2007/05/13

Efecto Foehn


XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

O Efecto Foehn

Autoría: Patricia López López
Alba Prados Castro
Grupo: 2ºBT
Data entrega: 07/04/08

1.Introdución e Hipóteses.
A idea do traballo apareceu cando se estaba a procurar imaxes feitas dende o espazo de furacáns, tsunamis,... As autoras informáronse sobre o efecto Foehn (tamén chamado efecto Föhn ou Fogony) e pareceu bastante interesante traballar sobre el, pois ademais, é abondo común pola nosa zona. O traballo, máis teórico que práctico, fala de como se produce este fenómeno, as súas principais consecuencias e varios esquemas que explican máis precisamente a situación. Ademáis, a demostración física estaba composta por unha montaña de papel e polo lado dereito botábase vapor de auga que funcionaba como masa de aire para ver mellor o efecto.

2.Pequeno resume.
O efecto Foehn é un fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha masa de aire se atopa cunha montaña e para evitala vese obrigada a elevarse. A medida que se eleva comeza a arrefriarse (sofre unha menor presión, logo unha expansión e un arrefriamento) e, se este é suficiente, comeza a condensación das nubes, dando lugar a precipitacións, ... mentres que polo outro lado, a medida que descende a masa de aire comeza a quentarse, dando lugar a un tempo contrario.
Foehn’s effect consist on the weather difference in different sides of a mountain, producing rains and cold in one side of the mountain and hot and sun in the other.

3.Obxectivos.
A idea do proxecto era demostrar que, por este efecto, non son necesarias grandes distancias xeográficas para que se produzan cambios climatolóxicos bruscos. Ademais, o efecto Foehn está moi presente pola zona na que vivimos, e ten especial importancia nos incendios forestais, nas crecidas de ríos, ou aínda está moi relacionado con enfermidades ou suicidios e depresións.

4.Base teórica.

O efecto Foehn prodúcese cando unha masa de aire en movemento se atopa cunha barreira montañosa que obriga á masa de aire a elevarse e, polo tanto, a arrefriarse. Se o enfriamento é suficiente, prodúcese a condensación, a formación das nubes e a precipitación. Esto sucede na ladeira exposta ó vento ou de barlovento, co que na masa de aire redúcese a cantidade de auga para o posterior descenso por sotavento. Cando éste se inicia, o aire comeza a quentarse producíndose a evaporación das pingas nubosas, pero a masa de aire ten menos cantidade de auga que no ascenso e non pode contrarrestar o quencemento. O anterior provoca que a base da nube a sotavento se atope máis alta que a barlovento. Está asociado a movementos ciclónicos, producidos cando a circulación é o bastante forte e profunda para forzar o aire completamente a través da montaña nun breve periodo de tempo (non dando tempo a grandes variacións por absorción/desprendemento de calor, é dicir, proceso adiabático)

5.Traballo.

Un exemplo:
Temos unha masa de aire en dirección meridiana a unha temperatura de 14° C. Cando chega á base da vertente de sotaveto (a encarada ó vento), a 400 metros de altitude e choca contra ela, o vento vese obrigado a ascender.
A temperatura do aire no seu ascenso diminuirá 1° C por cada 100 metros que se eleve. Así, a 500 metros tendrá 13° C, a 700 m chegará con 11° C, a 900 m chegará a 9° C, e a 1100 m terá 7° C. Supoñamos que a ese nivel comece a condensarse o vapor da agua do aire que sube.
Ó empezar a condensación no aire que ascende, ésta xa non arrefría tan rápidamente pois o vapor de agua deixa, ó condensarse, calor en liberdade. Este calor é absorbido polo aire, de xeito que en vez de arrefriarse a razón de 1° C por cada 100 metros de elevación vertical, faino a razón de 0,5° C por cada 100 metros. Segundo esto, o aire chegará ó cúmio menos frío do que nun principio se esperaría. Ademáis, o aire que ascende perde parte do seu contido hídrico na vertente de sobrevento. Así, o aire chega á cima cunha temperatura de 0° C.
Nese nivel, cesa a condensación; el aire inicia o descenso e como xa non se forman nubes, o quencemento realizase a razón de 1° C por cada 100 metros de descenso. Desta maneira, o aire chega, por exemplo, a unha altitude de 700 metros cunha temperatura de 8° C, 7° C máis elevada que no punto establecido ó mesmo nivel de altitude a sobrevento. O aire chega moi quente e seco.

O Foehn xoga un papel importante na aparición e empeoramento de certas enfermidades. A enfermidade do Föhn maniféstase con dores de cabeza, náuseas, insomnio, trastornos emocionais, debilidade, aumento dos accidentes, suicidios e accións violentas. O Föhn tamén ten un papel importante no aumento de risco de aludes e crecementos fluviais, polo rápido desxeo que pode ocasionar. Ademáis, o Föhn seca a terra, as árbores e os brotes, creando condicións favorables para incendios de bosques, ou pérdida de colleitas. Sen embargo, a súa implicación máis importante é o efecto da sombra pluviométrica. A sombra pluviométrica é un sector de menor precipitación en comparación cos arredores montañosos, xa que o relevo protéxea dos fluxos chuviosos.
En España, podemos observar o Efecto Foehn na Cordilleira Cantábrica, na Serra de Gredos e nos Pirineos (de xeito preferente pola zona catalana). Ós ventos que provocan o Foehn, tamén se lles chama “ventos terrais”, que poden dar lugar a temperatras de 30º en apenas dúas horas, ou “comedores de neve”, pola súa capacidade de derretir a neve moi rápido e producir aludes. Esto non só é debido á alta temperatura, senon tamén á baixa humidade relativa da masa de aire.
A velocidade media do Foehn é maior nas estacións equinocciais. Así, nunha determinada zona, na primavera presenta unha velocidade media de 19,98 km/h, no outono de 17,57 km/h, no inverno de 16,65 km/h e no verán de 12,4 km/h.

6.Distribución.

Setembro: Decisión de que ía haber feira e ter en conta un novo tema mellor que o do ano pasado.
Outubro: Procura de temas, centrados en fenómenos meteorolóxicos.
Novembro: Procura de información sobre o tema elexido. Especialmente, a procura de gráficos, imaxes e debuxos para ter claro dende un principio en que consiste o efecto.
Decembro (e vacacións de Nadal): Por mor do traballo, sen realización de actividade para a feira. Recibimos a suxerencia do profesor de recoller datos da zona, pero non se deron acadado os obxetivos.
Resto Xaneiro: Procura de máis información, casos máis concretos, e primeiras ideas de como se ía amosar na feira.
Febreiro: Elaboración da montaña e síntese da información para o cartel.
Marzo: Últimos retoques. Entrega o día 28 de febreiro.
7.Materiais e Orzamento.
Contrachapado 1.25 €
Pegamento Fix 1.40€
2 botes de pintura en spray 3.80€
Papel hixiénico
Folios
Cartolina
8.Descrición.
O efecto Foehn lévase a cabo cando unha masa de aire se atopa cunha montaña. Para evitala, vese obrigada á elevarse, e, polo tanto,a arrefriarse. Se o enfriamento é o suficiente prodúcese a condensación das nubes, comeza a chover, a descender as temperaturas... en resumo, o mal tempo. Sin embargo, polo ouro lado da montaña, a medida que vai descendendo a masa de aire comeza a quentarse, dando lugar ó bo tempo. O efecto Fogony está moi relacionado con enfermidades, depresións, suicidios, e inflúe fortemente nos incendios forestais, nas crecidas de ríos e nos movementos ciclónicos.
9.Material.

Ver foto
10.Conclusións.
O efecto Fogony é un tema interesante para estudar e mostrar á xente que o vive frecuentemente pero non coñedce o proceso nin as causas. A forma elexida para demostralo non foi a máis axeitada, pero era das máis doadas de facer. O traballo era máis que unha explicación práctica, unha explicación teórica, dicindo como se formaba o efecto e as súas consecuencias, pero o intento de demostralo non chegou a ser moi visible.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Leis de Boyle e lei de Gay-Lussac






XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Leis de Boyle e lei de Gay-Lussac

Manuel Silveira Valledor
Grupo: 2BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
Este traballo veu dado polo estudo das propiedades dos gases. Elexíronse dúas das principais leis, das que deriva a lei dos gases ideais, como son a de Boyle e a de Gay-Lussac. Todo traballo experimental ten que ter uns resultados, así que pensouse que o mellor xeito de facer o traballo sería combinando unha parte teórica, unha parte práctica e unha parte de resultados plasmado nás gráficas. A Lei de Boyle en principio íase facer cun recipiente no que ó apretar íase comprimindo o volume, pero a imposibilidade de facelo decidiu que se utilizara outro mecanismo. En canto a Lei de Gay-Lussac, practicamente fíxose toda dunha maneira experimental, pois a imposibilidade de ter que ir cambiando as distintas temperaturas do recipiente durante toda a feira, fíxo que o eixe do proxecto foran os datos.
2.Pequeno resume.
Neste proxecto amósanse de xeito práctico e teórico dúas das principais leis que deron orixe á lei dos gases ideais: a lei de Boyle e a Lei de Gay Lussac. Na primeira vése a relación entre o volume dun gas e a súa temperatura e na segunda a relación entre a presión e a temperatura dun gas a volume constante.
In this project we are going to demostrate the Gay-Lussac´s Law and the Boyle´s Law. The first one consist in measuring the pressure of a gas with a constant volume in different temperatures. In the second one we have to see the relation between the volume and the pressure of a gas with a constant temperature.

3.Obxectivos.
O obxetivo básico é aprender as relación entre as temperaturas, as presións e os volumes dun gas. Como, aumentando un, diminúen ou aumentan os outros. O coñecemento destas dúas leis fará que se poda sacar de forma doada e dunha maneira aproximada a lei dos gases ideais, que di que a presión dun gas cerrado multiplicada polo seu volume é igual ó numero de moles, multiplicado pola temperatura e por unha constante.

4.Base teórica.
Para a lei de Gay Lussac aplicamos esa lei, que nos di que a volume constante, a relación entre a presión e a temperatura do gas é constante. Así sacamos que P1/T1 = P2/T2 = cte // V=cte. Para a lei de Boyle, sacamos a súa lei que di que o volume dun gas (e a cantidade de gas que hai nun determinado volume) a unha temperatura constante é inversamente proporcional á súa presión. Así, P1·V1 = P2·V2= cte // T=cte
5.Traballo.
Joseph Luis Gay-Lussac chegou a conclusión de que a volume constante, a presión dun gas aumenta co seu correspondente aumento da temperatura: P/T = cte. ↔ V = cte.
Se se produce un aumento da temperatura nun recipiente pechado, aumenta a temperatura cinética das moléculas e, como o volume permanece constante, increméntase o número de choques entre as moléculas e as paredes do recipiente, é dicir, aumenta a presión.

Para realizar a experiencia utilizamos un recipiente de metal. Nun extremo colocámoslle un manómetro, perfectamente ensamblado para evitar a perda de gas. O recipiente metémolo nun vaso de precipitados, que encheremos de agua a diversas temperaturas, co fin de conseguir quentar e arrefiar o gas de dentro do recipiente de metal. Tamén, no vaso de precipitados, incluiremos un termómetro, que nos dará una medida aproximada da temperatura do gas.
Así, iremos tomando medidas a distintas temperaturas e elaboraremos a gráfica exposta.

In this project we are going to demostrate the Gay-Lussac´s Law which consist in measuring the pressure of a gas with a constant volume in different temperatures. We´ll see that there is a proportion between the pressure and the temperature.

T º K P (atm) P (Pa)
258 0,99342105 100658,388
318 1,02631579 103991,447
335 1,04210526 105591,316
353 1,05789474 107191,184




Robert Boyle chegou á conclusión de que o volume dun gas a temperatura constante é proporcional á presión á que este está sometido:
P.V = cte ↔ T = cte

Para realizar o experimento utilizaremos un recipiente de cristal (para que non sufra variacións) onde concentraremos un gas. Por unha abertura meteremoslle aire cun bombín co fin de aumentar o volume do gas e así a sua presión, que será medida por un manómetro que irá acoplado ó recipiente.
Así sacaremos as conclusións formuladas por Boyle.

In this project we are going to demostrate the the Boyle´s Law where we could see the relation between the volume and the pressure of a gas in a constant temperature.

O traballo está dividido en dúas partes: A lei de Gay Lussac e a Ley de Boyle. En cada parte irá unha pequena introdución teórica, despois unha descripción de a maneira en que vamos a demostralo, e finalmente un resumo en inglés. Na Lei de Gay Lussac incluiremos tamén a gráfica resultante e so datos.
6.Distribución.
Outubro: Procura de temas e elección da lei de Gay-Lussac como proxecto.
Novembro: Procura de información sobre a lei de Gay Lussac e suxerencia do profesor para complementar o proxecto ca lei de Boyle
Decembro: Busqueda de información sobre os dous traballos e a maneira de que iban ser expostos. Búsqueda do material e en particular dos manómetros.
Xaneiro: Comezo do traballo e búsqueda do manómetro de alta precisión.
Febreiro: Elaboración práctica de todo o proxecto
Marzo: Últimos retoques, analise de datos e elaboración de gráficas e cartolinas. Entrega o día 28 de febreiro.
7.Materiais e Orzamento.
Manómetro 3 €
Tarros de cristal e metal aproveitados
Bombín 4 €
Termómetro e vaso de precipitados Prestados polo departamento de química
Papel e cartolinas Material funxible

8.Descrición.
Neste proxecto imos a demostrar experimentalmente dúas das leis básicas que foron necesarias para a formulación da lei xeral dos gases ideais: a Ley de Gay-Lussac e a Ley de Boyle. Para demotrar a primeira, construiremos un dispositivo para medir a presión dun gas de volume constante a varias temperaturas determinadas, para ver a relación entre estas e plasmalo nunha gráfica que nos dirá que a presión e proporcional á temperatura.
Para demostrar a segunda, teremos un cilindro onde veremos como un gas dentro del, cambia de presión ó aumentar a sua cantidade.

9.Material.


10.Conclusións.
A realización da experiencia correspondente á lei de Boyle non é unha cousa novidosa dentro da feira e ademáis non é difil de realizar práctica e teóricamente. En cambio a Lei de Gay Lussac é menos doado porque te atopas ante varios problemas como a toma de datos co seu corespondente erro, á dificultade de atopar manómetros de moita precisión ou a maneira en que vai ser exposto. Un dos problemas principais tamén é o illamento do gas: abonda un furado por pequeno que sexa para que o experimento non saia. Por outra parte, a experiencia foi boa, pois a xente que o visitou aprendeu ou lembrou o básico que se queria ensinar. De facelo outra vez, podería facerse tal cual, a pesares de que hai moitisimas maneiras de demostralo; só sería convinte cambiar ós manómetros de agulla por uns dixitais, pois a toma de datos faise moi dificil.

11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Auga e maicena, mistura líquida ou sólida?

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Auga e maicena, mistura líquida ou sólida?


Autoría: David Grandío Moirón, Joaquín Río Barrera, Adrián Rodríguez Sanjurjo
Grupo: 2º B.T.
Data entrega: 09/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
Este proxecto xurdiu ao ver nun programa televisivo unha pequena mostra deste experimento. A curiosidade levou despois a este traballo vistoso e moi interesante. Preparouse unha pequena mestura da antedita substancia nunha pequena palangana e cal sería obxeto explicación.

2.Pequeno resume.
O que se pretende con este proxecto é explicar o comportamento que da auga cando a misturamos coa maicena. Desta mistura sae un líquido cunhas cararcterísticas un tanto inusuais que son as que se tenta explicar.


This project show us the special characteristics of the mixture that we have prepared, water with cornflour, liquid with characteristics very similar to moving sands.
3.Obxectivos.
Dar unha explicación do fenómeno de líquidos de comportamentos raros, ademáis de poder comproblalos en primeira persoa para poder aclarar calquera tipo de dudas.
4.Base teórica.
Para ter información deste comportamento, houbo que recorrer a numerosas fontes de internet, o que nos permitiu saber que esta mistura pertence a un grupo de líquidos que presentan comportamentos realmente extraños, debido á composición química e estrutura das moléculas que o forman ou ó tipo de interacción desas moléculas ou partículas co solvente.
Este fluído concretamente pertence ao grupo dos fluidos dilatantes, nos que a viscosidade aumenta ó aumentar a forza aplicada. É como se o fluído fora freándose ó aplicar a forza.
5.Traballo.
A explicación vertida na cartolina consta das seguintes partes:
1.- Introducción
Existen algúns líquidos que presentan comportamentos realmente estraños, debido á composición química e estructura das moléculas que o forman ou ao tipo de interacción destas moléculas ou partículas co solvente.
A mistura a explicar, a maicena, pertence ao grupo dos fluídos non newtonianos. Fluídos nos que o esforzo de corte non é directamente proporcional á relación de deformación .
2.- Explicación do proxecto
Este comportamento pouco común ubica ao líquido que se preparou entre os chamados fluidos non newtonianos, y a este en particular, dentro dos fluídos dilatantes. Un sistema con propiedades comparabeis ao comportamento das "areas movedizas". Neste caso un movemento brusco fai que a mistura se volva máis ríxida, dificultando ou imposibilitando os movementos.
Nestes fluídos a viscosidade aumenta ao aumentar a forza aplicada. É como si o fluído fora freándose ao aplicar a forza.


3.- Inserción dunha pequena táboa explicatoria
Táboa na que se presentan diferentes fluídos e onde se explica tanto o seu comportamento, características como que tipo de fluido é, ademáis de citar exemplos.

4.- Método para a construcción desta mezcla
A cartolina tamén conta cunha lista na que se especifica o material necesario para levar a cabo este experimento, así como as proporcións necesarias de cada compoñente para a súa perfecta elaboración.

Ferramentas e Materiais
Para realizar este experimento necesitarás:
1 caixa de 1 libra (500 gramos) de maicena
Aproximadamente 1 taza (400 mililitros) de agua
Un tazón para mezclar
Unha variedade de pequenos obxectos e ferramentas para explorar, tales como:
Unha moeda pequena
Unha pedra pequena
Unha cuchara de metal
Unha cuchara de plástico

5.- Outros fluidos non newtonianos
Outro fluído non Newtoniano que podemos atopármonos na nosa cociña é o ketchup: xeralmente ocorre que ao volcar o recipiente de ketchup o contido non saia, non se verta. É necesario axitar fortemente o frasco para que o contido se verta con facilidade. Ocorre que a viscosidade do fluído diminúe ao axitalo, promovendo o movemento das moléculas entre si. Logo de algúns minutos, a viscosidade volve a aumentar. Este comportamento é típico dos chamados fluídos tixotrópicos, e ten considerable importancia nalgúns produtos industriais, como por exemplo nas pinturas.

6.- Resumo en inglés
This project show us the special characteristics of the mixture that we have prepared, water with cornflour, liquid with characteristics very similar to moving sands.


6.Distribución.
Este traballo levou as seguintes fases:
Outubro: Visionado de programa televisivo. Comezou a procura de información.
Novembro: Seguiu na procura de información (non resultou traballo doado).
Decembro (e vacacións de Nadal): Solución dalgunhas cuestións teóricas e nas vacacións de Nadal fíxose a primeira experiencia prática, que resultou ser un éxito.
Resto Xaneiro: Procura máis selectiva e puxemos a punto a base teórica.
Febreiro: Dicisión da explicación a modo prático e boceto da explicación
Marzo: Fíxose a cartelería e preparouse o material necesario para a explicación do proxecto na feira.
7.Materiais e Orzamento.
Utilizáronse 6 paquetes de maicena, o que supuxo un gasto total de 4.26 euros e unha palangana. Material funxible: Folios e a cartolina empregados na cartelería.
8.Descrición.
Aprender un pouco mais sobre o comportamento dalgúns líquidos, en concreto dun líquido dilatante, unha simulación das areas movedizas. Trátase dun proxecto moi sinxelo que escoitando a breve explicación feita resulta moi sinxelo de realizar. Non é un proxecto laborioso pero si moi resultón, e algo que parece tan sinxelo como é mezclar auga con maicena pode dar lugar una substancia verdadeiramente curiosa.
9.Material.
Ademáis de toda a cartolina empregada e explicada no apartado 5, expúxose unha mostra da substancia a explicar para que calqueira presente na feira puidese comprobar que detrás de este experimento non hai nin trampa nin cartón.
10.Conclusións.
Os autores están contentos co esforzo feito para poder levar a cabo este proxecto, xa que foi amplamante recompensado. Os autores séntense moi orgullosos porque foi un dos que máis gustou na feira, ainda que se cadra non levou tanto traballo como outros, pero sen dúbida acertouse con esta idea.
Os autores quedaron coas ganas de podelo facer a unha maior escala, poder facer unha piscina de maicena e auga para comprobar que realmente era posible andar por ese estrano líquido.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Fonte de Herón

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Fonte de Herón

Autoría: David Grandío Moirón, Joaquín Río Barrera, Adrián Rguez. Sanjurjo
Grupo: 2ºB.T.
Data entrega: 09/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
A idea de realizar a Fonte de Herón como proxecto para a Feira da Ciencia e Tecnoloxía 2007 xorde na visita no pasado curso á Coruña con motivo do Día da Ciencia na rúa. Alí había unha reproducción da Fonte de Herón (diferente á que se presenta neste traballo), e pareceu un proxecto moi interesante e vistoso que se podía realizar, pois tratábase de construír unha fonte usando tres recipientes, varios tubos para conectalos e auga. Con este material conseguiuse unha fonte, sen ningún tipo de propulsión dun motor que a faiga funcionar.
2.Pequeno resume.
Con este proxecto preténdese construír unha fonte usando tres recipientes, varios tubos e auga. A fonte funcionará debido ás diferentes presións, sen usar ningún motor eléctrico ou sistema que faiga funcionar e elevar a auga ao xeito dunha fonte.

In this project we want to make a fountain using two pots, three tubes and water. The fountain will work without electric energy, because the basic situation in the project are the different pressure.
3.Obxectivos.
Ó comezar a realizar este proxecto, a intención era que funcionase do xeito máis vistoso posible, semellando unha fonte. Deste modo pretendíase amosar como é posible construír unha fonte sen usar enerxía eléctrica ou doutro tipo no seu funcionamento (por exemplo un motor para a propulsión da auga), sinxelamente usando tres recipientes colocados a diferentes alturas, varios tubos para conectar os recipientes e auga. Ademais pretendeuse construír unha fonte que reutilice a auga usada (para iso sinxelamente había que cambiar os botes de orde e altura, pois un íase enchendo mentres que o outro se vaciaba de auga).
4.Base teórica.
Para a base teórica usouse información de internet ademáis de libros de física. O funcionamento débese a diferente altura que están os recipientes, e derivado, a diferente presión entre eles, pois un recipiente (o que estaba aberto, é dicir, no que nós usamos un embudo) estaba en contacto coa presión exterior, mentres que os tubos herméticamente pechados tiñan unha presión diferente. Esta diferencia de presións e a diferencia de alturas (como se pode observar nas imaxes do apartado 9) facían que o sistema elevase a auga do mesmo xeito que unha fonte.
5.Traballo.
Estos son os apartados presentados na cartolina:

1.-Introducción
Este proxecto toma como fundamento un dos grandes inventos de Herón de Alexandría, chamado “As portas do templo”, no que mediante un sistema semellante, e usando diversos mecanismos, conseguía abrir as portas do templo.

2.-Descrición da fonte
O sistema consta de tres recipientes. O recipiente superior (o A) que está aberto, e os recipientes B e C que están herméticamente cerrados. Ademais están conectados entre si mediante tres tubos como se observa nas imaxes.

3.-Representación gráfica

Ademais aquí irían as imaxes que tamén figuran no “apartado 9”.
4.-Funcionamento
En primeiro lugar debemos encher de auga ata a metade o recipiente B. Posteriormente, cando en A botamos auga, a fonte comeza a funcionar, xa que a auga pasa polo tubo de A ata B aumentando o nivel de auga en B, e o aire contido no bote B pasa ó recipiente C. En dito recipiente C a auga sae ao exterior, debido a presión exercida polo aire que entra no bote e que procede do B. Deste xeito o sistema funciona como unha fonte, pero sen usar ningún tipo de propulsión exterior que eleve a auga.
Este funcionamento débese a diferencia de alturas (os tres botes están a diferentes alturas) e polo tanto tamén debido ás diferentes presións que hai en cada recipiente (como comprobamos coa ecuación p= dgh).

5.-Resume en inglés
In this project we want to make a fountain using two pots, three tubes and water. The fountain will work without electric energy, because the basic in the project are the different pressure.

6.Distribución.
Estas son as fases de desenvolvemento do proxecto:
A decisión do proxecto foi tomada en maio do curso anterior.
Outubro: procura de información teórica.
Novembro: comezo da procura de material.
Nas vacacións de Nadal, realización dunha primeira fonte cuns tarros de plástico e de diferente xeito a presentada na feira. Tras moitas horas de traballo non funcionou, ademais de que a presentación non parecía convinte, polo que se decidiu realizala de diferente xeito, e así chegando ó proxecto actual.
A mediados de xaneiro, nova procura de material e máis información.
Entre finais de xaneiro e comezos de febreiro, construcción da nova fonte (medida de tubos, precinto dos tarros con silicona, conexións dos tubos...)
A finais de febreiro, remate da fonte, unha vez comprobado o seu funcionamento (precintóuse con máis silicona para evitar perdas de aire ou auga, e pintouse de cor negro).
A comezos de marzo realizouse o soporte (coa base de madeira e os tubos metálicos que houbo que soldar). Nesta fase tamén se realizou a cartelería presentada xunto co proxecto. Días antes da feira comprobouse todo, fixéronse fotos e vídeos do proxecto en funcionamento e redactouse unha breve explicación para a xente que visitase a Feira.
7.Materiais e Orzamento.
Neste proxecto foi abondo o material usado.
Reutilizado; un embudo, dous tarros, unha base de madeira, tubos metálicos para o soporte dos tarros.
Mercado; tubo de plástico negro (viña cunha lonxitude de 3 metros, valeu 1,90 euros), conexión para os tubos de 4mm (1,55 euros), bote de spray de cor negro (2,50 euros).
Material funxible; os folios da cartelería, as cartolinas, a silicona, e a soldadura (para unir os tubos metálicos que servían de soporte dos tarros).
8.Descrición.
Neste proxecto construímos unha fonte usando tres recipientes (dous pechados e un aberto, colocados a diferentes alturas como se pode ver nas imaxes do seguinte apartado), ademais de auga e varios tubos que serven de conexión entre os recipientes. Debido a colocación especial dos recipientes, e tamén debido a conexión mediante tubos (como se explica no apartado 5), conseguimos construír unha fonte, que ademais de non gastar enerxía eléctrica (na propulsión da auga), permiter reutilizar a auga. Especial atención require o feito de que os recipientes deben estar herméticamente pechados (só perforados polos tubos que serven de conexión), pois se non é así (é dicir, se existen pérdidas de auga ou aire), a fonte non funcionará. Tamén se debe estudiar a altura á que colocar cada un dos recipientes, o que permitirá controlar o chorro que sae da fonte.
9.Material.
Ademais da cartolina presentada coa explicación, descripción e información teórica (presentados no punto 5), temos o que é a fonte, para iso preséntanse varias fotos nas que se pode apreciar o resultado final da fonte:


10.Conclusións.
Foi un proxecto moi interesante, non só na opinión dos autores do proxecto, senón que tamén lle gustou aos compañeiros e a xente que visitou a Feira. Unha das cousas que más se valorou é a presentación final, pois quedou moi curiosa e funcionaba moi ben, o que leva a considerar que se acadou un dos obxectivos: construír un proxecto que se poida ser similar a unha fonte das que estamos afeitos a ver, pero coa novidade de que é unha fonte limpa, pois ademais de reutilizar a auga, non gastamos enerxía na propulsión de dita auga. Todos os que observaron a fonte quedaron sorprendidos, pois púidose uncionar coas diferentes presións ata conseguir o funcionamento idóneo. Unha cousa que se podería mellorar, é ter máis precisión na colocación dos tarros, xa que a auga saía a bastante presión e salpicaba algo por fora do embudo sobre o que caia a auga (outra solución sería poñer un embudo máis grande para que a auga non salpicase), pero éste é un detalle de menor importancia que se pode corrixir con facilidade. Como consello a quen poida repetir esta experiencia incidiríase en que tivesen especial coidado e pechar herméticamente con silicona os tarros para evitar perdas de auga ou aire, xa que senón non funciona. Para concluír, manifestar que os autores están moi satisfeitos co traballo realizado.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

O son non se propaga no baleiro

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: O son non se propaga no baleiro


Autoría: Rubén Vidal López
Francisco José García Fernández
Grupo: 2º B.T.
Data entrega: 18/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
A idea de facer este traballo ven dun proxecto que estaba exposto o ano pasado na Casa das Ciencias na Coruña. Neste proxecto demostrábase que o sonido non se propaga no baleiro, que é o mesmo que se quere demostrar neste, pero con distinta montaxe.
2.Pequeno resume.
Este proxecto é unha demostración do feito de que o son non se propaga se non hai materia pola que facelo.
This project demonstrates that the sound does not propagate through the vacuum.
3.Obxectivos.
O que se pretende neste traballo é demostrar que as ondas mecánicas necesitan materia para propagarse e, ademais, tamén se comparan estas coas ondas electromagnéticas, xa que se pode ver no traballo que estas últimas non necesitan de materia para propagarse.
4.Base teórica.
A teoría que se utiliza para explicar este suceso está incluída na estudada en 2º de bacharelato no tema de moventos ondulatorios, máis concretamente, na clasificación das ondas segundo a súa natureza.
5.Traballo.
Este proxecto é unha pequena demostración do feito de que o son non se propaga se non existe materia pola que facelo.
Isto pódese expoñer por medio dun frasco e unha bomba de aire para extraer o aire de dentro. Deste xeito queda un baleiro relativo no seu interior impedindo que o son se propague dentro do frasco.
Para demostralo, introduciremos calquera obxecto, que produza son, no seu interior (pero sen que a parte que o produce toque as paredes para no ter transmisión por elas) e observaremos que se non extraemos o aire pódese escoitar o son e se baleiramos o frasco non.

Explicación

Isto ocorre porque o son é unha onda mecánica, é dicir, que necesita materia para a súa propagación (a cal se produce por compresións e dilatacións nesta) e sen ela é incapaz de propagarse. Por exemplo, cando se golpea unha mesa, prodúcense unhas vibracións nela que se pasan ao aire (por estar este en contacto coa mesa) e que producen compresións e dilatacións sucesivas que fan que o son se propague e que poidamos escoitalo ao chegar esas vibracións ao noso oído.
No caso da luz non ocorre isto porque a luz é unha onda electromagnética e non necesita de materia para a súa propagación. Polo que a través do frasco baleiro poderemos ver luz, aínda que non oiamos o son que se está a producir no seu interior. Unha maneira de entender que as ondas electromagnéticas non necesitan de materia para propagarse é darse conta de que entre o Sol e a Terra hai baleiro e, sen embargo, a luz chega igualmente.
Unha demostración dos dous casos á vez sería meter un teléfono móbil dentro do frasco e chamar. Poderemos ver que se acende a luz da pantalla e que recibe a chamada (pois usan ondas electromagnéticas para recibir a sinal), pero aínda que non o poñamos no modo silencioso non o poderemos escoitar.
This project demonstrates that the sound does not propagate through the vacuum. For that, we will introduce a mobile phone (for example) into a space where we have formed the vacuum and we will verify that we do not hear any sound from this space.
6.Distribución.
Outubro: Procura de temas.
Novembro: Procura de información sobre cómo se pode facer baleiro nun recipiente e ademais en qué recipiente.
Decembro (e vacacións de Nadal): Por mor do traballo que foi posto para realizar nestas datas, sen realización de actividade para a feira
Resto Xaneiro: Desenvolvemento principal
Febreiro: Repaso e realización da presentación
Marzo: Últimos retoques. Entrega o día 28 de febreiro.
7.Materiais e Orzamento.
Desecador Prestado pola profesora de Química.
Goma para facer o baleiro Prestada pola profesora de Química.
Timbre 1€
Cartulina 0,40€

8.Descrición.
Na feira o proxecto estivo exposto nuha mesa, de maneira que se colocou un timbre no interior e cada vez que alguén se paraba a ver a demostración comparábase o ben que se oía o timbre con aire dentro do desecador e como, sen embargo, ao facer o baleiro este non se oía.
9.Material.

10.Conclusións.
Se alguén o volve facer sería aconsellable que atopara unha boa maneira de facer o baleiro, pois houbera dado moito máis de sí se se houbera podido quitar maior cantidade de aire.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Leis de Newton

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Leis de Newton


Autoría: José Antonio Ríos Couto
Grupo: 1º BT
Data entrega: 08/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
A idea “raíz” para levar a cabo este traballo foi tan simple como un salto de trampolín dun nadador durante unha competición. A pregunta que me planteei en primeiro lugar foi: ¿como é posible que este nadador saia impulsado con semellante ímpetu cara arriba se a forza que exerce diríxese cara abaixo? O traballo iníciase co fin de responder a esta incógnita ou a aquelas que xurdan durante a investigación.
2.Pequeno resume.
Este proxecto, pretende esclarecer e demostrar as leis enunciadas por un dos máis grandes científicos da historia, Isaac Newton. Orixinariamente, o proxecto concebiuse co fin de demostrar tan so o principio de acción e reacción, pero tras investigar máis profundamente sobre o asunto, decidín expandir os seus obxetivos a explicar as tres leis de este renomeado personaxe.
English Summary: This project is based on Isaac's Newton main laws. It pretends to prove them and also show them easily to any spectator. It gives special attention to the third law that Newton stated: The Action Reaction Law. By several practises, I'll check it and simplify it. It wasn't such an ambitious project at first, but when I got researching about it, I thougt I could do something else.
3.Obxectivos.
Demostración práctica das leis de Newton de forma clara e sinxela.
4.Base teórica.
1ª – Inercia:
Se a forza externa resultante que actúa nun obxeto é cero, entón a velocidade do obxeto non cambiará. Un obxeto en repouso permanecerá en repouso; un obxeto en movemento continuará movéndose con velocidade constante. Un corpo acelérase soamente se unha forza non balanceada actúe sobre el.

2ª – Masa e Aceleración:
Se sobre un corpo de masa (m) actúa unha forza neta (F), o corpo adquire unha aceleración (a) que é directamente proporcional ó módulo da forza e inversamente proporcional á súa masa, e ten a mesma dirección e sentido que a forza.
a = F/m ; F = m·a

3ª - Acción e Reacción:
Todo corpo que exerce unha forza sobre outro implica que o outro corpo exerza unha forza igual e de sentido contrario sobre o primeiro.
Según Newton a forza que exerce o 2° corpo sobre o 1° denominarase “Forza de reacción”


5.Traballo.
1ª LEI DE NEWTON:

(En ocasións, esta lei noméase tamén como Principio de Galileo)

“En ausencia de forzas exteriores, toda partícula continúa no su estado de reposo ou de movimiento rectilíneo e uniforme respecto dun sistema de referencia inercial ou galileano.”

Noutras palabras, mentras que un corpo non reciba unha forza exterior, non variará o seu estado de movemento, quedarase en reposo se xa o estaba e seguirá movéndose se estaba en movemento.

Non obstante, se empurramos un obxecto, este terminará por deterse e, en consecuencia, esta lei non se cumple. ¿Pregúntaste por que se acepta esta lei, entonces?

A explicación é moi sinxela: na terra existen forzas de rozamiento (co aire, o chan, etc) que contrarrestan as que se lle aplican ós corpos e acaban por detelos.

Un exemplo práctico da validez desta lei sería por exemplo o dun astronauta, que cando realiza unha forza no espacio exterior continúa a moverse sen parar a menos que faga outra forza noutro sentido.

O astronauta móvese no espacio sen deterse ata que rea-
liza unha forza noutro sentido.


2ª LEI DE NEWTON:

(Tamén denominada Lei da Forza)

F = m . a
(Forza en Newtons, masa en kg e aceleración en metros partido de segundo ó cadrado)

Un exemplo práctico:

Se ==> F = m · a
Entón ==> a = F/m
A segunda lei demostrouse montando unha especie de rampla coa madeira e lanzando as bolas de distintos tamaños polos carreiros que se realizaron en dita rampla. Segundo a lei, sendo a forza o peso compénsase esta relación e as bolas deberían caer ó mesmo tempo (coa mesma aceleración).
Non obstante, esto non ocorre debido a que o rozamento relativo da grande e moito menor co da pequena, e esta cae primeiro. Polo tanto, o que se fixo foi lanzar a grande por un carreiro con dous puntos de rozamento, e a pequena con un so punto de rozamento sobre a superficie de madeira lisa que
casi non entorpece o movemento de ningunha das dúas. Así, puídose observar a influenza do roce (que agora a pequena caía antes), quedando demostrado o principio"

Polo tanto, se a forza é constante (a mesma) entre os casos a analizar, maior será a aceleración canto menor sexa a masa entre a que divimos a forza.

Entón ==> A menor masa, máis aceleración (se a forza é a mesma; lembremos que non é o mesmo que velocidade)

Así pois, a bola pequena da práctica, se o recorrido é o bastante longo, chegará antes que a grande (ó ter diferente rozamento).

3ª LEI DE NEWTON:

(Coñecida máis comunmente como Lei de Acción e Reacción)

Por cada forza que actúa sobre un corpo, este realiza unha forza igual pero de sentido oposto sobre o corpo que a produxo. Dito de outra forma: As forzas sempre se presentan en pares de igual magnitude e sentido oposto e están situadas sobre a mesma recta.

Un exemplo práctico:

Na práctica, unha forza exercida pola bola do extremo sobre a bola suxeita é recollida polo resorte do medio, de modo que se orixina outra de mesma forza e sentido contrario que a impulsa cara o soporte de madeira a bola solta.
Se esta é o bastante potente, ó bater contra o soporte xerarase outra forza de reacción que fará regresar cara atrás a bola de novo. Unha doble demostración da lei, nese caso.

6.Distribución.

Outubro: Procura de temas sobre os que realizar o traballo para a feira. Esta realizouse en internet, libros da casa e outros medios.
Novembro: Información sobre as leis, procura doutros traballos previos, cavilamento de xeitos de demostrar as leis...
Decembro (e vacacións de Nadal): Escasa actividade debido ao axetreo destas datas, aínda así séguese a pensar no proxecto.
Resto Xaneiro: Deseño do proxecto para demostrar a segunda lei.
Febreiro: Retoques no deseño do proxecto, por mor de pequenos fallos e cambios de ideas. Xa se ten discurrido o proxecto “estrela” que demostrará a 3ª lei.
Marzo: Últimos retoques. Finalización de proxecto para a terceira lei. Fabricación do tríptico para a feira.
7.Materiais e Orzamento.
5 listóns de madeira (Aproveitados de sobras existentes)
Canicas de diferentes tamaños (Atopadas na casa)
3 folios
1 cartulina grande
1 fío de coser
2 bolas perforadas
Resortes
Pinzas

8.Descrición.
A primeira lei non se demostrou no traballo práctico debido a que en existencia de rozamento, o feito de que un corpo que recibe unha forza permanece en contínuo rozamento non se cumplirá.
A segunda lei demostrouse montando unha especie de rampla coa madeira e lanzando as bolas de distintos tamaños polos carreiros que se realizaron en dita rampla. Segundo a lei, a F = M * a, entonces sendo a forza (a gravidade) proporcional á masa, a bola pequena e a grande terán a mesma aceleración. Non obstante, se temos en conta que o rozamento relativo da grande e moito menor co da pequena, esto non se observa.
A terceira lei demostrouse montando un armazón de madeira a modo de soporte no cal un fío atravesa as táboas que van sobre o soporte verticalmente, de modo que neste fío pódense introducir dúas bolas perforadas, entre as cales vai situado un resorte da maior potencia que atopamos. Nun dos lados dunha bola, colócase unha pinza que evita que se desplace polo fío. Agora, ó apretar unha bola contra a que está bloqueada pola pinza, sairá disparada en sentido oposto. Canto maior sexa a forza de acción, maior será a de reacción, demostrando así a antedita lei.
9.Material.
Presentado no punto 5.
10.Conclusións.
O traballo foi fácil por veces e sinxelo outras. Trouxo en principio bastantes crebadoiros de cabeza, pero creo que estes serviron para aprender a perseverar e contribuíron a un mellor coñecemento das leis de Newton. Ademais, ao final aprendeuse máis do que se tiña pensado preparar.
Recoméndase que, se alguén o quere repetir, aumente o nivel de complexidade pois podería dar moito máis xogo. É máis, este mesmo traballo houbera necesitado un sistema para tensar a corda fácilmente, pois nun momento dado esta foise destensando paulatinamente e non era plan de desmontar todo. Polo resto non houbo queixa aínda que se podería mellorar, como todo.
En canto á popularidade do proxecto, hai que admitir que con outros proxectos tan chamativos ao redor, un meramente teórico na súa maior parte como este non resultou demasiado sorprendente. Non obstante, as explicacións axudaron á xente a comprendelo.

11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

De que tipo de mesturas estamos a falar?





XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

De que tipo de mesturas estamos a falar?

Joaquín López García
1ºBT
07/04/10
1.Introdución e Hipóteses.
A idea de facer para a feira este traballo, veu dun experimento que tivemos que facer na casa a principio de curso. Consistía en producir unha mestura homoxénea de auga e sal, explicando e vendo como se poderían separar os dous compoñentes (a auga e o sal). Dende un primeiro momento, pareceume unha boa idea traballar sobre este suxeito e según ía pasando o tempo, íanseme ocurrindo outras mesturas para expoñer na feira, non só disolucións, se non que tamén, mesturas heteroxéneas.
2.Pequeno resume.
O meu traballo consiste en explicar as diferenzas entre mesturas homoxéneas (disolucións), e heteroxéneas, mediante distintos exemplos destas, así como tamén, explicar os mecanismos de separación das mesturas.
My project consists of explain the diferences between homogeneous mixtures and heterogeneous mixtures, with different examples of these. Also, I´d like to explain the ways of separate these mixtures.
3.Obxectivos.
Os meus obxectivos con este traballo eran, por unha banda, que a xente entendese os diferentes tipos de mesturas que existen, e por outra parte, mediante os exemplos alí expostos, que viran como se poden separar os compoñentes,
4.Base teórica.
Para facer o cartel, no que me basei foi no libro de texto de Física e Química de 1º de BAC. Para completar a información, mirei en Internet, na Wikipedia, e extrouxen do libro de 3º da E.S.O. unha representación gráfica do tamaño das partículas. O tema era sinxelo, de ahí que non me fixo falta recurrir a ningún outro medio. Tampouco empreguei máis teoría científica que o concepto de mistura e o seu tratamento.
5.Traballo.
O meu traballo, repartíase nun cartel, pegado nun panel (na parte de atrás), e diante, na mesa, atopábanse 6 tipos de mesturas, cos seus correspondentes vasos, así como tamén, debaixo destes, unha ficha, no que se clasificaban as mesturas, e se poñía unha especie de síntese do que alí había, como se separaría, e outra información de interese.
My work , was divided in one poster (on backside), in front, on the table, there were 6 kinds of mixtures, with their glasses. Also, under these, a card where mistures were classified, and in these cards was writen a kind of summary about the glasses, as we could separate them, and another interesting information,
6.Distribución.
O meu traballo, podemos dividilo nos seguintes tempos:
Outubro: Decisión do traballo a realizar para expoñer na Feira,
Novembro: Pensar como o podía expoñer, que exemplos poñer..., é dicir, crear unha idea de como ía a ser a exposición
Decembro (e vacacións de Nadal): Comprei os vasos, os anacos de ferro e o imán. Nos últimos días das vacacións fixen unha primeira proba de como quedarían as mesturas.
Resto Xaneiro: Busca de teoría, e pensar o xeito de desenvolver o mural.
Febreiro: Impresión da parte teórica, e plasmouse no cartel. A parte práctica, non se volveu a realizar ata Marzo, por tratarse de algo que se deteriora co paso do tempo.
Marzo: Unha semana antes da Feira, fixen a parte práctica, para que quedase o mellor posible,
7.Materiais e Orzamento.
Os materiais empregados no meu traballo foron:
1 docenas de vasos................................... 0,40€ * 12 = 4,80€
1 imán .............................................. 0,45€ * 1 = 0,45€
Aceite, sal, area, anacos de ferro, tinta............ 0,00€
2 Cartulinas grandes ................................0,50€ * 2 = 1,00€
6 Cartulinas pequenas ............................... 0,30€ * 6 = 1,80€
TOTAL ................................. 8,05 €
8.Descrición.
Na realidade, existen distintos tipos de mesturas, as cales poden ser clasificadas en:
Mesturas homoxéneas ou disolucións (os seus compoñentes non se poden distinguir a simple vista unha vez que se mesturaron) e
mesturas heteroxéneas, nas que non se é capaz de xuntar completamente os seus compoñentes, ata formar unha “substancia” nova.
Aquí temos varios exemplos de mesturas, homoxéneas, auga + sal, aire e auga + tinta, e por outra banda, tamén exemplos de m. heteroxéneas, como é o caso da auga + as limaduras de ferro, a auga + a area, e a auga + o aceite.
Unha vez dito isto, vamos caso a caso, explicando como serían os procedementos de separación. No caso da auga + o ferro, empregaríamos un imán onde se pegarían as limaduras, quedando xa separado, no caso da auga + tinta, empregaríase un método de cromatografía, cun anaco de papel, ao quentar a mestura, a tinta iría subindo polo papel, quedando no recipiente a auga, no caso da aréa + auga, empregamos un papel de filtro, a través do cal verteríamos a mestura quedando neste inmersa a aréa e na outra parte, a auga. Na disolución de auga + sal, deixamos que se evapore a auga, e que quede o sal pegada nas paredes e no fondo do recipiente. Na mestura heteroxénea de auga + aceite, para separar os dous compoñentes, empregaríamos un proceso de decantación, cun embudo de decantación, deixaríamos pasar a unha parte a metade da mestura, e na outra parte do embudo, a outra metade, deixámos que repose 5 min +- e abrimos unha válvula que se atopa no embudo, para que saia a auga, cando xa non queda + pechamos para que así o aceite permaneza dentro.

9.Material.


Na primeira foto, pódense ver algún dos exemplos de mesturas que presentei, coa súa respectiva información, abaixo, o cartel de información exposto, situado na parte traseira, e na foto da dereita, unha visión completa da exposición do traballo,
10.Conclusións.
A min o traballo pareceume interesante, fácil de que o entendera a xente, e a súa vez un pouco rechamante, mais como algunhas cousas eran abondo evidentes, notei que a xente máis maior que consideraban a exposición un pouco unha tontería, pero sen embargo os pequenos, fixábanse con moita atención. Na miña opinión, este non era moito un traballo para que a xente aprendera, senon, para que se parara a pensar a cerca de como separar os compoñentes dunha mestura, que mesturas son homoxéneas e cales heteroxéneas...
11.Outros.

Visión vacuna (atención:traballo non presentado á feira)

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007



A
VISIÓN
VACUNA

Autoría: Manuel Trashorras Arrojo
Javier Fernandez Diaz
Grupo: 1 BT
Profesor:Antonio Gregorio Montes
Data entrega: 09/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
Aidea de realizar esta experiencia deunola o profesor de fisica xa que queriamos realizar unha experiencia que non era digna do noso curso, asique o profesor deunos a idea.
2.Pequeno resume.
O que queriamos coa nosa experiencia era que a xente soubera como ven as vacas xa que empregan a visión Binocular.
3.Obxectivos.
Con esta experiencia o que se intenta e explicar como é a vision das vacas.
4.Base teórica.

La visión binocular, es decir, la que se obtiene mediante la participación de los dos ojos, permite la fusión en una percepción única de las sensaciones recogidas por ambas retinas.
El campo de la vision binocular seria: (ver ilustración en cartel)

5.Traballo.

No cartel como pedemos apreciar o que fixemos foi poñer o que é a vision binocular e logo tamen puxemosd cal é o seu campo. Finalmente ó final o que fixemos foi poñer os materiales utilizados para facer a xe experiencia.

6.Distribución.

Setembro: Decisión de que ía haber feira
Outubro:
Novembro:
Decembro (e vacacións de Nadal):
Resto Xaneiro:
Febreiro:
Marzo: Fixemos o cartel e fixemos a experiencia practica
7.Materiais e Orzamento.
PVC:
Madeira:
Epello:

8.Descrición.
Para realizar este proxecto o que ai que facer é cortar un trozo de PVC e no centro poñer un espello cun angulo de 45º no lado facer un furado para ver o que ocorre o noso redor e así nos trozos.
9.Material.
Presentado no punto 5
10.Conclusións.
Esta experiencia é facil de entender ainda que moi pouca xente se debeu parar a vela xza que non puxemos experiencia practica por mor de fallos tecnicos.
11.Outros.

Queimando azucre

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Queimando azucre

Autoría: Sergio Yáñez Gutiérrez
Grupo: 1ºBT
Data entrega: 07/04/10
1.Introdución e Hipóteses.
A idea do traballo apareceu navegando na rede; consiste en queimar azucre empregando cinza como catalizador, necesario debido a que o azucre ten un punto de fusión moi alto para as posibilidades que nos ofrece un simple mecheiro.
2.Pequeno resume.
O traballo consiste en imitar as accións que fai o noso corpo para queimar o azucre (glucosa). Para eso, igual que o corpo, engadimos un catalizador que neste caso é a cinza.
3.Obxectivos.
Preténdese que a xente comprenda o que e un catalizador, e que o noso corpo emprega reaccións químicas para realizar algunhas tarefas que nos nin sabemos.
4.Base teórica.
Os catalizadores interaccionan con outras substancias variando as súas características. No caso do proxecto, o carbono da cinza reduce o punto de fusión do azucre.
5.Traballo.
Cartelería
6.Distribución.

Outubro e novembro: Buscar proxecto que se a realizar e procura de informacion sobre o tema elexido
Xaneiro: Comprobación de que o proxecto funciona
Febreiro: Resumes para poñer no cartel
Marzo: Remate da carteleria e práctica da explicación.
7.Materiais e Orzamento.
Azucre (Azucariños da casa), Mecheiro e Cinza.

8.Descrición.
No proxecto explicábase que o corpo emprega catalizadores para queimar o azucre, e queimouse misturado con cinza para facelo posible, deste xeito o azucre consúmese facendo unha chama, e non se forma caramelo. Recoméndase empregar unhas pinzas para non queimarse e do mesmo xeito ter coidado coa superficie sobre a que se fai xa que o azucre queimado vai caendo e pode queimala.
9.Material.
Presentados no punto 5.
10.Conclusións.
O traballo non tiña moita dificultade pero era abondo interesante. Non foi o mellor da feira pero era unha cousa sinxela e que serve para comprender un pouquiño máis de química e do noso corpo.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

2007/05/12

Exame de formulación para 1ºBT

Nome e apelidos:
Nomea / formula e calcula a suma de números de oxidación nas substancias inorgánicas:
HCl
Cloruro de hidróxeno / ácido
clorhídrico
1(+1)+1(-1) = 0
CuSO4
Tetraoxosulfato (VI) de Cobre (II)
(Sulfato de cobre)
1(+2)+1(+6)+4(-2) = 0
Trioxonitrato de hidróxeno
HNO3
1(+1)+1(+5)+3(-2) = 0
Hidróxido de ferro (III)
Fe(OH)3
1(+3)+3[(1(-2)+1(+1)] = 0
Nitruro de chumbo (IV)
Pb3N4
3(+4)+4(-3) = 0
CHC-CH=CH-COOH
Ácido 2-penten 4-in oico
Dimetil etil pentano
Existen varias posibilidades. Por
exemplo, CH3-C(CH2)2-CH(CH2-CH3)-CH2-CH3


Na3PO4
Na3(PO4) ,
Tetraoxofosfato (V) de sodio
3(+1)+1(+5)+4(-2) = 0
Etil propil éter
CH3-CH2-O-CH2-CH2-CH3
Ácido propanaloloicoCHO-CH(OH)-COOH

2007/05/07

O IES, amosando a ciencia na rúa (XII día de la Ciencia en la Calle)

O sábado 5 de maio foi o 'día de la ciencia en la calle' de A Coruña. Alí foi unha representación do IES, invitada como tódolos anos polos amigos da Casa das Ciencias, a amosar algunhas das montaxes da feira. Aló estiveron tanto os líquidos non newtonianos (auga e maicena) como a mostra de plegamentos que pode ter a cortiza terrestre, ou dos tecidos hidrófugos, xunto coa idade dos peixes, á vista das escamas. Tanto os dermatoglifos como o fume caínte que se facía visible nunha montaxe, ou os globos que 'incomprensiblemente' non estoupan ó ser perforados de xeito convinte acapararon a atención dos visitantes.
A carpa do IES recibiu moita xente; en momentos, abonda máis da que podiamos atender. Por ela pasaron tanto xente curiosa como alumnos e profesores doutros centros, algúns aínda adestrados pola nosa xente para que poideran facer eles mesmos algunha explicación ou reproducir algunha experiencia sinxela: temos fotos dos globos atendidos por xente de fóra... Pero tamén pasaron VIP: á primeira hora da mañá, o Director da Casa das Ciencias pasou co equipo coordinadorr a botar unha ollada, e máis tarde, foi el mesmo quen trouxo á carpa ó alcalde de A Coruña a ver as curiosas propiedades da maicena...
Por suposto, tamén pasou a tele, a radio, a prensa, ... pero o máis importante foi que a xente que fomos non o pasamos nada mal, ó tempo que ensinábamos ciencia e aprendíamos doutros (pois había alí máis de 20 centros educativos e outras entidades). Asemade, algúns estableceron contactos de diversos tipos, e ata tivemos un agasallo dun visitante a unha hora de pouca afluencia: un malabarista deunos unha demostración asombrosa das súas habilidades, en sesión expresa para os que estabamos naquel momento na carpa. Tivemos visita de portugueses (hai fotos enviadas por eles) e de universitarios, e como tódolos anos, a xente da organización tamén fixo visitas para disfrutar e aprender connosco nunha xornada na que ata acompañou o tempo, lucindo o sol con algunha nube sen atosigar.
Tamén houbo anécdotas, pero ésas xa son máis persoais...
Entradas anteriores sobre o tema:
1
2
3
4
5
6
7
Participantes:
Borja Pardo Iglesias, Iria Acevedo, Rubén Balsa, Andrea Darriba, Álvaro Fernández Faílde, Mª Vieites Díaz, Raquel Barbeito, Paula Dorado, Adrián Fernández, David García, Iván González, Cristian Pernas, Ángela Vázquez, Alejandro Villaveirán, Diego Yáñez, Marcos Fernández, Adrián Fernández, Daniel Gallo, Arturo Linares, Iván López, Joaquín López, Eloy Rodil, Manuel Trashorras, J.Mel. Ventoso, Óscar Villamayor, Mª Jesús besteiro e Antonio Gregorio

Día da ciencia na rúa de A Coruña (VI)

Estas últimas, coa carpa chea, unha vista xeral dela vacía para contraste e un visitante: en compensación pola súa visita, fixo unha demostración co aparello que levaba. E fíxoa moi ben. Alguén quere unha demostración del en Ribadeo? Este tipo de eventos tamén serve para establecer contactos...


El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.