2019/09/18
Unha chamada (máis) de atención
Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun dato que representa.
A cousa é que se se collen os máximos anuais (os picos da parte de arriba dos dentes de serra), en 1958 representaba unha concentración de 317 ppm, e en 2019, de 414 ppm. É dicir, en 61 anos, un aumento de máis dun 30 % sobre unha situación en inicio que xa estaba viciada pola contaminación (as 280 ppm sobrepasáronse de xeito consistente sobre o ano 1800), e segue a aumentar. Que significa? Pois básicamente, que o efecto invernadoiro causado polo CO2 leva aumentado un tercio dende mediados do século pasado. Tendo en conta que o efecto invernadoiro normal permite que nós vivamos sobre a superficie da Terra ó favorecer un aumento da temperatura media de máis de trinta ºC, e que o planeta ten unha enorme inercia térmica, é para botarse a tremer pensando o que podería aumentar a temperatura aínda sen aumentar os niveis actuais de concentración de CO2 Por sorte, o CO2 non é o único gas de efecto invernadoiro, é dicir, o único gas que contribúe a ese aumento da temperatura (por exemplo, o vapor de auga tamén inflúe), pero tampouco é o único que temos descontrolado.
Collendo un vello refrán, a deus rogando e co mazo dando, encomendémos, crucemos os dedos e traballemos a favor do control que o noso planeta intenta, polo momento, en contra das nosas actuais accións contaminantes.
Máis datos? https://scripps.ucsd.edu/programs/keelingcurve/permissions-and-data-sources/

2019/09/13
Ser un físico ou unha física
"Being a physicist requires learning the basic principles and equations
that describe matter, and then performing experiments to test and
possibly push beyond them." (https://www.symmetrymagazine.org/article/finding-happiness-in-hardware)
Sempre crin que non había un só xeito de ser -ou considerarse- 'físico' ou 'física'. a máis de que diferentes partes da física requiren aproximacións diferentes, o desenvolvemento vital da persoa tamén diversifica as diferencias, co que tentar poñer liñas comúns para unificar é unha tarefa ardua e non moi rendible. A cita que traio aquí, de introdución a un artigo, non vai no sentido de definir o 'que é ser', senón máis ben, a aproximación ó mundo que debera estar asociado a unha persdoa que se define como física e científica.
Primeira cousa: Pódese ser 'físico' e non científico? Coido que nominalmente, si, pero entón a verba 'físico' queda como un título de propiedade, non de ser. Como un titulo académico, non como alguén que desenvolve as funcións dun físico (e non, por exemplo, dun docente)
O que nos di a frase que tomo prestada é que 'ser' un físico ou unha física require unha visión investigativa do mundo, unha aproximación á realidade (e non o dí aí, pero eu diríao, á vida) que inclúe a comprensión do estado da arte actual, a súa aplicación e testado e, eventualmente, a mellora dese entramado de coñecemento e da súa comprensión.
Dende hai tempo, dende que a Física acadou a súa maioría de idade, en moitas aulas, considérase cada lei física ou ecuación como produto final, verdade divina, relixión, na procura dunha aprendizaxe e non dunha formación -como parte de educaciṕon- na que o coñecemento sería unha estrutura de servizo útil e nese sentido, protexida, pero presta a ser cambiada ou mellorada se é necesario ou mesmo convinte polo mellor rendemento doutra. É dicir, non unha relixión, senón unha acción continuada de mellora na que cada un comparte cos demáis pequenas ou grandes posibilidades de mellora.
Vense á cabeza, pola comparación da física como unha relixón, aquelas loitas de hai varias centurias entre diversas concepcións do cristianismo e o dito 'a fe sen obras é unha fe morta' (na Carta a Santiago, a partir do cap2, versículo 14, "¿De qué le sirve a uno, hermanos míos, decir que tiene fe, si no tiene obras? ¿Acaso esa fe puede salvarlo?"). Pois iso, ser físico requeriría unha demostración práctica continuada, o mesmo que a 'fe' non sirve de nada, se é que se considera a súa existencia, de non ter obras que a respalden e sirvan de testemuña. O outro é ostentar un título.

2019/08/15
Brilante Perseida
Este ano remata de pasar o momento de máxima actividade das Perseidas. Deixo aquí un vídeo para desfrutar da estrela fugaz que din foi máis impresionante este ano:
Transcribo en galego e poño ligazóns no texto que acompaña como pé ó vídeo:
Esta impresionante bola de lume é un Perseida que sobrevoou Castela-A Mancha e Andalucía o 13 de agosto ás 22:08 hora local (hora oficial; hora universal 20:08 TUC). Ocorreu como resultado da entrada á atmosfera terrestre dun fragmento desprendido do cometa Swift-Tuttle a uns 210 mil quilómetros por hora. O fenómeno da iluminación comezou a uns 130 km de altitude sobre a provincia de Cidade Real, case na vertical de Puertollano. A bóla de lume, que se puido ver a máis de 400 km de distancia debido ao seu espectacular brilo, avanzou cara ao suroeste para acabar apagándose uns 81 km sobre a provincia de Málaga, case na vertical de Marbella.
Este evento foi rexistrado polos detectores do proxecto SMART dos observatorios astronómicos de Calar Alto (Almería), Sierra Nevada (Granada), La Sagra (Granada), La Hita (Toledo) e Sevilla. Estes detectores operan no marco da Rede de Meteoroloxía e vías de paso do suroeste de Europa (SWEMN).

2019/07/04
A Lúa móvese!
A foto a continuación representa o movemento aparente no ceo da Lúa á mesma hora durante os 28 días dun ciclo solar. É unha mostra evidente non só da rotación da Lúa arredor da Terra (vense as fases), senón da inclinación da órbita luar fronte á eclíptica e da diferente velocidade da Lúa en diferentes fases da súa órbita. Todo, claro está, a máis da beleza da foto.
Raio medio órbita 384 400 km
Excentricidade órbita 0,0549
Período orbital 27 d 7 h 43,7 m
Inclinación orbital 5,1454°
Precesión do nodo (tempo que tarda o plano da órbita en completar unha volta arredor do eixe sobre a eclíptica) 18,6 anos
Precesión apsidal (tempo que tarda o punto da órbita máis preto da terra en dar unha volta arredor da órbita) 8,9 anos
Ciclo de fases 29,8 días terrestres
Variación da distancia Terra-Lúa 27,3 días
A Lúa vese cunha variación máxima de tamaño do 14 % entre os momentos máis próximos á Terra e os máis alonxados
Foto: un mes de ciclo lunar, tomada de Alessandro Di Masi Sanergía
Algús datos sobre movemento da Lúa:Raio medio órbita 384 400 km
Excentricidade órbita 0,0549
Período orbital 27 d 7 h 43,7 m
Inclinación orbital 5,1454°
Precesión do nodo (tempo que tarda o plano da órbita en completar unha volta arredor do eixe sobre a eclíptica) 18,6 anos
Precesión apsidal (tempo que tarda o punto da órbita máis preto da terra en dar unha volta arredor da órbita) 8,9 anos
Ciclo de fases 29,8 días terrestres
Variación da distancia Terra-Lúa 27,3 días
A Lúa vese cunha variación máxima de tamaño do 14 % entre os momentos máis próximos á Terra e os máis alonxados
2019/06/09
Póñame 50 g de plástico para ir comendo, por favor
Remato de ler algo que me da datos que máis ou menos imaxinaba de xeito difuso. A cousa é que cada ano andamos sobre as 50 000 micropartículas de plástico inxeridas (artigo titulado 'Cada año ingerimos 50 000 partículas de plástico' en eldiario.es). Evidentemente, as micropartículas poden variar moito en tamaño -e en masa-. E o número de partículas comidas ou respiradas, tamén, dependendo de múltiples factores. No mesmo artigo aparece que as augas embotelladas en plástico teñen unha densidade de partículas de plástico máis de 20 veces superior que as augas da billa, o que da unha idea das variacións que se poden manexar dunha persoa a outra. Por iso, unha estimación sobre a súa masa ten un erro moi grande, e por iso mesmo, 50 g é unha estimación (non vou entrar en detalles de como cheguei a ela) que cabería dentro do aceptable.
Agora ben, Iso significa en 20 anos unha cantidade de 1 kg de plástico no noso organismo. Suponse que a grande maioría será eliminado por diferentes medios, principalmente defecado, mexado ou espirrado, mentras que relativamente poucas partículas poderán ir a parar a lugares do noso organismo no que non se podan eliminar e esperen a nosa morte para seguir a degradarse. Temos unha avantaxe sobre moitos animais: somos capaces de separar os trozos plásticos maiores para que non se vaian acumulando no noso bandullo e cheguen a facernos morrer por dita acumulación, como se ten observado nalgúns animais (hai pouco unha balea apareceu morta con 50 kg de plástico no seu interior). Pero iso non significa que esa cantidade de plástico non nos faga dano, ou podamos ignorala. Somos entidades que funciona con principios químicos e necesitamos unhas condicións e un equilibrio... Ou, estás disposto ou disposta a ignorar 1 kg de plástico no teu organismo?
Actualización (20190629): un estudo dunha universidade australiana estima o plástico inxerido en ata 5 g/semana.

2019/06/06
Los dibujos animados en la experiencia física del alumnado (1988)
Hai xa tempo que escribín e presentei o traballo "Los dibujos animados en la experiencia física del alumnado". Hoxe atopei unha entrada esquecida na que prometía poñelo en publico no blog, e púxenme a elo. Sen pasarlle o ocr, aquí queda:
En Issuu:
En Issuu:
2019/05/26
Para lembranza de un premio de investigación
Remato de ver que o IES David Buján de Cambre e o Colexio Alborada de Vigo compartiron a semana pasada un premio, nas XIII Jornadas Internacionales de Ciencia en la Calle (16 e 17 de maio (organizada polo concello da vila e a organización Diverciencia Algeciras) de Alxeciras ó mellor proxecto de ciencias da vida e a terra da Asociación Ecoloxista xibraltareña The Nautilus Project, e outro da Facultade de Enfermería de Alxeciras.
O proxecto ía sobre microplásticos: Contaminantes emergentes. Estudio comparativo de microplásticos en las playas del litoral atlántico y mediterráneo.
No proxecto determinaron, co mesmo protocolo os tres centros, 29,17 unidades/cm3 na praia de Sta. Cristina en A Coruña, 22,6 u/cm3 na ría de Vigo e 10,8 u/cm3 en Alxeciras.
O proxecto conta con novos centros interesados en aumentar a investigación a outros lugares, segundo apunta o coordinador do IES David Buján, José Viñas.

| Imaxe de http://www.divercienciaalgeciras.com/cuaderno-diverciencia-2019/ |
2019/05/02
A antiga wiki de feiras de ciencia, descargable en internet archive
A antiga wiki de feiras de ciencia está descargable en internet archive, https://archive.org/download/wiki-feirasdeciencia.wikispaces.com/feirasdeciencia.wikispaces.com.zip
Internet archive ten unha páxina adicada, https://archive.org/details/wiki-feirasdeciencia.wikispaces.com que lembra a versión en wikispaces da actual wiki de feiras de ciencia, https://feirasdeciencia.mywikis.net, que segue a reconstituirse e aumentar contido dende aquela.
--
Actualización 2021:
Novo enderezo: https://feirasdeciencia.mywikis.net/wiki/Portada
2019/04/10
Explosión de ciencia en Ribadeo
Ben. A conto do título, un apunte: non se trata dunha explosión
destrutiva, nin moito menos, senón unha explosión no mesmo sentido que a
explosión de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se
organiza e aprende a vivir.
Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias de Ribadeo volve facerse realidade. Que unha das cousas que se preguntan a comezos de curso sexa 'cando é a feira?' indica que os estudantes contan da feira, como di o refrán, segundo lles vai nela: ben.
Este ano, a 25 Feira da Ciencia de Ribadeo ten lugar entre mércores 10, e venres 12 de abril, polas mañás, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. E alí se atopan os alumnos, libres para aprender e para ensinar. Para participar e facer partícipes á demais xente de anaquiños de ciencia misturada coa súa propia vida, que manifestan a cada explicación que dan. Explicacións que son recibidas ás veces -poucas- con indiferencia, pero tamén ás veces -moitas- con auténtico asombro. Como un exemplo deste ano, ver reconstruído un esquelete dunha musaraña (entre outros) a partir de egagrópilas (que non sabes o que é unha egagrópila? vai por alí e apréndeo, moito mellor que en Google!) deixa asombrada a toda canta persoa pasa por diante e ve. Podo certificalo porque aínda adiquei un cachiño a ver a expresión da xente mentres os alumnos de Susi Besteiro explicaban o proceso. Xente á que moitas veces lle costa crer que outra xente, de 4º ESO, sexa capaz de facer unha reconstrución así.
De calquera xeito, moitas veces o primeiro que se pulsa (e antes que ninguén, os alumnos) é a ilusión do equipo de profesores que liderados por Susi participan na edición. Este ano, a María del Monte, Bea ou Mario nótaselles á primeira ollada. Tamén o perciben e comentan moitos outros compañeiros, mesmo de paso casual polas aulas do IES, que quedan coas ganas de participar para outro ano que volten coincidir. Xente que queda estimulada ó observar unha labor que deixa pegada.
E os alumnos? Que se é un alicerce que deixen a aula unhas horas para expoñer algo do que se sinten en xeral orgullosos de que saíra de si? Pois claro! As clases normais non poden competir en atractivo, aínda que de feito, as horas adicadas a 'facer' os traballos sexan máis que as adicadas a explicalos, é dicir, aínda que traballen máis con este sistema (algúns, moito máis). Aprendizaxe en acción, facendo e explicando, integrando as cousas, relacionándose cos demais e pensando en como facer que entendan, coas súas propias verbas. Esa aprendizaxe inclúe, ás veces, erros que non son corrixidos no momento, pero que máis tarde pasan á memoria de como se foi aprendendo.
E o ambiente? Ir para ver.
Pódense dar explicacións do que sucede con teorías didácticas, mais coido que a máis sinxela é a máis axeitada: ós alumnos pode gustarlles facer ciencia. Facela así.

2019/04/04
25 Feira da Ciencia de Ribadeo no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Do 10 ó 12 de abril, de 9:20 a 13:10, no IES de Ribadeo.
Listado de elementos a presentar:
- Egagrópilas das aves
- Otolitos dos peixes
- Nova invasoras en Ribadeo: a
ostra rizada e a avispilla do castiñeiro
- Anisakis??? Non, gracias
- A vexiga natatoria
- Escamas ou Dentículos
dérmicos?
- Tinguindo flores
- De verme a bolboreta
- Tricópteros: insectos
arquitectos
- Cariotipos
- Simulando a respiración
pulmonar
- O azucre da coca-cola
- Hidrátate con auga
- O ADN de fresa
- A roda dos alimentos
XEOLOXÍA
- Corte xeolóxico 3d da Ría
de Ribadeo
- Serie sedimentaria da Ría
de Ribadeo
- Magnetismo terrestre
- As capas da terra
- A chuvia ácida e o “mal
da pedra”
TECNOLOXÍA
- Teleférico
- Ascensor
- Circuito eléctrico
- Aspiradora
-
Minilavadora
-
Estrutura con canutillos de papel
-
Dispensador- Globo aerostático
- Ponte
levadiza hidráulica
- Ponte
levadiza eléctrica
- Ponte
levadiza con canutillos de papel
-
Estrutura robótica dun hexápodo
- Poleas
-
Mininoria
-
Palomitera
-
Máquina expendedora
-
Elevador con motor redutor
FÍSICA-QUÍMICA
- Pila
-
Electrodeposición
-
Conductividade eléctrica
TIC
-
Análise datos enquisa alimentación
2019/03/20
Este ano, ás 22:58. E o próximo?
Hoxe, 21 de marzo de 2019, o tempo de luz solar e o tempo de noite terán a mesma duración en toda a Terra: esa é unha definición do equinoccio, incluída no seu mesmo nome. En realidade, como o momento do equinoccio darase ás 22:58 horas desta noite, hoxe haberá aínda un pouco máis de noite que de día, pero é un tempo mínimo.
Ben,m e como podemos facer predicións para anos próximos? Pois só coñecendo a duración do ano. Collemos 365 ou 366 días? Ben, ambas cantidades manifestan un apaño legal para tentar domar o ano, ou, mellor, os anos. Mellor os anos porque non existe unha única definición de ano, e non coinciden exactamente, aínda que as súas diferencias se midan en milésimas porcentuais. O que nos interesa para este caso é o ano trópico, de duración 365 d 5 h 48 m 45,22 s.
Agora si, se sumamos, isto levaríanos ó 22 de marzo do próximo ano, ás 4 h 47 minutos, redondeando. Non?
Pois non. Porque precisamente o próximo ano, 2020, é bisesto, o que significa que legalmente computa con 366 días, é dicir, un máis en febreiro que os anos 'normais'. Pero como febreiro está entrre os dous marzos, o deste e o do prximo ano, de 21 de marzo a 21 de marzo de ambos anos hai 366 días, non 365, polo que o momento do próximo equinoccio, redondeando, serán as 4 h 47 m do 21 de marzo de 2020...
2019/03/02
Profesores ribadenses, destacados cos seus alumnos na principal feira científica a nivel estatal
Hai un momento, Oscar Chao e o seus alumnos, recibían en Barcelona, na Exporecerca Jove, a noticia: eles e elas, profesor e alumnos e alumnas de Ciencias do IES San Rosendo de Mondoñedo eran os ganadores do premio máis importante desa feira científica, a máis importante a nivel España. Unha viaxe a Abu Dhabi lles espera polo proxecto Rebinxe. Ah! e tamén o premio Ciencia en Acción.
E tamén, noutro dos premios, o do público, outro profesor que pasou por Ribadeo, Roberto Manín, ó frente dos seus alumnos de Matemáticas do IES Galileo Galilei de Navia, saía á palestra.
Felicidades a todos eles!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)