2012/12/21

Sabemos que noite é a máis longa?

Ben, si, este ano xa sabemos que día é o máis curto no hemisferio norte: hoxe, 21 de decembro. Así o implica que ás 11:15 (UTC, equivalente á hora solar no meridiano de Greenwich) sexa o solsticio de inverno. Pero, e a noite máis longa?
Seguro que haberá quen esteña tentado a dicir que esta noite que ven, e nalgures acertará, pero non en todo o hemisferio norte.
?
Isto é así porque aqueles lugares que teñan as 12 hora solar antes das 11:15 UTC, van a ter a noite máis longa a anterior, mentres que os que as teñen despois, terán a noite máis longa despois...
Voltando ó tema, o 21 de decembre deste ano é o día máis curto? En serio? Ben, pasa algo semellante ó da noite máis longa, pero ó quedar case centrado o solsticio no medio do día UTC, só unha pequen aparte da superficie terrestre terá o día 20 como o máis longo.
En fin, cousas da inclinación da Terra. A explicación? Para unha explicación maior, antes coido que é convinte ter unhas cantas ideas de astronomía e de matemáticas ...

De calquera xeito, o solsticio de inverno está asociado a ritos pagáns e cristiáns, no que está incluído o Nadal. Así pois, que o medrar da luz a partir do solsticio ilumine a vosa vida cada vez mellor!

Participante no 'antroido da física/carnaval de la física' correspondente a decembro 2012, xestionado por High Ability Dimension.

2012/12/08

Práctica da medida do índice de refracción dun vidro

É unha práctica que uso como 'quencemento' para abordar a práctica de óptica das dispostas como obrigadas para as PAAU en Galicia.
Trátase de facer pasar un feixe estreito de raios por un vidro semicircular. Medindo o ángulo de incidencia e o de refracción, obtemos o cociente dos seus seos, e podemos establecer o índice de refracción relativo entre aire e vidro ou viceversa, e asumindo que a índice de refracción do aire é 1, calcular o do vidro.
Deixo embaixo tres posibilidades (habería outra cuarta, para cando os raios, procedentes da esquerda, entraran pola cara curva, e polo tanto, sen desviación), notando que na última delas hai raio reflectido, non refractado, o que sempre chama a atención.

 As táboas de datos dunha serie feita este ano por estudantes no IES de Ribadeo e a súa representación gráfica, son:

Obśervase a falta de datos para os ángulos nos que hai reflexión total, e bastante boa coincidencia de resultados para calquera ángulo (exceptuando ángulos extremos, como é normal), correspondendo cun n lixeiramente superior a 1,5 para o vidro. Na táboa tamén se calcula a inversa para o caso naire/nvidro.
--
A modo de anexo: o que di a web das PAAU en Galicia sobre cuestións xerais das prácticas.
1. Orientacións xerais relativas á realización das prácticas
As prácticas presentadas están estruturadas de xeito xeral seguindo catro apartados: Introducción ou presentación xeral, onde se inclúe un breve estudio teórico.
Obxectivos da práctica.
Procedemento experimental para realiza-la experiencia.
Dado a falta de uniformidade na dotación de material para a realización das prácticas, prescindimos da pormenorización exhaustiva de material especial para as mesmas.
Cuestións relativas á práctica.
 Indicacións para cubrir unha ficha sobre a experiencia
É conveniente compara-los resultados entre as diversas prácticas, analiza-las hipóteses previas e, con posterioridade, anota-las conclusións na ficha correspondente. Convén salientar que o que aquí se presenta non son exactamente experiencias de investigación, senón só orientacións para reproducir algúns dos pasos elementais dun proceso investigador, pero dun xeito dirixido. E esto, facendo especial fincapé no método e coidados na realización da experiencia. Tamén facemos unha breve introducción na que comentamos aspectos elementais relativos ó calculo de erros e o emprego de cifras significativas.
O cálculo de erros non ten por que ser un obxectivo prioritario da realización das prácticas no nivel de ESPO ó que van dirixidas estas orientacións. Sen embargo, coidamos que non estaría de máis un adecuado tratamento dos datos obtidos e unha análise cualitativa dos resultados obtidos en relación ós erros cometidos.
Como normas xerais que compren ser tidas en conta na realización das prácticas, e de cara a resolución axeitada das cuestións exposas, proponse:
1º Facer un esquema ou debuxo da montaxe da práctica.
2º Comentar brevemente como se realizou.
3º Explica-lo fundamento físico da práctica, tratando, se é posible, de face-la xustificación en base a unha ecuación matemática.
4º Responder ás cuestións propostas o máis claramente posible.

2. Erros e cifras significativas
As medidas realizadas experimentalmente veñen afectadas de certa imprecisión, de modo que cando medimos varias veces unha magnitude constante, obtéñense, de ordinario, resultados lixeiramente diferentes.
CLASES DE ERROS
a/ Erros accidentais: son erros casuais que afectan ó resultado xeral da medida e debidos a influencias exteriores, fluctuacións experimentais.
b/ Erros sistemáticos: debidos o erro dos aparellos utilizados na medida, ou o método empregado.
CUALIDADES DOS INSTRUMENTOS DE MEDIDA
a/ Exactitude: Un instrumento é exacto cando consegue dárno-lo valor correcto da magnitude física medida.
b/ Fidelidade: O aparello debe dar resultados reproducibles.
c/ Precisión: Un instrumento é tanto máis preciso canto menor sexa o erro cometido cando se utiliza.
d/ Sensibilidade: Un aparello é tanto máis sensible canto máis claramente acuse pequenas variacións no valor da magnitude medida.
CIFRAS SIGNIFICATIVAS
Cifra significativa é todo díxito ó que se lle coñece o valor con seguridade (exceptuando o cero cando se utiliza para situa-lo punto decimal). O resultado da suma ou resta de dous números carece de cifras significativas máis aló da última cifra decimal na que ambos números orixinais teñen cifras significativas. O número de cifras significativas do resultado dunha multiplicación ou división non debe ser maior que o menor número de cifras significativas de calquera dos factores.
ERRO ABSOLUTO E RELATIVO
Erro absoluto é a diferencia entre o valor verdadeiro dunha magnitude e o valor obtido experimentalmente. Ten as dimensións da magnitude medida. O erro absoluto dunha suma ou diferencia é igual a suma dos erros absolutos dos sumandos. Erro relativo é o cociente entre o erro absoluto e o valor exacto da magnitude medida. É un número adimensional. O erro relativo dunha magnitude M producto de varios factores é igual á suma dos erros relativos de cada un dos factores que interveñen na expresión, multiplicado cada un polo seu exponente.

2012/12/07

Unha práctica: o quencemento e arrefriamento da auga

Os datos xa teñen anos. Están feitos por catro alumnos de 1º bac, collendo cantidades semellantes de auga e mecheiros semellantes, e datos cada minuto ó comezo (os últimos, con horas de arrefriamento, están tomados por min).
É só unha mostra, sen conclusións nin máis pretensións ...
As táboas e gráficos xerais, o segundo cortado ós datos recollidos polos alumnos,sen as 'rectas' finais...
 As curvas de quencemento xerais, comezadas dende o acendido do lume e truncadas as dúas máis rápidas no momento máis cálido e as outras dúas ós 12 minutos, onde se intúe máis que se ve que as temperaturas aumentan máis rápido canta menor diferencia de temperatura co ambiente ten o líquido ...
Os incrementos de temperatura, minuto a minuto, nun dos conxuntos de datos, no que se pode observar que os incrementos de temperaturas ó quencer van diminuíndo, e logo, ó arrefriar, tamén van diminuíndo ...

E a gráfica de temperaturas correspondente a dito conxunto de datos:

todas as táboas de datos e gráficas están colgadas en http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/1Bac

2012/11/06

Navier e Stokes no verán


Algo de ciencia, metido na vida diaria ... -Publicado hai máis dunha década en A Mariña/El Progreso-

Levo observando que a prensa, no verán e a falta doutras noticias que considera de máis interese, decántase algunha que outra vez por insertar novas de ciencia. Hai unha delas (unha das "novas") que se repite tódolos veráns en tódolos diarios: o efecto dos raios UV (ou UVA, ultravioleta). Esta reseña, a base de repeticións, parece dar algo de fastidio o poñela soa, e aprovéitase un congreso, un cursiño, etc, para darlle outro tratamento informativo, lixeiramente diferente dos anos precedentes.

Ante a soedade dunha noticia así, pode que para non deixala orfa, pode que pola asociación ou lembranza de que as noticias de ciencia tamén existen, entón xurden polas mesmas datas algunhas outras. Este comezo de xullo, por exemplo, tocoulle a vez á exploración á Marte, en particular polas dificultadees que tivo a Mars pathfinder para facer sair á sojourner (*) e dar unha volta pola superficie do planeta. Claro, as dificultades sempre teñen un pouco de morbo, aínda que sexan máquinas que actúan en boa parte de xeito robotizado. É comprensible a difusión da noticia, se para unha aterraxe de Clinton en Torrejón hai unha cobertura informativa que inclúe un comunicado de que se vai pasar a comunicación, fala antes un locutor dende a base, devólvese a conexión, volve ser avisado o tema dende o mesmo programa de tv, ... Apaguei a tele antes que Mr. President chegara e non sei aínda se se bicou o chan ó xeito papal ou non: a que viña xa o escoitara antes. Claro que unha crónica é unha crónica, aínda que sexa feita en Madrid a partir dunha rolda de prensa en Florida ilustrada con fotos de Marte. A noticia é noticia, e supoño que cando así se fai é porque vende (xa sexa o de Clinton ou o da pathfinder).

A ciencia, no verán, pode ser un recurso. Pero podíaselle sacar máis partido, a parte das noticias da prensa. Por exemplo, paseando por un porto deportivo pódense observar as tobeiras de saída de auga dunha moto acuática. Se ben a tecnoloxía usada nas mesmas é abondo máis básica, o sistema é semellante ó que ten a derradeira xeración de cazas saídos ó mercado, o que quere dicir tecnoloxía avanzada, que para a guerra sempre hai cartos.

Recollendo o fío, o sistema de dirección da moto pode relacionarse co avance de reacción do calamar, e se seguimos así chegamos, por exemplo, á relacionalo con cousas como a resistencia ó avance dos avións e a turbulencia, tamén en avións ou en sinxelas tuberías (¿a quen non lle molestou nunca o ruído dunha tubería cun fluxo de auga producindo unha vibración que entrou en resonancia?).

Pois resulta que ese tipo de problemas técnicos gardan relación coa pel dos tiburóns e dos delfíns, que tamén soen ser noticia no verán. Os tiburóns teñen na pel unhas falsas nervaduras que se están a usar como guía para diminuir a turbulencia e polo tanto a resistencia ó avance nos avións. Agora resulta, despois de tantos anos buscando superficies lisas para ter menos rozamento, que as superficies rugosas poden sacar ventaxa no campo dos transportes.

Tamén os delfíns levan ós estudiosos do tema un pouco máis aló no coñecemento. Esta vez a causa é que a pel do delfín váise movendo dun xeito case microscópico ó tempo co avance do animal. Para entendérmonos, é algo así como se os delfíns aproveitaran o xeito de locomoción das orugas, pero en tres dimensións, e non só no chan, claro. Un sistema semellante pénsase que pode estar funcionando nos avións a finais da próxima década.

Saltando dun asunto a outro, estou cáseque perdido. Ó tempo, éntranme ganas de saber máis e contalo: gustaríame facer un recorrido sobre a ciencia na realidade de cada día. Eso ten dificultades: non hai espacio, non hai tempo, non sei, ... e dubido que permitiran publicar moitas reseñas dese estilo nun lugar como este.

Unha vez cortado o artigo, podemos agora volver ó comezo: o título. Cando comecei quería falar de ciencia, e non como noticia senon como animación ou como resalte de algo que pode facer máis achegadas a nós as cousas que nos rodean. Mirando o colller un tema do verán para aplicala, a auga prestábase por estar asociada á diversión. E como fluído que é, o seu movemento é controlado tamén polas ecuacións de Navier e Stokes, máis descoñecidas, e polo tanto, exóticas que as de Newton, ás que complementan. Resulta que son esas ecuacións as que rixen tódolos fenómenos mencionados dende o das motos de auga, aínda que ó remate non falara delas...

Diversións da época do ano asociadas a conceptos dos que non se soe falar. ¿Quedarán gans de ler algo sobre un tema deste tipo?. Chega con tratar de comprender mellor o mundo que nos rodea, día a día.

----------------------------

(*) Traducido queda mellor: a nave busca-corredoiras de Marte tivo problemas para que o vehículo residente poidera saír e desprazarse pola superficie do planeta.

2012/10/11

É a ciencia só para maiores?

Quen pense que si, que tente artellar un método para parender ciencia ou facer que guste, á xente xa de maior ... ó mellor cambia de idea. Quen pense que non, ó mellor lle pode sacar algún partido ás "I Xornadas educaBarrié sobre experiencias de ciencia en Educación Infantil".
Así que, enfróntate ó problema cun criterio científico: prantéxate o problema, hipotetiza, testa a resposta ....

2012/10/09

Clase de astronomía ó natural

A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada á clase coincide co amencer, e de xeito direto ou a traverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o ceo, dende Ribadeo ou outro lugar.
A pasada lúa chea, antes de meterse no horizonte oeste, serviu como telón de fondo a unha clase de astronomía a primeira hora da mañá. Tres conxuntos de tres liñas paralelas que se ven corresponden ó refrexo da iluminación interior. O movemento da lúa foi patente ó longo da clase, a visión dos cráteres, terrae e maria máis vívida ...

O amencer polo leste, cos ceos de tonos de lume. Os edificios, do fin do Xardín á esquerda, ó fin da avenida de Galicia, á dereita, marcan a silueta por baixo das nubes, fácilmente caracterizables.

Aquí parece que o lume queda pola outra beira do edificio do fondo, ou aínda da outra beira da ría. Á esquerda, a parte vella do edificio e no ceo á dereita, nubes máis obscuras.

O Cantábrico comezando a ter o tono de mar polo día. Cara á dereita, a Casa do Óptico co seu gurugú. O horizonte (no mar a uns 18 km, calculado pola redondez da Terra) é craro e palpable a variación da atmosfera coa altura.

Xa amencido, o Cantábrico segue ó fondo, aínda que non haxa contraste co ceo por riba de Vilaselán, fai aparecer nubes, clásicas e producidas algunhas por avións (propiciando o ensino da atmosfera húmida ou seca ...)

A máis de no IES, ceos en Ribadeo hainos ... a semana pasada collín este arco da vella por riba da torre da igrexa, dende diante do Rosa-Lar. Demostrado: aprender é algo que se pode facer en calquera lugar.

** entrada participante no 'Entroido da Física/Carnaval de la Física', edición outubro 2012, soportada polo blog 'Últimas noticias del cosmos' **

2012/10/02

Sobre o clima en Ribadeo

Hai poucos días fixen unha entrada sobre o clima do verán ribadense (http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/09/rematou-o-veran-verdade-climatoloxica.html), na que esta mesma noite descubrín unha anomalía grave nos datos. Laméntoo. Coido que compre corrixila, o que fago nesta entrada a unha non habitual, repetindo a anterior xa corrixida e completando agora parcialmente con datos sobre choiva extendidos a todo o ano, durante todo o século actual. Fago a mesma salvedade que fixen na pasada entrada, pois hai falta dalgún día solto que pode variar lixeiramente o resultado dalgún ano concreto. O 2001, debido a que ten abondas faltas no comezo de ano, non o computei como ano completo.

O verán rematou o 22 de setembro preto das 5 da tarde hora oficial. Despois de cada verán, sempre hai comentarios sobre como se desenvoltou. E resulta que as percepcións subxectivas poden coincidir moi ben coa realidade meteorolóxica ...
Deixo abaixo gráficas e datos de temperaturas e cantidade de choiva dos veráns do século:
Vese que as temperaturas medias do verán (22 de xuño a 21 de setembro, ambos incluídos) deixan a 2012 en 4º lugar, por tras de 2006, 2004 e 2003. Se ben, como se pode ver nas táboas de abaixo (ordeadas a primeira por ano e a segunda por temperatura). Non obstante, as de 2004 e 2003 son case imperceptiblemente iguais ás de 2012, sendo só as de 2006 netamente máis altas.

En canto á choiva, aclarar que mentras que algunha falta de datos nas temperaturas non inflúe grandemente pola homoxeneidade do verán, unha equivalente falta de datos nos correspondentes á choiva, si que poideran variar a gráfica de precipitacións, de aí que anote nos datos de 2004 e 2009 faltan medidas na web correspondente a Pedro Murias, de onde tomo os datos deste artigo.



Coa salvedade antedita sobre os datos, unha volta corrixidos, obsérvase que o verán 2012 si foi especialmente seco en Ribadeo, completando o terceiro ano consecutivo de veráns secos, e véndose na gráfica que ó longo do que levamos de século, os veráns tenden a ser máis secos.


-- -- --
O primeiro gráfico novo representa a media de choiva acumulada ó longo dun ano para un día dado. É unha gráfica que me sorprendeu ó facela pola súa limpeza. Vese que a cantidade de choiva caída vaise acumulando ó longo do ano, pero distínguense zonas de máis precipitación e zonas de menos. Ó final hai unha caída (o día 366) que corresponde ó feito de que este século levamos só rematados dous anos bisestos, un deles o máis seco ata o momento.
Na segunda imaxe dividín a gráfica por tramos (obviando o do 366). Así pódese observar que ata o día 160 aproximadamente (10 de xuño), o réxime de choivas é prácticamente constante, pouco maior de 2,5 L/m2 e día. De aí ata aproximadamente o comezo astronómico do outono (21 de setembro), é dicir, prácticamente o verán, o réxime baixa a súa media, pasando a pouquiño máis de 1 L/m2 e día de xeito uniforme. De aí e ata comezo de decembro (pouco máis de dous meses, no comezo do outono), de novo volve a producirse unha uniformidade de choiva, pero esta vez maior, sobrepasando os 4 L/m2 e día. O mes de decembro volta a ter un réxime de choiva semellante ó de comezos de ano.

O anterior, en canto ás medias. Desglosado ano por ano, temos a seguinte gráfica, onde se pode observar que no 2006 (1300 L/m2 ) choveu máis do doble que no 2004 (600 L/m2 ), e que o conxunto deste ano , a 30 de setembro, era o máis seco dos referidos.
Como casa isto co referido no post anterior? Pois por dúas razóns: O inverno foi con diferencia o máis seco do século e o verán, tamén, se ben xusto antes do cambio de estación houbo unha choiva que convertiría o conxunto nun ano máis normaliño, aínda que algo máis seco que a media.


Vémolo coas marcas da gráfica seguinte, onde se ven os de días de choivas en xuño e a lenta evolución ata a marca de fin de setembro, últimas medidas recollidas.

-- --
Despois do anterior, quizáis veña ben unha reflexión: remataba o artigo que tento corrixir indo contra a percepción subxectiva. E está demostrado que a subxectividade moitas veces traballa en contra da realidade. Pero non sempre. E cos datos obxectivos tamén se pode equivocar un no seu tratamento (ou na súa obtención). Algo que hai que ter en conta...

2012/09/23

Rematou o verán. A verdade climatolóxica en Ribadeo

Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro que me levou a que os datos e as gráficas de choiva (non as de temperaturas) esteñan mal. A entrada está refeita corrixida e ampliada en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html.
O verán rematou onte preto das 5 da tarde hora oficial. Despois de cada verán, sempre hai comentarios sobre como se desenvoltou. E resulta que as percepcións subxectivas non soen coincidir moi ben coa realidade meteorolóxica ...
Deixo abaixo gráficas e datos de temperaturas e cantidade de choiva dos veráns do século:
Vese que as temperaturas medias do verán (22 de xuño a 21 de setembro, ambos incluídos) deixan a 2012 en 4º lugar, por tras de 2006, 2004 e 2003. Se ben, como se pode ver nas táboas de abaixo (ordeadas a primeira por ano e a segunda por temperatura). Non obstante, as de 2004 e 2003 son case imperceptiblemente iguais ás de 2012, sendo só as de 2006 netamente máis altas.

En canto á choiva, aclarar que mentras que algunha falta de datos nas temperaturas non inflúe grandemente pola homoxeneidade do verán, unha equivalente falta de datos nos correspondentes á choiva, si que poideran variar a gráfica de precipitacións, de aí que anote nos datos de 2004 e 2009 faltan medidas na web correspondente a Pedro Murias, de onde tomo os datos deste artigo.


Coa salvedade antedita sobre os datos, obsérvase que 2012 non foi especialmente seco en Ribadeo ... e aínda que abondo por baixo de 2007, 2010 e 2008, tamén netamente por riba do ano seguinte en precipitacións estivais no século, 2002.

En fin, así son as cousas, aínda que as percepcións de cada un poden negar subxectivamente os datos obxectivos.

2012/09/16

2012/09/14

Bubble bursts ou como se desfai unha burbulla

Collida de http://www.facebook.com/photo.php?fbid=10151094325781985&set=a.10150933321916985.416583.369953306984&type=1&ref=nf
Remato de atoparme esta imaxe en internet. É bonita, e nestes momentos ten xerados 53 comentarios en facebook. Ningún explicativo, e case todos de asombro. Mais coido que é unha imaxe fenomenal para explicar unhas cantas cousas a partir da tensión superficial.
Por exemplo, con irregularidade estatística, a rotura é simétrica ó diámetro dende o punto onde a tocou o dedo.
As pingas que se forman, descreben traxectorias tanxentes á antiga superficie da burbulla onde se atopaban, como corresponde á tensión superficial que sufrían nese momento.
O movemento captado das pingas (traxectoria nun instante) implica que hai unha aceleración da rotura, pois as traxectorias (ata un límite) van facéndose maiores a pesares de levar menos tempo rota a burbulla na zona.
O reflexo na zona aínda enteira indica que só existe unha pequena onda de perturbación (un par de ventres) que se propaga antes de que se produza a rotura.
E, por último por hoxe, quen non distingue que as liñas da parte inferior son lixeiramente máis pronunciadas que as da parte superior? (como corresponde a que por gravidade o grosor da burbulla é maior pola parte inferior)
-Entrada para participar en 'Carnaval de la física' (Antroido da física') en setembro 2012, coordinada polo blog 'Hablando de ciencia'-

2012/07/12

Sobre a primeira lei do movemento de Newton

Esta mañá púxenme a traducir (poñendo subtítulos) un vídeo, http://www.universalsubtitles.org/gl/videos/sGbjgJVkTNRe/info/newtons-first-law-of-motion/ e rematei a base duns dez minutos por cada minuto de vídeo. Aínda agora non sei onde collelo en youtube (non atopo os subtítulos en galego), aínda que está accesible no enderezo que poño enrriba. O vídeo é de khanakademy, e coido que é o primeiro dos miles que hai que está con subtítulos en galego... Por se vos apetece ver como quedou ou facer vós os subtítulos doutro. A dicir que é un primeiro e non quedou especialmente ben, pero pódese ver...

2012/07/10

Algo sobre o bosón de Higgs

Remato de ler un artigo semellante a outros que estes días pululan sobre o bosón de Higgs. Non obstante, chamo a atención sobre el por varias razóns, entre as que non son menores que esteña escrito por un amigo e en galego, pero si que son maiores o estilo e as reflexión finais, como indica o mesmo título. Que teñades boa letura!
A PARTÍCULA DE HIGGS, OU COMO UNHA EUROPA DOS CIDADÁNS É POSIBLE.

2012/06/20

20 de xuño, 23:08 UTC

Traducción: o momento da publicación, solsticio de verán, o momento o que o eixe da Terra forma o maior ángulo coa liña Terra-Sol, co norte máis próximo ó Sol que o Sur, Iso implica que a noite co seu medio máis próximo a ese momento é a máis curta do ano no hemisferio norte.

2012/06/17

Sobre investigación e futuro

Só unha comparación: en España recórtase en investigación, tendo que emigrar xente formada e perdendo a posibilidade de desenvolvemento. Na China rematan de lanzar outro cohete, coa primeira china a bordo, e situando o país no segundo posto de lanzamentos tripulados despois da URSS/Rusia, sen restriccións da investigación... Cal dos dous países se ve con máis futuro?

-Entrada participante no 'Antroido/carnaval da física' xuño 2012, co blog anfitrión '100cia'-

2012/05/15

Mercurio, relatividade, movemento...

Aproveito un vídeo dun traballo (de víctor Pérez e raúl Pérez) sobre o movemento de Mercurio coa relatividade, Schwartzschild e o método de Runge-Kutta por medio:

2012/05/09

Os tempos na ciencia

Así, a voapluma, collo unha nova da ESA para remarcar o transcurso do tempo na ciencia e na técnica. Non nos tempos medidos, senón nos tempos nos que desenvolven a súa actividade: unha compoñente para un rpóximo telescopio espacial está lista. hoxe, 9 de maio de 2012. Iso indica que a súa producción iniciouse como pronto o pasado ano. O deseño, o mesmo ou o anterior, 2010, e podemis ir máis para atrás para a decisión de incluír ese instrumento na misión, de desenvoltar a misión, etc. Pero queemonos no 2010. O instrumento será lanzado ó espazo e posto en funcionamento aínda no 2018. é dicir, 8 anos. Cando esteña en órbita, xa será un instrumento vello ...

2012/05/07

O principio de conservación, nunha referencia política

Remato de ler un artigo de M. Castells, "#12M15M" coa sorpresa do que se refire ó principio de conservación,"Ni se crea ni se destruye, se transforma". O seu uso  para aplicalo ó movemento 15M, cando o movemento creouse, e aínda que despois se transforme, varía en cantidade, deixoume pensativo. Coido que unha aplicación así, de figura lingüística, non lle fai favor algún ó concepto de principio de conservación, á física ou á ciencia en xeral, nin ó 15M... Que opinas ti?

2012/05/03

Unhas verbas sobre a feira da ciencia 2012 (XVIII ed.)

18ª edición da feira da ciencia en Ribadeo. Breve reseña
A comezos de abril, o 12 e o 13, tivo lugar a última feira da ciencia en Ribadeo. A última edición celebrada no IES Porta da Auga antes da súa desaparición desenvolveuse, como os últimos anos, no pavillón de deportes anexo ó IES, cun pouco menos de espazo e menos tempo de adicación que en anteriores edicións. Este ano tivo un bonito cartel anunciador, pero non estivo acompañado do díptico que se fixo característico nas últimas edicións amosando a relación de traballos participantes. Si quedan reflectidos en internet e sobre todo, na nosa lembranza, na de todos os participantes, aínda que non de xeito único, pois aí están tamén as testemuñas nos xornais, na radio e mesmo na televisión, consultables asemade en internet. 
Estánse a analizar as primeiras enquisas que se realizaron de avaliación da feira. Cos resultados aínda preliminares, pois a maioría das enquisas non se retornarán antes de mediados de maio, aparece claramente o desexo da xente enquisada de que dure máis tempo e se lle adique máis espazo en futuras edicións. Entre agora e o posible futuro está un cambio de edificio nunha unión de centros que fai que se plantexen novas miras e novas preguntas para próximas veces, novidades que en calquera caso suporán cambios no que se fai na actualidade. 
Asemade, nas avaliacións do papel de cada quen na feira vese que a xeralidade da xente que participou está ufana co seu papel, e de xeito derivado, que vería con bos ollos o seguir participando, aprendendo e desfrutando, que querería facelo en anos sucesivos, de acordo co que se escoita ó final do vídeo realizado co motivo da primeira feira: cando unha feira remata, comeza a seguinte. 
Mentras, a sombra da feira exténdese non só ó que se aprendeu, ó que agora se sabe facer, a nunha vivencia diferente, ... non só en internet e nas novas dos xornais, senón tamén máis aló da xeografía, a traverso do día da ciencia na rúa de A Coruña ou do Foro interautonómico encadrado nun proxecto de asociación de centros (ARCE) que este ano ten lugar no Carballiño, lugares nos que se amosan traballos realizados para a feira e que levan o nome do centro pola xeografía galega e máis aló.

2012/04/24

Un vídeo da XVIII Feira da Ciencia de Ribadeo

Deixo abaixo o vídeo emitido pola televisión de occidente, ORT, que se pode ligar en youtube:

(duración, 16 minutos aprox.) en imaxe de portda do vídeo, Andrea Vilar.

2012/04/20

Un proxecto de ensino e investigación, relacionado para Xerfa 2012


-->
Facendo e difundindo investigación - 2012

Érase unha vez … un arce. Non unha árbore, non, senón un proxecto dunha Agrupación de Centros Educativos1 (*) a nivel estatal …
Nesas andamos, este curso, tres centros, o Instituto El Cairat, de Esparreguera (Barcelona, Cataluña)2, o IES Pare Vitòria, de Alcoi (Alicante, Valencia)3 e nós, o IES Porta da Auga, de Ribadeo4, en Galicia. Este curso, e o pasado, pois é por dous cursos, aínda que existe a posibilidade de amplialo a tres.
Coido que o título di abondo do que se pretende. Para logralo, o Ministerio de Educación outorgou 8 200 € para o bienio a cada un dos centros participantes para o desenvolvemento de actividades. En compensación, o profesorado implicado en cada centro poñemos o noso traballo, e o alumnado, tamén. Uns e unhas, organizando e espoleando ás outras e outros, e os outros formándose e vivenciando de mellor xeito. Ou así debera ser e se pretende que sexa.
Polo momento, coa maior parte do tempo xa transcorrido, todo vai segundo o previsto. Como indica o título, trátase de que os alumnos teñan un trato de ti a ti con cousas que non se coñecen (nin eles nin os profesores) para coñecelas algo mellor a traverso da investigación. E iso, a mesma xente que a fai e outra que a pode arrodear: de aí o de facer, pero tamén difundir.
A idea naceu de contactos anteriores relacionados coa feira da ciencia. En particular, do paso de diversos proxectos da feira pola Galiciencia de Ourense, ó longo de varios anos, e o contacto con xente de Vigo e de Cataluña. O bo facer e o trato continuado permitiron unha elección inicial de centros que ó final non puido ser total por ter que participar centros públicos, non privados. Para compensar o anterior, seguíronse duas liñas diferentes. Unha, non prescindir totalmente do colexio Alborada de Vigo5, organizando con el os 'Foros Comunitarios' que son parte fundamental do proxecto, aínda que a súa parte teña que facela cubrindo os gastos con fondos propios dos alumnos e do centro6. Outra, o reforzar a parte institucional do proxecto dando acubillo a un centro descoñecido por nós de xeito directo, pero coñecido pola xente de Cataluña e do que, procurando información, obtivemos moi boas referencias como gañador de varios premios a nivel nacional, o IES Pare Vitòria.
Así chegou o comezos do curso 2010/2011 … sen confirmación do proxecto. O dito de que as cousas do Pazo van despazo fíxose valer unha volta máis de xeito que ía ben avanzado o primeiro trimestre cando chegou o 'si' do Ministerio. Daquela xa estaba programada a práctica totalidade de actividades relacionadas co proxecto que viñeron despois: a asistencia un ano máis a Ourense á Galiciencia en novembro, a Feira de Ciencia de Ribadeo e o Foro Intercomunitario coa visita á Coruña no día da Ciencia na Rúa7. A unha máis, a Exporecerca Xove, non presentamos ningún alumno.
Respecto á Feira de Ciencia, pódese ver cantidade de información na web do centro8, na de As Feiras de Ciencia na Galiza9 ou nos xornais do momento, como evento que foi vivido pola totalidade da comunidade educativa, participando boa parte dela de xeito direito. O curso 2010/2011 foi a XVII edición, gozando de boa saúde, presentando un montón de proxectos e intereses na reproducción, difusión e investigación de experiencias, montaxes e problemas diversos presentados por xente dende 1º ESO a 2º bac. E a XVIII edición, deste 2012, 'aínda está quente' e na memoria de todos cando se fai este escrito, continuando na mesma liña que as anteriores edicións.
Na Galiciencia10 mantida no outono do 2010, participaron tres proxectos11 diferentes de catro alumnos, que logo serían repetidos e mellorados na Feira de Ciencia. Algo semellante pasou na Galiciencia 2011, na que participaron cinco alumnos con tamén tres proxectos12. Como en anos anteriores, serviu de xeito de contacto con alumnos doutros centros, de trabar amizade e tamén saber o que se cocía neles a nivel de investigación e actividade educativa en xeral. E de pasalo ben, como pode testemuñar a xente que alí foi. Para todo hai tempo en tres días (e tres noites) en Ourense. As anécdotas, que as houbo, que as conten as implicadas ou implicados. Aquí, dicir tan só que os momentos de exposición, con visita de centros de toda Galicia, foron complementadas con baños nas termas ou unha visita a Ourense, e comentados longamente polas noites. Os proxectos pasaron polo tamiz dos organizadores, o Centro Tecnolóxico de Galicia13, que limitou o número de alumnos participantes de cada centro, a máis da elección de proxectos no interior do IES.
En canto ó terceiro e cuarto pés visibles, o Foro intercomunitario e o día da Ciencia na Rúa, tiveron lugar en maio, en San Vicente (O Grove - Pontevedra) e na Coruña respectivamente, de xeito consecutivo (os eventos deste curso 2011/2012 aínda están por chegar cando se escriben estas liñas). Ó primeiro, con alumnos dos catro centros citados (de Alcoi, Esparreguera, Vigo e Ribadeo) foron presentados 35 proxectos de investigación, e expostos secuencialmente durante dous días por xente de 4º ESO. Ó segundo, onde se uniu máis alumnado do noso centro, pero non participaron os dos outros centros, foi unha grande feira na que participaron máis de mil alumnos duns trinta centros dende o preescolar á universidade, aberta ó público coruñés e galego. Mostra na que, como xa é común, o noso IES era de abondo máis lonxe que o seguinte máis lonxano ...
Ó Foro asistiron con 13 traballos 17 alumnos de 4º ESO do Porta da Auga, que interactuaron de día e de noite cos outros participantes. De alí, o sábado, á Coruña, de onde retornou un autobús enteiro, pois na cidade uniuse a xente voluntaria que quixo, que resultou ser básicamente de primeiro de bacharelato, tanto de ciencias como de letras, pois tanto uns como outros presentaron proxectos para a feira. A xuntanza do grupo que partiu direitamente de Ribadeo co que asistiu ó Grove realizouse nunha área de servizo próxima á Coruña e foi unha cousa curiosa.
A modo de exemplo de como transcorren as actividades do proxecto, no II Foro Intercomunitario, entre outras cousas, houbo reunións correspondentes ó profesorado, realizáronse un cartel e un díptico, adiantouse ó resto dos centros un resume de cada unha das ponencias participantes para unha primeira orientación dos asistentes, houbo presentacións recíprocas dos diferentes centros, fíxose unha visita conxunta, ós asistentes fóilles entregado un diploma de participación e un detalle para lembranza, está en marcha -a piques de rematar- a edición dun libro coas fichas de todos os traballos presentados, realizouse un CD coas fotos do evento, … etc.
Quedan uns meses máis14. Neste segundo curso, o 2011/2012, básicamente estáse a repetir o xa feito o curso pasado en relación á estrutura e eventos, cambiando o Grove por O Carballiño, e non asistindo tampouco, por razóns que non veñen a conto, ós tres días da exporecerca barcelonesa. Naturalmente, está a ser totalmente novo en canto ós traballos presentados. Traballos que na súa case totalidade foron comezados este mesmo curso, e que levarán ós seus autores e autoras a outros lugares da xeografía, a compartir outras experiencias e trabar novas relacións humanas e 'de traballo'.
Antonio Gregorio Montes


(*) Este artigo refírese ó PROXECTO ARCE - Convocatoria 2010 Modalidad A “Investigación haciendo y difundiendo”, aprobado en disposición 18154 [Resolución de 18 de novembro de 2010, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a concesión de axudas das Modalidades A e B destinadas a promover Agrupacións de Centros Educativos para a realización e posta en prática de proxectos comúns (Programa ARCE) - BOE 25/11/2010]15. Os datos están collidos do Informe progresivo 2011 do IES Porta da Auga (cód. 27010945) e dos documentos previos ó Informe final, aínda sen realizar.

6Así se deu o caso no pasado foro, celebrado en O Grove, de que os nosos alumnos viron que ían gratis (os 3 € establecidos polo centro como axuda ó desprazamento) a unha actividade que ós vigueses lles costaba abondo máis, máis de 40 €.
7De todas elas se deu nova no blog do IES, http://portadaauga.blogspot.com
14O proxecto remata oficialmente en novembro. Está previsto nas bases que se poda ampliar un ano máis, a tres, pero non habería que contar con elo.

2012/04/19

18 de abril de 1955: Morre Albert Einstein

Si, hoxe hai anos que morreu unha persoa un tanto especial. Científico grande, si, pero non só por iso. Intervir pola bomba atómica como unha emerxencia e logo velo en perspectiva é só un exemplo.
Aquí, a súa biografía para ter unha idea. Mellor, ler algún dos seus traballos ...

2012/04/18

a metedura de pata do exame

Nun exame aparece un texto cunha cantidade de MeV. Unha pregunta sobre o dato: e ista cantidade de Mendeleiev-Volts ...?

2012/04/15

Educación, PISA, mercado

Métome na rede. Atopo correo unha mensaxe do Guardian que me leva a un blog cunha perspectiva da educación en Finlandia. E, de alí, salto ó informe PISA. Na páxina vexo que podo descargar as diversas partes do informe (incluído o partado de matemáticas e ciencias) en inglés e en francés. Entón, distingo que a primeira parte, correspondente ós resultados, está tamén en español ... se se compra. Hai unha versión en liña, pero non descargable. E penso no título desta entrada:
A educación que se entende por estes lares é cuantitativa, sen importar o fondo, collendo de PISA para o público o que é o propio estudo en bruto, pero sen coller a análise. E aínda así, fáise co método do repago, é dicir, aproveitando algo público para cobrar por el. E así nos vai.
Por certo, en alemán aparecen dúas seccións, pero gratuítas, entre elas a correspondente a que fai ás escolas exitosas ...

Informe PISA 2009: Lo que los estudiantes saben y pueden hacer | OECD Free preview | Powered by Keepeek Digital Asset Management

Un pouco de meteoroloxía comparada en Ribadeo

Hai un par de semanas, a comezos de mes, escribía choiva escasa no que vai de ano en Ribadeo. Naquel momento, en 93 días do ano rexistrárase un total de pouco máis de 70 L/m2. Nos últimos dez días supérase longamente esa cantidade:
Vése que só entre a tarde noite do día 6 e a madrugada do sete caeron 40 L/m2.
Decalquera xeito, a choiva caída no que vai de ano non chega a superar a de ningún outro ano do século ata o momento. É dicir, en Ribadeo segue sendo o ano máis seco do século XXI. Aínda que...
a) haxa xente reclamando que pare de chover porque xa choveu moito
b) a Xunta levantara a alarma por seca
E é que nesta terra, chove!

2012/04/14

Despois da feira ...

No vídeo da 1ª Feira da ciencia de Ribadeo, o seu final indica que ó rematar unha feira comeza (a preparación de) outra. Na realidade, ambas solápanse, pois quenes pasaron pola feira saben que queda traballo ó recoller: trátase de organizar o recollido, rematalo algunhas veces, sempre levantar a memoria, ... mentras que si, xa se vai pensando na próxima edición.
Onte rematou a XVIII edición da feira, e agora, na wiki (tamén algo caerá no blog), é o momento de comezar a cargar fotos, vídeos, as memorias cando vaian estando, ... Polo momento, xa hai unha ducía de fotos que irán aumentando con seguridade ata máis dun centenar. Por certo, se queres enviar fotos da feira, hai lugar para elas.

2012/04/11

Campás de Franklin

Preparando a Feira da Ciencia (Feira da ciencia que vai na súa XVII edición), onte tomei un pequeno vídeo dunha montaxe que fixeron os alumnos sobre as campás de Franklin.

Non estará funcionando do mesmo xeito na feira: non se pode ter á vista e á man dos máis pequenos un tubo de raios catódicos dunha televisión, coas terminais conestadas de calquera xeito, e xa non lles da tempo a facer unha montaxe decente. Terminarán noutro momento, pero queda o vídeo como unha explicación de como se fai.

2012/04/09

O día nace, non se fai

De súpeto, sae o sol e elévase a temperatura. O orto é algo máis que unha palabra indicativa. É unha realidade que se deixa sentir máis do que pode arecer a primeira vista, isto é, pola luz direta que nos chega do astro rei.
As gráficas a continuación están feitas a partir dos datos dezminutais da estación meteorolóxica da granxa Escola Pedro Murias, en Ribadeo. As datas que se recolleron son da primeira parte do ano, ata o 21 de marzo, e alí pódense observar xa varias cousas relacionadas coa temperatura.
A primeira, á vista da media deses primeiros 80 días que corresponden ó inverno 2012, que a temperatura medra abondo máis rápido ó sair o Sol que despois baixa ó poñerse. Corresponde co quencemento rápido dunha capa superficial e a radiación de calor que vai diminuíndo coa temperatura, pero de xeito tan lento que case é unha recta. A variación de horario de posta e saída do Sol suaviza o efecto de inicio e fin do día.
Por outra banda, en Ribadeo o desfase entre hora solar e legal é de cousa de 1 hora e 27 minutos no inverno. É dicir, á 1 e 27 da tarde o Sol está no punto máis alto. Non obstante, apréciase na gráfica que o momento de máis temperatura ven sendo sobre as 2 e cuarto, é dicir, cun desfase entre temperatura máxima e máxima altura do Sol duns 45-50 minutos. Non s epode observar o mesmo coas mínimas, que s eproducen xusto antes da saída do Sol.
Se fraccionamos a gráfica por meses (segundo se especifica na lenda), as gráficas tremen máis polo menor número de datos, pero presentan máis exactitude nas variacións grandes de nacemento do día.
E así podemos sinalar de xeito preciso a hora do nacemento do día por termo medio en cada un dos períodos, como está sinalado na terceira gráfica, onde se pode observar mesmo que a variación de hora do orto é maior entre 0 - 30 días anteriores ó equinoccio os 30 - 60 que entre os 30 - 60 e 60 - 80. Asemade, o inicio da noite vése perfectamente que vai facéndose posterioremnte ó avanzar o ano pois a caída máis brusca do día suavízase claramente ó chegar a noite, retrasada dun a outro grupo de datos.
Hai que lembrar que as gtemperaturas son medias, aglutinando cousas como diferentes direccións do vento ou cobertura de nubes, que se se fixeran constar darían unha idea aínda máis nidia do comezo e final do día.

2012/04/06

Os metais conducen o calor mellor? Vaia que si!

Unha imaxe, mil palabras:
Unha placa de xeo posta de desconxelar apoiada no lavabo e na billa da auga, metálica. O furado que fixo, 'labrando' o xeo xusto coa forma da billa, é patente.

Cargado  para o 'el carnaval de la física' neste mes de abril levado adiante por http://laenciclopediagalactica.info

2012/04/05

Queres practicar inglés de paso que melloras en física?

Hai moitos sitios na rede, pero a cousa ocorréuseme vendo iste:
African Summer Theory Institute. 2004. Online Lectures
Boa práctica!
Un consello: alomenos nesta ligazón, non tentes descargar os vídeos, conténtate co audio.

2012/04/03

A choiva escasa do que vai de ano en Ribadeo

O que vai de ano trouxo choiva escasa en toda Galicia. Na zona de Ribadeo quizáis un pouco máis abondante que en xeral, pero aínda así escasa. Menos da metade, case a terceira parte, do ano que menos choveu da década anterior. Aí están os datos da estación que mantén a Pedro Murias do 1 de xaneiro ata onte, día 93 do ano, comparados cos obtidos dende o 2003:
É unha tendencia? Son poucos anos, esperemos que non, pero o previsto no modelo do cambio climático é que si, sexa o sinal dunha tendencia que convertiría Galicia nun país abondo máis seco.

2012/03/30

O Sol pónse en Ribadeo ...

Ribadeo concello está encadrado no mapa nun rectángulo de dimensións aproximadas 11 km de alto e 12 de ancho, cunha latitude e lonxitude no núcleo urbán de 7º05' O, 43º30' N.
Que ten que ver co momento en que se pon (ou sae) o Sol en Ribadeo?
Pois que, nesta latitude, 12 km de ancho no mapa significan 9 minutos de arco, ou o espazo que xira a Terra en 36 s. É dicir, nos equinoccios (21 de marzo, 21 de setembro) o Sol sae (e pónse) uns 36 s antes na vila de Ribadeo que en Remourelle. Por cousa da inclinación da Terra, o incremento de tempo varía lixeiramente ata os solsticios...

-Nota: este blog non publicou onte esta entrada, xa preparada, adheríndose á folga xeral-

2012/03/26

Estatísticas e representación de datos, a conta de resultados electorais

A ciencia ás veces recorre os camiños máis enrevesados, e tentan usala para fins particulares, e tamén serve para desenmascarar un mal uso ...
En 24 horas, un exemplo de uso partidista e sesgado de representación de datos:
Segundo esta nova, o PP colgou da súa web unha representación tan sesgada que daba a maioría absoluta de escanos a esa formación en Andalucía, cando obtivo 50 de 109 (45,87%). Foi corrixido despois, segundo amosa a figura embaixo (tomada do mesmo lugar).
Para amosar a maioría absoluta que se autoasignaba o PP, un pequeno segmento branco posto polo xornal indicaría o lugar que lle correspondería o cambio de cor entre PP e PSOE, como está indicado na nova, pero non na imaxe de portada (a de enrriba) ... se non fóra porque sen explicar na imaxe, preto do centro do arco, pódese tomar erróneamente tamén polo 50%, e polo tanto tendería a aumentar a metedura de pata/erro intencionado ou non, aumentando  a sensación de maioría absoluta.
Ambas figuras anteriores están estiradas verticalmente, o que fai que sexa máis difícil conservar a relación real e detectar ambos enganos.
Agora, pódese ver abaixo, cunha deformación semellante, a gráfica como sería na realidade.
E, por último, a gráfica sen deformación:
A que a sensación varía?
A presentación de datos (científicos ou non) é importante para procurar algúns fins ... e para desenmascaralos (os fins ou os erros que se lles pode asociar)

2012/03/24

Xogando co efecto Coanda

Hoxe mesmo, Mondoñedo. Un pícaro nunha fonte xogando co seu balón. Coa física. Aproveitando o efecto Coanda, cuxa 'fórmula' podería ser un moito de Bernoulli e unha pizca de viscosidade ...

Na Feira de Ciencia
A auga roza co balón, que adquire unha compoñente de xiro. Flota, logo non se vai para o fondo. E a presión do fluído en movemento, da auga, é menor que o fluído en repouso que rodea en grande parte ó balón, o aire, co que non é quen de apartarse do chorro de auga que cae. Tampouco se pode meter moito contra a auga, pois se o fai, a auga empúrrao cara adiante ...
Outros anos, na feira da ciencia de Ribadeo, estudouse o efecto.
Por certo, o 'home do efecto' foi Henri Coanda.

2012/03/23

Radiómetro de Crookes

Vista do funcionamento dun radiómetro de Crookes no IES Porta da Auga, Ribadeo. O radiómetro párase debido ó rozamento cando se queda sen luz incidente, voltando a coller velocidade ó ser iluminado de novo.

2012/03/21

Xa está: estamos na primavera. Cal é a diferenza?

Pois iso. Hoxe é o 21 de marzo, e entramos na primavera. Por? Ben, a primavera astronómicamente ven definida como o tempo entre o equinoccio e o solsticio de verán, é dicir, entre o momento no que a liña Terra-Sol é perpendicular ó eixe da Terra (inclinado respecto ó plano da eclíptica, o plano que describe a liña Terra-Sol ó xirar) e o momento no que ambas liñas presentan o mínimo ángulo, co Polo Norte da Terra máis próximo ó Sol que o sur.
Coincide que como a órbita da Terra ten unha lixeira excentricidade, a primavera e o verán no hemisferio norte transcorren no tempo no que a Terra está máis lonxe do Sol ...
E, como a Terra xira sobre si mesma a velocidade constante, ó estar ó Sol en referencia á Terra ó norte do plano que forma o ecuador, entón o tempo que cada día está iluminado un punto por riba do ecuador é maior que o tempo que non o está, e os días son máis longos. Ó ser os días máis longos e caer o Sol máis perpendicular, os raios chegan en maior cantidade a unha zona da superficie, e durante maior tempo ... co que hai unha temperatura máis alta.
Gráficos? Si, pero non hoxe.

2012/03/20

Temperatura de ebullición e presión de vapor: experiencia clarificadora

Como outras veces, retomo unha vella publicación pre-internet, que subo a examesdefisicaequimica:
Temperatura de ebullición e presión de vapor: experiencia clarificadora (Boletín das ciencias, ano III, nº 8, decembro 90, pp.26-33). Temperatura de ebullición e presión de vapor.pdf

2012/03/19

O principio de indeterminación na aula / El principio de indeterminación en el aula

- Vello escrito que non teño conciencia de que chegar a ser publicado. Atopeino hai pouco e data de ... 1996-
-
Tomando a didáctica na aula, e tratando de aplicar o método científico, podemos observar a natureza subxetiva da investigación realizada/a realizar sobre os nosos alumnos. Está claro, como xa amosaron e comprobaron moitos autores, que as condicións de profesor e de aula son variables en pequenos períodos de tempo, por non falar xa do cambio producido ó cambiar de grupo ou profesor sen cambiar de nivel de ensino.
Neste punto, enfrontámonos a un feito fundamental para o mantemento dun ensino controlado e con rendemento: os datos cos que traballamos teñen unha compoñente maior ou menor de aleatoriedade. Parodiando o principio de indeterminación de Heisenberg, ó interactuar o profesor co alumno ou co grupo, introduce no sistema unha variación que lle permite centrar o que o alumno sabe ou o que está en disposición de saber, pero non ambas cousas ó mesmo tempo.
O anterior lévanos a que non teñan sentido as probas illadas, para determinar a "posición actual" e a "progresión do alumno" ó mesmo tempo. Si ten sentido o seguemento continuado do alumno para determinar a zona de coñecemento que está desenvoltando e a evolución dela, aínda que sen pretender con elo despellar incógnitas para unha maior precisión. Este método tamén ten un aspecto altamente positivo para o profesor: A interactuación continua permete estudar a gama de efectos de cada unha das nosas accións con abonda precisión.
Este paso de unha mentalidade linear a unha mentalidad difusa coido que non é máis que unha primeira parte dun paso máis xeral, no que entraría a comparación non solo mecánica-mecánica cuántica senón tamén a bioloxía. Sería a comparación de datos, verificación e asunción deles polos alumnos. Se nas dúas imaxes anteriores se presentaba o proceso didáctico como asimétrico, dirixido pol profesor que é ó mesmo tempo recolector de datos, neste caso é a interacción de profesor e alumno o que conta, ensinando/aprendendo cada un, tomando datos ambos ó tempo, se been, lóxicamente, sobre feitos diferentes.
-
A versión orixinal era en castelán:
El principio de indeterminación en el aula
Tomando la didáctica en el aula, y tratando de aplicar el método científico, podemos observar la naturaleza subjetiva de la investigación realizada/a realizar sobre nuestros alumnos. Está claro, como ya demostraron y comprobaron muchos autores que las condiciones de profesor y de aula son variables en pequeños períodos de tiempo, por no hablar ya del cambio producido al cambiar de grupo o profesor sin cambiar de nivel de enseñanza.
En este punto, nos enfrentamos a un hecho fundamental para el mantenimiento de una enseñanza controlada y con rendimiento: los datos con los que trabajamos tienen una componente mayor o menor de aleatoriedad. Parodiando el principio de indeterminación de Heisenberg, al interactuar el profesor con el alumno o el grupo, introduce en el sistema una variación que le permite centrar lo que el alumno sabe o lo que el alumno está en disposición de saber, pero no ambas cosas al mismo tiempo.
Lo anterior nos lleva a que no tengan sentido las pruebas aisladas, para determinar la "posición actual" y la "progresión del alumno" al mismo tiempo. Sí tiene sentido el seguimiento continuado del alumno para determinar la zona de conocimiento que está desarrollando y la evolución de la misma, aunque sin pretender con ello despejar incógnitas para una mayor precisión. Este método también tiene un aspecto altamente positivo para el profesor: La interactuación contínua permite estudiar la gama de efectos de cada una de nuestras acciones con bastante precisión.
Este paso de una mentalidad lineal a una mentalidad difusa pienso que no es más que una primera parte de un paso más general, en el que entraría la comparación no solo mecánica-mecánica cuántica sino también la biología. Sería la comparación de datos, verificación y asunción de los mismos por los alumnos. Si en las dos imágenes anteriores se presentaba el proceso didáctico como asimétrico, dirigido por el profesor que es al mismo tiempo recolector de datos, en este caso es la interacción de profesor y alumno lo que cuenta, enseñando/aprendiendo cada uno, tomando datos ambos al tiempo, si bien, lógicamente, sobre hechos diferentes.

Conxunción planetaria

A semana pasada houbo unha conxunción planetaria. Para os terrestres eso significa que dous astros (neste caso, planetas) xuntáronse (aparentemente) no ceo. En concreto, a pasada semana, Venus (o luceiro do alba ou o luceiro do atardecer) e Xúpiter.
A que se debe? Pois a que os dous descreben arredor do Sol unha órbita que está case no mesmo plano (e case no mesmo plano que a da Terra), e un vai aparentemente no ceo (e realmente) máis rápido que o outro. Venus, máis próximo ó Sol que a Terra, necesita xirar máis rápidamente para non caer ó Sol, e Xúpiter fáino máis lentamente ó estar máis lonxe do Sol. Así, en perspectiva, o lóxico é que cada certo tempo, 'se atopen' no ceo. Ademáis, ó estar un máis próximo ó Sol que a Terra, o punto no que se atopen nunca formará un ángula maior que 90º co Sol, senón menor.
Unha conxunción distínguese dunha ocultación: a ocultación é cando 'se xuntan' tanto que un pasa por diante do outro (a eclipse de Sol é unha ocultación moi particular)

2012/03/16

A que velocidade se move o Sol?

... como o movemento é relativo, depende con respecto a que nos resteñamos a referir.
Mais, a pregunta máis sinxela e abundante ven referida ó movemento aparente do Sol respecto da Terra, podendo expresalo mellor como unha velocidade angular, un ángulo xirado nun tempo. E entón, unha resposta moi moi aproximada é moi sinxela. O Sol 'da unha volta á Terra' cada 24 horas, o que fai un arco no ceo de 15º por hora. Os mesmo graos que separan na Terra un huso horario de outro.
Outras respostas son posibles para outras preguntas. Así, por exemplo, de xeito aproximado (con menos aproximación que no caso anterior), a Terra móvese na súa órbita a uns 30 km cada segundo, e ese sería tamén o movemento que tería o Sol 'na súa órbita'.
Entón, que debemos considerar, o Sol quieto ou movéndose? Xirando ou non?
Á primeira pregunta, que nos fala dos desprazamentos do Sol, a resposta primeira é que non importa moito, pois o seu desprazamento é prácticamente inercial nas nosas escalas. Se consideramos o seu movemento respecto doutros corpos máis pequenos, é preferible considerar o Sol quedo e os outros corpos movéndose. en relación a Corpos ou estruturas máis grandes, como a Galaxia, entón é preferible considerar o Sol movéndose ...
Á segunda, a resposta está clara: o Sol xira, hai efectos que se producen nos corpos que xiran que así o testemuñan ... outro día falaremos diso.

2012/03/15

A luz, por onde vai, ven

Pódote ver, pero non me podes ver ... mais estúdase que a luz, entre dous puntos recorre un camiño que é independente de que vaia ou veña. Parecen cousas contraditorias, pero non o son. Si, se lanzamos un raio de luz de A a B, polo mesmo camiño podemos facer que vaia de B a A. Pero para eso, temos que 'lanzalo'. se un dos extremos está obscuro, non o vemos. Verémolo en tal caso cando chegue o noso raio alí e ilumine. é dicir, se dúas persoas están unha fronte á outra, pero unha nunha zona iluminada, e a outra nunha zona totalmente obscura, a da zona obscura verá á da iluminada, pero non ó revés. Non hai ningunha imposibilidade física, senón ausencia de luz ... algo que a xente en xeral coñece mellor que o principio de Fermat que xustifica que a luz vaia e retorne polo mesmo lugar.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.