2008/04/22

Prestar atención e paying attention, dous xeitos de ver o mundo.

Un artigo, http://lamediahostia.blogspot.com/2008/03/seth-godin-sobre-el-futuro-del-negocio.html lévame a pensar sobre o diferente que é falar un idioma de falar outro, algo que ten que influír sobre os campos de ideas que son a base do noso pensamento.
A versión galega ou castelá do termo, 'prestar atención', parece indicar unha espera de que, a continuación ou próximamente, haxa unha devolución desa atención, unha correspondencia de atencións.
A versión inglesa, 'paying attention', parece indicar polo contrario unha débeda de quen está prestando esa atención respecto de quen está sendoo foco dela: non hai contraprestación, intercambio, hai débeda.
No artigo de onde tomei a idea, había referenca a negocio, e polo tanto, sería lóxico que a sexa diferente nuns e outros parlantes a mentalidade referente ós negocios que requiren un certo 'prestar atención' ó outro.
E tamén respecto a outras cousas como o esperar que os cargos públicos nos escoiten despois de que nós os escoitemos a eles. Sería a reciprocidade. Aínda que moitas veces parece que actuaran ó estilo do que suxire o xiro en inglés: pedíndonos (ou esixíndonos) que lles paguemos dalgún xeito polo mero feito de teren falado...
Cousa de pensalo. Non só polo tema dos pagos, senón polo que significa ter unha lingua.

2008/04/18

Elixir colexio libremente favorece a eficiencia educativa e económica

(Reproducción dunha entrada de Ribadeando)
O título corresponde a un artigo, lido por min o mesmo día que coñecín asemade os entresixos da nova estrutura dos centros de ensino medio en Ribadeo, algo que parecería ir en contra da liña marcada no título. En resume:
Desaparecen os IES Porta da Auga e Dionisio Gamallo.
Créase un novo IES, único en Ribadeo, técnicamente, 'integración' dos dous anteriores.
Ocupará os espazo do actual Gamallo, xunto cun novo edificio a construír o próximo ano nos terreos dos actuais talleres. A redacción do proxecto xa está en marcha, e, se se seguen os prazos (redactado para o verán, comezo das obras no outono), estaría disposto para que o curso 2009/2010 comezara a funcionar o novo centro.
O novo centro asumirá o profesorado actual de ambos centros (personal con destino definitivo), dando oportunidade para que se poda desprazar xente interesada en facelo (pechada a entrada, aberta a saída). O catálogo de prazas do novo conxunto será presentado próximamente. O personal non docente do IES Porta da Auga pasará o CIFP. O proceso será guiado polo Decreto 140/2006, DOG de 1/9/2006, esperando que a plantilla se estabilice sen desprazamentos forzosos, e aproveitando as xubilacións, aló polo 2015.
Terá unha soa direción, cesando as dúas anteriores. (Nos centros novos, a direción é nomeada 'de arriba' de xeito provisional para poñer en marcha o centro)
Aglutinará o material didáctico dos centros previos.
Suporá unha optimización de recursos, xa de entrada un aforro en cartos e unha solución á falta de espazo no CIFP Porta da Auga, atenazado entre un edificio a medio construír sen licenza e outro a medio construír por empresa en suspensión de pagos.
O CIFP faráse cargo dos ciclos formativos do IES Porta da Auga (Administrativo) e IES Gamallo Fierros (Infantil), podendo crearse algún máis. O CIFP seguirá a ser o único 'centro integrado' da provincia.
Mentras, o novo IES de Ribadeo aglutinará toda a ESO do ensino público en Ribadeo e os bacharelatos (seguirá a contradición de apostar pola 'optimización' e manter un centro concertado). Terá 3 liñas de ESO (3 grupos por curso).
Espérase que, ó ser un centro dun certo tamaño, teña todas as optativas posibles despois da reforma, así como que poda acceder a programas que necesitan un mínimo de estudantes para poñerse en marcha, como as aulas europeas.
Lóxicamente, haberá necesidade dunha adaptación mutua entre plantillas, por exemplo, pero en xeral xa hai un certo coñecemento previo entre departamentos análogos dos dous IES. Non hai un protocolo de actuación (a Xunta non o ten) para estes casos.
Parece unha cousa lóxica, que xa comentei que fora suxerida polo Instituto Porta da Auga aló polo ano 1993 (e rexeitada polo por aquel entón Instituto Rodríguez de Valcarcel), se ben dende aquel momento opino que se tomaron diversas solucións erráticas e desencamiñadas, con perda de tempo, cartos, recursos e paciencia, a parte de rendemento educativo. Pola contra, parecería lóxico que, aínda que se dera un cambio político, se manteña a decisión actual por diversas razóns.
De calquera xeito, non houbo consulta ós implicados nin comunicación informativa ata ter tomada a decisión ó detalle por aprte da administración.

Encerados con problemas de dinámica


(17/04/2008)

Relatividade no encerado


(17/04/2008)

Un encerado sobre demostración da aceleración centrípeta

(16/04/2008)

2008/03/03

Só unha ligazón

Vai unha ligazón para animar a escoller a ciencia como traballo. Pode ser interesante...

2008/02/22

Batiburrillo

Artigo en 'Xerfa' do ano 2006, na súa p. 13. Falta unha verba no parágrafo inferior da esquerda: significado.

2008/01/12

Unha nova interesante

Hoxe vin a nova de que a revista científica Nature, posiblemente a máis prestixiosa do mundo, abriu a súa hemeroteca de xeito libre. É dicir, que se pode ver calquera artigo de calquera número de Nature, dende o seu nacemento hai 150 anos. É algo para curiosear pola web.
A iniciativa ven acompañar ós xornais libres en ciencia, como PLOS One e os encadrados en PLOS ("Public Library of science") ou a extensa rede de DOAJ (Directory of Open Access Journals) (non todos libre de igual xeito...)

2008/01/08

Ó dictado

Hai algún tempo, antes de vacacións, dictei o que segue (xa non me lembro a vez anterior que dictei algo). foi algo rápido, en resposta a un feito. Qeda aí para pensar.
Os castigos existen por algo. Se unha acción é encomiable, outra pode ser reprendible.
É loxico molestar ós demáis na clase? É ético? Se alguén molesta deberaselle descontar tempo para poder amortizalo ós demáis. Iso sería unha consecuencia lóxica, pero é irrealizable. Entón, búscase un substituto desta compensación, que ten dúas aprtes: unha é o castigo ó molesto, quitándolle dalgún xeito tempo do que disporía. Outra aprte consiste en algo que é equivalente á compensación moral do molestado, que non chega a ser unha compensación total pero que restitúe, senón o tempo da persoa, alomenos a consideración da mesma en relación ós seus propios dereitos.
Unha tontería calquera pode ser punible, e de fieto se molesta ós demáis debe quedal alomenos unha testemuña de que foi unha mala acción. Dese xeito estase avisando ó infractor e ó molestado de que esa acción no debe voltar a repetirse.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.