Estes días anda a xente alporizada: non chove no país da choiva, e nalgures comezan a pensar en restriccións de subministro.
Pois ben, o ano pasado en Galicia choveu por temo medio preto dos 1000 L/m². Iso supón uns 25 billóns de litros (2,5·10¹³), ou 10 millóns de litros por cada galego ou galega (un depósito de 50x50x4 m³)
Si, xa sei que hai que regar, e que non se pode todo aproveitar ... pero, non se poderían facer as cousas un pouco mellor para que o aproveitamento rendira (tendo en conta ademáis que a propia natureza encárgase de reciclar boa parte da auga consumida)?
Calculo que unha estimación de gasto persoal é duns 30 m³ ó ano por persoa, ou sexa, 30 000 L, trescentas veces menos que a cantidade de auga caída per cápita.
Francamente, a eficiencia debera mellorarse.
Sobre a lóxica
-
Sobre a lóxica. Un anuncio doutro tempo A finais da década pasada facíame
sorrir cada pase que contemplaba dun anuncio de televisión. Consistía en
amosar c...
Hai 2 días
Ningún comentario:
Publicar un comentario