2007/10/24

Actividades do departamento

Como todos os cursos, o departamento organiza unha serie de actividades. Neste hai dúas novidades: unha 'feira das ciencias' de outono, a celebraro 14 e 15 deste mes, e a asistencia a Galiciencia

2007/10/22

Sabedes que?


Foi descoberto un sistema binario de estrela e furado negro que parece contradicir as leis da Física tal como se coñecen hoxe? Pois si, e non é raro que de cando en vez as leis establecidas na Física sofran algunha embestida.

2007/10/20

Un vello artigo (maio do 2003)

Perda de posibilidade de elección.

Fai uns anos, no IES Porta da Auga quedámonos sen poder ofertar estudios da formación profesional sanitaria cando acodían mesmo xentes de Asturias ou de lugares abondo lonxe en Galicia. E agora, o mesmo centro que sufríu ese recorte, vai sufrir outro. Falo dun futuro que, a estas alturas, xa case é pasado.

Polo momento, a actual dirección do IES Porta da Auga non vai poder cumprir a súa palabra (dada a partir da promesa previa da administración) de que os alunos que están actualmente en primeiro do bacharelato tecnolóxico poderían optar á dobre vía, é dicir, presentarse ás probas de acceso á universidade para estudios da área de ciencias ou de tecnoloxía. Esto implica, cara ó proximo curso, un cambio de centro para ditos alunos, aproximadamente a metade dos que están matriculados no primeiro de bacharelato tecnolóxico, que terán que facer un ano noutro IES xusto antes das probas de acceso á universidade. Tamén terá como consecuencia que o centro reciba menos incorporacións nese nivel de 1ºB.T., pois matriculándose por outra opción noutro centro poden acceder á doble vía, é dicir, non só ás carreiras de ciencias senón ás de tipo tecnolóxico.

¿Implicacións no futuro? Cara a anos máis lonxe, só dous ou tres, a perda excesiva de alumnos nos niveis do citado bacharelato (estimo que a metade para o próximo curso) e a unión dos dous bacharelatos de Ciencias e Tecnolóxico nun só, é usable como xustificación para eliminar a posibilidade de cursar ese futuro bacharelato científico-tecnolóxico no IES, reducindo de xeito definitivo as posibilidades de elección de centro por parte dos alumnos da zona educativa de Ribadeo á metade, un só centro.

Xa se está a mobilizar xente implicada nesta primeira fase. ¿Lograrase parar? Polo momento, de pouco serviu que o Porta da Auga tivera un 100% de aprobados nas PAAU, organice as feiras de ciencia que o levaron a liderar un proxecto europeo, leve participado en proxectos internacionais de diversos tipos dende fai seis anos en colaboración con entidades de outros nove estados, reciba este mesmo curso alumnos e profesores de sete nacionalidades diferentes, envíe os seus a varios países con diversos programas formativos, esté levando a cabo a implantación dun plan de calidade, ... Tampouco importa que esa posibilidade que se quere negar exista actualmente e que non sexa necesario persoal para seguir cubríndoa, ou que o laboratorio pertinente xa exista no centro. Por suposto, tampouco parece importar o que pensen os alumnos, os pais e os profesores; pode que sexa debido a eso o que a xente dos centros afectados que se manifestou o día 14 en Lugo non fora recibida en Delegación.

¿Cal é a explicación, o por que da negativa e da falta de palabra? Non sei se a sabe alguén ou mesmo se existe unha explicación obxectiva. Por non haber, non hai ninguén que a de.

Non son o único en pensar que o que se está a facer deste xeito cabería calificalo sinxelamente de "idiotez", e que todo quedaría aí se non fora pola xente perxudicada: a zona educativa de Ribadeo.

2007/09/04

Exame de setembro Física e Química 1BT

--- Lémbrate de explicar/razoar todo para poder puntuar.
1.Formula e calcula o balance electrónico (suma de números de oxidación) de: Sulfato de cobre (II), Sulfuro de aluminio, Hidróxido de ferro (III), Óxido de chumbo (IV), Heptaoxodisulfato de calcio.
2.Estrutura electrónica do chumbo (Z=82). Deduce dela propiedades dese elemento (sen deducir, non vale)
3.Queimamos 100g de carbón en presencia de aire abundante, e recollemos nunha campá á presión de 0,5 at e temperatura 100ºC un volume de 40 L de gas. Calcular a pureza do carbón inicial, supoñendo que o resto de materiais non queima. calcular a masa dos residuos sólidos.
11.Un condensador ten unha capacidade de 3mF. Se logramos almacenar unha enerxía de 2J, haberá xeito de que podamos ter unha das placas a 1V?
10.Collemos 1kg de xeo a 0ºC, e misturámolo con 0,5kg de cobre a 600ºC. Calcula a Tf. (Datos:Ce auga, 1cal/gºC; Leb auga= 540cal/g; Lfus auga= 80cal/g; Ce Cu= 390J/kgK)
4.Un balón é disparado cunha velocidade de 20ms-1 e un q=40º. Calcula o tempo que tarda en facer a cuarta parte do seu recorrido no aire (medido sobre a proxección horizontal). Tardará máis ou menos dese tempo en chegar á metade da altura máxima?
En caso de non saber facer algún dos anteriores, podes cambialo por facer os dous seguintes (que contan cada un como medio)
a)Un ciclista vai a Foz a unha velocidade v, e volta a unha velocidade triple. Cal será a súa velocidade e celeridade medias?
b)Unha corda que pasa por un polipasto ideal sen masa ten nos seus extremos sendos soportes. Nun deles ten unha masa de 2kg e facemos cara abaixo unha forza de 10N, e no outro, outra de 12kg. Se inicalmente estaban en repouso á mesma altura (0m), calcula a velocidade final da carga de 2kg, e a que altura se atopa, ó cabo de 1s.

Exame de física 2BT Setembro / 03/09/2007

Fai 7 exercicios. Atención: 1.Explicar todo: é o que serve para puntuar, en particular, nas cuestións. 2.En caso de facer máis de 7 exercicios, puntuaranse só os 6 últimos.
Datos. G= 6,67. 10-11 N.m2kg-2; RT= 6,38.106 m; MT= 5,98. 1024 kg; Icil= M.R2/2; g= 9,81 m.s-2.
1.Calcular o radio da órbita que debería ter a Terra, conservando a sua masa, para que a duración do ano se reduxera á sexta parte.
2.Un satélite en órbita ten triple masa que outro xeoestacionario. Se o seu período é doble, calcula a súa altura.
3.Nunha conducción de diámetro 10cm introdúcese de xeito forzado auga a unha velocidade de 1m/s. Calcula a velocidade de saída por un burato de 1cm de diámetro.
4.Dous barcos iguais crúzanse a unha velocidade de 20ms-1 e unha distancia de 3m. Calcula a forza de atracción debida ó efecto Venturi, se os cascos de ambos son semellantes, de xeito lateral, a rectánculos de 5m de alto e 40m de longo.
5.Idealmente, sen rozamento, dous corpos, un cilíndrico que cae rodando e outro cúbico que cae deslizando, baixan por unha pendente de 30º. a/chega antes o cilindro. b/chega antes o cubo. c/chegan ámbolosdous iguais.
6.Un electrón dando voltas nun átomo produce un campo magnético ao circular. Ese campo magnético é a/maior para órbitas máis achegada ó núcleo. b/menor para órbitas máis achegadas ó núcleo. c/O mesmo para calquera órbita.
7.Suxeitamos unha masa con diferentes resortes elásticos, facéndoa oscilar en cada un dos casos. A masa oscilará cun período menor cando a/a enerxía total de oscilación sexa maior. b/cando a enerxía total sexa menor. c/sempre igual
8.Explica que sucede na práctica cando achegas un obxecto a unha lente converxente dende unha distancia doble da focal ata aunha distancia metade da focal.
9.Un conxunto de dous cinlindros unidos polo seu eixe ten un radio R1 de 20cm e outro R2 de 30cm. De cada cilindro pende unha corda cunha masa colgada de 10kg, se ben ambas masas tiran en sentido contrario. A masa do cilindro pequeno é 10kg, igual que a do grande. Calcula:
a/ a aceleración angular dos cilindros.
b/ tensión da corda que enrrolla no cilindro pequeno.
10.Una corrente eléctrica de 1,5A ten un desfase de 30º respecto á voltaxe, ó atravesar un circuíto que contén unha resistencia óhmica de 100W e unha autoinducción de 30mH. Calcula a/a frecuencia da corrente e b/ a enerxía disipada no circuíto en 2minutos.
11.Un móvil descrebe un movemento parabólico nun plano perpendicular ó chan, inducido pola gravidade terrestre. a/ Sempre ten aceleración tanxencial. b/Sempre ten aceleración normal. c/Sempre ten aceleración tanxencial e normal.
12.Un corpo tírase cara abaixo no seo dun gas de alta densidade. a/cae con aceleración constante. b/Se a velocidade é demasiado elevada, ten aceleración que tende a diminuír a súa velocidade. c/Cae con velocidade constante.
13.Nun movemento ondulatorio, a/a lonxitude de onda e a frecuencia están relacionados. b/a frecuencia e a elongación están relacionados. c/a frecuencia e a fase están relacionados.
14.Na práctica do péndulo observamos que éste amortece o seu movemento. Razoa cándo se observa un amortecemento maior.
15.Un satélite de 250kg da unha volta á Terra cada 10h. Calcula a súa altura.

2007/08/20

Nubes VIII


... e último da serie polo momento. Lembro que os datos meteorolóxicos correspondentes están en Nubes I.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.