2005/11/20

Unha lembranza do congreso de EnCiGa


Pois eso, unha lembranza dun feito de ensino científico a partir de algo que pouco ten que ver coa ciencia.

2005/11/07

Ribadeando

Espero en un par de meses poñer esto a traballar como se debe, cousa que polo momento non está pasando. Nin tan só dou feito para poñer como é debido o "ribadeando" ou outras cousas de Ribadeo ou miñas...

2005/10/17

En clase


Hoxe estamos na clase e esta é só unha demostración do uso dun blog (weblog). Vou a dar un pouco de información e subir unha imaxe.
Consello: ir a Ribadeando, é un bó sitio.

2005/10/13

Atrasos, ... novidades?

Teño un pouco abandoado este blog... facendo unha recopilación de dados para as páxinas web do departamento, a ver se se pon a funcionar e non só o outro blog, non oficial de nada, 'ribadeando.blogspot.com' (pero que non sendo oficial, sírveme para comunicar)

2005/03/03

Sobre as notas

Só unhas verbas para dicir que de agora en diante non se poñerán máis notas no blog. Non houbo queixas, pero comentarios de outros profesores fan convinte tomar esta medida.

2005/01/28

Avaliación feita por 1ºBT do profesor de FQ (27/01/05)

Avaliación feita por 1ºBT do profesor de Fisica e Química (27/01/05)

- Respostas comentadas:

Positivas

Temas interesantes-amenos IIIIII

Experimentos realizados III

Explicacións con exemplos-práctica IIIIIIIIII

Suficientes exercicios para preparar exame II

Interés que desperta o profesor I

Modo de organizar a clase I

Bó ritmo de traballo II

Exámenes en concordancia co aprendido II


Negativas

Sair ó encerado con nota I

Rapidez de explicación IIIII

Exames fora de horario escolar III

Participación obrigada na feira I

Poucas prácticas/tempo adicado á feira IIII

Saír de voluntarios I

O aburrido que pode chegar a ser I

Sempre 2 exercicios de tarefa I

Explicacións no encerado-falta de claridade II

Entrega por internet I

Estar atento ás faltas I

Sistema de avaliación I

Rutina na clase I

Cantidade de traballo I


Propostas

+clases prácticas/+ experiencias IIII

Algunha saída I

+tempo (pararse +) IIIIII

Taburetes +cómodos I

Exames nas horas de clase III

Reducir o número de exercicios como tarefa I

Non preocuparse polas faltas I

Exercicios + fáciles I

Valoración maior do traballo para casa I

- Respostas numéricas:

Puntualidade 9 8 9 8 9 7 7 8 7 6 9 10 9 8 8 8 9 8 8 9 8,2
Seriedade e disciplina na aula 8 8 8 9 8 9 7 9 6 7 8 10 5 7 7 7 9 10 8 9 8,0
Claridade 6 6 9 6 6 6 5 8 5 8 6 7 8 5 5 6 5 9 6 8 6,5
Atención 7 8 9 9 9 4 9 9 8 7 8 8 9 9 5 8 7 10 8 8 8,0
Organización das clases e ritmo de traballo 10 8 8 7 8 6 6 9 6 7 8 6 5 9 5 6 8 9 7 10 7,4
Relacións prof-al 9 8 9 10 8 7 8 9 8 7 7 7 9 7 5 7 8 10 9 9 8,1
Sistema de avaliación 10 7 9 10 6 7 7 8 7 7 9 9 8 6 7 6 7 10 9 10 8,0
Adecuación dos exames 5 6 9 10 6 5 6 7 7 7 9 7 8 9 6 5 8 9 9 10 7,4
Promedio



















7,7

2005/01/26

Fin de periodo de probas

con esta nova dase fin ó período de probas do blog, aínda que falta por facer a difusión, mellorar a interfaz, etc.
Boas visitas!

Exame de 1ºBT Termoquímica

1.Axusta a reacción: KSbO3 + H2O -> K2(H2O7Sb2)

2.Queimamos 100g de C en presencia de aire abundante, e recolemos nunha campá á presión de 0,5 at un volume de 150 L de dióxido de carbono. Calcular a pureza do C inicial.

3.Calcula o tempo que ten que estar funcionando unha corrente de 1 A para depositar 1g de Cu a partir dunha disolución que contén Cu2+.

4.Calcula o calor desprendido ó formarse 1kg de CO2(g) por combustión do CH4(g) + 2O2(g) -> CO2(g) + 2H2O(l) a p=cte. A considerar:

C(s) + O2(g) -> CO2(g) DH= -393kJ/mol

H2(g) + (½)O2(g) -> H2O(l) DH = -284kJ/mol

C(s) + 2H2(g) -> CH4(g) DH= -75kJ/mol

2005/01/14

De novo

Este blog segue en probas, sen avanzar máis por problemas técnicos alleos ó mesmo blog. Espero poñelo en marcha a pleno rendemento pronto.

2005/01/08

Inicio dun novo blog

Hoxe Comezo a creación da nova bitácora para os alumnos e alumnas do IES Porta da Auga de Ribadeo. Esperemos que sexa para ben...
Antonio Gregorio Montes

2005/01/07


O autor da bitácora.. esperemos que desta salla ... :)
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.