2007/05/15

O son non se propaga no baleiro

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: O son non se propaga no baleiro

Autoría: Rubén Vidal López
Francisco José García Fernández
Grupo: 2º B.T.
Data entrega: 18/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
A idea de facer este traballo ven dun proxecto que estaba exposto o ano pasado na Casa das Ciencias na Coruña. Neste proxecto demostrábase que o sonido non se propaga no baleiro, que é o mesmo que se quere demostrar neste, pero con distinta montaxe.
2.Pequeno resume.
Este proxecto é unha demostración do feito de que o son non se propaga se non hai materia pola que facelo.
This project demonstrates that the sound does not propagate through the vacuum.
3.Obxectivos.
O que se pretende neste traballo é demostrar que as ondas mecánicas necesitan materia para propagarse e, ademais, tamén se comparan estas coas ondas electromagnéticas, xa que se pode ver no traballo que estas últimas non necesitan de materia para propagarse.
4.Base teórica.
A teoría que se utiliza para explicar este suceso está incluída na estudada en 2º de bacharelato no tema de moventos ondulatorios, máis concretamente, na clasificación das ondas segundo a súa natureza.
5.Traballo.
Este proxecto é unha pequena demostración do feito de que o son non se propaga se non existe materia pola que facelo.
Isto pódese expoñer por medio dun frasco e unha bomba de aire para extraer o aire de dentro. Deste xeito queda un baleiro relativo no seu interior impedindo que o son se propague dentro do frasco.
Para demostralo, introduciremos calquera obxecto, que produza son, no seu interior (pero sen que a parte que o produce toque as paredes para no ter transmisión por elas) e observaremos que se non extraemos o aire pódese escoitar o son e se baleiramos o frasco non.

Explicación

Isto ocorre porque o son é unha onda mecánica, é dicir, que necesita materia para a súa propagación (a cal se produce por compresións e dilatacións nesta) e sen ela é incapaz de propagarse. Por exemplo, cando se golpea unha mesa, prodúcense unhas vibracións nela que se pasan ao aire (por estar este en contacto coa mesa) e que producen compresións e dilatacións sucesivas que fan que o son se propague e que poidamos escoitalo ao chegar esas vibracións ao noso oído.
No caso da luz non ocorre isto porque a luz é unha onda electromagnética e non necesita de materia para a súa propagación. Polo que a través do frasco baleiro poderemos ver luz, aínda que non oiamos o son que se está a producir no seu interior. Unha maneira de entender que as ondas electromagnéticas non necesitan de materia para propagarse é darse conta de que entre o Sol e a Terra hai baleiro e, sen embargo, a luz chega igualmente.
Unha demostración dos dous casos á vez sería meter un teléfono móbil dentro do frasco e chamar. Poderemos ver que se acende a luz da pantalla e que recibe a chamada (pois usan ondas electromagnéticas para recibir a sinal), pero aínda que non o poñamos no modo silencioso non o poderemos escoitar.
This project demonstrates that the sound does not propagate through the vacuum. For that, we will introduce a mobile phone (for example) into a space where we have formed the vacuum and we will verify that we do not hear any sound from this space.
6.Distribución.
Outubro: Procura de temas.
Novembro: Procura de información sobre cómo se pode facer baleiro nun recipiente e ademais en qué recipiente.
Decembro (e vacacións de Nadal): Por mor do traballo que foi posto para realizar nestas datas, sen realización de actividade para a feira
Resto Xaneiro: Desenvolvemento principal
Febreiro: Repaso e realización da presentación
Marzo: Últimos retoques. Entrega o día 28 de febreiro.
7.Materiais e Orzamento.
Desecador Prestado pola profesora de Química.
Goma para facer o baleiro Prestada pola profesora de Química.
Timbre 1€
Cartulina 0,40€

8.Descrición.
Na feira o proxecto estivo exposto nuha mesa, de maneira que se colocou un timbre no interior e cada vez que alguén se paraba a ver a demostración comparábase o ben que se oía o timbre con aire dentro do desecador e como, sen embargo, ao facer o baleiro este non se oía.
9.Material.

10.Conclusións.
Se alguén o volve facer sería aconsellable que atopara unha boa maneira de facer o baleiro, pois houbera dado moito máis de sí se se houbera podido quitar maior cantidade de aire.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.