Deixo embaixo unha imaxe clarificadora. Trátase da comparación entre os corpos do 'noso' sistema planetario estelar, o sistema solar, e os do
sistema Trappist-1, con planetas recén descubertos. O seu sol ten un diámetro que excede só lixeiramente o 115% do de Xúpiter (algo así como a relación entre a Terra e Marte, con menos diferenza). A
información actual na wikipedia é tamén abondo explícita, dando, por exemplo, períodos orbitais dende 1,5 a 20 días, o que producirá, se as teñen (é dicir, se teñen o seu eixe de xiro sobre si mesmos inclinado en relación ó eixe de xiro en relación á estrela), estacións astronómicas de duracións de 9 horas a 5 días. Polo que parece, os tres centrais dos descubertos estarían en zona habitable (equivalente á zona na que a auga pode estar líquida), mais polo momento descoñécese a existencia de auga para dar lugar a unha vida tal e como a coñecemos, baseada no carbono, aproveitada da disolución en auga e con elementos principais C, H, O, N.
Velaeiquí:
|
By ESO/O. Furtak - http://www.eso.org/public/images/eso1706d/, CC BY 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=56526979 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario