2007/05/31

Enerxía solar térmica

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Enerxía solar térmica

Autoría: Alejandro Villaveirán Fernández
Grupo: 4ºESO DC
Data entrega: 07/04/11
1.Introdución e Hipóteses.

Hoxe en día fálase moito do cambio climático, e das enerxías renovables como solución para o futuro. Por iso se decidiu facer o proxecto sobre unha destas enerxías, a enerxía solar térmica.

2.Pequeno resume.
Pretendeuse explicar como funciona a enerxía solar térmica, e como se aproveita. Para isto fíxose unha placa solar.
I want to explain as energa works to pave trmica, and like aprobecha. For this I made a solar panel

3.Obxectivos.
O obxetivo é comprobar como se quenta a auga o pasar pola placa solar, e o seu movemento ó cambiar de temperatura.

4.Base teórica.
O movemento da auga: a auga o quentarse pesa menos, e dicir, ten menos densidade. Polo tanto a auga fría (máis densa) tende a ir cara á parte inferior desprazando a auga quente (menos densa) cara a parte superior, polo que se produce o seu movemento.
O quencemento da auga: a transmisión de calor prodúcese porque cando dous corpos teñen diferentes temperaturas esta tende a equilibrarse, o corpo máis quente cede calor e o máis frío absórbeo.

5.Traballo.
ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
Consiste no aproveitamento da enerxía solar para o quencemento dun fluído.
FUNCIONAMENTO:
O fluído, xeralmente auga, pasa polos paneis solares e quéntase pola acción do Sol, ó igual que como moita xente comprobou, fai a auga contida nunha mangueira tirada no xardín nun día de sol.
A auga xa quente sae pola parte superior dos paneis e diríxese a un depósito acumulador, donde permanece hasta que sexa necesario o seu uso.
Se a temperatura do fluído non é abonda, antes do seu uso pasará por un sistema de quencemento convencional, como pode ser un quentador de gas ou un termo eléctrico.
APLICACIÓNS MÁIS FRECUENTES:
- Auga Quente Sanitaria: mediante paneis solares en vivendas obténse auga quente para baño e cociña.
- Calefacción: a auga quente utilízase para climatizar os locais. O sistema máis adecuado é polo chan radiante, consiste nunha rede de tuberías dispostas polo chan, polas que circula auga quente a uns 40º C, que transfiren o calor á habitación. O sistema por radiadores non é adecuado porque necesítase elevar a temperatura da auga a uns 80º C, o que é máis difícil con este método.
- Prequencemento de líquidos en procesos industriais.
- Climatización de piscinas: pode ser utilizado tanto para piscinas exteriores como interiores. En piscinas exteriores utilízase para aumentar a temporada de baño, é dicir, para que poida utilizarse máis días ó ano. E nas piscinas cubertas para climatizalas.

6.Distribución.
Novembro: Elección do tema para o proxecto da feira.
Decembro e Xaneiro: Recollida de información sobre o tema.
Febreiro: Desenvolvemento principal do traballo
Marzo: Realización da presentación, repaso e derradeiros retoques.


7.Materiais e Orzamento.
Tubería de plástico: 1,5 €
Caixa de catón: caixa dun paquete.
Porexpán (poliestireno): aproveitado dun embalaxe.
Lona negra: un anaco de lona negra aproveitado
Botella de 2 litros: unha botella de plástico dun refresco.
Forro transparente para libros
Cartolinas
Folios

8.Descrición.
Este proxecto consiste na representación dun panel termosolar, contemplando mediante isto como se pode recoller a enerxía solar, e ver as aplicación que se lle pode dar.
Para facer este proxecto temos que contar cos seguintes materiais: caixa, forro de libros, plástico negro, tubería negra, porexpan, unha botella de plástico, silicona, coitelo e mecheiro.
Os raios do sol dan sobre o forro e o plástico negro e pasa o calor á tubería que é a que contén a auga e así quéntase ista. A auga vai circulando da tubería á botella.

9.Material.
Placa solar térmica
(ver foto)
10.Conclusións.
O traballo pareceu interesante, xa que está moito de actualidade. Facéndoo o autor aprendeu como era a estrutura dun panel solar. Anímase a, se alguén o quere repetir, que o faga, xa que non é unha cousa complicada e pódese ver o seu resultado, é dicir, como se quenta a auga. A xente que visitou a feira parece que estivo dividida entre os que amosaron interese e os quenon. Aprenderon o mesmo co autor e as utilidades para que se empregan.

11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.