2022/02/24

Arredondando? Non, deturpando.

    Atópome hoxe no meu agregador RSS a referencia https://xkcd.com/2585, que deixo abaixo aproveitando a súa licenza CC. Apúntoa aquí porque dá a importancia do tratamento de datos e a exactitude nun mundo no que os datos son collidos de calquera lugar en calquera xeito e tratados daquela maneira.

    'Podo levar a miña bicicleta a 72 km/h, di o ciclista. E axusta: se arredondas. Resulta que a velocidade á que pode ir  é de 27 km/h, pero polo arredondamento e conversión de unidades convinte, esa cifra pode chegar á outra, que é o triplo, ou a calquera outra que se queira.

 This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License.
    Collendo as '17 Mph', cun conversor na rede (por exemplo: https://convertlive.com/es/u/convertir/nudos/a/millas-por-hora )daranos que é equivalente a 7,59968 m/s, ou sexa, con arredondamento, seguindo as normas que se usan, 8 m/s. O mesmo conversor nos dirá que 8 m/s son 15,5508 nós, ou sexa, de novo, limando decimais, 16 nós. Non vou seguir toda a ringleira de conversión. Chega con ver agora que se convertimos eses 16 nós de novo a millas por hora, o resultado é xa 17,8955 Mph, ou sexa, que 'podemos dicir' 18 Mph, e ganamos xa unha milla por cada hora. Sen violar as normas de arredondamento de datos. Pero, está ben? Evidentemente, non.
    Nun caso como o anterior, é doado ver e decarse da 'trampa', do 'truco de maxia' que se usa. Con datos reais misturados diversos, nos xornais, na televisión ou en outro medio, as cousas poden variar abondo e pasar desapercibidos deturpamentos importantes. Os exemplos podes atopalos hoxe no xornal (o que sexa que mires, e non sei en que día estás a miralo) a pouco que te fixes. E tampouco fai falta que sexan datos numéricos.
    Cando tentes informarte, está alerta.


Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.