2007/03/31

Polarización



Dous polarizadores, ó rotar un en relación ó outro, producen obscurecemento ou deixan pasar a luz... esta montaxe o amosaba e achegaba este fenómeno ó público.

Gaiola de Faraday



Demostración práctica do efecto de pantalla electromagnética dunha rede metálica: nunha gaiola a radio produce interferencias que non produce fora.

O punto de Poisson



Montaxe para facer resaltar un dos fenómenos ondulatorios que dterminou a primacía da óptica ondulatoria sobre a teoría corpuscular: O punto de Poisson. Un laser, un obstáculo pequeno e, en troques da previsible sombra, un punto luminoso máis intenso que os da beira.

Fenómenos meteorolóxicos. Efecto Foehn




En realidade, dous proxectos diferentes. Un, unha presentación ilustrativa de varios fenómenos meteorolóxicos violentos (e algún non meteorolóxico). O outro,, información sobre o coñecido como efecto Foehn ou Fogony, xunto cunha montaxe que pretendía explicar a condensación de vapor de auga nunha vertente montañosa e a menor concentración do mesmo na oposta.

Visión binocular


Proxecto que pretendía reproducir a visión das vacas cun aparello adoitando a nosa visión.

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: certificado


Este é o documento que facía a xente de Administrativo a quen quería ter un certificado de asistencia á XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía.

Antenas wifi



Amosando como facer antenas coa práctica, con botes illados (ver a experiencia da 'Gaiola de Farady'), e concetando a internet ou entre os propios ordenadores con elas.

Pluviosidade


Recolección de datos de pluviosidade de dous sitios diferentes do noso concello de Ribadeo, querendo tirar consecuencias. ...fan falla máis datos para chegar a unha conclusión.

Enerxía solar térmica


Descrición do como da enerxía solar térmica, cun panel solar (... que non saiu nas fotos)

Cerebro masculino e feminino


Un comezo de estudo sobre as semelanzas e diferenzas entre os cerebros de homes e mulleres. datos dunha pequena enquisa a pulir e continuar.

Bolas en movemento


Bolas en movemento é unhamostra de cómo suben e baixan pequenas masas algo áis densas que a auga ó subministrárselles burbullas de gas cunha reacción química con bicarbonato e vinagre. Ó collelas, sube, e logo, na superficie, pérdeas e baixa.

Salinidade na ría de Ribadeo




Estudo da salinidade na ría de Ribade, con toma de mostras en marea baixa e alta en diversos puntos, e obtención dalgunha conclusión.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.