2010/01/11

Case sempre é falso

Lido no libro 'The meaning of it all', de R. Feynman:
"In fact, that's a general principle in physics theories: no matter what a guy thinks of, it's almost always false".
É dicir, 'de feito, hai un principio xeral nas teorías físicas: non importa o que pense alguén sobre algo, case sempre é falso'... certo, e para pensar e non deprimirse.

2010/01/03

A difusión da física

Vexamos... teño un semanario na man. Miro o espazo ocupado por temas de ciencia ... 0%. Collo a edición electrónica dun xornal provincial e miro ... o máis parello, unha nova sobre a inspección de eficiencia enerxética e outra sobre un pequeno terremoto. Pícame a curiosidade. Paso a un xornal de edición nacional... un apartado enteiro adicado a tecnoloxía! ... o meu gozo nun pozo: dende 'atopa algo orixinal' ata a venda de libros-e pasando pola censura en internet. Non me desanimo, e sigo mirando noutras seccións. En sociedade atopo unha nova sobre un furado na Lúa, e a partir de aí, pode un enterarse que existe unha 'sección de ciencia', que non aparece no frontal do xornal, e que non se alimenta a diario, polas novas que trae. Busco noutro, e ... si, aquí hai sección de ciencas referida en portada. Vou a ela e as novas inclúen "¡Estou no altar con @TracyPage!", outra sobre a moda do chute ocular na ruta do bakalao ... e tamén sobre o quinto ano máis cálido.
Poderiamos seguir investigando. Non é a primeira vez que o fago, e o resultado é semellante, sexa o segundo día do ano ou o 156º. Certo, non cuantifico moito a estatística, pero as novas sobre un dos fundamentos do mundo moderno destacan unha e outra vez pola súa falta e o tratamento que se lles da. A ciencia hoxe non interesa. E iso que poderiamos dicir que é a época máis científica da historia da humanidade. Mesmo hai unha nova materia, Ciencias para o mundo contemporáneo, na que se da un verniz descritivo (acientífico) do que se podería chamar novas científicas, aínda que moitos profesores tentan que sexa o máis parecido posible á ciencia...
Estes días estou a rematar 'The meaning of it all', do polifacético Feynman, e pode que por iso esteña máis sensible. Ó fin, o seu terceiro capítulo, 'This unscientific age' trata precisamente diso, da imbricación social da ciencia nas persoas (corresponde a algo dito nos '60). E de amosar que a nosa época, a pesares do dominio sobre a materia, non é, non pode considerarse, científica. Se tentamos facer unha demostración 'científica', mirando antes o que aporta Feynman teremos un bo paso dado. Se non nos fai falta a demostración científica, chega con asomarse á prensa diaria e ver o irracional de moitas medidas, ben pola lóxica usada, ben polas bases consideradas para tomalas, ben polo seu desenvolvemento, ...
En canto á difusión da ciencia (e máis aínda, da física), de seguir o segundo camiño, mello proverse antes dunha lupa ou artefacto semellante...
Por certo, esta entrada está reseñada para o 'antroido da física' (ou aquí), un intento de difusión de cousas relacionadas coa física e a ciencia en xeral.

2009/12/24

Variacións sobre física

A física non é moitas veces máis que un escollo para os estudantes de secundaria. Unha materia que temen, unha materia a estudar, unha imposición.
Chegados a este punto, vese o futuro da física, e por extensión, de toda a ciencia, como moi negro: faltará a base humana para proseguir un avance fluído, como xa se está a manifestar neste comezo de século nas universidades de máis de medio mundo. Mentras, as prácticas ou máis en xeral, as actividades de engarce do coñecemento científico coa realidade, co entorno, coa sociedade, brilan pola súa ausencia e só dun xeito moi tímido está desenvoltándose un movemento de actividade científica nos centros educativos. Non importa que a nivel de entrada na Universidade se esixa tímidamente algunha base práctica, nin que esteña amosado con amplitude abonda que a letra con sangue entrará, pero a integración co esprito necesita que algo máis que sangue, e tamén de algo menos que a sangue. E tampouco importa que se esteñan colando pouco a pouco actividades de pretendida divulgación científica, pero que moitas veces, nese achegamento ó público pasan a ser vistas máis como materia de maxia que de ciencia.
Non podemos esquecer que o coñecemento (en sentido amplo, a integración de coñecementos na persoa) necesita unha actividade, pero esa actividade en principio non ten por que significar un esforzo, aínda que a práctica totalidade das veces non se saiba (non saibamos) facer doutro xeito.
É certo que socialmente a ciencia tampouco se soe considerar moito, meténdolle zancadillas a política ou a economía, como se fora algo máis opinable, co que a visión do que significa e da súa actividade queda desvirtuada. Pero tamén o é que certo é que a sociedade pasou por épocas de máis descoñecemento do que era e do que significaba a ciencia que na actualidade, o que da pé a pensar con certo optimismo nun futuro que en principio necesita de ciencia e técnica.
Poden facer algo por ese apoio científico e consideración social materias como a nova CMC? Para comezar, xa se ve chamada así polos pasillos dos IES: CMC, e non Ciencias para o Mundo Contemporáneo, o que aílla o título do que é a ciencia. En segundo lugar, entre os obxectivos está dar un barniz de ciencia, pero non tanto incrementar o interese pola ciencia. En terceiro lugar, nunha especie de dar gato por lebre, téntase dicir que CMC é ciencia, cando é relación social de coñecementos actuais. E poderiamos seguir, en relación co uso ou abuso, pero non apropiación que se fai da ciencia ó tirar por ese camiño-materia. Non, CMC non é a solución, aínda que poidera axudar sendo ben levada, e non dubido que en moitos casos así será. Pero non deixará de ser algo circunstancial que por exemplo impide o medrar do número de horas adicadas á ciencia como tal.
Mentras, por favor, facede unha enquisa entre os vosos compañeiros, coñecidos, fillos, ... e tentade facerlles ver que aínda que a física ou a ciencia en xeral non son unha aplicación, senón un coñecemento, un saber, é na aplicación onde se vai manifestar, e polo tanto, onde se vai consolidar. E que as aplicacións poden facerse tamén no ensino medio, como manifestan as prácticas de laboratorio ou as feiras de ciencia, que ademáis son máis bonitas e poden reportar máis beneficios que unha árida clase.
Entrada referida no "Antroido da física"

2009/12/18

Manifesto para a creatividade e innovación en Europa

Recollido de http://create2009.europa.eu/about_the_year/manifesto.html, déixoo sen imaxes, pero tal cal na versión española:

Embajadores europeos de la Creatividad y la Innovación
Manifiesto
El mundo está avanzando a un nuevo ritmo. Para estar en la vanguardia de este nuevo mundo, Europa debe ser más creativa e innovadora. Ser creativo significa imaginar algo que no haya existido con anterioridad y buscar nuevas soluciones y nuevas formas. Ser innovador implica introducir un cambio en la sociedad y en la economía. El diseño transforma las ideas en valores y tiende un puente entre creatividad e innovación.
Para poder avanzar, Europa debe incrementar la inversión, tanto pública como privada, en el conocimiento. Para avanzar sabiamente es preciso respetar la historia y el patrimonio cultural. Los nuevos conocimientos se basan en el conocimiento histórico, y la mayor parte de las innovaciones son resultado de combinar lo que ya existe. La cultura, que respeta la memoria individual y colectiva, resulta esencial para no perder la orientación en estos tiempos de agitados cambios.
La creatividad constituye una dimensión fundamental de la actividad humana. Prospera allí donde hay diálogo entre las culturas, en un entorno libre, abierto y diverso en el que existe igualdad entre los distintos grupos sociales y entre hombres y mujeres. Requiere respeto y protección jurídica para los resultados del trabajo creativo e intelectual. La creatividad se encuentra en el corazón mismo de la cultura, el diseño y la innovación; todo el mundo tiene derecho a utilizar su talento creativo. Más que nunca, el futuro de Europa depende de la imaginación y la creatividad de sus ciudadanos.
La crisis económica, medioambiental y social nos desafía a encontrar nuevas formas de pensar y actuar. La creatividad y la innovación pueden traer prosperidad a la sociedad, pero esta debe responsabilizarse de su uso. Hoy estos conceptos deben movilizarse en favor de una sociedad justa y preocupada por el medio ambiente, basada en el diálogo intercultural y que respete la naturaleza, así como la salud y el bienestar de las personas de todo el mundo.
Para crear una Europa más creativa e innovadora, abierta al resto del mundo y respetuosa de los valores humanos, presentamos el siguiente Manifiesto, en el que expresamos nuestras prioridades y nuestras recomendaciones para la acción. La necesidad de cambio es urgente, y requiere una nueva iniciativa. Europa y sus Estados miembros deben conceder una especial atención a la creatividad y la innovación a fin de encontrar una salida al estancamiento actual.
Manifiesto
1. Cultivar la creatividad en un proceso de aprendizaje permanente en el que teoría y práctica se desarrollen paralelamente.
2. Convertir las escuelas y las universidades en lugares donde estudiantes y profesores se comprometan en el pensamiento creativo y el aprendizaje por medio de la práctica.
3. Transformar los lugares de trabajo en centros de aprendizaje.
4. Fomentar un sector cultural sólido, independiente y diverso capaz de respaldar el diálogo intercultural.
5. Promover la investigación científica para comprender el mundo, mejorar la vida de las personas y estimular la innovación.
6. Fomentar procesos, pensamientos e instrumentos creativos, que tengan en cuenta las necesidades, emociones, aspiraciones o habilidades de los usuarios.
7. Apoyar una innovación empresarial que contribuya a la prosperidad y la sostenibilidad.
Líneas de acción
Las siguientes líneas de acción requieren una nueva concepción de la política. La Comisión Europea y los Gobiernos nacionales deben comprometerse con el cambio, junto con los interlocutores sociales y los movimientos ciudadanos. Se necesitan visiones e iniciativas compartidas que engloben varios ámbitos políticos tradicionales, a fin de abordar el actual déficit medioambiental, social, cultural, democrático y de seguridad. Dirigir los esfuerzos a la creatividad y la innovación constituye una clave para iniciar un diálogo que supere las divisiones históricas y políticas.
Acción 1: invertir en conocimiento
Para reforzar la competitividad de Europa son necesarios nuevos principios presupuestarios que den una prioridad elevada a las inversiones en las personas y los conocimientos. A corto plazo, se debería ofrecer a los trabajadores la oportunidad de poner al día sus habilidades. El mundo empresarial, los sindicatos y los gobiernos deberían cooperar en la organización de la puesta al día de las habilidades de los trabajadores mediante financiación pública y privada. La magnitud y la ambición de los Fondos Estructurales Europeos debe ampliarse, centrarse en la inversión en investigación y desarrollo y vincularse a la creación de marcos institucionales se respalden la formación a lo largo de la vida natural.
Acción 2: reinventar la educación
Profesores y estudiantes deben reinventar juntos las escuelas y las universidades, a fin de que la educación prepare a las personas para la sociedad del conocimiento. Formar de nuevo a los profesores y comprometer a los padres de forma que puedan contribuir en la formación de un sistema educativo que desarrolle los conocimientos, las habilidades y las actitudes necesarios para el diálogo intercultural, el pensamiento crítico, la resolución de problemas y los proyectos creativos. Poner un fuerte énfasis en el diseño en la educación a diferentes niveles. Establecer a nivel europeo un importante esfuerzo de investigación y desarrollo en educación a fin de mejorar la calidad y la creatividad a todos los niveles.
Acción 3: premiar la iniciativa
Debería premiarse a las personas que emprenden nuevas iniciativas en el mundo empresarial, el sector público y la sociedad civil. Las políticas sociales pueden contribuir a la innovación compartiendo los riesgos con los ciudadanos comprometidos con el cambio. Los artistas, creadores, científicos y empresarios que contribuyan con nuevas ideas deberían ser recompensados. Los premios a la excelencia deben combinarse con la protección jurídica de los derechos de propiedad intelectual y se debe establecer un equilibrio entre la creación de compensaciones justas y el fomento del intercambio de conocimientos.
Acción 4: apoyar la cultura
El fortalecimiento del ámbito cultural debe respaldarse mediante programas y mecanismos nacionales y europeos dirigidos a apoyar la diversidad cultural, la independencia y el diálogo intercultural. Deben fomentarse las industrias creativas por medio del establecimiento de nuevos vínculos entre el arte, la filosofía, la ciencia y el mundo empresarial. Deben estimularse el desarrollo y el uso de los nuevos medios de comunicación aumentando la calidad de sus contenidos. Deben desarrollarse nuevos modelos económicos para la financiación de unos informativos digitales libres, diversos, independientes y de alta calidad.
Acción 5: fomentar la innovación
Es preciso que la política de innovación sean más ambiciosa y tenga una base más sólida. Una mayor inversión en ciencia, tecnología y diseño debería combinarse con esfuerzos para aumentar la demanda de conocimientos. Se debe animar a las empresas a combinar el conocimiento científico con los conocimientos basados en la experiencia. Se las debe alentar a incrementar la diversidad entre los empleados en términos de género, nivel educativo y nacionalidad. En la formación de ingenieros, directivos y diseñadores deberían combinarse la educación teórica y la experiencia práctica. Un objetivo de las políticas de innovación, así como del mercado laboral y las políticas en el ámbito de la educación, debe ser implicar a los usuarios y los empleados en los procesos de cambio. El desarrollo y la puesta en marcha de unas amplios estrategias de innovación debe ser una de las preocupaciones prioritarias de los líderes políticos.
Acción 6: fomentar el pensamiento global
Europa debería encontrarse a la vanguardia mundial por lo que se refiere a la ciencia, la cultura y la competitividad. La colaboración a nivel europeo en materia de ciencias, tecnología, educación, diseño y cultura debe extenderse al resto del mundo. Una Europa competitiva debe desarrollar la colaboración económica tanto con las potentes nuevas economías emergentes como con los países pobres más necesitados de apoyo. El fomento de la innovación en los países pobres es una obligación moral y reduce la presión de la inmigración. Europa debe contribuir al establecimiento de una normativa justa en lo relativo a la protección y el intercambio de conocimientos a nivel global.
Acción 7: incluir consideraciones ecológicas en la economía
Europa debe apoyarse en la creatividad y la innovación para poder transformarse una sociedad post-carbono. Elementos claves son la innovación ecológica y el establecimiento de una «nueva trayectoria tecnoeconómica» que desde la «gestión de la contaminación», a través de las «tecnologías limpias», hasta las «innovaciones sistemáticas», transforme radicalmente la producción, la distribución y el consumo. Las inversiones deben combinarse con nuevas instituciones, una nueva normativa y nuevos hábitos. La creatividad es la principal herramienta para encontrar soluciones que combinen el desarrollo sostenible y la prosperidad.
Las personalidades eminentes mencionadas a continuación han aceptado ser embajadores del Año Europeo de la Creatividad y la Innovación 2009. Algunos se reunieron varias veces a los largo del año y redactaron el presente Manifiesto para una Europa más creativa e innovadora.
Ferran Adrià Acosta
Chef creativo
Esko Tapani Aho
Vicepresidente Ejecutivo de Nokia
Karlheinz Brandenburg
Profesor universitario, investigador en el ámbito de las tecnologías de la información y la comunicación
Jean-Philippe Courtois
Presidente de Microsoft International
Edward de Bono
Escritor y conferenciante internacional en materia de creatividad y pensamiento lateral
Anne Teresa de Keersmaeker
Coreógrafa
Ján Ďurovčík
Coreógrafo
Richard Florida
Escritor, profesor universitario, economista
Jack Martin Händler
Director de orquesta
Antonín Holý
Profesor universitario, químico
Remment Lucas Koolhaas
Profesor universitario, arquitecto y urbanista
Damini Kumar
Diseñadora e inventora
Dominique Langevin
Profesora universitaria, física
Rita Levi-Montalcini
Ganadora del Premio Nobel, profesora universitaria, neuróloga
Áron Losonczi
Arquitecto e inventor
Bengt-Åke Lundvall
Profesor universitario, investigador en el ámbito de la innovación
Javier Mariscal
Diseñador
Radu Mihăileanu
Director de cine
Leonel Moura
Artista conceptual
Blanka Říhová
Profesora universitaria, microbióloga
Ken Robinson
Profesor universitario, autor de obras sobre creatividad e innovación
Ernő Rubik
Profesor universitario, arquitecto y diseñador
Jordi Savall i Bernadet
Músico, profesor universitario
Erik Spiekermann
Profesor universitario, tipógrafo y diseñador
Philippe Starck
Creador, director artístico y diseñador
Christine van Broeckhoven
Profesora universitaria, experta en neurociencia molecular
Harriet Wallberg-Henriksson
Profesora universitaria, presidenta del Karolinska Institutet

2009/12/15

Cada mestriño ten o seu libriño (III)

(continuación/complemento/extensión das partes I e II)

O dito popular sérveme de título a un intercambio epistolar via correo-e a través de mares e continentes a raíz do artigo que traducín de catenaria, intercambio no que me vin mencionado precisamente a raíz do mesmo. Dado que me pasaron os textos, fixen a traducción e póñoos agora só con algún comentario da miña parte, así como quitando os nomes dos contendentes verbais, non por ocultación (hai datos abondos dun e outro para chegar ata eles), senón porque coido que así se xeraliza máis o que din.
Neste momento, prefiro non dicir se me alineo cun ou con outro, ou mellor polo que se podería chamar unha terceira vía. Iso é algo que queda para outro momento. De calquera xeito, coido un acerto o cualificar o artigo de catenaria como un punto de partida para avivar unha discusión que pode ser inacabable, como inacabables son os educandos e os educadores, así como os tempos da educación.
Unha nota: o comezo parece un pouco brusco. Como xente que razoa sobre educación, esa brusquedade cede paso ó recoñecemento do outro, no mesmo sentido do 'falando enténdese a xente', aínda que neste caso farían falta moitas máis verbas en troques de dar por rematada a conversa como se da cara ó final.

Estimado señor:
Chámome F e son profesor de secundaria nun instituto galego. Recentemente chegou ao meu correo electrónico un texto seu titulado “¿Hay algo más importante que la educación?” (Catenaria Edición nº44, nov. 2009) remitido pola secretaria da asociación ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) á que pertenzo como socio. Gustaríame facerlle chegar, ó respecto, a miña opinión sobre o devandito texto, que anticípolle, non é nada favorable.
Olle, señor, a ver se se entera: a educación académica é basicamente transmisión de CULTURA. ¿Sabe que é eso? Imaxino que si: transmitir ás novas xeracións o máis importante de todo o coñecemento acumulado por las xeracións precedentes. Nin máis nin menos. A "intelixencia emocional", o "traballo en equipo", a "adaptación ao cambio ", etc. son moi importantes, si, pero unha vez que se aprendeu a ler, a redactar, sábense usar as ferramentas matemáticas, coñécese a historia da humanidade, as leis que rexen o funcionamento da natureza, os pensamentos dos principais filósofos, etc. Iso élle o que hai que ensinar e aprender na escola, o outro débese aprender na familia e no trato social, tamén na aula, pero de forma natural mentres se traballa no ESTUDO das distintas materias.
Estou farto de vendedores de "ungüentos" como vostede, señor Martínez. Se a educación académica está en crisis é porque na sociedade actual non se valoran a cultura e o coñecemento, porque o éxito social lógrase coa beleza e/ou actividades que non requiren o esforzo do estudo. Por iso e porque de cando en vez xorden "iluminados" como vostede que, probablemente con boas intencións, veñen a intentar solucionar un problema tan complexo con "fórmulas revolucionarias" que o único que conseguen é crear máis confusión e empeorar o problema.
Reciba un muy cordial saúdo.
--
Estimado F
Creo que é importante clarificar algunhas cousas:
1. Ao contrario que no teu caso, eu non vivo da educación así que non te equivoques, non teño ningún ungüento que vender.
2. Recoñezo que é case imposible esperar que aqueles que verían ameazada a súa fonte de traballo se o modelo sofre cambios profundos (por exemplo os profesores de física ou química) vexan con bos ollos este tipo de ideas. Polo tanto a túa opinión nada favorable me resulta sorprendente.
3. Chámame a atención que sitúes a responsabilidade da situación actual da educación fóra do teu gremio e a túa “industria” (a sociedade actual non valora..., os iluminados...). ¿Cando asumiredes os profesores a vosa responsabilidade?
Sepáranos unha grande diferenza:
Ti queres máis estudo, de seguro máis física e química e, en definitiva, máis do mesmo. Imaxino que cres que un país de intelectuais sería unha sociedade feliz e desexable.
Eu quero que as persoas teñan a posibilidade de elixir e que os que queiran seguir co teu modelo, que o fagan e que os que queiran gozar de aprender nun modelo moito máis natural e máis útil, poidan facelo tamén, algo que ti négasme porque o teu modelo é o único que funciona e dende hai varios séculos. Dá o mesmo que non funcione porque te resistes a admitir que se modifique e a que nin sequera se podan expoñer propostas ao aspecto. Moitos deses filósofos e científicos que mencionas enfrontaron precisamente a mesma reacción do establishment das súas respectivas épocas. A historia (á que tamén te refires) repétese e non parece que aprendamos moito dela aínda que todos estudámola non só no colexio, tamén na universidade.
Saúdos
--
Estimado:
Grazas pola súa contestación.
Pouco teño que engadir ao que xa lle espuxen no meu comentario anterior, posto que non me achega ningún argumento novo para defender a súa postura. Só indicarlle que dende o primeiro momento xa comprendín que vostede non é un profesional da educación, que nunca se enfrentou á tarefa de intentar transmitir aos mozos eses coñecementos culturais básicos que vostede despreza, pero que seguramente coñece ben. É por iso polo que permítome cualificarlo de "vendedor de ungüentos" e de "iluminado", é dicir, de persona que pretende ofrecer unha solución "alternativa” ou "revolucionaria" a un problema complejo do que non ten referencia directa. Creo, sinceramente, que antes de tocar un tema tan transcendental como a educación, debería, en primeiro lugar, dedicarse profesionalmente a el (a nivel preuniversitario) durante algún tempo e despois realizar unha profunda e prolongada reflexión, pois, na miña opinión, a súa aproximación ao mesmo foi completamente superficial e vacua.
Equivócase se pensa que a miña reacción negativa á súa "proposta" baséase en intereses corporativos da miña profesión. Escúdese nesa explicación se quere, eu nunca poderei convencerlle de lo contrario. Non me gusta falar dos "profesores "en xeral pues cada caso é individual e é difícil xeneralizar, pero por suposto que, como parte activa no proceso educativo, temos parte de responsabilidade en la crise do mesmo. Eu son moi crítico coa actitude e o traballo de moitos colegas meus e co sistema que (en España) ampara as súas neglixencias e a súa falta de dedicación e vocación. Pero iso é un problema ben distinto do que vostede expón. Vostede non critica o traballo dos profesores, senón a esencia da educación académica como transmisión de COÑECEMENTOS e non só habilidades sociais. E iso é o que me parece, con perdón, un auténtico desatino: de pouco ou nada serven esas habilidades se quen as posúe non ten uns coñecementos básicos da súa historia, o seu contorno, a natureza, o seu idioma, etc. E é a transmisión de esos conceptos e datos fundamentais a que cada día resulta máis difícil na escola, porque, como xa lle dixen no meu comentario anterior, os alumnos non comprenden a súa utilidade (e xa vexo que vostede tampouco) debido fundamentalmente a que quenes reciben maior remuneración e atención mediática non son xeralmente os máis cultivados.
Para finalizar gustaríame recomendarlle a lectura dun breve artigo do escritor español Javier Marías aparecido fai uns días no "País semanal" e que abunda na miña opinión de xeito dificilmente mellorable: http://www.elpais.com/articulo/portada/saberes/irrelevantes/elpepusoceps/20091129elpepspor_15/Tes
Grazas de novo pola súa atención.
Reciba un saúdo cordial.
--
Estimado Sr F
Puntualicemos algunhas imprecisións:
Segundo a túa opinión, só poden falar de algo algúns dos que se dedican a iso. É dicir, só poden falar de futbol os adestradores (neste caso os profesores), pero non os xogadores (os alumno), os directivos, os xornalistas deportivos ou os socios dos clubs. Dende logo, eu non son profesor de primaria ou secundaria (a miña muller si o é), aínda que fago clase regularmente na universidade (manteño estreitos vínculos con profesores e reitores) e sigo bastante de preto a educación dos meus dous fillos, así que non me exclúas do teu mundo tan gratuitamente. Fai 3 anos, fixen un proxecto nun colexio nun barrio marxinal onde o director e os profesores estaban desesperados co ambiente nas aulas, con nenos de pais delincuentes, droga, violencia, maltrato familiar, etc. Traballei con 30 nenos de 12 e 13 anos durante 2 meses e encargueilles unha misión, dividinos en equipos, deilles materiais, apoio de titores e no peche do proxecto, case todos recoñeceron, entre bágoas, que fora a mellor experiencia das súas vidas non do colexio, DAS SÚAS VIDAS. E non estamos falando de diversión, tiveron que traballar como ananos. Cando un grupo de nenos desahuciado che di iso, significa que a escola está equivocándose de cabo a rabo no que fai con eles. Encantaríame saber de cantos dos nenos do teu colexio escoitaches algo parecido.
Esquéceseche que respecto da educación, todos fomos xogadores durante moito tempo e sufrimos os efectos dunha educación castradora durante case 20 anos (dende o colexio ata os masters). Demasiado tempo malgastado ou ao revés, obtemos moi pouco para un investimento de tempo tan grande. Así que todos podemos falar por experiencia propia. A enquisa que incluín no artigo non a respondín eu, contestárona cidadáns normais e correntes a quen negas a posibilidade de opinar que a maior parte do que ocorre dentro das paredes dunha aula é irrelevante para a vida que lles espera. E que todo o que importa na educación é conseguir un título polo medio que sexa, independentemente de se se aprenden cousas relevantes ou non porque só uns poucos meses despois, todo quedou xa esquecido. Por que ensinar física e non olería, danza contemporánea, apicultura ou latín (como cando eu estaba no colexio)? Imaxino que seguindo a túa liña de pensamento, para falar de Física hai que ser físico investigador (mellor incluso premio nobel) e non só profesor de física. Como podes ver, non todos os profesores de física pensan igual http://fqribadeo.blogspot.com/2009/12/hai-algo-mais-importante-que-educacion.html
Equivócaste en menosprezar aos que temos distinta opinión á túa, educadores ou non. E a raíz do problema tela gravada tan profundamente que teño claro que xamais vas a pór en dúbida nin o que fixeches nin como o fas. O mundo divídelo entre cultivados (os que “saben” moitas cousas) e non cultivados (os pobres que non saben e que só poden dedicarse a intentar gañar diñeiro). Non simplifiquemos, non estamos falando de diñeiro nin de xente mediática, estamos falando de educar seres humanos completos e de deixar de darlle importancia sagrada ás materias (o mundo non se divide en materias) e empezar a darlle importancia (por primeira vez) ao que en verdade fai de nós persoas. Debeches terte xa decatado de que ensinar non é posible, pero aprender sen embargo si éo. Os teus alumnos non queren aprender o que ti lles queres ensinar, queren aprender o que a eles lles interesa, que é ben diferente, e mentres non sexas consciente diso, seguirás loitando a contracorrente, cada vez máis. Non se pode obrigar a ninguén a profesar unha relixión. E iso non significa nin moito menos que non queiran aprender, os nenos non son tan estúpidos. Pódese facer que aprendan o que ti queres pero aproveitando o que a eles lles interesa, só hai que estar disposto a ver as cousas dende outro ángulo.
Calquera persoa con certo percorrido na vida recoñecerache que os coñecementos técnicos son irrelevantes, apréndense cando se necesitan e por desgraza, caducan a unha velocidade dramática. Sen embargo, o esencial para funcionar na vida, para ser equilibrado, para relacionarte cos teus semellantes, para criar fillos, para ser boa persoa en definitiva, iso que desprezas e denominas habilidades sociais, son a diferenza.
Sócrates, que desde logo non era provedor de contidos e desprezaba os libros, só facía unha cousa: preguntar. O colexio está cheo de respostas a preguntas que ningún neno se fai. Ata que non entendamos que o importante son as preguntas que eles teñen na sua cabeza e ás que non deixamos espazo algún para que xurdan, non hai nada que facer.
Chámame a atención que, non sendo Javier Marías un educador, lle concedas o mérito de ser membro da túa confraría. Curioso o ser humano que tende a considerar intelixente a aqueles que pensan como el. E que conste que comparto bastantes cousas do que di.
Igualmente curiosa a túa dirección de Hotmail
Saúdos desde o cono sur
--
Estimado Sr. Martínez:
De ningún xeito pretendo que só opine sobre educación ou sobre calquera outro tema quen se dedique profesionalmente a el. Por suposto que todo o mundo debe ser libre de opinar o que queira sobre lo que lle dé a gana. Pero estará de acordo comigo en que tamén todo o mundo temos o dereito (e o deber) de valorar as opinións en función de criterios libremente elixidos por nós mesmos. No meu caso particular, os meus criterios son a experiencia do autor sobre a materia, o nivel de profundidade da reflexión, la solidez da argumentación e a concordancia do argumentado coa miña experiencia (non opinión) persoal. Síntoo, Sr. Martínez pero ningunha de esas catro características atopo na súa proposta alternativa, mentres que si vexo as tres últimas na opinión do Sr. Marías. De novo se equivoca se pensa que a descualifico simplemente porque vostede non ten moita experiencia como docente.
Equivócase tamén cuando aventura que non me cuestiono o que fago nin como o fago. Son relativamente mozo (42 anos), teño unha filla de 4 e levo 13 dedicado ó ensino secundario. É o meu traballo, que elixín vocacionalmente e ao que adico moitas horas. E por iso unha de las fuentes principais de satisfaccións e frustraciones en a miña vida actual. Creo sinceramente que menospreza a miña profesionalidade e a miña intelixencia se en verdade pensa que me limito a repetir automaticamente o modelo educativo que herdei por simple inercia ou vagancia. Se non me preocupase a educación e non reflexionase sobre ela probablemente non me dirixise a vostede
Eu non desprezo en absoluto as habilidades sociais, faltaría máis. Só digo que non poden aprenderse illadamente, senón na conviviencia diaria, especialmente na familia e tamén na aula, pero que a principal misión da escola non é esa, senón a transmisión de cultura e coñecemento. As habilidades sociais poden e deben desenvolverse mentres se traballa ou se estuda algo, non traballando ou estudando sobre elas mesmas.
Descoñezo completamente o sistema educativo chileno e é posible que vostede tampouco coñeza moito do español. Por se así fose gustaríame contarlle brevemente a súa historia máis recente. No ano 1990 foi aprobada unha reforma educativa (chamada LOGSE) dirixida por psicopedagogos e baseada en principos semellantes aos que vostede sostén. Hoxe en día é opinión maioritaria na sociedade española, non só dentro da comunidade educativa (vexa o artigo do Sr. Marías), que o resultado foi e segue sendo desastroso, malia que posteriormente fóronse introducindo varios "parches" lexislativos para tratar de corrixir clamorosos sinsentidos. Somos moitos os profesores que erguemos a voz e reclamamos o retorno do "sentido común" á educación, que pedimos a fin de benintenzoados "experimentos" pedagóxicos, que pedimos que a educación non a dirixan psicopedagogos teóricos que nunca tiveron que ensinar nada, que vire a valorarse o coñecemento e non só a actitude ou a destreza, que vire a comprenderse que adquirir cultura é importante e que requiere esforzo. É quizais por iso polo que recibín o seu escrito cunha belixerancia tal vez excesiva, polo que lle pido humildemente desculpas.
Quixera facerlle notar que é extremadamente aventurado pola súa banda extrapolar a todo o sistema educativo o éxito da súa alternativa docente nun caso moi particular e moi limitado no tempo. Eu son totalmente partidario de ensaiar todo tipo de pedagoxías alternativas (incluída a súa, por suposto) en alumnado que, polos seus condicionantes persoais, familiares e / ou socioculturais, non é capaz de integrarse no sistema educativo estándar, pois considero que é mellor que aprendan algo, por pouco que sexa, a que se lles exclúa ou se autoexclúan do proceso educativo e aumente así o risco de que se convirtan en inadaptados ou marxinados sociais. Pero de aí nunca concluiría, como fai vostede, que un método que funcione nun sector concreto de alumnado cunha problemática moi específica poda mellorar os resultados do conxunto do mesmo que, maioritariamente, non ten esa problemática asociada. De feito, como lle contei arriba, en España xa se foi por esa liña e en xeral os resultados teñen empeorado notablemente.
Pero insisto unha vez máis, o que me parece demencial da súa proposta non é o método de aprendizaxe, senón o seu cuestionamento da validez e utilidade do coñecemento, da cultura xeral que se adquire nas distintas materias de la educación "tradicional". Observo que o artigo do Sr. Marías non lle fixo cambiar de opinón, polo que dubido que calqueira argumentación que eu poida presentarlle o vaia facer. Gustaríame iso si, recomendarlle a letura dun breve e, desde a miña perspectiva, fundamental libro, que argumenta en prol da educación "tradicional" mellor do que eu nunca podería facero. Titúlase "Panfleto antipedagóxico", de Ricardo Moreno Castillo (editorial LeQtor) e imaxino que o poderá mercar vía internet. De non ser así ofrézome a enviarllo gratutitamente. [Nota: pódese baixar en http://www.lsi.upc.edu/~conrado/docencia/panfleto-antipedagogico.pdf, e hai numerosos comentarios a favor e en contra na rede. Por certo qu eno seu momento colguei unha copia na sá de profesores]]
Non me resisto, sen embargo, a incluírlle a continuación algunhas citas extraídas do devandito libro pois, como lle digo, os seus argumentos parécenme inmellorables:
"A intelixencia é un xogo, como o xadrez, e para xogar ao xadrez son necesarias unhas pezas, as cales se gardan nunha caixa cando acaba a partida. Pois ben, xogar coa intelixencia require tamén unhas pezas. Estas pezas chámanse ideas, e mentres non as utilizamos quedan gardadas nunha caixa chamada memoria. Xa o dixo o vello Kant, fai bastante tempo, que os contidos do coñecemento sen as estruturas do pensamento son cegos, pero que as estruturas do pensamento sen os contidos do coñecemento están baleiras. Se de cando en vez fixésemos unha pausa na nosa busca de ideas novas e innovadoras para escoitar a voz dos poucos sabios que no mundo foron, é posible que as cousas fosen moito mellor".
"A última versión desa falsa alternativa consiste en dicir que o importante non é que os estudantes adquiran coñecementos, senón que adquiran destrezas. Pero, señor, é imposible adquirir a destreza de facer a conta de dividir se previamente non lle adquiriu o coñecemento da táboa de multiplicar, nin a de analizar un texto se antes non se estudan os contidos dunha ciencia chamada gramática, nin a de entender o xornal se non se sabe historia contemporánea".
"Como di a fermosa cita de Borges que encabeza este capítulo, o libro é extensión da memoria, igual que os demais instrumentos deseñados polo home sono do corpo. Se isto é certo, e os libros prolongan a memoria como o telescopio a vista, entón non a substitúen, porque non se pode prolongar un sentido do que se carece. Para un deslembrado un libro é tan inútil como un telescopio para un cego. Por outra banda consúltase o que se soubo e esqueceuse, ou aquilo de cuxa existencia se ten noticia, pero non se pode consultar algo se non se sabe xa algo dese algo."
"Porén, compréndese que un profesor de hoxe non queira que os seus alumnos pasen polo que tivo que pasar el, cando lle fixeron aprender decontinuo o catecismo ou as bisbarras de toda España. A memoria desenvolvíase, pero o procedemento era tan aburrido e as cousas aprendidas tan pouco interesantes, que a aversión pola memoria que hoxe padecemos é un resultado bastante explicable. Agora ben, á hora de elaborar a súa metodoloxía, un profesor non pode caer na a tentación de exorcizar os demos que lle atormentaron de neno. Ao contrario, despois dun coidadoso exame, debe recuperar as cousas aproveitables do ensino que recibiu. Se os métodos para educar a memoria eran malos, haberá que buscar outros, pero suprimir a memoria por esta razón é tan desatinado como suprimir os hospitais cando a sanidade funciona mal".
"Por outra banda, non hai máis remedio que resignarse a que hai coñecimentos indispensables, cuxa utilidade é difícil de entender e cuxo atractivo é case nulo. Ler a Virgilio pode ser algo moi fermoso, pero para iso hai que estudarse primeiro as declinacións latinas, unha das cousas máis aburridas do mundo. Entender a física e as matemáticas dun certo nivel é cousa apaixonante, pero a isto non lle pode chegar se antes non se fixeron moitos exercicios rutineiros con fraccións e co sistema métrico decimal. Estes traballos tediosos hanse de facer porque o manda o profesor, non hai máis solución, e o oficio de profesor non consiste en ser simpático aos alumnos".
"O divorcio entre a vida e a cultura é lamentable, pero non pode evitarse por completo durante os anos escolares"- Bertrand Russell.
"O mestre que enseña xogando acaba xogando a ensinar. O alumno que aprende xogando acaba xogando a aprender"- Miguel de Unamuno.
Gustaríame continuar, pero estou algo canso e outras ocupacións reclámanme.
Un saúdo cordial.
--
Estimado F
En efecto, isto converteuse nun diálogo de xordos onde ningún ten interese en cambiar de parecer.
A miña conclusión é a seguinte:
Ti xa decidiches que o importante é transmitir a cultura (por suposto a única definición de cultura que vale é a túa) e quen non o entende así está equivocado, por dicilo educadamente. Porque tes ti que decidir o que eu debo aprender? A educación é o único ámbito onde o cliente non ten nada que dicir porque alguén xa decidiu que debe recibir e como, e non ten opción algunha para opinar. Ti ves as cousas desde o lado do profesor e do que é importante que saber, eu póñome no lado dos alumno e do que quere aprender. Por que non podo escoller eu un currículo distinto do teu?
Eu o que reclamo é a liberdade para elixir outro concepto de educación que é o que ti denegas. O que queira empaparse da túa cultura, acumular saber e ser un intelectual ilustrado, por min perfecto, que o goce (e desde logo iralle moi ben nos concursos da tele ou xogando ao trivial cos seus amigos). Pero o que queira seguir os seus intereses, escoller a súa propia cultura, armarse un currículo de elementos útiles e preocuparse de facer máis que de saber, que teña esa posibilidade, cousa que hoxe non existe e ti non permites.
Nunha cousa estou de acordo contigo: as habilidades non se poden ensinar directamente, apréndense indirectamente, como medio para conseguir un obxectivo e polo tanto non avogo porque haxa unha materia de traballo en equipo que suporía de novo crer que o coñecemento é un obxecto transmisible de quen o ten (profe) a quen o necesita (alumno). Recoméndoche que examines esta web http://vista.engines4ed.org/home/index.htm. E dende logo non menosprezo a túa intelixencia, só sorpréndeme que formando parte da maioría que segue avogando por máis do mesmo (máis estudio, máis materias, exames e tests para verificar o coñecemento) sexas tan descalificador con quen sostén o contrario.
Sabes que existen centos de citas que avogan por isto mesmo (eu non inventei nada) de personaxes pouco sospeitosos de falar á lixeira como Platón, Kant, Montaigne, Locke, Dewey, Descartes ou Einstein. Deíxoche unhas cantas:
“Estou seguro que a razón pola que xorden tantos idiotas das nosas escolas é porque non teñen ningún tipo de contacto con nada útil para a vida diaria” (Petronio no ano 66 antes de Cristo).
“Dade aos alumno algo que FACER e non algo que aprender, xa que o facer ten tal potencia que esixe pensar e reflexionar” (John Dewey)
“A meta principal da educación é crear homes que sexan capaces de facer cousas novas, non simplemente de repetir o que outras xeracións fixeron; homes que sexan creativos, inventores e descubridores. A segunda meta da educación é a de formar mentes que sexan críticas, que poidan verificar e non aceptar todo o que se lles ofrece." (Jean Piaget)
“Nunca permitín que a escola entorpecese a miña educación." (Mark Twain)
“O colmo da estupidez é aprender o que logo hai que esquecer” (Erasmo de Rotterdam)
“Suspendín a miña educación cando tiven que ir ao colexio ” (George Bernard Shaw)
“Non é tarefa fácil educar mozos; adestralos, en cambio, é moi sinxelo." (Rabindranath Tagore)
"É un milagre que a curiosidade sobreviva á educación regrada" (Albert Einstein)
“O noso defecto é aprender máis pola escola que pola vida ” (Séneca)
“A educación autodidacta é, creo firmemente, o único tipo de educación que existe” (Isaac Asimov)
“Entón, como non estudaba nada, aprendía moito” (Anatole France)
“Se lle ensinas algo a un home, xamais o aprenderá” (George Bernard Shaw)
Por se non o sabías, a tradución grega de escola é Lecer, momento de recreo, mesmo de diversión.
E recoméndoche este vídeo de Ken Robinson http://www.youtube.com/watch?v=iG9CE55wbtY
Como amosa a historia, as revolucións e os cambios nunca veñen dende dentro porque son os que máis interese teñen en que todo siga como está. A solución para a educación non a ten a xente do ámbito educativo.
Por certo, son español (donostiarra) así que como imaxinarás, coñezo ben o sistema español ademais do chileno e bastante ben o estadounidense e o inglés.
Foi un pracer manter esta discrepancia.
Saúdos
--
Estimado:
Estou totalmente de acordo con vostede en que este intercambio dialéctico que estamos mantendo está esgotado. Non ten sentido insistir nos nosos respectivos argumentos cando estes parece que non fixeron modificar para nada as nosas posturas iniciais.
Sen embargo, non me resísto a facer tres breves comentarios ás súas tres conclusións:
Eu non "decidín" que a cultura é importante, senón que o comprobei ao longo da miña vida. Eu non decido o que debe aprender vostede nin ninguén, alá cada quen, simplemente preocúpame e entristéceme que na sociedade actual vaia en aumento o desprezo do COÑECEMENTO, entendendo por este TODO o aprendido polas xeracións anteriores (incluídas as habilidades sociais).
Eu non escollín as materias do currículo escolar nin os contidos destas; quen se encarga diso, como ben sabe vostede, son as autoridades educativas. A selección que elas fixeron sempre será discutible porque o saber humano é tan vasto que necesariamente haberá que deixar fóra partes importantes. Pero non me cabe dúbida que a inmensa maioría do que se ensina hoxe en secundaria é máis que esencial para a educación básica dun ser humano.
Pregúntame vostede por que non pode elixir un currículo, distinto ao "meu ". Esquécese de que para elixir ou rexeitar algo, como por exemplo un currículo, antes hai que coñecelo. Se deixa vostede que un mozo elixa libremente o que queira aprender sen antes terlle amosado minimamente os distintos saberes que o home desenvolveu, a súa elección será ás cegas e por tanto non será libre. E é exactamente iso, amosar minimamente os diferentes aspectos da cultura humana, o que se busca co ensino obrigatorio en todos os países do mundo, para que os mozos, independentemente da súa orixe ou condición, teñan os coñecementos esenciais para manexarse no mundo e, sobre todo, podan elixir o seu futuro con coñecemento, é dicir, con plena liberdade.
De veras entristéceme por vostede, Sr.Martínez, que considere que a principal utilidade da "miña "cultura sexan "o trivial ou os concursos da tele ". Descoñezo a súa idade, a súa formación e a súa ocupación actual, pero lendo os seus escritos non me cabe dúbida de que vostede también ten recibido e goza de iso que vostede chama "a miña" cultura. Iso permítelle polo menos redactar e argumentar coherentemente, algo que hoxe en día, por desgraza (polo menos para min, non sei para vostede) poucos universitarios españois son capaces de facer. Pregúntome se esa "formación alternativa" que vostede defende inclúe ou non o desenvolvemento da expresión oral e escrita, e, en caso afirmativo, pregúntome que "revolucionario" método propón vostede para que, por exemplo, os alumno non cometan faltas ortográficas. Se o coñece e efectivamente funciona, non perda máis tempo e corra a comunicarllo ao mundo, asegúrolle que será admirado e recoñecido, polo menos polos anticuados profesores de secundaria españois que comprobamos impotentes como cada ano a ortografía dos nosos alumnos degrádase ata extremos vergonzosos.
Di vostede que eu non "permito" outra educación alternativa. Non está na miña man permitir ou prohibir ningún tipo de educación, nin prohibiría ningunha se puidese, alá cada cal. Simplemente defendo a educación que comprobo todos os días no meu traballo que é máis efectiva para axudar os mozos a adquirir CULTURA XERAL, algo que a min paréceme fundamental para todo ser humano polas razóns que xa lle indiquei repetidamente.
Repasando os escritos que lle teño enviado non consigo atopar de onde deduce vostede que eu ou que a educación "tradicional" sostén que "o coñecemento é un obxecto transmisible de quen o ten (profe) a quen o necesita (alumno)". Oxalá fose así! Que sinxelo sería entón educar! Creo que estamos de acordo en que para que una persona aprenda algo ten que querer facelo. Moita xente lle podería ensinar e de mil diversos xeitos, pero só el poderá aprendelo no momento que así o decida. Polo tanto, aprender é un acto voluntario e individual e é obvio que para aprender algo non é indispensable un profesor. Pero tamén é obvio que para aprender certos saberes, a axuda de alguén que xa os domina pode ser moi útil, dende que, claro está, esa persoa (profesor) ademais de dominar a súa materia saiba tamén como axudar a dominala. É por iso que existen profesores non só en escolas ou universidades, senón tamén en academias privadas de casi calquera disciplina, pois moita xente prefire acoder a elas en lugar de aprender autodidácticamente pola súa conta experimentando ou lendo textos. Eses métodos alternativos (como o VISTA que me refire) nos que son os alumnos os que descobren por si mesmos os coñecementos investigando a información pola súa conta, "guiada" por un profesor (ou por un programa informático interactivo) parécenme moi respectables, pero considero que requiren moito máis esforzo e moito máis tempo por parte dos alumnos. Imaxino que quen prefira eses métodos é que tivo malas experiencias con profesores. Agora ben, eu, particularmente, se podo elixir entre formarme coa axuda dun bo profesor ou ben seguindo o mellor método "autodidacta" do mundo, no dubido nin un segundo en escoller o primeiro.
Respecto ó vídeo de Ken Robinson, direille que me pareceu moi divertido. O seu protagonista é un excelente orador, pero as súas ideas parecéronme completamente demagóxicas, palabrería barata sen propostas concretas. Quero que saiba antes de continuar que ademáis de dar clase de Física completo o meu horario con clases de Educación Plástica e Visual, pois son moi afeizoado ó arte e de cando en vez adícome á pintura no meu tempo de ocio. Tamén estudiei Imaxe e Son e traballei catro anos no mundo audiovisual antes de adicarme á docencia (pode verse unha curtametraxe miña en http://flocos.tv/curta/coruna-imposible/). Quero decirlle con iso que a creatividade me parece moi importante, e que debe estimularse, pero que en absoluto está reñida coa cultura. É máis, para facer algo creativo que sexa realmente "novo" é moi recomendable ter un coñecemento ó menos somero do que outros grandes mestres teñen feito antes de nos, non vaia a ser que o que nos pareza "innovador" xa se fixera abondos séculos antes. O exemplo da bailarina que cita Ken Robinson, así como moitos outros míticos como Einstein, etc. que fracasaron na educación regulada son a excepción, non a norma. Son xenios ós que ningún sistema educativo tería satisfeito porque as súas dotes xenéticas están moi por cima da media do resto da poboación. Pero esta excepción serve de base para que moitos que fracasan no sistema educativo se crean tamén xenios, cando na inmensa maioría dos casos o seu fracaso débese simplesmente a falta de capacidade e/ou falta de esforzo.
Todos os anos, a primeira clase de cada curso dedícoa en primeiro lugar a introducir a materia e a continuación formúlolles ós meus alumnos a seguente pregunta: "¿creedes que é importante estudar?" Tras un breve desconcerto a maioría comeza a asentir pero sen convencemento, con resignación e desinterese. Despois pregúntolles "¿por que creedes que é importante?" A súas respostas, cheas de desgana, inseguridade e escepticismo, apuntan case exclusivamente á preparación para conseguir un bo emprego no futuro, pero sempre e de inmediato, os máis "espabilados" apresúranse a sinalar que para eso non fai falta e citan exemplos non só de personaxes populares, senón tamén de parentes ou veciños que levan vidas desafogadas sen ter estudado, aínda sen traballar duramente. Eu doulles a razón porque non podería ser doutro xeito, pois o seu argumento é certo e esta é a nosa realidade. Repítolles entón a pregunta inicial e xa ninguén asinte. A continuación pídolles que presten moita atención porque voulles contar a cousa máis importante de todas as que lles contarei ó longo dos 10 meses de curso: voulles explicar por qué é importante estudar. Cuando despois das súas muecas de escepticismo faise o silencio e noto que todos eles obsérvanme coa necesaria atención, sóltolles "Estudar é importante porque permite que podamos ser máis felices". Cuando cesan as súas mostras de estupor ou hilaridade continúo a miña argumentación: "De cantas máis cousas teñamos coñecemento, cantas máis cousas entendamos, máis cousas nos poderán entreter, máis cousas nos poderán dar pracer, máis cousas nos poderán facer felices". E solo ilustrar este enunciado con exemplos, un ficticio e outros dous reais (un deles sobre os meus propios pais, que pola época e o país onde naceron non tivieron a soerte de poder acceder á educación secundaria) que non creo necesario reproducir aquí porque se a súa propia propia vida aínda lle ten levado a reflexionar e comprender esta idea, témome que os meus exemplos de poco servirían.
Me ha gustado sostener esta correspondencia con usted porque ha servido para reflexionar de nuevo sobre un tema que para mi es fundamental, porque es al que dedico mi vida.
Reciba un cordial saludo.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.