2022/02/13

A XIII Olimpíada galega de xeoloxía, en Ribadeo

    O próximo mércores terá lugar en Ribadeo a fase galega presencial da XIII Olimpíada de Xeoloxía, que contribúe a desenvolver o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Pola mañá, as Catedrais será o lugar de prácticas, e pola tarde, o IES. Deixo en baixo información recollida de https://aepectgalicia.wordpress.com/2021/11/14/xiii-olimpiada-de-xeoloxia-fase-galega/.

A XIII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, ademais das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense, ademais da Cidade da cultura en Santiago e o Concello de Ribadeo. As probas realizaranse simultaneamente nas cinco sedes: A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Ribadeo.

BASES:

1. PARTICIPANTES:

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando as fichas de inscrición de alumnado e profesorado que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 15 de novembro de 2021 o 15 de xaneiro de 2022. O número máximo de participantes por centro,será de 8 alumnos/as (2 grupos).

As probas terán lugar o mércores 16 de febreiro de 2022 entre as 11 e as 18 h

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica, por equipos.

4. PREMIOS:

Cada sede concederá diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:

  • Campión/oa
  • 2ª e 3ª persoa clasificadas e accesit 4ºESO
  • Mellor equipo

As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo odía 26 de marzo en Almería, de xeito presencial. A organización garante a asistencia a esta, do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com

--

Continuación.

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.