2015/11/24

Carnaval de la física / entroido da física LXIV edición


Ampliado: la vida hace que este mes, sobre la marcha, se amplie el plazo: la LXIV edición del carnaval de la física se extenderá durante los meses de octubre y noviembre.
Con octubre de 2015 viene la LXIV edición del carnaval de la física. Estos meses, esta edición, este blog: tengo el honor de albergar durante 61 días (octubre y noviembre) a las referencias de las entradas participantes en el carnaval. Aquí abajo las iré dejando, actualizando a medida que pasen los días. Las bases para participar? En resumen, decirlo al final de la entrada del blog, algo como 'Esta entrada participa en la edición LXV del Carnaval de la Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo' y comunicarlo a través de facebook, correo electrónico -agremon2001 en yahoo.es- o con un comentario en esta misma entrada.
Ampliado: a vida fai que este mes, sobre a marcha, se amplíe o prazo: a LXIV edición do antroido da física extenderase os meses de outubre e novembro.
Con outubro de 2015 chega a LXIV edición do entroido da física. Estes meses, esta edición, este blog: teño a honra de acubillar estes 61 días (outubro e novembro) ás referenzas das entradas participantes no entroido. Embaixo as irei deixando, actualizando co paso dos días. As bases para participar? En resume, dicilo ó final da entrada do blog, algo como "Esta entrada participa na edición LXV do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo." e comunicalo a traverso de facebook, correo electrónico -agremon2001 en yahoo.es- ou cun comentario nesta mesma entrada.
---
1.
Facendo visible un feito: podemos desprezar a atmosfera nos cálculos de g
Una pequeña demostración de introducción a la gravitación.
Unha pequena demostración de introdución á gravitación.

(Física e Química en Ribadeo)

2.
¿Se equivocó Albert Einstein?
Nadie es infalible... Einstein, tampoco!
Ninguén é infalible... Einstein, tampouco!
(Blog JEDA Granada)

3.
Comentario sobre ecuacións e sociedade: Hawking e a venda de "Historia do tempo", un conto. 
Las matemáticas son básicas para razonar la física o para no vender?
As matemáticas son básicas para razonar a física ou para non vender?
(Física e Química en Ribadeo)

4.
Premio Nobel de Física 2015
Una corta nota sobre los Nobel de Física recién salidos del horno, en espera de contribuciones más sesudas
Unha contribución curta sobre os Nobel de Física recén saídos do forno, en espera de contribucións máis sesudas
(Física e Química en Ribadeo)

5.
1/10/1847: Maria Mitchell descubre el ‘cometa Mitchell'
y hace historia... de la ciencia.
e fai historia... da ciencia.
(ZTFNews)

6.
Kepler, y a simple vista... no había contaminación lumínica!
Kepler, e a ollo nu... non había contaminación lumínica!
(ZTFNews)

7.
Anímate! ... mirando la animación!
Anímate! ... ollando a animación!


8.
 "No es un gran problema, pero para mi era como una espina. La historia también es sencilla, pero elocuente..."
"Non é un gran problema pero para min era como unha espiña. A historia tamén é sinxela, pero elocuente..."


9.
Si vives engañado, tienes un deber: desengañarte. La ciencia te ayuda.
se vives enganado, tes un deber, desenganarte. A ciencia axúdate.



10.
Las bondades de la redundancia de datos en el día a día.
As bondades da redundancia de datos no día a día.


 11.
Se estudia en 1º ESO... y tú, que sabes de eso?
Estúdase en 1º ESO... e ti, que sabes diso?


12.
Una generación brillante de físicos húngaros: los «marcianos» de la ciencia
Gabor, Teller, Szilard, Kárman, Neumann, Wigner... más?
Gabor, Teller, Szilard, Kárman, Neumann, Wigner... máis?


13.
 Un poco de luz sobre la oscuridad de materia y energía
Un pouco de luz sobre a escuridade de materia e enerxía


14.
Pues eso!
Pois iso!


15.
Una película, una física?
Unha película, unha física?


16.
Tiene sentido aplicar leyes físicas para analizar cosas que están sucediendo en el unverso educativo español?
Ten sentido aplicar as leis da física para analizar cousas que están a suceder no universo educativo español?


17
... 

Aplicando a física á análise da educación en España

Estou a ler unha revista de artigos de análise sobre a educación en España (La importancia de la educación. eldiario.es, otoño 2015). E decátome: boa parte dos razonamentos son enmarcables en conceptos, leis e relacións entre magnitudes físicas. Algo como a teoría xeral de sistemas, tendo como punto de partida a física e punto de achegamento o manexo educativo (que non exactamenter a educación).
Vexamos algúns exemplos para amosar o que digo:
1.Falando de PISA, chega a '(...)los retrasos educativos se pagan durante generaciones, porque la relación entre lo que fujimos y lo que somos es fuerte en todos los campos, pero mucho más en éste'. Vexamos: en calquera movemento, as condicións iniciais, a posición inicial en concreto, non determina a posición ó longo do tempo?
2.Falando da 'lei de Campbell', '(...) si empleamos un indicador cuantitativo para evaluar una política pública, cuantos más recursos asignamos a los resultados de esta medición, más se pervierte el proceso social que estamos midiendo'. Pero, iso mesmo non é o que ocorre cando temos a lei de indeterminación en mecánica cuántica? Se introducimos nun sistema unha variación dunha magnitude, as magnitudes relacionadas darán unha lectura que pouco ten que ver coa que pretendíamos antes de introducir esa variación como útil para facer a medida... sexa un raio de luz (enerxía) que fai variar a posición e a cantidade de movemento, ou o que sexa. E é evidente en educación que cando exercemos unha grande actividade sobre a avaliación, resíntese a aprendizaxe que esteamos a avaliar... De aí que continúe dicindo que o esforzo avaliativo tradúcese en clases para aprender a pasar as probas de avaliación. Algo que, por certo, poderiamos incluír nun apartado 2.b, relacionado coa idealidade das leis físicas :se se queren aplicar 'soltas' ten que ser en condicións ideais, onde non molesten outras leis non menos físicas, pero que complican o problema, o mesmo que se se quere avaliar só determinado factor ten que ser en condicións ideais (que non se dan) de desaparición doutros factores relacionados coa actividade empregada para medir...
3.Falando da aplicación das leis e medidas educativas: 'Una medida educativa no es sólo esa medida, es cómo los diversos agentes educativos la hacen suya, si la apoya, si generan resistencias pasivas o activas, sobre cómo afecta a los equilibrios educativos entre diversos grupos, cada uno con sus propios intereses y marcos de sentido.' Pero acaso iso non é que hai que considerar ata que punto unha lei física é válida mirando antes as condicións do contorno no que se vai aplicar esa lei 'ideal' equivalente a 'ideal' norma educativa?
4.Falando do efecto Hawthorne en experiencias educativas,  'Se ha comprobado qeu las personas, por el mero hecho de ser seleccionadas para aprticipar en un experimento, varían su comportamiento, en muchas ocasiones, con un plus de motivación.' De novo, cando as condicións dunha experiencia reducen o seu campo de actuación, non son xeralizables (vg., o que ocorre se collemos 20 moléculas de auga pouco nos vai a indicar sobre o que ocorre sobre o conxunto de 1 L de auga, aínda que por suposto poda ser aproveitado para estudar particularidades da molécula de auga.
... e poderiamos seguir. Coido que sería interesante que os analistas educativos estudiaran algo de física antes de poñerse ó seu...
--
Esta entrada participa na edición LXV do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo.  

2015/11/23

Apunte sobre a Galiciencia 2015 dende Ribadeo


Durante os días mércores 18 a venres 20 de novembro de 2015, tivo lugar a edición 10 da Galiciencia no Polo de Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole. Alí foron presentados 62 traballos de diferentes investigacións levadas a cabo por estudantes de secundaria, e tamén unha mostra de 22 pequenas investigacións de estudantes de primaria.
O IES de RibadeoDionisio Gamallo participou na mostra da man de dúas alumnas de 2º ESO, Estela Bravo e Iria García, co traballo 'Cambios en praias da Mariña lucense', que recabou o interese de moitos visitantes á mostra.
Pola súa parte, as alumnas, que presentaron un traballo continuación doutros preparados para a XXI Feira da Ciencia de Ribadeo (abril 2015, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) seguirán a desenvolver o seu estudo.
A experiencia de participar na Galiciencia 2015 levou consigo non só o poder expoñer o traballo realizado ou ver outros dos seus pares, senón tamén tres días de conviencia en Ourense e Allariz, a visita guiada á vila alaricana ou o paso polas termas de Outariz, entre outras actividades.
Outro traballo que estaba preparado, Estudo da expansión da vespa Velutina, de Pablo Vivero e Román Álvarez, finalmente non foi seleccionado e tamén segue a ser desenvolto.
Rematando de preparar o traballo

Un dos traballos premiados na Galiceincia 2015

Cartel correspondente á edición 2015 na exposición conmemorativa dos 10 anos de Galiciencia

traballo sobre viaxes de descubrimento arredor do mundo

Vista xeral da entrada

Apunte sobre a entrada á exposición

2015/11/09

A gravidade de Gravity

Onte vin Gravity. E fixeime nalgúns detalles que me amargaron a peli: as inconsistencias coa física non me deixaron disfrutar dela.
Nun momento determinado, un dos protagonistas di que dispoñen de 90 minutos: en 90 minutos os restos que andan dando volta á Terra voltarán a amargarlles a vida, 'pois móvense a uns 80 000 km/h'. Facendo cálculos, esa velocidade é duns 22 km·s-1, isto é, dobre velocidade que a velocidade de escape terrestre. Así, os refugallos espaciais terían unha velocidade que os alonxaría da Terra, a súa órbita sería aberta, e polo tanto non os voltarían molestar... por certo, a uns 400 km, altura pola que circulan tanto a estación espacial internacional como á que chega á lanzadeira espacial, dúas das tres naves da película, a órbita estable necesita unha velocidade duns 6775 m·s-1,dando a volta á Terra en... hora e media. Pódense facer algúns razonamentos para tentar xustificar a hora e media, pero as causas atribuídas serían todas invalidadas pola dinámica orbital e o conxunto de datos coñecidos. Quizáis, o razonamento máis acaído podería funcionar así: os refugallos formarían un anel arredor da Terra, con materiais movéndose a diversas velocidades, co límite superior dos 80 000 km/h ditos antes. Mais nese caso, as naves atoparían o anel despois de media volta, non despois dunha volta enteira; é dicir, ós 45 minutos.
É curioso que pa película, as vistas sobre a Terra non correspondan nunca (ao menos, que me fixara) a lugares do hemisferio sur. Cabería dicir que iso é imposible, aínda que quizáis sexa explicable pola montaxe da película, escamoteando as vistas dende o ceo de lugares onde terá pouca difusión (e Australia?)
Imaxe collida de http://www.esa.int/Our_Activities/Human_Spaceflight/International_Space_Station/Where_is_the_International_Space_Station

Noutro momento, un dos protagonistas queda suxeito ó outro e pendurado del por unha corda. A escea é parella a cando aparece noutras películas unha persoa pendurada suxeita a outra no alto dun edificio: a que ocupa o lugar superior ten que facer unha forza considerable e estar ben apoiada. Na escea espacial, a 'superior' está suxeita por uns cables enrolados ó seu pé, que ameazan con deslearse. Escena dramática... e imposible. En órbita non hai unha gravidade 'extra' que tire dos corpos máis aló da propia órbita, que tenda a retrasalos ou facer que avancen sobre o corpo principal. É dicir, a tensión da corda sería nula na práctica, e calquera esforzo sobre ela da astronauta achegaría ó austronauta suavemente a ela. Ben, e si consideramos que a nave principal (a estación espacial internacional neste caso) se puxo a rotar rápido a raíz dos impactos do lixo espacial, producindo a necesidade dunha forza centrípeta nos astronauras colgados nela para seguir atados? Ese caso non se da: o impacto co lixo espacial remataba de producirse, e os astronautas non estaban suxeitos á estación espacial internacional por un vástago ríxido que lles comunicara unha rotación, senón que petaron con ela e saíron de xeito tanxencial, necesitando só dunha forza inicial para evitar que se continuara alonxando un astronauta do outro, e este da nave, entre outros razonamentos coincidentes no resultado.
Non deixa de ser curioso que, nun momento dado, un dos astronautas avise ó outro de que se achegan os restos espaciais. Se se cronometra, iso implica cousa de 2 s o dicilo, máis a reacción dende o avistamento. Pero 2 s, a 22 km·s-1, implica 44 km. Realmente, o astronuta ten unha supervisión para, nunha situación estresante, ser capaz de distinguir lixo espacial (é dicir, trozos ningún deles dun tamaño demasiado grande) a uns 44 km de distancia...
Que tal a película? Pois... non o sei. Quedeime en consideración doutro tipo...
...

2015/10/19

Meteoroloxía en Ribadeo hoxe, e unha pequena reflexión

Chove, e leva chovendo a última parte da noite. Miro e atopo que a estación automática da Granxa Pedro Murias non funciona: ten todos os seus parámetros fóra de medición. Como Luciano Zubillaga xa se xubilou e non hai quen se encargue da estación manual (nos últimos tempos tamouco el se facía cargo), non hai datos meteorolóxicos observados en Ribadeo...
Non hai? Si. En troques, a estación meteorolóxica do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo vai funcionando estes días. Non é no mesmo lugar, e pode haber algunha variación ademais por tratarse dunha estación 'persoal', sen aparellos de calidade científica senón práctica... Velaí os últimos datos:
Está ben dispoñer de datos alternativos, aínda que se lles de máis credibilidade a uns que a outros por determinadas circunstancias. Por se unha estación falla, por comparar, para poder asignar de xeito máis doado unha calidade, ... como metodoloxía para aplicar un método á ciencia. Testabilidade, comparación, reproductibilidade, non son verbas ocas, aínda que, en segundo que campos da ciencia, se sofra de evidentes limitacións (ou, senón, cando imos poder reproducir o big bang e a historia posterior?)
Esta historia científica é extensible: O mesmo -ou de xeito parello- pode considerarse en relación ó xornais, blog, calquera tipo de fontes de información... información e transparencia para poder comparar mesmo partidos políticos ou decidir que imos comer mañá. De aí a importancia da diversidade e transparencia, que non é nin non dar ningún dato (o máis frecuente e doado) nin dar unha morea de datos sen ordear, ou dispersos, ou en formatos non accesibles, dificultando o seu tratamento ata -ás veces- facelo imposible. Un sinxelo fóra de servizo dunha estación meteorolóxica da lugar a que se valoren os datos, en particular aqueles dos que non se dispón.
---
Horas despois, volve a funcionar... e cos datos 'non rexistrados' segundo a imaxe, presentes...↩
...

2015/10/17

Resolvendo un problema (que tiven) de hai 35 anos

Non é un gran problema pero para min era como unha espiña. A historia tamén é sinxela, pero elocuente: aló hai 35 anos remataba de pasar un exame de oposición con éxito, pero a falta dun problema. Sabía facelo, ademais de varios xeitos, pero non din chegado a ningunha conclusión. Aínda hoxe en día non sei por que. O problema non era difícil ademáis era intuitivo... o caso é que, ontel, lembrando o tema por outra cuestión, e dun xeito informal, collín un papel e o resultado, en poucos minutos, é o que hai embaixo.
O enunciado, máis ou menos, dicía: "Nun reloxo de agullas, a agulla horaria, minuteiro e segundeiro coinciden ás 0 horas. Cando volverán coincidir?"
Todo o mundo sabe que cada 12 horas coinciden, pero, coinciden cada menos tempo?
A solución é doada e queda embaixo... 35 anos despois dun intento infrutuoso que aínda non sei por que o foi.
A primeira columna amosa o tempo que tardan en volver a coincidir minuteiro e horaria despois dunha coincidencia. A segunda desenvolve o cálculo para a recoincidencia de minuteiro e segundeiro. O tempo que tardarán en volver coincidir as tres dende unha coincidencia múltiple ten que ser múltiplo de ambos... Todo para chegar á conclusión evidente: tardan 12 horas, e non menos.
...

2015/10/06

Premio Nobel de Física 2015

A Academia falou: concedido exaequo a TAKAAKI KAJITA (Japón, 1959) e ARTHUR B. MCDONALD (Canadiano, 1943)
Co título 'os camaléons do espazo', o comunicado da Academia Sueca di que eles 'resolveron o crebacabezas dos neutrinos e abriron novas perspectivas en física de partículas'. A ilustración que acompaña á frase amosa unha partícula, redonda, sen identidade preestablecida, no intre de elixir vestimenta, calzóns de diferentes cores, coas letras tau (t, tauón) e (electrón) ou u (mu, muón). Certamente, expresión dun disfraz camaleónico que presentaría a partícula como diferente, sendo a mesma con diferente calzón.
Á beira da posibilidade de descargar o comunicado de concesión do Premio Nobel, unha pregunta a modo de alicerce: sabes que correntes de centeas de miles de millóns de neutrinos están pasando polo teu corpo cada segundo? A xulgar pola estatística que acompaña á pregunta, as 3/4 partes dos interesados na páxina que cubriron a resposta si o saben. Claro que... non creo que sexa algo que se poda estender á poboación en xeral, o de estar interesados no Premio Nobel de Física, e máis aínda, se non están seguros, dar a resposta...
O comunicado entra en materia apuntando que vivimos nun mundo de neutrinos. Quizáis houbera que apuntar que aínda non sabemos en que mundo vivimos, a xulgar pola obscuridade dalgunha enerxía e materia -a maioría de ambas-
Collido de https://en.wikipedia.org/wiki/Dark_matter
...

2015/10/05

Comentario sobre ecuacións e sociedade: Hawking e a venda de "Historia do tempo", un conto

No libro "Historia do tempo", S. Hawking comenta un consello co seu editor, que lle ven dicir, máis ou menos: "por cada fórmula (=ecuación) que conteña o libro, reducirase a venda á metade" (refeireime á frase anterior como 'comentario do editor', CdE). Aínda así, Hawking deixou unha expresión matemática.

Debemos entender entón que a venda de libros se reduxo á metade.
a)
A metade... de que? Como non hai unha definición numérica previa da posible venda inicial, podemos tomar algunhas hipóteses alternativas que poderían ser plausibles en ausencia dunha definición tal, e ver que pasa:
Hipótese 1. Infinito. Descartámola, pois a metade de infinito segue sendo infinito, e, a máis de limitacións de recursos, tampouco vemos nin que se venderan infinitos libros, nin que en consecuencia Hawking se fixera infinitamente rico. Hipótese falsa.
Hipótese 2. Venda limitada a que cada habitante da Terra mercara ao menos 1 libro. Coñezo a máis dunha persoa que non mercou o libro, logo tampouco é certa. Hipótese falsa.
Hipótese 3. Venda limitada a que cada familia con alguén alfabetizado mercara ao menos 1 libro. A demostración da súa falsidade é semellante ó caso anterior. Hipótese falsa.
Hipótese 4. Suposición de que o dito só afecta ás vendas de libros sen tratamento orixinal, e polo tanto, en inglés. De novo, a demostración é semellante ós casos anteriores, se ben reducida á poboación de fala inglesa. Ademais, nese caso deixaría á maioría da poboación mundial indefinida. Hipótese verdadeira.
Hipótese 5. O editor non tiña idea da venda máxima posible de libros, e o que dixo, CdE, é, en termos absolutos, unha tontería. Se ben é unha hipótese plausible, é indemostrable sen un coñecemento previo do editor e das circunstancias, pois non saberiamos como contrastala... parello en principio ó que pasaría cunha 'Hipótese 6' na que estableceramos un número concreto. Mais, neste caso (6) Poderiamos comprobar só que é falsa se estableceramos un número inicial menor do dobre dos exemplares vendidos ata o momento, pois non sabemos os que se van vender no futuro.
Ademais, debido ás posibles variantes de números posibles e polo tanto indefinición da hipótese 6, inclinaríame a pensar que a hipótese 5 sobre o CdE ten posibilidades de ser correcta. Imos logo por un comentario un pouco máis profundo do CdE.
b)
Aceptando a hipótese 6, que "o que dixo é, en termos absolutos, unha tontería", (algo que, repito, está sen demostrar aínda que é unha hipótese plausible), poderiamos tentar afinar o CdE para a súa aceptación, pois parece que nos poidera resultar algo lóxico, ou sexa, ter algo de verdade nas circunstancias que reodean á venda do libro, isto é, xeralizando, ás circunstancias da sociedade actual.
Así, poderiamos ter como un feito máis aceptable un enunciado débil (CdED) no que se manifestara "por cada fórmula (=ecuación) que conteña o libro, reducirase a venda", sen especificar cantidade. Certo que voltamos a estar na mesma definición da cantidade inicial, pero, aínda así, o CdED non parece unha 'verdade evidente'? O abandono das expresións matemáticas, fóra dos ambientes de estudo, investigación ou aplicación práctica de cuestións físicas ou matemáticas, xunto coa dificultade (tamén evidente en moita xente) de relación entre realidade física e a súa expresión matemática ou, de xeito equivalente, o significado físico de expresións matemáticas, resulta, senón unha proba, un forte apoio para a veracidade do CdED.

Tanto é así que esta entrada non contén ningunha expresión matemática, para evitar a diminución de lectores... e mesmo as dúas igualdades (tentando amosar conceptos como equivalentes no contexto dado, non números nin magnitudes!) foron desterradas, co que espero que o número de lectoras e lectores se aproxime asintóticamente no tempo a infinito...

Esta entrada participa na edición LXV do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo. 

2015/10/02

Facendo visible un feito: podemos desprezar a atmosfera nos cálculos de g

Unha clase de 2º bac en física. Posta en situación: Gravitación, expresión usada para o interior de corpos sólidos: diferenza entre expresións a empregar para cálculos sobre nós e baixo nós. Unha pregunta: e por que non segue aumentando a gravidade cara enrriba se por riba das nosas cabezas segue a haber atmosfera? Por que non podemos empregar a expresión correspondente ó interior da Terra?
Ben, a resposta pode ser dada en varios niveis. Coido que se trata de explicar por que non serve a expresión usada no interior da Terra, derivada da expresión de Newton, e rematada de deducir. Unha resposta rápida, a densidade do aire e/ou a diferencia de masa entre parte sólida do planeta e atmosfera pode ser ilustrativa, pero...
Para disipar dúbidas, un cálculo sinxelo, comezable un pouco máis acó ou máis aló...
A masa da Terra é, redondeando, 6·1024 kg (dato que, con ou sen redondeo, usan repetidas veces no curso). E a masa da atmosfera?
Saben que a densidade aproximada do aire a nivel do mar é 1,29 g/L, ou, o que é o mesmo, 1,29 kg·m-3. Tamén saben dende hai tempo que a superficie da terra é duns 510 millóns de km2, polo tanto, 5,1·1014 m2. E que a gran maioría da masa da atmosfera está nos 10 primeiros km, que como moito, teñen a densidade do nivel do mar. Polo tanto, a súa masa, volume por densidade, da 5,1·1014·104·1,29 kg; é dicir, pouco máis de 6·1018 kg
É dicir, comparando a masa da atmosfera coa da Terra, da que é menor nun factor 106 : desprezable.
...
Esta entrada participa na edición LXV do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: Física e Química en Ribadeo.

2015/08/05

Un vello libro, un novo pracer: Richard Feynman e O carácter da lei física

Feynman foi, no seu momento, un descubrimento para min. Hoxe volve selo, ó ler un libro que tiña aparcado dende hai moito para a súa lectura: a edición que rematei é de 1980, ano no que me costou 750 pts. Valía iso e máis, contradicindo a cita que atopo ó comezar ler un novo libro: Nowadays people know the price of everything and the value of nothing (O. Wilde, The picture of Dorian Gray)
Apuntei no seu comezo, cando xa me deixara embriagar: un libro para deleitarse comprendendo. E é que as conferencias ditadas en Cornell por Feynman no 1964 son, para min, unha obra de mestría didáctica sen menosprezar a literatura que levan consigo. Poucas cousas novas me descubriron: ó fin, é divulgación de hai máis de 50 anos. Pero sería mentir o tomar a frase anterior ó pé da letra, pois as imbricacións de ideas, métodos... que fan medrar na cabeza son tamén novidade, máis sutil que o que podan ser novedosos conceptos independentes.
Apunto noutro lugar: 'parece que fala do software libre', cando está a falar do que supoñería un desenvolvemento teórico da astronomía na época maia. Apunto tamén a substitución de intereses dunha ciencia para outra segundo van acadando unha certa maioría de idade e vexo o punto álxido de descubrimentos en física e a baixada de matrículas universitarias na disciplina, ou lembro que hai varias aproximacións diferentes á lei de Newton, cando vexo tres, que xa coñecía, pero que non as vira en conxunto dun xeito nídio ata o momento. Anoto parágrafos que serían convenientes para os meus alumnos... e para min.
Un pracer e un desfrute de coñecemento.
--
Esta entrada participa na edición LXIII do Carnaval de la Física/Antroido da Física. Blog anfitrión: El mundo de las Ideas.

2015/07/05

Apoio á liberdade de datos como fundamento para a liberdade (de investigación, pero non só)

Ás veces, as leis naturais sofren constricións non por outras leis de tipo natural, ou a súa aplicación vese entorpecida non por dificultades técnicas, senón por leis humanas.  Coido que tal tipo de restrición debera ser mínima, contemplando só como freo continxencias de forza maior. A declaración de A Haia (The Hague Declaration on Knowledge Discovery in the Digital Age) tenta garantir un mínimo de contemplación desa idea. Aínda non a refrendaches? e a túa organización?

2015/06/05

Un traballo xa vello: Selectividad de Física-LOGSE en Galicia: un resumen de 5 años

https://www.scribd.com/doc/267756200/Selectividad-de-Fisica-LOGSE-en-Galicia-Un-Resumen-de-5-Anos é un traballo feito polo grupo de traballo de Física nas PAAU e presentado ó congreso de ensino da física en Sevilla no ano 2001. Apareceu nas actas do mesmo (polo que parece, por un erro, sen o meu nome...)
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.