XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Título: A POLARIZACIÓN
Autoría: David Grandío Moirón, Joaquín Río Varrera, Adrián Rodríguez Sanjurjo
2º B.T. Antonio Gregorio Montes
Data entrega: 07/04/09
1.Introdución e Hipóteses.
O traballo xurdiu ó oír falar da polarización nas gafas. E tamén do dato curioso de que este tipo de gafas están prohibidas para a pesca. A partir de aí comezamos a investigar e a coñecer a óptica e en concreto este fenómeno.
Logo o traballo foise encamiñando ó que finalmente sería un filtro feito con dúas lamelas polarizadoras.
2.Pequeno resume.
O traballo consiste nun filtro polarizador que conta con dúas lamelas polarizadoras, unha delas móbil, de tal xeito que se as dúas lamelas forman un ángulo de 90º, non se ve nada a través do filtro, pero se se colocan paralelamente, podemos ver a través do filtro, aínda que veremos luz polarizada.
This project consists in an instrument which is composed of two polarized glasses. If we put them in order (90º) we won’t be able to see across them.
3.Obxectivos.
Tentar achegar un fenómeno óptico á xente, cunha demostración visual sinxela ó tempo que se introducen conceptos teóricos e exemplos da vida cotiá (gafas polarizada.
4.Base teórica.
A polarización é un fenómeno propio das ondas transversais, entre as que se atopan as ondas electromagnéticas (a luz). Neste tipo de ondas o campo eléctrico e o campo magnético poden vibrar en calquera das infinitas direccións que son perpendiculares á dirección de propagación.
A polarización consiste en que a vibración das ondas se realice nunha dirección determinada.
5.Traballo.
¿QUE É A POLARIZACIÓN?
A polarización é un fenómeno propio das ondas transversais, entre as que se atopan as ondas electromagnéticas (a luz ).
Neste tipo de ondas o campo eléctrico e o campo magnético poden vibrar en calquera das infinitas direccións que son perpendiculares á dirección de propagación.
A polarización consistirá en que a vibración das ondas se realice nunha dirección determinada.
Para observar este fenómeno chegaranos con observar a dirección de vibración do campo eléctrico xa que logo o campo magnético quedará fixado ao ter que ser perpendicular ó campo eléctrico e á dirección de propagación.
PROXECTO
O noso proxecto consta de un aparello construído con dous polaroides. Cada un destes polaroides deixa pasar a luz polarizada nunha soa dirección. Se miramos a través dunha destas lentes podemos observar como a visión varía: vese como as cores cambian de ton, elimínanse os reflexos e en xeral cambia a percepción de todas aquelas cousas afectadas por unha onda electromagnética.
Se engadimos outro polaroide das mesmas características, colocámolo diante do anterior e miramos por el, a visión non varía moito, sen embargo, se xiramos un deles 90º, entón prodúcese un fenómeno curioso: non vemos nada a través destas lentes. Isto prodúcese porque un dos polaroides deixa pasar a luz polarizada horizontalmente e o outro, colocado de xeito adecuado (a 90º), só deixa pasar a luz polarizada verticalmente, así constrúese un plano a través do cal se miramos, non podemos ver nada.
Para observar este fenómeno chegaranos con observar a dirección de vibración do campo eléctrico xa que logo o campo magnético quedará fixado ao ter que ser perpendicular ó campo eléctrico e á dirección de propagación.
TIPOS DE POLARIZACIÓN
Polarización lineal: unha onda está polarizada linealmente se o campo eléctrico vibra sempre nunha mesma dirección. A medida que avanza a onda, a vibración do campo eléctrico permanece nun plano que contén a dirección de propagación e que se denomina plano de polarización.
Polarización circular: esta polarización pode obterse sumando dúas ondas que estean polarizadas linealmente en direccións perpendiculares de igual amplitude e frecuencia e desfasadas π/2 rad. Producirase así unha circunferencia nun plano perpendicular á dirección de avance da onda.
Polarización elíptica: a anterior sería un caso de ista, máis xeral. Maniféstase cando as ondas que se suman, polarizadas perpendicularmente unha respecto da outra, non son de igual amplitude.
6.Distribución.
Setembro: Decisión de que ía haber feira, e de facer tresw proxectos entre tres persoas.
Novembro: A información obtívose de xeito doado
Decembro (e vacacións de Nadal): Rematada a base teórica, pero falta un proxecto vistoso que a explique
Resto Xaneiro: Entre este mes e o seguinte xurde a idea do filtro e tras conseguir as lentes polarizadas comézase a realizar o filtro.
Febreiro: Os últimos retoques á experiencia e ó traballo (cartelería)
Marzo: Entrega e ensaio do que se ía a explicar na feira
7.Materiais e Orzamento.
Os materias empregados non foron máis que un tubo de cartón (dunha tenda de roupa, tela, ou similar), as lentes polarizadas que nos facilitou o centro, un pouco de cinta illante, pintura en “spray” e un trípode (aproveitado o dun telescopio).
8.Descrición.
O traballo tenta explicar o que é a polarización. A polarización é un fenómeno propio das ondas transversais, entre as que se atopan as ondas electromagnéticas (a luz).
Neste tipo de ondas o campo eléctrico e o campo magnético poden vibrar en calquera das infinitas direccións que son perpendiculares á dirección de propagación.
A polarización consistirá en que a vibración das ondas se realice nunha dirección determinada.
Pois ben, con esta experiencia téntase explicar este fenómeno. Construíuse un filtro polarizador. Este é un tubo que ten dúas lentes polarizadas nos seus extremos, unha fixa e a outra móbil, de tal xeito que se as dúas lentes están colocadas paralelamene, podemos ver o que hai máis alá do tubo. Se xiramos unha lente de tal xeito que forme 90º coa outra, non veremos nada a través do tubo. O que se produce aquí é que como unha lamela polariza a luz, facendo que só a vexamos vibrando nunha dirección, se a outra (lamela igual a anterior) se sitúa cun ángulo de 90º o que sucede e que se xenera un plano (dirección horizontal e dirección vertical) que non nos permite ver o que hai máis alá da segunda.
9.Material.
10.Conclusións.
O galego exposto nos cemiterios
-
A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición '*Un percorrido
polos cemiterios de Ribadeo a través do galego*'. Terá lugar na Oficina de
Tu...
Hai unha hora
Ningún comentario:
Publicar un comentario