2008/01/12

Unha nova interesante

Hoxe vin a nova de que a revista científica Nature, posiblemente a máis prestixiosa do mundo, abriu a súa hemeroteca de xeito libre. É dicir, que se pode ver calquera artigo de calquera número de Nature, dende o seu nacemento hai 150 anos. É algo para curiosear pola web.
A iniciativa ven acompañar ós xornais libres en ciencia, como PLOS One e os encadrados en PLOS ("Public Library of science") ou a extensa rede de DOAJ (Directory of Open Access Journals) (non todos libre de igual xeito...)

2008/01/08

Ó dictado

Hai algún tempo, antes de vacacións, dictei o que segue (xa non me lembro a vez anterior que dictei algo). foi algo rápido, en resposta a un feito. Qeda aí para pensar.
Os castigos existen por algo. Se unha acción é encomiable, outra pode ser reprendible.
É loxico molestar ós demáis na clase? É ético? Se alguén molesta deberaselle descontar tempo para poder amortizalo ós demáis. Iso sería unha consecuencia lóxica, pero é irrealizable. Entón, búscase un substituto desta compensación, que ten dúas aprtes: unha é o castigo ó molesto, quitándolle dalgún xeito tempo do que disporía. Outra aprte consiste en algo que é equivalente á compensación moral do molestado, que non chega a ser unha compensación total pero que restitúe, senón o tempo da persoa, alomenos a consideración da mesma en relación ós seus propios dereitos.
Unha tontería calquera pode ser punible, e de fieto se molesta ós demáis debe quedal alomenos unha testemuña de que foi unha mala acción. Dese xeito estase avisando ó infractor e ó molestado de que esa acción no debe voltar a repetirse.

2008/01/03

Un paseo didáctico no campo da física





Publicado en Boletín das Ciencias - Enciga, ISSN:0214-7807, Dep. Legal LU-537-89, Ano III, nº8, dec.1990, pp.11-14

2008/01/02

Consideracións sobre a migración á e-aprendizaxe

Engado unha á terceira edición do Congreso ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade (2006):

Consideracións sobre a migración á e-aprendizaxe

0.Posta en escena

Aprendizaxe-e significa non só ensino a distancia. O seu significado abarca conceptos e métodos que incorporan diversas ferramentas que están na actualidade continuamente en mellora e / ou renovación. O seu uso é cada vez máis atractivo, mentres que a incorporación de entidades á xestión dun plan de aprendizaxe-e é tamén cada vez máis complicado.

Por iso, o plan de migración á aprendizaxe-e debe de levar consigo un contínuo cambio e desenvolvemento de ferramentas (tanto materiais como estructurales) e unha avaliación contínua do proxecto e dos cursos específicos fornecidos e/ou xestionados pola entidade.

Preséntanse a continuación algunhas consideracións esquemáticas sobre o tema.

1.Plan de migración.

Para a migración, o plan debe especificar en primeiro lugar os obxectivos.

1.1. Objectivos
Os objectivos contemplados poden ser diferentes dentro dun amplo espectro, e de forma natural, específicos para cada empresa ou administración pública. Con todo, a maioría pode ser clasificado como didáctico / formativos, ambiental (1) ou orzamentario.

1. Comezando por consideracións orzamentarias, o custo de implementación pode ser considerado alto en relación o mantemento dos cursos, pero as estimacións correspondentes varían moito dun proxecto a outro, e non pode considerarse unha liña xeral neste aspecto. Por exemplo, a elección dunha plataforma libre pode significar importantes aforros, pero as relacións con outros apartados non deben de ser deixados a parte. Non se trata de considerar só o costo total de operación de implementación, senón o mantemento ou a adaptación do persoal aos cambios, o mesmo que en calquera outro tema de implantación informática.
2. As consideracións ambientais no interior das empresas significan en xeral o mantemento dunha sinxela 'cultura empresarial' declarada ou non, e normalmente teñen máis importancia que as consideracións presupuestarias, pois implican derivacións sobre os fins do conxunto da empresa. Polo tanto, son básicas á hora de tomar decisións.
3. As consideracións didáctico / formativas son as máis prácticas das aquí clasificadas, e en xeral o telas en conta en lugar importante aforra tempo na implementación. Neste sentido, aprendizaxe-e pode significar unha mellora da aprendizaxe, sendo fundamentais as condicións de 'factibilidade' (2) ('feasability') e 'capacidade de ser disposto para a súa aprendizaxe por aprendizaxe-e' ('e-learningability').



1.2.Espectativas

As espectativas están relacionadas cos obxectivos. Entón, por que este párrafo? Porque unha vez especificados os obxectivos, as espectativas poden ser consideradas como 'obxectivos prácticos' que apunten a poñer de manifesto las as cousas reais que se contempla cambiar e as que non; en calquera caso, ambas expresións son unívocas no sentido expresado ou directamente deducibles unha da outra. Así, en diante, considerarei as espectativas como 'obxectivos tanxibles'.

1. Xa que logo, declarar como obxectivo principal aforros no orzamento de formación, illa e mina o propio valor das consideracións presupuestarias, e leva na maioría dos casos a unha mala implementación dunha solución aprendizaxe-e. Naturalmente, as espectativas nesta dirección poden (e deben) ser consideradas, pero como un aspecto secundario.
2. As consideracións ambientais son obrigatorias. Se unha compañía cambia, o principio didáctico de consideración de circunstancias previas e actuación en consideración a iso (3) é unha pedra angular a ter en conta. E iso implica a 'cultura de empresa'. Pode ser unha oportunidade para cambiala, tendo en conta as pertinentes necesidades específicas de análises.
3. Os obxectivos didáctico / formativos son a base. Que expectativas se crearon? A partir do uso de utilidades máis didácticas, podemos esperar dun xeito razoable un incremento do rendemento educativo. Por todo iso, a vía para comezar unha planificación pode ser:
Onde se consideran de forma illada os temas presupuestarios, condicionantes da realización xeral, pero secundarios no deseño.



[Obxectivos didactico/formativo]

Obxectivos didactico/formativo


1.3. Obrigacións

As obrigacións correspondentes a unha migración son 'trazables' e están relacionadas máis con expectativas que con obxectivos. E, neste párrafo, podemos separar de forma clara as financeiras e as demais. A dificultade estriba en sinalar as obrigacións culturais e didácticas envoltas.

2.Migración significa...

En cada empresa, escola ou administración pública, migración significará cousas diferentes, pero o importante é deixar claro que unha migración implica en xeral clarificar as circunstancias nas que se realizará en razón do método e a mentalidade, e posteriormente, integralas na planificación.

2.1.En canto ó método

O método pode variar, o que sucede continuamente cunha concepción de implicación de aparellos e programas cada vez máis sofisticados. E iso implica de forma consecuente unha formación previa da xente que deseñará, implementará e xestionará o cambio.

Aquí podemos considerar as figuras profesionais que intervirán no proceso, en particular alguén que fará as veces de Xefe do sistema de aprendizaxe-e (e-learning system leader). Outras figuras son máis facilmente subcontratables, como o xestor de proxectos de aprendizaxe-e (e-learning project manager) e / ou outras que representan para a entidade a opción de asumir todo o proceso de implementación ou non, como os expertos en e-autoría (expert in e-authoring) ou experto desarrollador de contidos avanzados para aprendizaxe-e (expert developper of advanced contents for e-learning), sempre usando os nomes adoitados polo proxecto HeLPS (4) para os perfís profesionais. O método refírese ó deseño do cambio, interno á organización considerada.

2.2.Mentalidade ou punto de vista.

Migración aquí significa só percepción de cambios cun punto de vista semellante desde o comezo ó final. Se a idea mental correspondente ós procedementos non cambia no proceso, iso indica en xeral que o enfoque non é o adecuado.

Unha imaxe para a súa mellor comprensión: se se está tomando fotos dunha cidade desde un avión, e a seguinte sesión de toma de fotos vai ser desenvolvida noutra cidade, é necesario cambiar a situación do aparello, pois pola contra non é posible facer o traballo. Este 'cambio de posición' é só un movemento, mentres que o método de traballo incorpora consideracións semellantes nunha e outra cidades, e polo tanto, serve a propia experiencia previa de toma aérea nunha cidade e a conciencia do cambio de posición.

De forma semellante, para considerar un 'novo' proceso de aprendizaxe-e, necesítase ter en consideración previa unha base intelectual, didáctica, cultural,... a propia experiencia en traballos de ensino anteriores e a consciencia que incorpora eses elementos con eles (como novas tecnoloxías, etc).

2.3.Plan de migración

Como resultado, podemos falar dun plan de migración. Buscamos integrar consideracións sobre o método e a mentalidad, polo que necesitamos un plan.

3.Deseño do plan

O deseño do plan pode variar, en particular por consideracións sobre a historia anterior de ensino da entidade. tomando unha mínima clasificación en relación ó momento de partida:

3.1.Entidades que non teñen unha experiencia previa en ensino.

Non é unha auténtica migración. É unha implementación totalmente nova, e non representa máis dificultade que a implementación dun sistema de ensino tradicional, aínda que haxa que tomar en conta aspectos máis técnicos e tecnolóxicos.

3.2.Entidades con experiencia previa en aprendizaxe tradicional.

Trátase dun caso típico, que con todo representa unha porcentaxe non demasiado alto das situacións, e en certa forma pode asimilarse en gran parte ao caso anterior, máis que ao seguinte.

3.3.Entidades con experiencia previa en aprendizaxe a distancia.

É posiblemente o caso que representa a maior porcentaxe de situacións entre as entidades que contemplan o seu paso á aprendizaxe-e, e o que representa un maior esforzo de cambio mental, por variación limitada das ideas de soporte.

Un comentario ó caso: fai varios meses, participei nunha confrontación sobre nomes, o nome que mellor puidese designar (en castelán) as características do que in inglés é coñecido como 'e-learning'. Non logamos un acordo e unha parte considerable da xente que interveu defendía o vello 'ensino a distancia', tratando de incluír nesa expresión a aprendizaxe-e non como unha subclase, senón como unha identificación.
Con iso indícase a dificultade de adaptación de vellos esquemas ás novas tecnologías, pois novos métodos necesitan novas expresións e en correspondencia, novos nomes que os designen.

4.Que aprendizaxe-e?

Hoxe, a aprendizaxe-e está nos seus comezos. Non importa que teña xa unha certa tradición, está sendo desenvolvido cara a estender as súas posibilidades en convivencia con estilos de aprendizaxe máis tradicionais á vez que trata de aproveitar novas posibilidades técnicas. Así, a educación non é divisible e nacen métodos como o blended learning, incorparando clases presenciales con outras virtuales e busca dos mellores resultados e adaptacións. É certo que ás veces a tecnoloxía pode verse envolvida nun ambiente de autosuficiencia que puidese empuxar a crer que asumir outros métodos crea problemas e que a tecnoloxía é a solución. Con todo, contemplando a situación con miras amplas, as novas técnicas, soportadas por novos aparellos e programas poden axudar a resolver problemas pero non todos, sendo aquí onde teñen aplicación conceptos como 'capacidade de ser aprendido' (learningability)

5.Procesos de Difusión e difusión do proceso.

5.1.Proceso de difusión

Para realizar unha migración, necesitamos un procedemento de difusión no interior da organización implicada. Non dispoñer de tal procedemento arrisca o resultado de todo o proceso.

5.2.Difusión do proceso

... e fai necesaria unha intervención de retroalimentación para interiorizar os novos procesos, para a súa validación, etc.

[1] Entendendo por tal tando as estrutura internas como as circunstancias externas á entidade e momento elixidos.
[2] Enténdase como a capacidade de que algo poida ser realizado.
[3] Consideración da célebre sentencia de David Ausubel, "atopa o que os estudantes saben e actúa en consecuencia"
[4] Ver, no relativo ó proxecto, http://www.helps-net.org/

2007/12/29

En torno dunha cea

artigo enviado para a súa publicación en Enciga.
En torno dunha cea
(Reflexións subxectivas)
- Nota: non se refire á última cea... -
Tratándose da revista de Enciga, cabe esperar que este artigo verse sobre, poñamos por caso, a física ou a química do xelado que serviron na cea do Congreso. Nembargantes, non é así.
Queda á benevolencia dos editores primeiro e dos lectores despois que consideren o artigo ou non, pero no seu momento fixen a proposta de que a revista servira para tratar tamén temas societarios, e intento levar adiante o que dixen.
Istas reflexións son subxectivas e non obxectivas porque non tratarei tanto de analizar as cousas dun xeito racional como sentimental. Así, aproveito para facelo tamén dunha forma desenfadada, seguramente diferente dos artigos que acompañn a este na publicación.
Corroborei nada máis chegar ó restaurante (como calquera outro asociado) que había ás 11:30 da noite unhas catro ou cinco veces máis persoas que hora e media antes na asamblea. Creo que non ten nada de raro que así sexa; polo menos, a asistencia á xunta non é anormal en relación ó que sucede noutras sociedades. Pero non deixa de chocar.
Congregar socios é diferente de agregar socios, e por suposto de agredir. O que tivemos o día 26 de novembro foi un congreso, non un “agreso”. No mesmo sentido que xuntar e sumar, congregar ten un significado abondo diferente de agregar. O primeiro é engadir, xuntar, mentres o segundo implica máis o sentido de anexar. En canto a congreso, trátase de reunir, congregar para deliberar, tratar cuestións previamente fixadas. No noso caso, sobre o ensino das ciencias, a aprendizaxe ou a asamblea anual. Fóra do programa, congreso tamén é ver a Miguel ou a Ramón, que facía moito tempo que non os vía e con quen teño charlas de todo tipo, incluídas as relacionadas con desenvolvemento da profesión (somos “profesores”, ¿non?). Inclúen o contarnos cousas, animarnos mutuamente (razón fundamental ista)... Para boa parte de nós, este “curriculum oculto” é o máis importante.
É dicir, nun congreso, nunha asociación, búscase máis resaltar os resultados en conxunto que os de cada un, ou os intereses particulares dun subconxunto ou sección.
Por eso, polo coñecemento entre os membros, lanzo unha nova proposta: que co boletín se actualice a lista de socios e todos teñamos á nosa disposición a forma de poñernos en contacto. Desque hai a lei de protección de datos, o facer eso sen permiso é ilegal, como me fixeron ver. ¿Hai inconvinte en poñer as direccións a disposións de tódolos membros? Eso é algo a decidir por cada un de nós.
Retomo outra xa feita na asamblea: Como non se pode decidir nas reunións sobre todo un ano nada máis que en liñas xerais, e hai veces que se consideran necesarias particularizacións, pode que un bó instrumento complementario fora o crear unha lista de correo sobre a sociedade, incluíndo, entre outros, ese tema. Claro que eu non podo ocuparme deles, e os pasaxeiros con dereito a remo (citado na reunión, en similitude con Asterix e Obelix) dame a impresión que xa teñen abondo. Está claro que de asamblea en asamblea non se conecta para cambiar as ideas nin formar directivas novas.
Por eso, tamén pode que sexa convinte o facer unha análise de calidade da avaliación, agora que están de moda as normas de calidade, e facer unha avaliación, co que antes teríamos que ver os obxectivos da mesma, escoller os criterios, ver os contidos, ... en fin, creo que de eso todos debemos saber algo, non só os da directiva, e como se poden facer aportacións ó longo de todo o proceso necesario de revisión, non hai disculpa para non participar. Ben, ¿Quen comeza?
E así pode seguir. Mellor que siga outro, que podo ser moi pelmazo.
Antonio Gregorio Montes.

2007/12/15

Para o eclipse de lúa do 8 de novembro de 2003


Escribín para a comarca un pequeno artigo que non foi publicado, segundo me dixero, por 'falta de espazo'. Xa non sei onde vai no ordenador, pero imprimino daquela e aquí está.

2007/12/02

Galiciencia...

Galiciencia...
No cambio de mes, catro alumnos de 2ºBT, José Manuel, Joaquín, Iván e Arturo, xunto con Antonio, pasaron tres días en Ourense expoñendo dous traballos orixinados na XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga: 'Auga e maicena, sólido ou líquido?', e 'A cantidade de sal na ría de Ribadeo'.
Lavaron un premio: foi a caseta máis concurrida da mostra. Pero non foi o único: ó premio dos visitantes houbo que engadirlles a viaxe e estancia de tres días en Ourense (podedes preguntarlles como o pasaron), o poder asistir a unha mostra científica onde había traballos premiados a nivel internacional, feitos por estudantes de secundaria convivindo con outros traballos con ideas xa patentadas, entre varias outras posibilidades. Pouco desto quedará nas crónicas en xeral, por eso estas letras (o premio non se fixo efectivo nos premios finais).
Ata aquí, unha historia dun éxito (aínda que non se acadara ningún dos dous premios efectivos a partir da votación dos visitantes e que recaeron en centros de Ourense como era relativemante previsible). Pero sería case mentir non engadir algunha cousa máis.
A primeira, que a posibilidade da viaxe ofrecéuselle primeiro que á xente de 2BT á de 1ºBT, e de xeito sorprendente, ninguén se animou á participación. O profesor correspondente, o mesmo que está a facer a crónica, quedouse confundido. Como é posible que nun grupo de xente ninguén (por unha ou outra razón) se anime a facer gratis unha viaxe como esta? Coido que antes de lean isto xa haberá xente que se teña arrepentido.
A segunda, que os traballos presentados non son os seus propios, senón os de outra xente: Joaquín, Adrián e David, alumnos que xa non están no centro (e que non sabiamos que podían ter ido aínda que non estiveran no centro...), e Jesús e Adrián (outro Adrián) que non quixeron ir. É dicir, que houbo unha complementareidade e colaboración en parte involuntaria pero que deixa ver ás claras que o estudo (e a vida) vai mellor se todos poñen un pouco de si
A terceira, púidose comparar que ás nosas investigacións e proxecto en xeral aínda lles queda abondo percorrido para igualarse (por termo medio) ó termo medio dunha exposición deste estilo. Non é unha bronca. É unha constatación e un acicate para facer as cousas pensando na investigación máis que na difusión. Na creación máis que na copia e reproducción, por interesantes que estas sexan (pero tendo conta tamén que ambas son necesarias, e en canto á difusión, si estamos a nivel).
Como comentario final, o manter visita tras visita o stand máis cheo que ningún outro, o atraer a prensa e televisión, non foi algo que xurdiu da nada, senón un traballo que aproveitou a circunstancia (o proxecto presentado) para sacar a tallada dunha pequena inmersión na ciencia a traverso dunha rareza. Algo que se conseguiu e no que amosaron ser maestros en particular José Manuel, pero tamén Joaquín, Iván e Arturo.
Como resume, non nos podemos perder a Galiciencia do próximo ano, e intentarase que a parte dos presentadores de proxectos, poda ir máis xente como excursión a un conxunto de actividades que ademáis da propia exposición incluía presentacións con títulos como a física imposible e a maxia da química, charlas demostrativas como a de Adolf Castel e concursos, pero onde o máis interesante foi ver a xente mesmo da ESO presentando traballos de relevancia científica feitos dende o principio por si mesmos.
... E faltaría o resume lúdico, con diversos compoñentes, pero eso mellor noutros foros.

2007/11/25

Reseña da Feira (da ciencia) de outono

Unha feira de ciencia en outono foi o título do post correspondente no blog do IES realtivo á Feira da Ciencia mantida en novembro. Copio e amplío un pouco o que alí puxen.
No IES estamos afeitos a celebrar unha feira da ciencia e tecnoloxía cada ano, arredor do mes de abril, a “feira de abril”. Este ano da ciencia 2007 que colle polo tanto dous cursos, o 2006/2007 e 2007/2008, por primeira volta, celebrouse asemade unha segunda feira: a feira de outono, dentro das actividades da Semana da Ciencia en Galicia (nov, do 5 ó 19, creo), patrocinada mediante Diverciencia pola Dir. Xeral de I + D + i da Xunta de Galicia (4798€).
Entre as cousas que houbo que facer como complemento á feira debido ó patrocinio estivo unha enquisa que, entre outros resultados, deu unha apreciación media de 8,4 sobre 10 á hora de valorar se gustou ós visitantes ou non (táboa ó final). En xeral, as valoracións foron positivas, como por exemplo no caso da organización, resaltando o aspecto de atención ós visitantes.
Pero non só de enquisas vive a feira. Quen estivo alí puido disfrutar e sobre todo comprender máis algúns fenómenos explicables pola ciencia. E aumentar o seu interese pola explicación das cousas, vendo que calquera cousiña pode ser explicable: só hai que procurarlle a explicación (cousa que moitas veces non é tan sinxela).
O montaxe da exposición e o desmontaxe foi rápido. Máis lenta foi a realización de cada unha das experiencias e construcións que alí se puideron ver. Aínda que nalgún caso pode parecer moi sinxelo (poñamos, a demostración da influencia da tensión superficial na auga soportable por unha moeda), leva traballo detrás de preparación, procura de información, e realización. O saber din que non ocupa lugar, pero alomenos necesita tempo.
... Haberá máis, pero non hoxe.




2007/11/17

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.