2007/11/30
Galiciencia 2007: un anticipo
Vaia unha foto como anticipo da nova sobre a Galiciencia de Ourense 2007... (en As feiras de ciencia na Galiza a parte de neste sitio)
2007/11/25
Reseña da Feira (da ciencia) de outono
No IES estamos afeitos a celebrar unha feira da ciencia e tecnoloxía cada ano, arredor do mes de abril, a “feira de abril”. Este ano da ciencia 2007 que colle polo tanto dous cursos, o 2006/2007 e 2007/2008, por primeira volta, celebrouse asemade unha segunda feira: a feira de outono, dentro das actividades da Semana da Ciencia en Galicia (nov, do 5 ó 19, creo), patrocinada mediante Diverciencia pola Dir. Xeral de I + D + i da Xunta de Galicia (4798€).
Entre as cousas que houbo que facer como complemento á feira debido ó patrocinio estivo unha enquisa que, entre outros resultados, deu unha apreciación media de 8,4 sobre 10 á hora de valorar se gustou ós visitantes ou non (táboa ó final). En xeral, as valoracións foron positivas, como por exemplo no caso da organización, resaltando o aspecto de atención ós visitantes.
Pero non só de enquisas vive a feira. Quen estivo alí puido disfrutar e sobre todo comprender máis algúns fenómenos explicables pola ciencia. E aumentar o seu interese pola explicación das cousas, vendo que calquera cousiña pode ser explicable: só hai que procurarlle a explicación (cousa que moitas veces non é tan sinxela).
O montaxe da exposición e o desmontaxe foi rápido. Máis lenta foi a realización de cada unha das experiencias e construcións que alí se puideron ver. Aínda que nalgún caso pode parecer moi sinxelo (poñamos, a demostración da influencia da tensión superficial na auga soportable por unha moeda), leva traballo detrás de preparación, procura de información, e realización. O saber din que non ocupa lugar, pero alomenos necesita tempo.
... Haberá máis, pero non hoxe.
2007/11/17
Unha cita curiosa dun persoeiro curioso (premio Nobel e bailador de samba)
R. Feynman
2007/11/14
2007/11/11
2007/11/09
Dúas frases escoitadas na tele estes días
"Quien es el chino ese de la foto? Es el Franco de los Chinos", en referencia á portada dun libro vermello descoberto por unha simpatizante de Franco a un cativo de tendencias 'roxas', en 'Cuéntame' (TVE1, 08/11/2007). Hoxe España segue a ter un nivel lector abondo inferior ó dos países do seu entorno. Pode que ambas situacións, o baixo nivel lector, e o desprezo pola escola pública, esteñan relacionadas.
Exposición de cogumelos no IES (VII)
Relación de post anteriores deste conxunto:
Exposición de cogumelos no IES (I)
Exposición de cogumelos no IES (II)
Exposición de cogumelos no IES (III)
Exposición de cogumelos no IES (IV)
Exposición de cogumelos no IES (V)
Exposición de cogumelos no IES (VI)
Sabendo que as fotos cargadas nesta colección non son dunha 'grande calidade', a parte da relación anterior de post, visitar o blog do IES
Exposición de cogumelos no IES (I)
Presentación da feira da ciencia
Presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde ó seguinte comentario e nota de prensa:
O día 8 de novembro tivo lugar a presentación da segunda parte da Feira da Ciencia deste ano. Participaron nela Alfonso Piñeiro, Mº Jesús Besteiro e Antonio Gregorio, ilustrando en conxunto o marco no que se inscribe, a semana europea da ciencia neste ano que tamén é o ano da ciencia, a colaboración entre a Asociación Cultural Xerfa e o IES, a subvención por parte da Dir. Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, etc. Incidiuse tamén en aspectos concretos da feira, dende a exposición de cogomelos, adiantada unha semana respecto ó resto de presentacións por motivos de axenda do IES, á nominación doutras experiencias que terán lugar no IES o 14 e 15 de novembro, en horario de tarde (16 a 18h).
Fíxose fincapé na autoría dos alumnos do IES e en que son os principais aproveitados no obxectivo declarado desta actividade, estender a comprensión e o interese pola ciencia. Son eles tamén os que xa amosaron en diversas ocasións experiencias e montaxes da feira no día da ciencia na rúa de A Coruña e o farán a finais de mes en Galiciencia (da que haberá información máis puntual).
Nota de prensa:
Resume de datos sobre a feira de ciencia:
Organizan:IES Porta da Auga + Asociación Cultural Xerfa
Subvencionan:
Semana da Ciencia + Ano da ciencia 2007 + Dir. Xeral de investigación, desenvolvemento e innovación Xunta Galicia (prog. Diverciencia) + EnCiGa
Data, lugar e hora:
IES Porta da Auga, Ribadeo
14 e 15 de novembro
16-20h.
Traballos previstos:
Cogumelos (exposición previa, 7-9 nov.)
Convección
Aceleracións inerciais
Timbre salgado
Variables dos tornados
Depósitos fluviais
Tensión superficial
O motor eléctrico máis sinxelo
O punto cego
Flota ou mergúllese?
Estudo da dilatación dos metais
Experiencias con nitróxeno
Mesa de billar trucada
Dermatoglifos
Modelos xeolóxicos
A idade dos peixes
Diafragma: músculo respiratorio
O baile dos confites
O globo faquir
Participantes:
Diversos alumnos do centro
Obxectivos:
Extender a comprensión e o interese pola ciencia
2007/11/05
Exame de Química 2007 11 05
Atención:
explicar todo: é o que serve para puntuar, en particular,
nas cuestións.
Impares:
1.2º Postulado de Bohr
2.Un gas ocupa 30L a 20ºC.
Aumentamos a temperatura do recipiente en 25ºC e diminuímos
a súa presión a metade. Que volume terá?
3.Configuración electrónica
do elemento nº56. Di as características orbitais dun dos
electróns da última capa.. Se ten un isótopo de
A=136, di o seu número de e-, p+ e n.
4.Na reacción C + O2
-> CO2, calcula os g de carbono necesarios para facer
reaccionar totalmente 20L de O2 a unha temperatura de 50ºC
e unha presión de 1,2atm
5.Nun líquido estamos a ver o
efecto Tyndall. Explica que características terá o
líquido para que podamos velo.
Pares:
1.Explica a contradicción na
teoría atómica de Bohr
2.Na reacción 2H2 +
O2 -> 2H2O, calcula os átomos de H na
auga que se obterán se se fan reaccionar 2L de hidróxeno
con outros dous de osíxeno (ambos en c.n.)
3.Configuración electrónica
do elemento nº55. Di as características orbitais dun dos
electróns da primeira capa. Se ten un isótopo de A=136,
di o seu número de e-, p+ e n.
4.Un gas ocupa 30L a 20ºC e
presión normal. Calcula a súa masa, sabendo que a masa
molecular é 64u.
5.Un electrón sofre unha
transición, dos números cuánticos 3, 2, 1, + a
2,0,0, +, e outro do mesmo ó 1,1,0,+. Que átomo dos
dous emitirá máis enerxía?
Solucións (sucintas)
I1.Ver teoría.
I2.pV/T = p'V'/T'
p·30L/293ºK = (p/2)·V/318ºC
V= 30L·318/293 = 32,56L
I3.
1s2 | |||
2s2 | 2p6 | ||
3s2 | 3p6 | 3d10 | |
4s2 | 4p6 | 4d10 | |
5s2 | 5p6 | ||
6s2 |
Na última capa, 6, 0, 0, +-, é
dicir, 6ª capa, con l=0 (orbital tipo s), ml=0 (sen
orientación predeterminada debido á súa
simetría),
A=136, Z=56 implica 56p+,
136-56=80n e 56e- en estado neutro.
I4.pV=nRT
n= 1,2at·20L/(0,082at·LºK-1mol-1·323ºK)
= 0,91mol
logo nos fan falta 0,91 mol de C. Como
a masa molar do C é 12g, a masa de C será
0,91mol*12g.mol-1 = 10,92g
I5.Líquido coloidal
P1.Ver teoría
P2.2L de H2 = 2/22,4 mol =
0,089mol, que da como produto 0,089mol de auga, cada molécula
con 2 átomos. Logo
N= 0,089*2*NA = 1,08·1023
átomos
P3.
1s2 | ||
2s2 | 2p6 | |
3s2 | 3p6 | 3d10 |
4s2 | 4p6 | 4d10 |
5s2 | 5p6 | |
6s1 |
Na primeira capa, 1, 0, 0, +-, é
dicir, 1ª capa, con l=0 (orbital tipo s), ml=0 (sen
orientación predeterminada debido á súa
simetría),
A=136, Z=55 implica 55p+,
136-55=81n e 55e- en estado neutro.
P4.pV=nRT
1at·30L=n·0,082at·L·ºK-1·mol-1·293ºK
n= 1,25mol
masa= 1,25mol·64g/mol = 79,91g
P5.O segundo átomo non pode
facer esa transición.
Na primeira capa, 1, 0, 0, +-, é dicir, 1ª capa, con l=0 (orbital tipo s), ml=0 (sen orientación predeterminada debido á súa simetría),
A=136, Z=55 implica 55p+, 136-55=81n e 55e- en estado neutro.
P4.pV=nRT
1at·30L=n·0,082at·L·ºK-1·mol-1·293ºK
n= 1,25mol
masa= 1,25mol·64g/mol = 79,91g
P5.O segundo átomo non pode facer esa transición.