosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario