2006/07/29

Un pouco de fisica e Ribadeo

(Unha versión lixeiramente diferente deste post está en ribadeando.)
Onde se pode atopar eco en Ribadeo? Antes, o mellor sitio era Mirasol. Dende que se cubriu a zona norte, xa non. Pero se nos situamos no mirador cabo do faro da illa Pancha (ou na zona próxima, segundo o vento que haxa varía a zona idónea), entón poderemos obter unha resposta ós 2 s nas instalacións de Aromar. Os dous segundos saen de que ambos lugares atópanse aproximadamente á distancia que recorre o son no aire nun segundo.
Se se vai a esa zona pola noite, verase un espectáculo ó ver avanzar a proxección da luz do faro, por exemplo na costas cara á illa de Vilaselán. É curioso ver como avanza máisa apresa canto maís distante estea o sitio onde se proxecta a luz. Un fenómeno parello a escala moito maior fai que nalgunhas situacións pareza que a luz se propaga a unha velocidade maior que a chamada constante de propagación da luz no vacío, a máxima velocidade que se pode acadar.
En fin, outra cousa máis que vin hoxe en Ribadeo relativa á física: os avións que pasaban hoxe deixaban pouca traza, unha traza pouco persistente. Iso é debido a que o ambiente estaba seco e polo tanto, en vez de condensarse a auga explusada polo funcionamento do reactor, o que facía era difundirse máis ata desaparecer o rastro. É dicir, a máis sequedade en altura, menor rastro por haber menor condensación.
Para rematar, o gráfico de mareas destes días previsto para Ribadeo, obtido con wxtides, un programa gratuíto (licencia GNU, é dicir, algo así como 'fetén', libre, gratuíto e no que se pode argallar; pódese descargar en http://www.wxtide32.com/index.html) que da unha información abondo adecuada. A observar que no pantallazo, a hora é a hora legal española -horario de verán, e pódese usar en linux (Xtide) ou windows (o que aparece na imaxe neste caso), e como non se ve moi ben, que as bandas oscuras é a noite e as brancas, o día; as horas están marcadas de 0 a 23 e o centro do gráfico é esta noite.

2006/06/28

Selectividade. Felicidades a todos!

Dos corenta e nove estudantes presentados polos centros de ensino de Ribadeo á selectividade, só dous suspenderon, un en cada un dos IES. Do bacharelato tecnolóxico, ningún, aprobando a selectividade (contando as probas de aceso e as notas do bacharelato) cunha media próxima a 7, o que non está nada mal. Tamén en física a media foi de aprobado, aínda que máis baixo (conta neste caso só a nota de exame)...

2006/06/10

Medida de masas e volumes

XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
4 - 7 abril 2006

Título: Medida de masas e volumes

Autoría: Marcos Macedo fernández
Grupo: 3 E.S.O. B
Data entrega: 08/05/06
1.Introdución e Hipóteses.
Este traballo consiste na medida de masas e volumes acorde co aparello de medida utilizada.
2.Pequeno resume.
Este proxecto trata de cómo medir masas e volumes de sólidos e líquidos expresando os seus valores de medida cunha precisión acorde co aparello de medida utilizada, como por exemplo saber cal e a masa dun bloque ou saber tamén o seu volumen.
This project is about the measure of mass and volume in solids and fluids, with a great precissión.
3.Obxectivos.
O obxetivo deste proxecto consiste en conseguir o resultado dunha medición tan pereciso como sexa posible
4.Base teórica.
A masa mídese coa balanza.
O volume dun sólido irregular que sexa pequeno e non se disolva nun líquido coma a auga, mídese por inmersión, calculando o volume de auga que despraza.
O valor dos datos experimentais debe expresarse coa precisión propia do aparello de medida.
5.Traballo.
Masas: para medir a masa e necesario dispoñer dunha balanza e medir directamente.
Por exemplo, para medir un bloque temos que expresar a sua contidade aproximada: entre 48,9 e 49,1 g. Para medir a area primeiro temos que medir o recipiente vacío no que se bota, despois coa area e logo restar as dúas cantidades e así nos daría a masa dun puñado de area.
Volumes: O volume mídese coa probeta e con auga. Por exemplo para medir un bloque de aluminio primeiro medimos a auga e despois medimos o bloque coa auga, a continuación restamos as dúas cantidades e así obtemos o volume dun bloque.

6.Distribución.
Febreiro 06: Entrega do traballo feito e idea do que se ía expoñer.
Marzo 06: Últimos retoques. Entrega o día 8 de marzo.
7.Materiais e Orzamento.
Trozo de cartolina 2€
Probeta prestada
Tornillo aproveitado
8.Descrición.
Neste proxecto preténdese ensinar como se pode medir a masa e o volume de alguns obxetos e con que aparellos se pode realizar
9.Material.
Cartolina presentada
10.Conclusións.
Neste proxecto ensínase a medición de certos obxetos para saber a masa e o volume
11.Outros.

Mira que xabon mais bonito

XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
4 - 7 abril 2006

Título:Mira que xabon mais bonito

Autoría: Sagrario Fernández Saavedra
Grupo: 3ºESO.A
Data entrega: 08/05/2006
1.Introdución e Hipóteses.
A idea saiu porque o profesor mandounos facer un traballo para a Feira da Ciencia e mandounos elexir un, o que quixéramos. E eu elexín este porque me gusta.
2.Pequeno resume.
O meu proxecto ensinanos a fabricar xabón mediante unha disolución de auga e sal e outra de sosa caústica e auga, bótase o aceite usado e reméxese durante 15 minutos.


3.Obxectivos.
Pretendo que a xente que vexa o proxecto aprenda a facelo e lles guste velo, pero que sobre todo disfruten ó facelo na casa.
4.Base teórica.
Os coñecementos da avoa.
5.Traballo.
Co traballo apréndese como se fai o xabón, mediante unha disolución de sosa caústica e auga e outra de auga e sal. En cada unha hai que botar: 0,1litros de auga e 0.1 litros de sosa ou sal. A continuación bótase o aceite usado e reméxese durante 10 ou 15 minutos. Bótase nun molde rectangular e déixase repousar durante 2 ou 3 días e xa temos o xabón feito.
6.Distribución.

Marzo 06: Últimos retoques. Entrega o día 30 de marzo.
7.Materiais e Orzamento.
Sosa caústica Comprada
Aceite usado Aproveitado da casa
Auga Do grifo
8.Descrición.
Na feira explicouse como se facia coas propias palabras; a todos o mesmo pero de diferentes xeitos.
9.Material.
Na cartulina púxose como se facia o xabón e os pasos que había que seguir para facelo, así como os materias necesarios.
10.Conclusións.
O traballo gustou moito facelo: 'foi moi divertido aprender a facelo porque non sabia'. Á xente tamén lles gustou porque aprenderon como se facía antes.
11.Outros.

2006/05/26

Foto


Aquí vai unha foto dun grupo de 2ºESO (2005-2006), o grupo que está a facer blogs (púxose quen quixo...)

2006/04/13

Fotos da XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía

En espera de ter o CD coas fotos da feira, aquí hai unhas cantas. Asemade, aquí hai unha presentación xeral da feira, a parte das páxinas do IES adicadas á feria ou os comentarios en ribadeando e os máis vellos deste blog ou dos pensamentos do 'Recuncho da lectura'

2006/04/01

Un par de artigos sobre a feira. II: Feiras e inventiva

Feiras e inventiva

A historia das feiras na nosa terra está a sufrir grandes cambios. Dende as antigas (aínda existentes) e tradicionais feiras, mercados, feiróns, pasando polas feiras "de mostras" ou as temáticas (do mar, do queixo, do viño ... ), vanse configurando novos tipos de feiras. A derradeira, a feira de ciencia, aínda en mantiñas. Neste proceso manifestase unha evolución social e cultural.

Un pouco máis polo miúdo, pódese observar que os mercados que se fan certos días (á semana, ó mes, ó ano ... ) ó longo da nosa xeografla, nacen da necesidade de abastecemento, de intercambio, de comunicación.

Hai lugares tamén onde certas festas se denominan feiras. Lembremos a feira de abril de Sevilla. Chámanse tamén así en Valladolid, e en lugares máis achegados, aínda que menos chamativos. Os intercambios e movemento de cartos deron lugar á animación, e polo tanto, á festa. As nosas feiras, en xeral moito máis modestas que as citadas, fóra das grandes vías de comercio de hai tempo (e da actualidade), tamén tiñan e aínda teñen algo de festivo, de día extraordinario, polos mesmos motivos.

0 aumento, a mellora, a actual rapidez nas comunicacións, fan máis fácil o intercambio, e as feiras caen. Feiras grandes, que duraban dende o mencer ata o atardecer ou a noitiña, resólvense agora "de nove a unha ou dúas". 0 traslado de xente a pé ou carro é agora sustituido con ventaxa polo uso do coche particular. Aumenta a comodidade e redúcese o tempo de viaxe fortemente, tantas veces (ou aínda menos) como pode aumentar o número de viaxes ó pobo que acollía a feira ou a outros máis importantes e lonxanos.

0 desparramarse as novidades das feiras ó diario, algunhas novidades que requiren moita xente por ser de pouca venda, ou por buscar mercados, ou outros motivos, fan que nazcan as feiras de mostras. Na nosa terra, lembro como primeira feira deste tipo a Feria de Muestras del Noroeste, no Ferrol.

Tamén foi esmorecendo esta clase de feira, deixando sitio ás de tipo temático, máis pequenas pero máis especializadas. A súa especialización as fai máis interesantes para os novos profesionais, menos xeralistas a medida que pasa o tempo, e tamén ós aleccionados. Son feiras que atenden as novas necesidades de mercado, pero tamén de coñecementos novos, cada un no seu interese.

0 intercambio xa se acabou coas de mostras: as feiras prodúcense cunha dirección preferente, de quen amosa a quen mira. Ademais, as ventas no propio lugar da feira van sendo menos interesantes relativamente. Polo contrario, gaña importancia a mera exposición do producto, o chamar a atención dos posibles clientes / interesados / curiosos que difundan o producto e a súa necesidade cara ó futuro. Os bens xa non se trocan ó instante, xa non son agrícolas, gandeiros ou útiles de primeira necesidade. Son cousas que necesitan ser coñecidas para crear a súa propia necesidade. As ventas, o comercio, veñen máis tarde.

Nas feiras séguense así os pasos da propia evolución da producción e a comunicación: de productos agrícolas a industriais; logo, os servicios, e dentro destos, os propios do coñecemento ou comunicación. Nestos pasos, as formas cambiaron. 0 mesmo pasa nas feiras, e é de esperar que siga pasando, transformándose cada vez máis. Por eso non deixa de ser bo indicio respecto ó futuro da comarca que aquí xurda un novo tipo de feira que xa non ten que ver coa venta, senon co coñecemento, co saber facer cousas, coa preparación da nosa xente nova para o futuro que lles ven encima.

As feiras de ciencia pouco teñen que ver cos antigos mercados. Están volcadas non cara ó inmediato, ás necesidades máis perentorias, senon cara ó futuro, buscándoo antes de que chegue para estar preparados. Aínda así, penso que comparten coa vella idea de feira algunhas cousas que agora as tradicionais xa non ofrecen. A posibilidade de comunicación, de ver novidades, de prepararse para o mañá (ou menor, neste caso, pasado mañá), cúmprenas. Tampouco se venden productos tanxibles, senon que se amosan as propias obras e coñecementos: véndese imaxe.

O feito de levar a dianteira respecto a outras zonas viciñas ou non tan viciñas da unha ventaxa clara, a da orixinalidade. E que son un éxito está á vista: calquera que vexa a pioneira deste tipo de feiras nesta terra, a que ten lugar nestas datas primaverais no Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, pode estar seguro de que a idea está feita para perdurar. Para ser a primeira de outras que virán despois, que xa están vindo. Unha transformación cara ó futuro, para aproveitalo e non ir tras del.
Tomado de o meu blog sobre Ribadeo

Un par de artigos sobre a feira. I: A ciencia na casa

A feira está a punto de comezar. Un par de artigos xa vellos (anos 97 e 989 poden axudar a ver as cousas en perspectiva:

A ciencia, na casa

En toda sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar.

Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou accións que alí se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noción física de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, en Ribadeo estase a preparar a IV edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía, que estará volcada de xeito preferente a aplicacións da ciencia no fogar, ou, correlativamente, ó estudio cunha visión científica de compoñentes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, trátase de achegar a ciencia que nos atopamos por dondequeira que miremos á realidade de tódolos días, esta vez meténdose polos resquicios que deixa a nosa propia porta. ¿Como?. Na ciencia, nos seus diversos aspectos, case todo é posible. Entremos mentalmente nunha casa; podemos comprobalo.

Ó empuxar a porta notaremos que tendemos a empuxala pola pechadura, que queda na beira oposta ás bisagras. A razón é que nos resulta moito máis sinxelo porque así o momento da forza exercida, digamos o rendemento dese esforzo que facemos para abrir, é maior. Pola mesma razón a pechadura se coloca dese lado e non do outro. Non creo que faga falla experimentar moito para comprobar que da beira do eixe de xiro sería inútil...

Se entramos na casa, atoparemos con abonda probabilidade cun corredor sen luz natural. É a luz proporcionada por cargas eléctricas ó pasar un fiamento fino ou polo interior dun tubo con gas o que fai posible ese milagre que foi domesticado no pasado século. ¡Anda que non lles deu traballo á xente de ciencia, enxeñeiros e demais chegar ó estado actual de desenvolvemento das fontes de luz artificiais!.

Sen abandoa-lo corredor, é posible que podamos ver algún radiador da calefacción, un elemento visible no fogar que manifesta todo un sistema de aproveitamento térmico no que poden intervir dende reaccións químicas co queimado do combustible ata xogos de densidades, pasando por diversas formas dos tres xeitos de trasmiti-la calor que se estudian na escola.

Se entramos na cociña, observaremos un completo laboratorio. Aí prodúcense reaccións químicas varias veces ó día, que eso é o cociñado dos alimentos. ¡Anda que non da que explicar o sinxelo fritido dun ovo!. Tamén aí podemos amosar a rotación da terra vendo como desauga o fregadeiro, a partir dunha consecuencia das leis da mecánica cun nome tan raro como efecto Coriolis. Naturalmente, ese mesmo efecto no desaugue tamén se pode ver no baño, por exemplo.

Non se esgota así, nin moito menos, o que se pode observa na cociña. O frigorífico aporta no seu haber todo un catálogo para o estudio das leis que rexen a materia, así como para o intercambio da calor. O funcionamento deste aparello tamén conta coa dinámica dos cambios químicos, aproveitando o principio coñecido polos estudiantes de medias de que a velocidade dunha reacción depende en xeral da temperatura; neste caso, o enfriamento dos alimentos ralentiza a súa descomposición.

No mesmo recinto podemos ver cambios de estado, como de líquido a sólido (de igual xeito no conxelador) ou de líquido a gas (cando ferve a auga), e viceversa. Tamén é na cociña onde se manifestan os diferentes calores específicos para distintas sustancias (mira por exemplo o que tardan en quencer o aceite e a auga), ou a posibilidade de estudia-las correntes de convección no interior dun recipiente con auga a ferver. Ou descubrir, pola condensación, os puntos por onde se pode fuga-la calor da casa. Todos sentimos tamén como se transmite a calor a través dos cubertos cando temos comida quente no prato. E observamos a relación entre temperatura de fervenza e presión, o que aproveitamos para facer máis rápido a comida co uso das olas a presión.

Se hai algún pequeno ou pequena na casa, haberá unha cadeira especial para que coma. A mesiña particular que incorpora aproveita a gravidade para asegurar unha boa base para posa-lo recipiente e, ó tempo, manter á meniña ou meniño sentados sen problemas de vixiancia.

Imos deixa-la cociña. Eso, aínda que faltan moitas cousas de reseñar nela, como a extendida moda do uso de imáns para suxeitar notas no frigo ou a manía da nosa época de querer domina-lo tempo medíndoo, que a bó seguro terá a súa correspondencia co reloxio na parede, o aparello de medida máis integrado nunha vivenda.

A cociña comparte a posibilidade de albergar diversos elementos tecnolóxicos con outros ocos da casa, como o servicio ou o comedor e a sá de estar. Por exemplo, os fluídos e as súas leis están ó alcance de calquera nun grifo do baño. Alí podemos comprobar a ecuación de continuidade, observando que chorro de auga que sae da chave diminúe o seu grosor a medida que vai baixando e aumentando a velocidade. Cando unha cousa caia o chan, ou mediante o mesmo chorro de auga, podemos observa-la aceleración que produce a gravidade, e en xeral os efectos desta. ¿O tiro parabólico?. Iste coñecido e estudiado tipo de movemento lévao a auga que cae cando nos estamos a duchar, por exemplo.

O baño é tamén un lugar apropiado para a óptica. Alí podemos ve-la nosa imaxe reflexada no espello, e con ela, iniciarnos nas leis da reflexión. É curioso, se se ten un armario con porta espellada, ver como ó move-la porta un ángulo determinado e nós seguir a mirar cara a mesma dirección, observamos un movemento de cousas que abarca un ángulo doble do que fai o espello. O outro gran fenómeno que se estudia en relación á luz nas aulas no ensino medio é a refracción. Un pouco de auga nun vaso de vidro e o mirar a través das superficies do mesmo poden dar para todo un curso de óptica.

No baño está tamén moitas veces a lavadora. Nela pódense estudiar dende as forzas de inercia (¡cántas voltas hai que darlle á forza centrífuga nas aulas!) ás reaccións químicas de intercambio relacionadas coa limpeza por medio de xabón e deterxentes.

Tódolos fenómenos anteriores, e moitos máis, poden ampliarse a outros elementos correntes nos fogares, que non caiba a menor dúbida, ou aínda sinxelamente ós nosos propios movementos e xeitos de face-las cousas. O balanceo dun cabalo de xoguete da idea da actuación da gravide nun tipo de péndulo nada sinxelo, e, !a cantidade de elementos como parafusos que se poden observar e que constitúen (neste caso) exemplos de planos inclinados, unha máquina elemental!. Todo elo, sen recurrir a complicadas montaxes como o televisor. Ou a pequenos adornos e xogos de base científica que pululan polas casas, como o conxunto de péndulos que Baltasar me deixou a noite do pasado día cinco de xaneiro e que, ó tempo que adornan, teñen moitas, moitas, variacións para xogar con eles mentras se estudian as leis dos choques e o propio funcionamento do péndulo.
(tomado de o meu blog sobre Ribadeo)

2006/03/31

Feira da Ciencia (II)

PROGRAMA DE VISITAS

DIA
HORA
CENTRO
Nº DE ALUMNADO
5 de abril
9:30 h
Colexio Sagrado Corazón de Jesús (Ribadeo)
35 (3º ESO)
10:30 h
CP Jovellanos (Vegadeo)
70 (5º e 6º Primaria)
12 h


13 h
IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo)
60 (1º e 2º ESO)
15:30
CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo)
45 (6º Primaria)
6 de abril
9:30 h


10:30 h
CEIP O Cantel (Foz)
41 (5º e 6º Primaria)
12 h
Colexio Sagrado Corazón de Jesús (Ribadeo)
40 (2º ESO)
13 h
IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo)
45 (3º e 4º ESO)
15:30
CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo)
35 (6º Primaria)
7 de abril
9:30 h


10:30 h

CEIP Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)
IES Monte Castelo (Burela)

41 (5º e 6º Primaria)
15 (4º ESO)

12 h


13 h



E este ano, participa na rede europea Hands on Science.

Feira da ciencia






Adxunto, copia do que está na web do IES, documentos sobre a feira: cartel, listado de proxetos, visitas programadas (como non colle todo nunha entrada, irá en dúas) ...

2006/03/24

Ribadeo: Enderezos de Blog de xentede 2ºESO

Velaeiquí as úlyimas creacións dos alumnos de 2ºESO en informática (edstán en fase de probas...)
tarxetaporpartido
futbolsanmiguel
gishbcn
meuscompa
TarxetaDavid.blogspot.com
ribadeo2006
clauw
albarod21
e falta un...

2006/02/20

Proxectos de 3ªESOAE para a feira 2006

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto1: A carga eléctrica, ten signo?

Alumnado responsable: Lucía Díaz Rego

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Amosar que calquera material caqrgado eléctricamente pode ter diferentes cargas e signo, segundo con que material se produza un rozamento.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto2: Aplica o electroimán e mira

Alumnado responsable: Paula Dorado Rocha

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Explicar o funcionamento dun timbre, uso e construcción.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto3: Escapan os ácidos!

Alumnado responsable: Mónica Expósito Dorado

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Estudar aneutralización dos ácidos, como vinagre ou zume de limón.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto4: Mira que xabón máis bonito

Alumnado responsable: Sagrario Fernández Saavedra

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Ver e aprender a facer o xabón, con materiais como a sosa cáustica, amosando asemade o uso dos productos e a súa perigosidade.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto5: Disolve que algo queda

Alumnado responsable: Jorge García Gasalla

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Mostra de preparación de disolucións.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto6: Enerxía no aire

Alumnado responsable: David García López

Curso: 3ºESOA

Obxectivo: Amosar o aproveitamento da enerxía eólica cunha sinxela hélice

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto7: Medida de masas e volumes

Alumnado responsable: Marcos Macedo Fernández

Curso: 3ºESOB

Obxectivo: Medición e expresión correcta das medidas de masas e volumes de sólidos e líquidos.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto8: Propiedades do enlace químico

Alumnado responsable: Thais Pérez Fernández

Curso: 3ºESOB

Obxectivo: Deducción do tipo de enlace dalgunhas substancias a partir das súas propiedades.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto9: Pois non é o mesmo

Alumnado responsable: Anxo rodríguez Lorigados

Curso: 3ºESOB

Obxectivo: Diferenciar entre mestura e combinación química a traverso dun experimento.

Departamento: Física e Química

Nome do Proxecto10: Comparación de substancias en distintas disolucións

Alumnado responsable: Alejandro Villaveirán Fernández

Curso: 3ºESOB

Obxectivo: Manifestar a relación entre posibilidade de disolución e temperatura, empregando azucre e auga a diferentes temperaturas.

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.