XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Gaiola de Faraday
Autoría: Ricardo Muiña García
Diego Villar Fernández.
Grupo: 2ºBT
Data entrega: 10/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
A idea xurdiu buscando na rede un proxecto para a feira que non fose demasiado difícil pero si que fose bastante vistoso. Esta foi a alternativa que reunía tódalas calidades requeridas, e ademais tratábase de algo sobre o que os autores tiñan algo de idea.
2.Pequeno resume.
A gaiola de Faraday (chmada así por ser ideada por Michael Faraday) serve para impedir a propagación das ondas electromagnéticas no seu interior, e así, facer que unha radio que estea no seu interior deixe de sonar. Isto funciona debido a que as ondas de radio propáganse e 'vanse' ó primeiro conductor que atopan no seu camiño sendo o metal co que está feita a gaiola ese conductor polo que debido a isto deixa de soar.
This project is about Faraday´s cage, which consists on a radio which is wrapped by paper. When you do that, the radio works but if you wrap it with something metallic, the radio doesn’t work. It is because the sound goes to the first leading which is finded (the metallic object).
3.Obxectivos.
Demostrar que unha superficie conductora que envolve a un espacio oco non permite o paso de campos eléctricos (cara ó exterior ou ó interior). Nós, demostramos de forma visual que esto se cumpre e porque.
4.Base teórica.
A base teórica deste traballo é que as ondas electromagnéticas poden ser creadas por campos eléctricos e magnéticos variables no tempo. Ocorre que un campo eléctrico variable xenera a súa vez un campo magnético variable, e viceversa. Esta propiedade permite as ondas de radio viaxar polo aire rexenerándose mutuamente. Sen embargo, cando as ondas electromagnéticas chegan ó interior do aluminio, onde o campo eléctrico tede a anularse debido ó movemento das cargas no seu interior por ese mesmo campo, non poden seguir rexenerándose polo tanto non o poden atravesar e chegar á radio. Michael Faraday demostrou que unha gaiola metálica forma unha pantalla eléctrica que impide o paso das ondas electromagnéticas, por isto recibe o nome de gaiola de Faraday.
5.Traballo.
O efecto da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético no interior dun conductor en equilibrio sexa nulo, anulando o efecto dos campos externos.
Ponse de manifesto en numerosas situacións cotiás, por exemplo, o mal funcionamento dos teléfonos móbiles no interior de ascensores ou edificios con estructura de reixiña de aceiro.
Un xeito de comprobalo é cunha radio sintonizada nunha emisora en onda media. Ao rodeala cun xornal, o son escóitase correctamente. Con todo, se substitúe o xornal cun papel de aluminio a radio deixa de emitir sons: o aluminio é un conductor eléctrico e provoca o efecto gaiola de Faraday.
Este fenómeno, descuberto por Michael Faraday, ten unha aplicación importante en protección de equipos electrónicos delicados, tales como repetidores de radio e televisión situados en cumes de montañas e expostos ás perturbacións electromagnéticas causadas polas tormentas. Este fenómeno tamén é o que protexe aos avións da caída dun raio.
6.Distribución.
Entre finais de setembro e comezos de outubro prantexóuselle ó profesor este proxecto como posibilidade para a feira. Trala aprobación por parte do profesor comezouse a fabricar a gaiola en posterores fechas para despois, á volta de vacacións, presentar unha 2ª revisión do proxecto e darlle uns últimos retoques para a súa presentación definitiva o 28 de marzo.
7.Materiais e Orzamento.
O único material utilizado foi unha rede de aluminio coa cal fixemos unha gaiola e unha radio que xa tíñamos na casa.
8.Descrición.
As persoas que vexan este proxecto poderán sacar en limpo como basicamente se propagan as ondas electromagnéticas e como e porque o aluminio pode frealas. O proceso de fabricación é moi sinxelo, só se necesita una reixa de metal que se cortará en forma de caixa recortando os lados da caixa cunhas tenaces.
9.Material.
Fotos por separado.
10.Conclusións.
O proxecto permitiu coñecer como se propagan as ondas electromagnéticas e como facer que non continúen propagándose, ademais de protexer equipos eléctricos sensibles as ondas gracias a gaiola de Faraday. Ademais disto, foi unha experiencia vistosa para expoñer xa que a xente que a viu quedou abraiada do efecto da gaiola.
11.Outros.
O galego exposto nos cemiterios
-
A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición '*Un percorrido
polos cemiterios de Ribadeo a través do galego*'. Terá lugar na Oficina de
Tu...
Hai 2 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario