No XXXVI Congreso de Enciga tivo lugar a presentación da ponencia 'Deseño dunha semana de ciencia nun IES', presentada por Sandra Parada Nogueiras e Verónica Simón Otero. Como dende o comezo vin interesante o tema, relacionado coas feiras de ciencia, gravei un vídeo. Está sen editar e ten mala calidade de realización, pero coido que transmite ben o que foi. Unha introdución pode acharse un pouco máis en baixo, o resume enviado ó Congreso.
2023/11/24
Sobre a semana da ciencia en Salvaterra de Miño
2023/11/05
Lembranza do antigo instituto
Non sei o ano exacto, pero esta foto do antigo IES Rodríguez de Valcarcel de Ribadeo ten xa uns cantos (ó mellor daquela xa deixara de usarse ese nome...)
2023/11/04
As mulleres que nos levaron á Lúa
Hai algún tempo pasou por diante dos meus ollos a exposición da que remato de retrovar as fotos. coido que é aproveitable. Aquí queda:
2023/08/10
Baixo o Sol
![]() |
| 47,4 ºC, foto de Pancho Campos |
Dez de agosto. O sol quenta. Recibo unhas fotos de Pancho Campos nunha serie de quecemento dun termómetro dixita posto ó Sol. 47º C en Ribadeo. É ó Sol, o máximo no día, pero non por iso deixa de ser moito. Para Ribadeo ou para outro lugar. A gráfica resultante é:
2023/07/06
A estrela Rosalía de Castro e o planeta Río Sar
Se miras nas páxinas da Unión Astronómica Internacional, a máis do asteroide Rosalía (podes 'velo' evolucionar aquí e obter todos os seus datos astronómicos aquí) poderás atopar https://www.iau.org/public/themes/naming_exoplanets/, (hai unha versión en portugués ou en castelán, pero hai dificultade para facer a ligazón correspondente) onde nunha lista verás, despois dunha introdución explicativa, o seguinte:
List of Exoplanet Names
| Object Type | Astronomical Designation | Approved Name | Citation | Proposer | World Region |
| Planet | HD 149143 b | Riosar | Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro. | IAU100 NameExoWorlds | Spain |
É dicir, existe un planeta chamado internacionalmente Río Sar ('Riosar') que xira arredor da Estrela Rosalía de Castro. Chamado así dende 2019, a información é maior se se descarga unha folla de cálculo (https://www.nameexoworlds.iau.org/_files/ugd/6358ac_f8290c984e9a47b1bba9e6c31d9ff48c.xlsx?dn=NameExoWorlds%20fulltable.xlsx), na que aparece:
Spain
Rosaliadecastro
Rosalia de Castro was a significant figure of Galician culture and prominent Spanish writer, whose pioneeting work often referenced the night and celestial objects.
Riosar
Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.
Names and places associated with the writing and life of Galician and Spanish writer Rosalía de Castro (1837–1885).
HD 149143
HD 149143 b
Ophiuchus
yellow
dwarf
http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-basic?Ident=HD+149143
O que, facendo a interpretación, di que a estrela chamada Rosalía de Castro, que aparece no catálogo estelar como HD 149143 (é dicir, do catálogo Henry Draper, a nº 149143), ten un planeta, HD 149143 b, que corresponde co nome internacional de Río Sar. A estrela é unha anana amarela situada na constelación de Ofiúco. A ligazón corresponde a outra base datos. Na ligazón de nameexowotlds citada detállanse asemade os avistamentos, que son moitos.
En relación a quen é Rosalía e o río Sar, coido que non paga a pena máis detemento por moi coñecidos. De calquera xeito, aí quedan as ligazóns á Galipedia.
2023/07/01
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía.
Polos cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os (poucos) rexistros derivados deles que se gardan na AEMET, todo parecía indicar que o establecemento da estación mereorolóxica que se montou como aliada da investigación e transmisión de coñecementos que alí se facía, databa do último terzo dos anos vinte do século pasado. Mais, nas 'Riberas del Eo', nos poucos exemplares que se conservan na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo do tempo no que foi director Enrique Suárez Couto, aparecen insercións semanais de datos meteorolóxicos recollidos nas instalacións. Insercións que, en épocas posteriores ó seu pasamento, desaparecen do semanario e da escea de documentos a disposición ata o primeiro caderno mensual de toma de datos que se conserva na Pedro Murias, correspondente a novembro de 1927. Hai que lembrar que Suárez Couto foi o primeiro director, exercendo ata o seu pasamento, sendo explicable a toma de datos meteorolóxicos polo seu interese no progreso gandeiro e agrícola da nosa terra. un interese que se recollería de novo xa a finais da década.
As
táboas de ventos, correspondentes a anemómetro e veleta, que aparecen
nas primeiras táboas, desaparecen nas últimas, indicando unha vontade de
incluílos que desapareceu máis adiante por motivo descoñecido.
2023/06/30
O futuro no mar
![]() |
| Foto da ESA, tomada de https://www.esa.int/ESA_Multimedia/Images/2023/06/Earth_from_Space_Southwest_Netherlands (CC BY SA 4.0) |
Pode ser unha afirmación. É unha pregunta. A imaxe de arriba, a zona sur oeste dos Países Baixos e o Mar do Norte que enfronta, abrangue uns 150 km no sentido horizontal. Nela pódense advertir dende os peiraos de Rotterdam, os maiores de Europa, cara arriba e á dereita, ós barcos no mar. Mais tamén, se nos fixamos, unha formacion estrana de puntos no mar, ordeadiños na parte inferior esquerda da imaxe. Que é? un 'campo' de xeradores eólicos abondo maior que a extensión do concello de Ribadeo, un concello de tipo mediano de Galicia. Coa actual polémica pola prantación abusiva de eólicos no noso mar ou na nosa terra, algo a ter en conta e a estudar.
2023/06/15
Está en marcha: Feira da Ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Hoxe xoves e mañá venres está tendo lugar, polas mañás, a feira da ciencia deste 2023 en Ribadeo, a XXVIII edición. Querendo só animar á visita, deixo o cartel e a relación de traballos presentados, así como fotografía 'en bruto' de boa parte da cartelería, incluído un vídeo.
2023/06/13
Feira da Ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Remato de recibir o cartel da feira da Ciencia de Ribadeo deste ano, a 28 edición. Anímaste?
2023/06/04
A Lúa en Ribadeo
Non me fixara en que a Lúa remata de pasar pola fase de chea. Unha foto de Suso Fernández, tomada dende Ribadeo, ven de lembrarmo. Déixoa recortada:
A Lúa chea foi esta madrugada de 4 de xuño ás 5;42 horario de verán (UTC+2).2023/05/13
O IES de Ribadeo e a Ciencia na Rúa. Susi Besteiro
Un ano máis, e xa van 27, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou no
Día da Ciencia na Rúa celebrado o pasado sábado 6 de maio na Coruña. Aló
fomos pasar o día un total de 31 alumnas e alumnos de 1º, 2º e 4º ESO
acompañados por Andrés Rodríguez, Beatriz González e Susi Besteiro para
presentar traballos realizados no Club de Ciencia e na materia de
Proxecto Competencial.
Nesta edición o noso alumnado explicou
moitos e variados proxectos que chamaron a atención do numeroso público.
Os máis pequenos levaban réplicas caseiras dunha fonte infinita, “A
fonte de Herón”, e da “Copa de Arquímedes” coa que o científico trataba
de ensinarlles aos alumnos a importancia da mesura. Tamén amosaban o
proceso de extración do fío de seda no traballo “Da eiruga ao fío”, o
comportamento dun “Globo non newtoniano” e unha mostra dos rodolitos
procedentes da “Praia das Palomitas” de Fuerteventura, que aínda que
parezan comestibles son estruturas calcáreas formadas por algas.
Os
medianos cautivaron aos visitantes co “Proxector Holográfico”, unha
estrutura feita con metacrilato que permite transformar vídeos dun
smartphone ou tablet en hologramas 3D e co “Hotel de insectos” con
aposentos de madeiras, pedriñas e pallas. Asimismo, ensináronlles a
moitos nenos e nenas a construir “A Ponte da Vinci”, unha ponte
autoportante que se suxeita co seu propio peso.
Por último, os
grandes foron os encargados de explicar a importancia do centro de
gravidade co “Paradoxo mecánico”, un artiluxio que parece desafiar as
leis da gravidade xa que sobre el, aínda que pareza mentira, un simple
bicono fabricado con dous funís de plástico “sobe baixando” ou “cae
cara arriba”. Tamén explicaban a importancia do pH e para medir o grao
de acidez e levaban feita unha “Escala caseira de pH” co líquido
resultante de cocer col lombarda e amosaron a viraxe de cor que
experimentaba o papel indicador tamén elaborado por eles, ao engadirlle
produtos de uso común, como vinagre, bicarbonato, leite, deterxente ou
lixivia. Finalmente co traballo titulado “A cor das hortensias”
relacionaban a cor das flores destas plantas co pH do solo, canto máis
ácido, máis azuis e canto máis básico, máis rosas.
Queremos felicitar
ao noso alumnado por dedicar este día á ciencia: divulgando os
traballos propios e aprendendo dos que levaban os outros participantes.
Agora só queda expoñelos na propia casa ao remate do curso, na que vai
ser o XXVIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Ribadeo Dionisio Gamallo e que se celebrará os vindeiros 16 e 17 de xuño. Estades
invitados!
(Primeiro publicado, sen ligazóns, en https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1143)
2023/05/09
Enxeñeiras e enxeñeiros no Club de Ciencia IES Ribadeo
O Club de Ciencia do IES Ribadeo seguiu traballando con afán durante o
segundo trimestre. Houbo moita asistencia, algunha nova incorporación e
saíron adiante moitas e variadas actividades.
Comezamos o ano
facéndolle funcionar a unha calculadora cunhas pilas elaboradas con un
limón e moedas de cobre, feito que deixaba a boa parte do alumnado algo
incrédulo. Tamén fixemos a extracción do ADN de fresa e das propias
células bucais, algunhas erupcións volcánicas xogando coa química e ata
unha escala caseira medidora do ph con extracto de col lombarda.
De todas formas, o maior número de sesións tiveron como finalidade
preparar aos nosos alumnos e alumnas para participar na olimpíada da
Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña. Para iso,
tiveron que aprender a facer seis tipos de probas. A primeira, de
enxeñería de construción, consistía en facer un Arco de dovelas con 15
pezas en forma de cuña dispostas radialmente que se manteñen sen ningún
cementante. A de enxeñería de estruturas tiña por obxecto facer unha
ponte autosustentable con taboleiros. Foi ideada por Leonardo Da Vinci e
tal e como indica o seu nome mantense polo propio peso dos seus
elementos, sen cravos nin parafusos. Para superar a proba de enxeñería
hidráulica, experimentaron en que orde debían poñer a arxila e as
pedriñas para facer unha presa e minimizar o paso da auga a través dela.
A parte de enxeñería gráfica consistía en facer quebracabezas de gran
tamaño con imaxes de obras, para superar a proba de loxística eficiente
debían transportar o máximo número de contedores a catro lugares
distintos no menor tempo posible e finalmente, na última proba titulada
“Xogando a ser enxeñeiro”, o alumnado tiña que superar o máximo número
de desafíos cun videoxogo de construción de pontes.
Aínda que
participaron 15 alumnas e alumnos, todo o alumnado do club aprendeu a
facer tódalas probas, algunhas a pequena escala, coma o arco de dovelas,
a ponte autosustentable ou a presa e sempre tratando de mellorar os
tempos.
A olimpíada realizouse pola mañá e estiveron acompañados
por Andrés Rodríguez e Leticia Fernández, profesores de Física e Química
e por Javier Rodríguez, profesor de Tecnoloxía. Mentres eles
practicaban a enxeñería, o alumnado de 1º Bach de ciencias visitou o
museo Muncyt con Ramón Díaz, xefe do departamento de física e química.
Despois de xantar todos xuntos, aproveitaron para visitar a fábrica de
cervexa Estrella de Galicia. Viron a infraestrutura que lles permite
envasar 55 000 botellas por hora, tiveron a oportunidade de degustar
mosto, de probar cebada, lúpulo e malta e tamén visitaron o museo no
que está exposto o Ferrari de Fórmula 1 que usou Carlos Sainz no 2019.
O día non puido estar máis aproveitado. Ademais o noso alumnado de 1º e
2º ESO, deixou a Ribadeo en moi boa posición e sobre todo desfrutou
participando e aprendendo polo que lles damos a NORABOA!
(Esta entrada foi publicada en primeiro lugar, sen ligazóns, polo blog do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1141)
Física e Química en Ribadeo _
Arquivo do blog
Buscar neste/dende este blogue
Galipedia
Etiquetas
tradutor
Lista de blogs con relación (e algún meu)
-
Competicións chinesas - Competicións chinesas Venme o título á cabeza con motivo do 7 de setembro. Ese día (onte) coincidiron en Ribadeo os tradicionais ‘fogos do sete’, á mediano...Hai unha semana
-
A unha semana da Feira da Ciencia de Ribadeo - Un ano máis (e van 31 edicións), achégase a Feira da Ciencia de Ribadeo. Iso, unha feira montada arredor da ciencia. Despois de comezar no século pasado, f...Hai 3 meses
-
Un comentario arredor da XXX Feira da Ciencia de Ribadeo - Un comentario arredor da XXX Feira da Ciencia de Ribadeo Un ano máis, a Feira da ciencia inundou non só o edificio do IES de Ribadeo Dionisio Gamall...Hai un ano
-
¿Qué lotes ordenadores segunda mano 2024 puedo comprar? - ¡Prepárate para descubrir las joyas tecnológicas de 2024! Entre las opciones de lotes de ordenadores de segunda mano puedes considerar...Hai 2 anos
-
-
-
Acerca de los resultados de BICEP2 sobre la inflación del universo - El experimento BICEP2 que se lleva a cabo en el polo sur revolucionó ayer el mundo físico con la conferencia llevada a cabo en Harvard. Podemos leer la not...Hai 12 anos
-
Cuarto cumpleaños del Carnaval de la Física - ¡Bienvenidos otra vez a Gravedad Cero! Es un honor para mí escribir este post porque hoy celebramos el cuarto cumpleaños del Carnaval de la Física, una ave...Hai 12 anos
-
Polémica observación de iones pesados en un chorro relativista - Los agujeros negros con disco de acreción emiten chorros relativistas, tanto en sistemas binarios de masa estelar como en el centro de las galaxias. Sabemo...Hai 12 anos
-
Ligazóns
- Wiki sobre Feiras de Ciencia
- Ribadeo, ribadeando
- Exames e repositorio de apuntes de Física e Química
- Tentando Educar
- Páxinas da Feira da Ciencia e tecnoloxía no IES Porta da Auga de Ribadeo
- Páxinas do Departamento de Física e Química do IES Porta da Auga, Ribadeo
- Proxecto Gutenberg
- Sector matemática
- Libros maravillosos
- Web de libros gratis
- Libros de divulgación científica
- E-books directory
- Planeta libro
- Literature.org
- Que de libros?
- Bibliotheka
- Librodot
- Directory of Open Access Journals
- Nature
- PLoS (Public Library on Science)
- Biblioteca dixita ciencia - México
- PLoS One
- Ebooks gratis
- Proxecto Gutenberg
- Libros de divulgación científica
- Biblioteca dixita ciencia - México
- Ebooks gratis
- Scribd













































