2009/12/14

Carta pola Innovación, a Creatividade e o acceso ó Coñecemento

[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana e déixoo aquí tal cula o atopei en galego, sendo consciente que a traslación á nosa lingua é mellorable]
Dereitos dos /as cidadans/ás e artistas na era dixital
Inclúe solucións legais, inmediatas e urxentes
Nós, unha coalición inclusiva provinte de máis de 20 países, de centos de miles de cidadans/ás, usuarios/ as, consumidores/ as, organizacións, artistas, hackers, membros do movemento de Cultura Ceibe, economistas, avogados/as, mestres /as, estudiantes, investigadores/as, científicos/as, activistas, traballadores/as, desempregados/ as, emprendedores/ as, creadores/ as...
Invitamos a tóda-la cidadanía a facer súa esta Carta, difundila e poñela en práctica.
Invitamos a tódo-los gobernos, multinacionais e institucións a escoitala urxentemente, entendela e aplicala.
Contido
1. Introducción
2. Demandas legais
3. Directrices para a educación e o acceso ó coñecemento
4. Necesidades estructurais para unha sociedade do coñecemento de todos/ as e para todos/ as
5. Membros do FCForum
6. Adhesións
7. Versión completa
8. Licencia dual
1. Introducción
A Sociedade da Información e o novo contexto dixital supoñen unha revolución na forma de crear coñecemento e cultura, e sobre todo, na forma de acceder a eles. Cidadáns/ ás, artistas e
consumidores deixaron de seren suxeitos pasivos e aisolados/ as fronte a indústria de distribución de contidos. Agora cada persoa colabora, participa e decide.
A Tecnoloxía, coma ponte, permite que as ideas e o coñecemento flúan; rematando así con moitas das barreiras xeográficas e tecnolóxicas que impedían compartir; proporcionando ademáis novas ferramentas educativas e propiciando a aparición de novas fórmulas de organización sociais, económicas e políticas. Esta revolución é comparable coa que provocou a imprenta.
A pesar disto, a indústria do entretenemento, a maioría dos proveedores de servizos de comunicacións e os centros de poder seguen a tirar proveito, baseando as súas actividades
principalmente no control e na escasez. E todo isto violando os dereitos dos cidadáns/ ás á
educación, ó acceso á información, á cultura, á ciencia e a tecnoloxía, á liberdade de expresión, á inviolabilidade das comunicacións e á privacidade. Protexen intereses privados fronte o interese público da sociedade en xeral, tal e como actuou a Inquisición tra-la aparición da imprenta.
Non tóda-las institucións, estructuras e convencións do sistema actual sobrevivirán se non son
quen de adaptarse ós novos tempos. As que sobrevivan veranse alteradas e redefinidas pola nova realidade, e é posible que para elo precisen de esquemas de funcionamento totalmente distintos.
Implicacións políticas e económicas da Cultura Ceibe
A Cultura Ceibe amplía os espazos para a implicación cidadá, permitindo que un amplo abano de persoas e grupos participen e se impliquen en debates públicos, reforzando a democracia en tempos de crise. A Cultura Ceibe é unha condición previa para facer real a liberdade de expresión, axudando a reducí- la fenda dixital, liberando o poder democrático das novas tecnoloxías.
A Cultura Ceibe potencia novos modelos de implicación cidadá na provisión de bens públicos e
de servizos baseados no procomún. E elo alónxaa da forma convencional de actuar das institucións tradicionais, demostrando a forza actual da sociedade civil. Recoñecemo-lo procomún como unha forma distinta e desexable de goberno. “O goberno do procomún” fai referencia ás regras e os límites necesarios e acordados para xestioná- la producción colectiva e o acceso a recursos compartidos. O goberno do procomún recoñece e incorpora a participación a inclusión, a transparencia, o acceso equitativo, e a sostenibilidade como obxectivos a conseguir a longo prazo.
Entendemos que a economía social, xunto có mercado, constitúen unha importante fonte de valor.
A incorporación dunha nova e revitalizada idea do procomún amplía o que entendemos por
“economía” e insta ós gobernos a respaldar o procomún do mesmo xeito que respalda a economía de mercado.
A actual crise económica mostrou os límites do fundamentalismo asociado ó mercado, e ten
mostrado que os mercados sen control, baseados unicamente en instrumentos como a competición e o interese propio, supoñen un risco xeral para a nósa civilización. A filosofía da Cultura Ceibe, herdada do software ceibe, é a maior demostración empírica de que unha nova ética e unha nova empresa son posibles. Ten demostrado que existe unha nova forma de producción que funciona, baseada en habilidades e intercambios, onde o/ a autor/ a//productor/a no perde o control da producción e non precisa da mediación de grandes monopolios. E fíxoo baseándose na iniciativa individual, na solidaridade con outros, con mecanismos de intercambio de acordo ás posibilidades e habilidades de cada persoa, democratizando o coñecemento, na educación, por medio dunha
producción e unha distribución xusta dos beneficios de acordo ó traballo realizado.
Expresamos a nósa preocupación polo benestar dos/ as artistas, investigadores/ as, autores/ as e outros productores/ as creativos/ as. Nesta Carta propoñemos varias fórmulas para recompensar colectivamente a creación e a innovación. O software ceibe, Wikipedia e outros moitos exemplos mostran que o modelo da Cultura Ceibe pode preservar a innovación e que non son necesarios monopolios do coñecemento para producir coñecemento.
A sostibilidade da producción de coñecemento e cultura depende do tipo de “producto” (Por
exemplo os custos dunha película son moi diferentes ós dunha enciclopedia online). Entre as
iniciativas de Cultura Ceibe pódense identificar varias formas e vías de sostenibilidade da
producción. Algunhas destas vías están mais consolidadas que outras, asímesmo hai varias liñas de experimentación. Un principio xeral presente é a combinación de varias vías de financiación. Deste xeito garántese unha maior independencia dos proxectos. Modelos inspirados na economía social cunha orientación comunitaria multiplícanse e presentan vías sostibles para os proxectos e o traballo. Algunhas das vías de financiación dos proxectos colaborativos entre iguais xa postas en práctica son: Doazóns e trocos non monetarios (Ex. agasallos, bancos de tempo); Financiación directa (Ex. Subscripcións e doazóns ); Capital compartido (Ex. “Matching Funds”, cooperativas comunitarias ou de consumidores); Delega en fundacións ou entidades legais que garantan a infraestructura ós proxectos; Financiación pública (Ex. Renta básica, becas, premios, subsidios, contratos públicos e comisións); actividades comerciais (incluíndo tanto bens como servizos) e combinación de distribución P2P e streaming a baixo custo. A combinación destas diversas opcións conforman vías de viabilidade tanto para creadores independentes como para a industria.
Non apoiamos o traballo voluntario individual como estratexia das empresas comerciais para
apropiarse do beneficio xerado colectívamente. Non cremos que sexa socialmente desexable
permitir que certas empresas e alianzas comerciais domiñen un segmento substancial do mercado.
A era dixital pode conducirnos cara un mundo máis xusto e beneficioso para todo o mundo.
Por todo o anterior, Nós propoñemos:
En primeiro lugar, transparencia: Precísase transparencia nos procesos de regulación e nas
actividades de lobby, incluíndo información sobre quén son as autoridades responsables da
aplicación da lei, os procedementos obrigatorios que se han de levar a cabo, evitando a violación de calquer dereito fundamental. Os recursos e ferramentas dixitais poden engadir máis transparencia e credibilidade ós procesos políticos. Así mesmo, a existencia e acceso das infraestructuras e das ferramentas dixitais teñen que fundamentarse en procesos transparentes.
Propoñemos un sistema de tres avisos para aqueles que violen o dereito a saber da cidadanía.
2. Demandas legais
Dende o punto de vista legal, temos identificado lagoas que existen nas regulacións e tratados
nacionais e internacionais, e nas reformas que compren para rematar cós abusos nas políticas sobre a difusión da cultura, tanto nas relacións legais privadas como nas políticas públicas internacionais.
Estas lagoas perxudican ó interese público e impiden o desenrolo dunha indústria cultural posta ó día.
Os intereses públicos principais son todos de gran importancia: Respaldar e asegurar unha
creación continua de obras intelectuais polo séu importante valor social, e asegurar que tóda-la cidadanía poda acceder a eles sen trabas, para unha gran variedade de usos.
A. Coñecemento común e Dominio Público
1. Expansión do Dominio Público e reducción dos periodos de Copyright.
2. Os resultados de investigacións e obras intelectuais e culturais financiadas con fondos públicos deberían ser de Dominio Público.
3. Debe asegurarse que as obras no Dominio Público sexan accesibles para a cidadanía en xeral.
B. Defensa do acceso ás infraestructuras tecnolóxicas e neutralidade na Rede
1. Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a unha conexión a Internet que lles permita enviar e recibir o contido que desexen, usá-los servizos e aplicacións que desexen, conectar o hardware e usá-lo softare que desexen, sempre que elo non dane a rede.
2. Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a unha conexión a Internet ceibe de todo tipo de
discriminación, xa consista ésta en bloquear, limitar ou priorizar determinados tipos de aplicacións, servizos ou contidos, ou basada na ubicación do emisor ou do receptor.
3. Non se debería impor ningunha limitación nen filtrado sen una orde xudicial previa.
C. Dereitos dos/ as cidadáns/ ás en contexto dixital
1. DEREITO DE CITA con propósitos educativos ou científicos, ou sinxelamente informativos, creativos ou outros calesquera.
2. DEREITO A COPIA PRIVADA cando a reproducción é para uso privado ou para ser compartida entre iguais e non se obteña ningún beneficio económico, nen directo nen indirecto, de ela.
3. USO XUSTO: Dereito a acceder e a usar obras baixo copyright sen necesidade de
autorización dos propietarios do copyright, con propósito educativo, científico, informativo, satírico ou accesorio ó proxecto creativo principal, sempre que se identifique e se cite correctamente a obra e se respecten tódo-los dereitos morais.
D. Estímulo da creatividade e a innovación
Expresamo-la nosa preocupación polo benestar dos artistas e autores. Propoñemos varias
fórmulas para recompensar colectívamente a creación artística e a innovación.
1. Os dereitos de autor patrimoniais non son sustitutivos dun soldo digno.
2. As desigualdades na capacidade de negociación levan a situacións inxustas entre as persoas
que crean e as entidades de comercialización.
3. Cando existe unha explotación comercial dunha obra, as regras relativas ós dereitos
económicos deberían priorizar a protección dos intereses económicos das comunidades creativas.
4. A abolición de tódo-los “cánons dixitais” inxustos que sancionan indiscriminadamente no
nome da “compensación dos/ as artistas”, e que tratan de penalizar actividades que non son
criminais en modo algún.
5. Os/ as autores/ as e creadores/ as deberían ter sempre a posibilidade de rescindí-lo seu
contrato coás ENTIDADES DE XESTION de dereitos de autor.
6. Non debería permitirse que as entidades de xestión de dereitos de autores sexan un
monopolio, nin que éstas impidan ós artistas ou autores usar licencias ceibes.
7. As patentes que monopolizan calquer tipo de software, método comercial, lóxica, algoritmo
matemático, información xenética ou seres vivos, os procedementos industriais, regras de xogo, actividades intelectuales, ou de calquer otro tipo de desenrolo intelectual humán, deberían ser ilegais e non deben ser nunca concedidas.
3. Directrices para a educación e o acceso ó coñecemento
O apredizaxe é un proceso de construcción social que ten lugar mediante o intercambio de
coñecemento, experiencia, e dos diversos matices culturais. A cultura evoluciona a medida que o coñecemento impregna á sociedade. Entendemos a educación como un proceso social que implica un amplo abano de actores educativos, tecnoloxías, entidades e actividades, non só as oficiais e formais. A nósa visión da educación busca fomentar unha cultura de intercambio de coñecemento e innovación educativa que sexa eficiente e sostible.
Os seguintes puntos trazan os fundamentos esenciais para o proceso de ceibe desenrolo cultural e creación de coñecemento:
Software ceibe
O software ceibe (tamén chamado de código aberto) permite estudiar e aprender conceptos en
lugar de caixas negras, permite a transparencia en procesos de intercambio de información, asegura a competición e a innovación, proporciona independencia de intereses corporativos e fai medra-la autonomía dos/ as cidadáns/ ás.
Por todo elo, as institucións educativas, e demáis lugares nos que se dan procesos educativos
deberían usar, promover e implementar software ceibe. Asimesmo, tódo-los programas
desenrolados en entornos educativos con fondos públicos deberían publicarse como software ceibe.
Acceso aberto
As publicacións de acceso aberto aseguran o acceso ós resultados da investigación científica,
tanto para usos científicos como para o público en xeral, potencian as posibilidades de aprendizaxe e permiten que distintas disciplinas descubran os resultados das outras.
Por todo elo, as universidades e centros de investigación deberían adoptá-lo modelo de acceso
abertopara a publicación de traballos de investigación. A solicitude de patentes sobre os resultados de investigacións financiadas con fondos públicos deberían desaconsellarse. As patentes cuios titulares sexan institucións públicas deberían de se liberar de forma irrevocable e ceibes de regalías ou calquer outra restricción.
Estándares abertos
O uso de estándares abertos e formatos abertos é esencial para asegurá-la interoperatividade
técnica, e tamén proporciona igualdade de oportunidades para proveedores/ as rivais, permite un acceso sen obstáculos á información dixital e garante a disponibilidade do coñecemento e a
memoria social, agora e no futuro.
4. Necesidades estructurais para unha sociedade do coñecemento de todos/ as e
para todos/ as
Privacidade
Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a:
– Navegar por Internet e acceder ós séus contidos de maneira anónima.
– Decidir en calquera momento trasladar, modificar ou cancelar os séus datos de usuario de
calquer servizo de Internet.
– Non sufrir interceptación algunha das súas comunicacións, e a poder cifrá-las súas
comunicacións.
Dereito ás redes: Liberdade de uso, creación e conexión
– A sociedade civil e a administración pública han de te-lo dereito a proveer e implementar
servizos de conexión a redes, incluíndo aqueles ofrecidos de maneira gratuíta e sen condicións ós cidadáns.
Infraestructuras e regulación do mercado
– Neutralidade: A neutralidade da Rede debe ser garantida (léase Glosario de termos e
demandas legais sección C, para unha definición máis precisa).
– Simetria: Os proveedores de acceso a Internet deben garantir conexións simétricas ou unha
proporción de carga/ descarga razoable. Debería existir un acceso á banda ancha a prezos asequibles para calquer cidadán.
– Diversidade: Deberían evitarse os monopolios nas infraestructuras de telecomunicacións.
Non debería permitirse que as operadoras de telecomunicacións ofrezan o servizo de bucle local conxúntamente con outros servizos de telecomunicacións. Non se debe permitir que o mesmo accionista controle empresas que proporcionan o servizo de bucle local e empresas que
promocionan outros servizos de telecomunicacións. Ningunha empresa de telecomunicacións debe controlar máis do 25% do mercado de calquer servizo. Pode haber excepcións a esta cuota para redes operadas polo sector público.
Administración pública
– O sector público, os proxectos financiados con fondos públicos e aqueles que impliquen ós
cidadáns por lei, ou de maneira que afecte ós séus dereitos fundamentais, deberían usar sempre software ceibe e estándares abertos.
– Cando non exista unha solución ceibe ou estándares abertos, o goberno ou a administración
pública competente debería promové-lo desenrolo do software que sexa necesario.
– Os gobernos deben garantir un acceso gratuíto a Internet non exclusivo, independentemente
do lugar de residencia de cada cidadán.
Cómo deberíase de proceder na administración pública en temas de evaluación e compra de
software
– A merca pública de software debería avaliá-lo custo total do séu uso, incluídos os custos de
deixar de usá-lo e de migrar a un software alternativo.
– A contabilidade pública debería distinguir claramente os custos das licencias de software, o
mantemento, o soporte técnico, e o servizo, desvinculándoos dos do hardware.
5. Membros do FCForum
1 eXgae 38 ScriptumLibre
2 Networked Politics 39 Felix Stalder
3 Mayo Fuster Morell 40 Franziska Heine
4 P2P Foundation 41 Dmytri Kleiner
5 Michel Bauwens 42 Anne Ostergaard
6 Consumers International 43 Jack J. Marxer
7 Electronic Frontier Foundation (EFF) 44 Alan Toner
8 David Bollier 45 Roberto Santos
9 Knowledge Ecology International / James 46 Asociación de Internautas / Javier Cuchi
Love 47 Epidemia / Pablo Ortellado
10 Free Knowledge Institute (FKI) 48 Kim Tucker
11 La Quadrature du Net 49 La Casa Invisible
12 ScambioEtico 50 Margarita Padilla
13 Amelia Andersdotter eurodeputy from 51 Guifi
Pirat Partiet 52 Mario Pena
14 European Digital Rights (EDRI) 53 Traficantes de Sueños
15 Creative Commons España/ Ignasi La- 54 Platoniq
bastida 55 Yproductions
16 Transnational Institute/Hilary Wainwright 56 Jamie King
17 Students for Free Culture 57 Vittorio Bertola
18 Free Software Foundation India 58 Marco Berlinguer
19 Nagarjuna G. 59 Universidad Nómada
20 John Howkins 60 ASACC / Carmen Zapata
21 Foundation for a Free Information Infras- 61 REEM
tructure (FFII)/ Alberto Barrionuevo 62 Toni Verger
22 ALQUA 63 Science, Education and Learning in Free-
23 Isaac Hacksimov dom (SELF)
24 Dyne.org Foundation/Denis Jaromil Roio 64 Ignacio de Castro Arribas
25 The Open Standards Alliance/Stefan Mar- 65 Maria Claudia de Azevedo Borges
siske 66 Exit
26 David Evan Harris 67 CSDVA
27 David Hammerstein 68 La impròpia
28 Joan Subirats 69 Josean Llorente
29 Fundación Karisma
30 Carlos Sanchez Almeida
31 Conservas
32 FLOSS Manuals
33 David Maeztu
34 Josep Jover
35 Patricia Vila
36 Javier Candeira
37 IT-Political Association
6, Adhesiones
1 Gnowledge lab
To be continued...
Versión completa
A versión completa deste documento, con referencias, fontes e un glosario, está dispoñible en http://fcforum.net/charter_extended
Licencia dual
Esta carta está publicada cunha licencia dual. Podes volvela a publicar
usando calquera destas licencias:
• Creative Commons Recoñecemento- Compartir baixo a mesma
licencia 3,0 Unported.
• Licencia de documentación ceibe de GNU
Créditos e Recoñecemento
A traducción ó galego desta carta é unha obra derivada do orixinal, titulada “Carta por la
innovación, la creatividad y el acceso al conocimiento” que se ode atopar en
http://fcforum.net/files/carta-castellano.corta.pdf . A traducción ó galego é de Iván Navas, Bodescu, licénciase dual baixo os mesmos termos do orixinal e pódese atopar nun mirror no séu sitio web, http://www.guiasinformaticas.es/wp-content/carta_corta_gal.pdf, ademáis de na páxina web do FCForum.
Http://fcforum.net
Barcelona, 1

2009/12/12

Off topic: o campionato de xadrez

Campeonato de Xadrez

IES Porta da Auga

22/12/2009


Normas:

  1. as partidas terán lugar o 22 pola mañá no laboratorio de Física, ó suspenderse as clases

  2. lista de apuntados a continuación

  3. o límite para apuntarse é o luns 21 no recreo

  4. cada partida terá unha duración máxima de 15 minutos

  5. procurarase a alternancia de brancas e negras para cada xogador

  6. entre partida e partida haberá 5 minutos de descanso mentras se prepara a rolda seguinte

  7. as partidas serán eliminatorias, cunha repesca

  8. o ganador será o o vencedor da partida entre o xogador ou xogadora non eliminado e o vencedor das roldas de repesca (que terá xogado unha partida máis)

  9. as táboas consideraranse, a efectos de clasificación ou repesca, como repesca

  10. a dilación de movementos para evitar unha perda poderá ser sancionada coa perda da partida

  11. haberá planillas para apuntar os movementos

  12. calquera cousa non considerada nestas normas será decidida in situ polo árbitro; asemade, por necesidades xustificadas estas normas poderán sufrir variacións durante a primeira rolda

  13. árbitro: Antonio G.

Nome

apelidos

Nivel e grupo


















































2009/12/07

Astronomía

Só unha referencia a un dos clubs de astronomía veteráns en Galicia... O club do Colexio Apóstol Santiago

Hai algo máis importante que a educación? / Traballo Colaborativo e Comunidades de Práctica na Xestión Pública

O que segue foi traducido do Newsletter de Catenaria na páxina http://oesi.cervantes.es/traduccionAutomatica.html, e corrixido logo por min. Trátase dun boletín en castelán de tema relacionado coa educación que neste caso trata de dous epígrafes cunha marcada idea en cuestións nas que, por estos lares se está a discutir moito pero quizáis non de xeito moi estruturado. De aí a molestia de traducilo e poñelo no blog, polo que considero o seu interese actual nas nosas comunidades educativas.

CATENARIA - Gestión del Conocimiento
*

E D I C I Ó N - N ° 4 4 - N O V I E M B R E - 2 0 0 9

HAI ALGO MÁIS IMPORTANTE QUE A EDUCACIÓN?
Javier Martínez Aldanondo,
Gerente de Gestión del Conocimiento de Catenaria
_jmartinez@catenaria.cl_[1]

… lo que sabe hacer, no lo enseñan en la escuela, es materia superior …
Uva de la vieja parra (El Último de la Fila)

Imaxina que situámosnos en decembro de 1909, fai exactamente un século. Trata agora de elucubrar como era a vida naquela época non tan afastada (a miña avoa naceu por esas datas). Pensa como funcionaba a saúde, o transporte, os medios de comunicación, o sector militar, a alimentación, o lecer ou a vivenda naqueles tempos.
Serías ti capaz de vivir hoxe en día con esas "comodidades"? Un servizo de saúde entregada con aqueles estándares, un vehículo fabricado coas técnicas desa época ou un exército co armamento daquel entón sería simplemente impensable para nós. Por sorte, todos eses ámbitos da sociedade viviron transformacións radicais nos seus procesos de produción, froito do progreso da ciencia e da man da tecnoloxía na maioría de ocasións. Sen embargo, e parafraseando o inicio de cada un dos libros da antolóxica serie de Asterix, existe unha "industria" poboada por irredutibles galos que resiste aínda e sempre ao invasor: A educación. Como aceptamos que a educación que recibimos sexa o único servizo que se deseñou fai varias xeracións atrás?

O actual sistema educativo que nos atormenta deseñouse para un mundo moi distinto ao que coñecemos: Un mundo predicible, que cambiaba moi lentamente, onde só unha elite tiña acceso á educación e o destino do resto dos mortais estaba abocado a alimentar a cadea de produción. Para reflectir o desalineados que están os procesos educativos co mundo no que vivimos, adoítase recorrer moitas veces á seguinte analoxía: Se tomásemos a un cirurxián ou un maquinista de tren de fai 100 anos e colocásemolos nun quirófano ou aos mandos dun tren actual, non saberían que facer, non entenderían gran cousa, estarían perdidos e imposibilitados de actuar. Se tomásemos
sen embargo a un profesor desa mesma época e o introducísesmos nunha sala de clases de calquera colexio ou universidade do mundo, inmediatamente recoñecería a situación e en cuestión de segundos sería capaz de seguir desempeñando a súa profesión de forma natural.

Coa educación pasa o mesmo que co futbol, os resultados que obtén o primeiro equipo dependen en gran medida da materia prima que "producen" as categorías inferiores. A sociedade que temos e a crise que vivimos hoxe son consecuencia directa da educación de que nos dotamos. Debese resultar intolerable que non sexa posible encontrar hoxe ningunha persoa que opine que a educación funciona de maneira excelente. Os profesores están deprimidos, os nenos aborrecen o colexio e non queren estudar e os pais están maioritariamente desbordados e decepcionados. Dos políticos, mellor ocuparémosnos noutro momento. Sen embargo, estou convencido que temos os mellores alumno e profesores que tivemos ao longo da historia e tamén a maior riqueza de recursos, contidos e infraestruturas. Non ten ningún sentido facer caso dos resultados das diferentes probas internacionais porque absurdamente tratan de medir a calidade da educación con números. Entón, onde radica o problema? Moi simple, o modelo de sistema educativo que temos non serve se o que pretendemos é educar emprendedores, innovadores, cidadáns autónomos e democráticos. Se queremos escapar desta rúa cega sen saída no que levamos xa moitas décadas, non temos outro camiño que repensar a educación. E o tema non é nada sinxelo.
Todo parece indicar que a educación vainos a acompañar durante moito tempo por unha razón esencial: Os seres humanos, ao contrario que o resto de animais, necesitamos varios anos de acompañamento antes de ser autónomos. Para facilitar ese tedioso e longo proceso é que o home inventa a educación formal (colexio e universidade), un concepto artificial que se basea nunha serie de piares, a maior parte dos que resistiron incólumes o paso do tempo e seguen plenamente vixentes: Títulos, materias, horarios, aulas, profesores, cursos, exames, notas, etc. Por se fose pouco, na nosa venerada sociedade do coñecemento e a innovación, o principal factor de produción do coñecemento é a educación. Se o modelo que temos fai tempo que naufraga e non é capaz de satisfacer a ninguén, o certo é que para cambiar a educación, non existen atallos, non serve facer o mesmo pero máis rápido, con máis diñeiro, con máis tecnoloxía ou con mellores profesores.
Desa forma só estamos dando pedais cada vez máis rápido pero na dirección errónea, co que afástanos sistematicamente do obxectivo. O problema coa educación é moito máis profundo. Para cambiar a educación hai que empezar a cuestionarse desde o máis básico: Que é educar, Para que educar, Como educar, Quen participa, Cal é o rol das TICS, Cal é o rol dos profesores, dos pais e da sociedade en xeral, Como debe ser a institución que guie ese proceso, etc.

Paradoxicamente, non hai nada máis fácil que innovar na educación precisamente porque está todo por facer. Os 2 cambios máis decisivos que hai que efectuar con suma urxencia ocorren dentro do aula e os mencionei _anteriormente_[2]: 1. Que aprenden os nosos fillos e 2. Como o aprende. Deses 2 cambios, o segundo é complexo e de longo alento porque implica reeducar a case todos os involucrados coa educación e esixe derrubar algúns intereses que non van a permanecer de brazos cruzados. Pero o primeiro deles, ademais de ser posiblemente o que máis impacto ten, é bastante máis fácil de implementar. Só esixe pensar as cousas doutra maneira: Empezar a deseñar desde o final, comezar por decidir que resultados queremos obter (que esperamos das persoas cando sexan adultas) e non deseñar desde os medios con que contamos hoxe (as materias que sempre lle ensinaron, o que saben os profesores que temos, os libros escolares que xa están impresos, etc.). É evidente que temos un problema grave cando os currículos académicos apenas sufriron
variación no último século. Se a razón pola que educamos ás persoas é para prepararlles para afrontar a vida que lles espera, é incrible comprobar como seguimos tratando de ensinar cousas absurdas e ao mesmo tempo, seguimos deixando de lado os elementos que todos sabemos son fundamentais para vivir.

Cunha certa regularidade, solo someter a un grupo dunhas 300 persoas a un experimento moi sinxelo: Formúlolles por correo electrónico algunha pregunta relacionada cos ámbitos da xestión do coñecemento e a aprendizaxe e pídolles que me dean a súa opinión. Posteriormente tabulo e analizo as respostas e compártoas porén o grupo que inclúe desde estudantes, xubilados ou amas de casa ata Presidentes e Xerentes Xerais, Xerentes de RRHH, Comerciais e de Operacións, vendedores, consultores, xefes de proxecto, académicos e profesores pertencentes a organizacións do ámbito da Banca, Telecomunicacións, Utilities, Retail, Saúde, Institucións Públicas, Forzas Armadas, etc. de países como Arxentina, Chile, España e USA. A primeira pregunta que lles formulei, fai xa máis de 3 anos, foi a seguinte: Cales son, segundo o teu criterio, os cinco elementos imprescindibles para vivir e traballar na sociedade do coñecemento? É dicir, aqueles elementos fundamentais para que unha persoa se desempeñe axeitadamente, non só no ámbito laboral senón tamén no persoal. Este é o resultado dos 15 elementos que
escolleron como os máis importantes: TOP 15

1. Intelixencia Emocional 49,3
2. Adaptación ao cambio/flexibilidade 38,7
3. Traballo en equipo e colaboración 38,7
4. Manexo de tecnoloxía 34,7
5. Networking/creación de redes 29,3
6. Aprendizaxe continua (aprender a aprender, autoaprendizaxe) 25,3
7. Idiomas 25,3
8. Capacidade de analizar información 22,7
9. Motivación/Iniciativa/Proactividade 21,3
10. Emprendimiento/Curiosidade/Risco 20,0
11. Capacidade de comunicación 18,7
12. Respecto/Tolerancia/Comprensión da diversidade 17,3
13. Formar familia/Desenvolvemento dos afectos 13,3
14. Constancia/Perseveranza 10,7
15. Creatividade 9,3

O primeiro que me chamou poderosamente a atención foi que case o 50 % escolleu a Intelixencia Emocional como o elemento primordial. E o segundo que queda en evidencia (e isto non me sorprendeu en absoluto) é que por ningunha parte apareceron as materias tradicionais que forman o currículo educativo: Matemáticas, Física, Historia, Linguaxe, Química, etc.
O meu obxectivo con este exercicio era moi simple: Propúñame identificar aqueles elementos que, quen vivimos e traballamos na sociedade actual, consideramos como fundamentais e comprobar ao mesmo tempo se o sistema educativo está aliñado con eses mesmos elementos. Buscaba comprobar canto se parece o currículo educativo que se imparte nas aulas ao que logo lles espera ós nosos
mozos cando saian ao "mundo real". Por exemplo, se maioritariamente consensuamos que o Traballo en equipo, a Intelixencia Emocional ou a Flexibilidade son competencias esenciais, quería comprobar o seguinte:
1. Para o sistema educativo, estas materias son prioridade nos seus currículos?
2. Existe a materia de Intelixencia emocional? Debería existir? E nese caso, ¿Qué materias deberiamos eliminar para deixarlle sitio?
3. Pódese ensinar a Intelixencia emocional? E se o sistema educativo non a prevé, como a aprenderemos entón?

Fai 1 mes tiven a fortuna de participar no _ITWorldEdu_[3] en Barcelona, un magnífico evento onde confluían tecnoloxía e educación. A mesma pregunta que fixen por correo electrónico 3 anos antes segue vixente: Ten sentido facer tantos esforzos coa web 2.0, wikies, twitter, you tube, wave, encerados dixitais … se seguimos ensinando as mesmas materias inútiles? Como nos pode sorprender que os nosos nenos e alumnos non sentan absolutamente ningún interese polo que ocorre dentro das aulas? Será que TODOS eles son uns irresponsables? Non, a culpa non é deles (tampouco nós eramos diferentes cando estabamos no colexio), a culpa é nosa.
Durante a última semana, profesionais de distintos ámbitos (xornalistas de recoñecidos medios de comunicación, responsables de RRHH de empresas de enerxía de toda Latinoamérica e destacados avogados) fixéronme idéntica confesión: Os mozos egresados da universidade que ingresan ás súas organizacións non saben practicamente nada e necesitan investir 2 anos para lograr que empecen a ser produtivos.
Propóñovos que vos asomedes aos currículos do colexio ou universidade dos vosos fillos e comprobedes que relación garda co que realmente resulta indispensable para vivir. Cando vexo o
currículo do colexio en que estudiei fai case 3 décadas, comprobo para a miña desgraza que permanece practicamente inalterado. Cantos de vós utilizades as integrais, a lista dos reis godos ou a táboa dos elementos no voso traballo diario?. Pór o currículo actual baixo o microscopio, facer unha análise crítico e redeseñalo para que sexa representativo dos desafíos e realidades que nos preocupan en pleno SXXI é unha tarefa ineludible e relativamente sinxela. Basta que decidamos que queremos ser, que sociedade queremos construír, que tipo de cidadáns desexamos para habitala e conducila. Por exemplo, o pequeno reino de Bután xa estableceu o seu norte, decidiu que quere ser, que é importante para eles e que resultados lle interesa acadar: _A felicidade interna bruta_[4].

Entón, A pregunta máis ben é que teñen que ser capaces de facer para funcionar no mundo actual, porque do que se trata precisamente é de que sexan capaces de facer e non de saber. Se colocas a palabra" saber" nesa pregunta (o que deben saber os nenos), o que aparece é unha lista interminable de cousas inútiles. Saber cómpre pero non suficiente. O currículo que temos non é froito da casualidade: Hoxe non ensinamos o que é importante senón aquilo que é fácil de medir nun exame, o que é unha atrocidade. Non vos caiba dúbida que é moito máis fácil avaliar un problema de matemáticas que a capacidade de ser empático dunha persoa ou a creatividade dun equipo.

Non hai nada máis importante que a educación. Hai varias cousas imprescindibles para sobrevivir: Se non comes, obviamente mórreste. Se non dormes, está comprobado que morres. Pero se non te educas, tamén morres. Se non es capaz de aprender o que significa un semáforo en vermello, se non distingues un cogomelo velenoso dun que non o é ou se non aprendes a nadar, tes moitas posibilidades de perder a vida. Es o que aprendiches e serás o que sexas capaz de aprender no futuro. Se o mundo cambiou drasticamente e resúltanos inconcibible vivir como o facían os nosos antepasados a comezos do S XX, entón debera darnos vergonza que a nosa educación siga ancorada en esquemas propios do subdesenvolvemento.

Cal é a túa resposta á pregunta que dá título a esta columna? Se estás de acordo, entón interésame coñecer a túa resposta para estoutras 2: ¿A qué demos estamos esperando para cambiar? Cando imos a tomar definitivamente en serio a educación?

Traballo Colaborativo e Comunidades de Práctica na Xestión Pública
Marcelo Lasagna, Xerente Sector Público de Catenaria
_mlasagna@catenaria.cl_[5]

No mundo da xestión pública éstáse entendendo cada vez máis que a cooperación é un requerimento necesario para a creación de valor. Desde David Ricardo exaltouse a vantaxe competitiva como o atributo desde o cal as nacións e logo as organizacións podían acadar resultados positivos nas súas contas. Iso levou a que as empresas e as organizacións se estruturasen nun marco de competitividade que ás veces extendeuse ata a depredación sistémica, sen ter en conta á ecoloxía, a desigualdade social e ás persoas. Na economía do coñecemento e no mundo das organizacións que está máis consciente do bo uso dese atributo (o coñecemento) radicado nas persoas, o factor que marca a diferenza respecto á produtividade e ao valor público está na cooperación. Sen ela non lle pode crear e difundir coñecemento. Este prodúcese como consecuencia dun acto relacional. O proceso por medio do que se facilita a súa creación, divulgación e explotación é un no que se producen interaccións-conversacións - entre as persoas que forman parte dunha comunidade de traballo. A estes grupos de traballo, que perseguen unha finalidade común, se lles denominou comunidades de práctica (CoPs).

Unha das fontes de coñecemento sitúase na conversación que se produce entre persoas. Se, ademais, temos en conta o papel da experiencia como mobilizador ou provedor de contidos, teremos unha posible via de creación de coñecemento nas organizacións. Estámonos referindo ás comunidades de práctica que se basean nestas dúas premisas como elementos definitorios destes procesos.

A creación de coñecemento require dun hábitat que o posibilite. As comunidades de práctica presentan moitos dos trazos onde o coñecemento flúe e onde lle produce de forma máis efectiva
o intercambio e creación de coñecemento. Unha comunidade de práctica baséase en que a aprendizaxe implica participación colectiva e que a adquisición de coñecementos e habilidades considérase un proceso de carácter social e non individual. Unha comunidade de prácticas, aséntase nas seguintes dimensións (E. Wenger, 1991):

A. COMPROMISO MUTUO: o feito de que cada membro da comunidade comparta o seu propio coñecemento e reciba o dos outros ten máis valor que o poder que, noutros círculos máis tradicionais, parece
adquirir o que o sabe todo. O coñecemento parcial de cada individuo é un dato, o que realmente importa é o valor que engade a interacción entre eles.

B. EMPRESA CONXUNTA: a comunidade de práctica debe ter uns obxectivos e necesidades comúns que cubrir, aínda que eles non sexan homoxéneos. Cada membro da comunidade pode comprender ese obxectivo dunha maneira distinta pero aínda así compartilo. Os intereses e as necesidades poden ser distintos e, polo tanto, negociados, pero deben supor unha fonte de coordinación e de estímulo para a comunidade.

C. REPERTORIO COMPARTIDO: co tempo a comunidade de práctica, e coa axuda dos seus xestores, vai adquirindo rutinas, palabras, ferramentas, maneiras de facer, símbolos e conceptos que serven para mantela cohesionada e en constante dinamismo. Estas prácticas son as redes de comunicación que permiten as interaccións entre as distintas partes da rede.

Unha comunidade de prácticas pode ser virtual, presencial ou mixta. Distínguese o termo comunidade virtual doutros termos que explican espazos de comunicación en Internet. Habitualmente oímos falar de páxinas web e de portais. Estes contornos parécense moito ós contornos de comunicación tradicionais (prensa, radio, televisión) nun sentido: a comunicación é basicamente unidireccional. Uns equipos preparan a información que queren trasladar aos seus públicos e emítena a través de Internet.

A diferenza das páxinas web e dos portais de Internet, as comunidades virtuais de prácticas procuran, non só que a información chegue aos públicos previstos, senón, e sobre todo, que
exista participación dos usuarios do contorno. Cando se produce a participación das persoas, as distancias entre elas e o medio acúrtanse. As persoas fan seu o contorno. E, por riba de todo, estréitase a relación entre as propias persoas. As persoas comunícanse, aprenden, extenden o seu coñecemento, fomentan os vínculos afectivos e sociais.

Para que isto aconteza o contorno debe agrupar e, sobre todo, propor contidos específicos dirixidos aos públicos aos que quere atraer. E, finalmente, debe procurar que os membros dos públicos aos que van dirixidos eses contidos xeren tamén contidos. A fidelización destes públicos, a vinculación co contorno e a súa participación converterán o contorno nunha comunidade educativa irrepetible e totalmente útil para as persoas para as que se construiu.

No contexto da organización que quere aprender de maneira continuada, as comunidades de práctica estarían compostas por grupos de profesionais que transforman o seu saber facer persoal en valores colectivos (coñecemento común do grupo), que, co tempo, poden chegar a ser coñecemento compartido e sinais de identidade propia da Administración (prácticas corporativas colectivas).

As comunidades reunidas en torno a unha tarefa e obxectivo común son particularmente de práctica, se consideremos que a visión é complementaria con aquela que considera que os profesionais aprenden cando aplican, a partir da propia experiencia, o que aprenderon. Aquí, os coñecementos asociados á práctica, independentemente de onde e como se adquiran, son determinantes para aprender. A creación de coñecemento prodúcese na práctica.

Por estes motivos, as comunidades de practica son un espazo de traballo que axudan a aprender e progresar á Administración a partir dalgúns principios da aprendizaxe social, tales como:

As persoas aprenden en sociedade, mantendo ao mesmo tempo a identidade. Constitúense en torno a temas que unen aos seus membros a nivel individual. O coñecemento reside principalmente nas persoas e non nas máquinas ou bases de datos, xa que gran parte do coñecemento é tácito. Polo tanto, a actitude relacional das persoas é clave para xeralo, compartilo e explotalo.

Aprenden a partir da interacción, xa non de mestre a aprendiz (concepto máis propio da visión tradicional) senón construíndo, cos seus pares, de maneira compartida, estruturas cognitivas, vivencias laborais, a partir da experiencia doutras persoas en situacións semellantes.

Trátase dun punto de vista amplo sobre a aprendizaxe, que amplía sen substituír a visión tradicional: en calquera lugar, en calquera momento (dentro e fóra da Administración), en espazos
habilitados expresamente para aprender, ou noutros espazos mais informais.

A partir das experiencias de cada colectivo, tratarase de aprender facendo, vinculando a aprendizaxe coa resolución de posibles dificultades que impiden acadar os obxectivos da
Administración.

É así que o traballo colaborativo enténdese como un patrón de relación entre diversas persoas nunha organización no que prevalece a interacción e o compartir para a consecución dun
propósito común.

Catenaria - Gestión del Conocimiento
Miraflores, 178 piso 10 / Teléfono 56 - 2 - 2905404 / Mail: jmartinez@catenaria.cl /
Santiago, Chile

Ligazóns:
---------
[1] mailto:jmartinez@catenaria.cl
[2] http://www.catenaria.cl/km/newsletter/newsletter_07.htm
[3] http://www.itworldedu.com/
[4] http://www.elpais.com/articulo/portada/reino/quiso/medir/felicidad/elpepusoceps/20091129elpepspor_8/Tes
[5] mailto:mlasagna@catenaria.cl

2009/12/06

Agora é innegable que os mamíferos non humáns son tamén sentimentais e que, polo tanto, tenremos que deixar de facerlles dano innecesariamente

"Ahora es innegable que los mamíferos no humanos son también sentimentales y que, por lo tanto, tendremos que dejar de hacerles daño innecesariamente tarde o temprano." Ciencia e ética xuntas nunha entrada referida por Eduard Punset.

Algo de Lynn Margulis

Visto en Público, e coido que algo a ter en conta para futuros e futuras científicos (ou quen o esteña considerando dalgún xeito), a cita de Lynn Margulis: "A una persona sana le gusta aprender y la ciencia es un modo de educarse y de saber más del mundo. Si estudias para ganar dinero, la ciencia no es una buena forma de hacerlo. Pero la ciencia no es eso, es aprender, estar rodeado de conocimiento y no sé cómo a la gente no le gusta y no siente curiosidad por su mundo. Pero habrá que reunir sólo a aquellos que estén abiertos a la sorpresa. No se puede cambiar a nadie."

2009/11/27

Galiciencia 2009


Un ano máis unha pequena, pero importante, representación do instituto acudiu a Ourense para participar na Galiciencia.
Nesta ocasión Antonio Gregorio seleccionou alumnado de 2º e 3º de ESO con dous proxectos que seguro espertaron interese entre os asistentes: “Creando os propios xogos de Nintendo: Double Screen con PALib” e “Estudio da lateralidade”.
Galiciencia, é a maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia, contando coa participación de equipos de estudiantes de Secundaria de toda España.
O obxectivo principal desta iniciativa, que Tecnópole organiza dende fai catro anos co patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I e da Consellería de Economía e Industria, é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO e Bacharelato con ideas innovadoras e con gañas de mostralas ao público nos stands que o Parque Tecnolóxico de Galicia pon a súa disposición durante tres días, coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia.

Pero tamén hai actividades paralelas para o público e os propios expositores. Este ano, ademais da presencia xa habitual do divulgador Adolf Cortel, coas súas conferencias de ciencia divertida, houbo obradoiros relacionados coa celebración a nivel europeo do Ano de Darwin, do Ano Internacional da Astronomía e do Ano da Creatividade e da Innovación.
O anterior pode verse en 'Galiciencia 2009', e é ... unha modificación do seguinte:
Éxito na Galiciencia
Ourense, 26 de novembro
En plena Galiciencia, isto é un éxito. Non só do noso centro, senón de todos os participantes. aprender e ensinar, todo xunto. E mesmo mellor aínda cando se comparte habitación con xente coas mesmas inquedanzas, coa que podes parender máis nun ratiño que algunhas +semanas sentado ou sentada máis ou menos no mesmo sitioe pensando grande parte do tempo nas musarañas.
Perto de 50 presentacións diversas, a maioría de investigacións ou realizacións, aínda que tamén de reproduccións ou experiencias, vénse acompañadas ana Galiciencia por un taller de realidade virtual, outro sobre Darwin, ou unha demostración impactante de experiencias sobre electricidade, luz ou vibracións, sen esquecer a oportunidade que para algúns representa o planetario.

Aprender, e difundir. No IES sabemos e temos a xa longa experiencia das feiras de ciencia.En sitios como Galiciencia pódese confrotnar ese saber co doutra xente de Ourense ou Santiago, de Vigo ou Carballo, doutros lugares da xeografía galega con cataláns, e tamén con vascos.
Mentras, visitando Ourense, pegando uns risos ou relaxándose nas termas ourensáns. Mágoa, o venres hai que voltar... para chegar a comprender e facer moitas cosas fai falta unha base, e para iso están as clases.
Algunha ligazón máis:
Galiciencia
http://elprogreso.galiciae.com/nova/43616.html
Tecnopole

A física non é unha antroidada

-- encadrado en 'el carnaval de la física', previo en http://carnavaldelafisica.ning.com/profiles/blogs/a-fisica-non-e-unha-antroidada --
Co motivo dos catrocentos anos da descoberta dos satélites galieanos de Xúpiter,ten hoxe lugar a eclosión da iniciativa 'antroido da física', xa resinada no blog. Pídese un artigo ó unísono neste día nos blog participantes.
Decántome por facer notar unha pequena contradicción. A física non é unha antroidada, e coido que é convinte o facer saber que non o é, que neste caso, antroido equivale a 'festa', non a 'engano querendo facer ver que se é o que non se é'.
Hai, houbo e haberá unha parte importante da física que corresponde á súa comunicación social. Isa é a filosofía que empapa o día. A física non só é para 'so físicos', senon para todos, para a humanidade, tanto sexa física aplicada como 'pura' (se é que existe), ou teórica. O coñecemento remata beneficiando a todos se se fai un uso cabal del. Agora ben, o mantemento da investigación científica, se pasa polos cartos de todos (a traverso da súa 'publicación' polos organismos públicos ou a súa 'privatización' a traverso das empresas privadas), non queda só nos cartos. É necesario esforzo, ideas e consideración dos anteriores logros e as persoas que os fixeron posibles. Hai por aí unha frase célebre, atribuída nalgures a Newton, que consideraba que avanzaba porque ía 'montado a ombreiros de xigantes', é dicir, aproveitando o coñecemento brindado por persoas anteriores a el que fixeron un duro traballo. Agora tamén, e cada vez máis, necesitamos isa percepción de ver máis lonxe por ir a cabalo de xigantes. E lémbroo porque ó estudar na escola a física, os xigantes desaparecen e só parecen quedar galimatías deixados aí para fastidiar. Pódese cambiar, e lembrar. Se queremos que na próxima xeración tamén haxa xigantes, é necesario que se saiba que os xigantes son unha raza de benefactores á que podemos optar; ante todo, persoas traballadoras.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.