Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta cambio climático. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta cambio climático. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

2022/03/02

A ciencia segue a subir o nivel de alarma climática

    Hoxe por hoxe, o desafío / cambio climático mantense entre os principais a solventar nos próximos anos. Evidentemente, non é o único, aí está a guerra para que non o esquezamos, ou os avisos de falta de litio para as baterías, por non citar máis que dous feitos alarmantes cara ó futuro, e que se sumarían nunha rede de problemas máis difícil de sulucionar en conxunto que por separado, e que afecta ó noso medio vital.

    Volvendo ó clima, o pasado 28 de febreiro foi liberado un novo informe sobre o cambio climático. Recollo abaixo un resume traducido do mesmo, realizado a partir do feito pola ESA no interior do artigo https://www.esa.int/Applications/Observing_the_Earth/Space_for_our_climate/Satellites_support_latest_IPCC_climate_report


'O informe usa evidencia de máis de 34000 fontes científicas e amosa como tormentas extremas, secas, inundacións, vagas de calor e incendios están causando disrución na produción de alimentos, interferindo con pesca e acuicultura, causando dano ás cidades, infrastrutura e caúde humana.

Chaves rápidas:

* O cambio climático xa ten causado “danos substanciais e incrementado perdas irreversibles, en ecosistemas terrestres, de augas doces e costeiras e marinos abertos”.

* Os crecentes eventos extremos de temperie e clima “teñen exposto a millóns de persoas a unha inseguridade alimentaria aguda e reducido a seguridade da auga”, podéndose ver os impactos máis significativos en partes de África, Asia, América Central e do Sur e o Ártico.

* Do 50 ó 75% da poboación mundial pode estar exposta a periódos de “condicións climáticas perigosas para a vida” debido á extrema calor e humidade para 2100.

* O cambio climático “incrementará a presión sobre a comida e a súa produción e acceso, especialmente en rexións vulnerables, minando a seguridade alimentaria e a nutrición”.

O informe fai un chamamento para unha acción ambiciosa e acelerada para adaptarnos ó cambio climático e facer recortes rápidos e profunedos nas emisións de gases de efecto invernadoiro.

2014/09/22

Cambio climático e temperie en Ribadeo

Este ano, o verán comeza aínda mañá, 23 de setembro, aínda que sexa ben cediño (2:29 UTC, isto é, ás 0:29 hora oficial, media hora escas despois do cambio de día), co que podemos considerar que aló foi, máis aínda coa chuvia que leva a caer todo o día en Ribadeo. E falo de Ribadeo só, coas limitacións que leva consigo: unha parcialidade que fai que calquera afirmación ou conclusión que se poda obter non será máis que algo que sumar a outras moitas para poder obter unha evidencia xeralizada de cambio climático a nivel da Terra, que é o que interesa ó conxunto da humanidade.
Co dito ó comezo, podemos dicir que a tempada de boa temperatura vai pasada en Ribadeo, aínda que poda haber días sorpresa con Sol e temperatura agradable, pero dificilmente chegarán ás máximas do verán.
E aí ía: mentres que o cambio climático se vai producindo lentamente, subindo a temperatura media de xeito case imperceptible un ano tras outro, ó ser unha cuestión estatística, nos extremos de temperatura, en momentos puntuais do día a día, nótase máis a variación. Un caso particular, as temperaturas máximas obtidas a diario que poden superar unha temperatura alta: estariamos falando duns poucos días ó ano. Imo sver:
Dende comezos de século, a estación automática de medición meteorolóxica da Pedro Murias leva dándonos os resultados, e, se collemos as temperaturas máximas diarias, observamos o que temos embaixo:

É dicir, o número de días que se leva acadado en Ribadeo nalgún momento do día temperaturas superiores a 25ºC vai aumentando paulatinamente, de media, a razón de máis de 3 días/ano cada catro anos. Se collemos os catro últimos (neste aínda pode haber algún día máis con temperatura maior que 25ºC, aínda que sexa improbable), temos 65 días con temperaturas superiores, mentras que nos catro primeiros do século (o 2 000 pertence ó século XX) o número é de só 30.
Non sei o que nos deparará este inverno, pero o aumento de temperaturas, o cambio climático, está claro en Ribadeo no que levamos de século.
--
Actualización: en outubro acadouse o 17 día de +25ºC este ano, o que aumenta a inclinación da gráfica...
-
Esta entrada participa na Edición LVI do Antroido da física/Carnaval de la Física , con blog anfitrión en High Ability Dimension

2021/01/28

28 de xaneiro: 23 anos do protocolo de Quioto

Mapa de TUBS en Commons. Lic. CC BY SA 3.0

   Kioto, cidade xaponesa, acubillou no 1998 o cume do clima que resultou no protocolo de Quioto, un amago de acordo mundial para enfrontármonos a un reto tamén mundial, o cambio climático, no que cada vez ten un protagonismo maior a humanidade. Algo que xa viña sendo advertido polos científicos dende moitos anos antes: en 1975, o xeofísico Wallace S. Broecker (1931-2019) publicou un artigo en Science, “Cambio climático: ¿Estamos ó borde dun quecemento global pronunciado?

   E 23 anos despois, neste día 28 de xaneiro adicado ó clima pola ONU, seguimos a peor. O ano pasado, en plena pandemia, batíronse marcas de CO2 na atmosfera e de temperaturas e fenómenos climáticos extremos. E este ano non pinta diferente.

   Claro que se está comezando a tomar medidas, con moito atraso, que miran a neutralizar o avance do dióxido de carbono na composición atmosférica. Dende a produción eléctrica ó uso de transportes eléctricos, pasando pola universalidade das luces led. Pero, dentro dun tipo de comercio capitaneado polo capital, hai que esperar a que a rendibilidade económica prevaleza para seguir adiante. E a natureza non está ó servizo da economía, aínda que así llo pareza a moita xente en moitas circunstancias. Pero a natureza e o equilibrio químico no planeta non entende de capitalismo.

   A máis da páxina sobre cambio climático da ONU, non moitos datos e ligazóns, a modo de lembranza, deixo un vídeo curto sobre o que nos afecta do cambio climático...



2007/05/21

Apuntes sobre ecoloxía e medio ambiente


Apuntes sobre ecoloxía e medio ambiente


Algúns conceptos:

Hipótese Gaia

Formulada por James Lovelock, a chamada Hipótese Gaia, concibe a biosfera (esfera de vida, en interpretación literal) terrestre como un xigantesco ser vivo. Esta hipótese, que foi desenvolvida máis tarde por Lynn Margulis baixo o nome de Teoría Gaia, fai referencia á bioxeografía, no sentido de que os seres vivos (animais e plantas) evolucionaron interactuando estreitamente co reino mineral, polo que todos forman parte dun conxunto dinámico que regula e dá forma á biosfera terrestre. Resulta ser unha especie de visualización da autorregulación dos sistemas vivos a nivel planetario.

Ecoloxía

A ecoloxía pode definirse como a ciencia que estuda as interrelacións entre os seres vivos e o seu contorno, incluíndo no mesmo outros seres vivos e os aspectos físicos (clima, etc, ademais de depender dos factores sociais e económicos). O termo foi introducido polo biólogo alemán Ernest Haeckel, a partir da palabra grega "oikos", que significa "casa", e "logos", que significa "estudo", de xeito semellante á verba 'economía', que significaría a medida da casa.

A ecoloxía tamén estuda as intervencións do ser humano sobre o espazo e a natureza. Para os ecólogos, o medio ambiente inclúe non só os factores abióticos como o clima e a xeoloxía, mais tamén os seres vivos que habitan unha determinada comunidade ou biótopo.

Biosfera

O conxunto dos seres vivos e non-vivos que habitan un determinado espazo xeográfico chamase ecosistema. O conxunto dos ecosistemas da Terra é coñecido por biosfera. Así, a biosfera é a parte do planeta ocupada polos seres vivos. É un concepto da ecoloxía, relacionado cos conceptos de litosfera, hidrosfera e atmosfera. Inclúense na biosfera todos os organismos vivos que viven nun determinado planeta, aínda que o concepto sexa en xeral agrandado para incluír tamén os seus hábitats, pasando a biosfera a ser tratada como un conxunto de ecosistemas, e englobando así toda a zona habitábel dun planeta.

Medio ambiente

O medio ambiente afecta aos seres vivos non só polo espazo necesario para a súa supervivencia e reprodución, senón tamén polo necesario para as súas funcións vitais, incluíndo o seu comportamento (que é estudado pola etoloxía, que tamén analiza a evolución dos comportamentos), a traverso do metabolismo ou outras relacións. Por esa razón, o medio ambiente determina o número de individuos e de especies que poden vivir no mesmo hábitat.

Por outra banda, os seres vivos tamén alteran permanentemente o medio ambiente en que viven. Pode que o exemplo máis impactante sexa a construción dos arrecifes de coral por minúsculos invertebrados, os pólipos coralinos. No apartado humano, as grandes obras, mesmo en infrastruturas (como unha autovía) producen asemade grandes impactos.

As relacións entre os diversos seres vivos existentes nun ecosistema inclúen a competición polo espazo, polo alimento ou por parceiros para a reprodución, a predación duns organismos por outros, a simbiose entre diferentes especies que cooperan para a súa mutua supervivencia, o comensalismo, o parasitismo e outras, incluídas nas relacións ecolóxicas. Así, hai que considerar que o ambiente dunha determinada especie inclúe ás outras especies que comparten o mesmo espazo.

Biótopo

Biótopo é o espazo físico, natural e limitado onde se desenvolve a biocenose, que complementa o biótopo como parte viva do ecosistema: Biótopo + Biocenose = Ecosistema.

Elementos a considerar no biótopo son:

* edafótopo.- referido ó substrato

* climátopo.- características climáticas

* hidrótopo.- factores hidrográficos.

En relación á súa extensión, pode ser tan amplo como o mar, ou tan reducido como un lago pequeno, un recife de coral, ou os diferentes desniveis dun río, nos que existen residencias ecolóxicas con distintas comunidades animais e vexetais.

Hábitat

O hábitat en ecoloxía é o conxunto local de condicións xeofísicas nas que se desenvolve a vida de calquera especie de ser vivo. É dicir, o ecosistema considerado dende o punto de vista dunha soa especie.

O concepto de Hábitat (humano) é o que se emprega na ecoloxía humana e sobre todo en urbanismo é unha extensión por analoxía do concepto ecolóxico de hábitat. Refírese ao conxunto de factores materiais e institucionais que condicionan a existencia dunha poboación humana localizada. En arquitectura o termo emprégase tamén para referirse ás condicións que a organización e o acondicionamento do espazo interior dun edificio, residencial ou de traballo, ofrecen aos seus habitantes. Este concepto pode considerarse como un exemplo das propias interrelacións que ten a ecoloxía con outras ciencias, debido ó seu carácter de estudo totalizador sobre o equilibrio da vida.

Contaminación

Todo aquelo que desequilibra de xeito importante un ecosistema. Pode sorprender que poda haber unha 'contaminación limpa', pero se por exemplo temos unha atmosfera demasiado pura, produce tamén un desequilibrio que pode afectar ás persoas.

Protocolo de Kyoto

O protocolo de Kyoto é un convenio internacional que intenta limitar globalmente as emisións de gases de efecto invernadoiro. O protocolo xorde da preocupación internacional polo quencemento global, que pretende controlar as emisións descontroladas destes gases. É a mostra dun grupo de tratados internacionais que se está a desenvolver en relación co medio ambiente.


Un pouco de historia

A evolución dos conceptos anteriores e da verificación das alteracións de varios ecosistemas, en particular da súa degradación, polo ser humano, levou ao concepto da 'Ecoloxía Humana', que estuda as relacións entre o ser humano e a Biosfera, principalmente desde o punto de vista da manutención da súa saúde, non só física, mais tamén social.

Por outro lado, apareceron tamén os conceptos de Conservación e de Conservacionismo, que se impuxeron na actuación dos gobernos, a través das accións de regulamentación do uso do ambiente natural e das as súas especies tanto como a través de organizacións ambientalistas que promoven a diseminación do coñecemento sobre estas interaccións entre o ser humano e a Biosfera.

O concepto de contaminación, por exemplo, foi variando e sendo estendido, abranguendo na actualidade a contaminación por residuos das granxas, por ruído ou mesmo, considerando outras aspectos, contaminación lumínica nouturna.


Ecosistemas

Introdución

Un ecosistema é a comunidade e o medio abiótico que lle serve de soporte e que actúan como unha unidade. Como sistema está formado polo conxunto de tódolos seres vivos (a biocenose ou comunidade, totalidade dos organismos vivos que forman parte do mesmo ecosistema e interaccionan entre si) e o ambiente non vivo (o biótopo) que os rodea. Dito doutra maneira: un ecosistema está constituído de múltiples biótopos e biocenose.

O concepto de ecosistema é adimensional e multiescalar. É dicir, os seus límites dependen do problema ou fenómeno en estudo, sen considerar unha dimensión ou tamaño previos. Así, podemos considerar como ecosistema á zona costeira intermareal e tamén ó planeta completo.

Biomas

Habitualmente, os ecosistemas vense confinados dentro de límites ou zonas xeográficas con certas características climáticas definidas. En vez ecosistema debería falarse de bioma. Un bioma é un ecosistema que se desenrola sobre unha grande extensión da superficie do planeta (terrestre ou acuática, por exemplo a sabana). Podería dicirse tamén que se trata dunha formación bioxeográfica xunto cos organismos que viven nela. Así, bioma sería o resultado da unión de biótopo e biocenose, agrupando todos os ecosistemas de estrutura e organización semellante, e estando composto por varias poboacións (unha poboación é o conxunto de seres vivos da mesma especie, denominados individuos).

Características

Os límites do ecosistema son abertos e atópanse interconectados, polo tanto, o que ocorre nunha parte del afecta ó conxunto e a cada un dos outros elementos en particular, por exemplo, especies.

Nun ecosistema teñen lugar diferentes interaccións dos seres vivos entre si e entre estes e os factores ambientais abióticos (=que non dependen da vida). Trátase de sistemas abertos, dinámicos e complexos:

* abertos: os ecosistemas transfórmanse debido a factores externos novos,

* dinámicos: os ecosistemas evolucionan sen a influencia de factores externos,

* complexos: nos ecosistemas actúan de diversos xeitos tódolos mecanismos e estratexias da bioloxía. Pode dicirse que son 'sistemas complexos adaptativos'

Os elementos bióticos e abióticos exercen influencia entre si (interaccións) e transfórmanse mediante a sucesión e evolución.

Evolución

Os ecosistemas funcionan de forma dinámica e evolucionan tamén cando se dan factores externos e constantes, nunha sucesión de varias fases ata unha etapa que poderiamos chamar de máximo rendemento vital, con interaccións máis complexas e tupidas, maior variedade de especies, ... , a etapa clímax.

A etapa clímax lógrase, por exemplo, co aproveitamento de nichos ecolóxicos de especies inmigrantes (cegoñas en Galiza) e de mecanismos de expulsión (gaivotas grises desprazando a gaivotas pintas). Non obstante, tamén é posible a adaptación evolutiva das especies, e os mecanismos citados non teñen por que ir en xeral cara ó clímax do ecosistema, senón cara a outro estado de equilibrio, como os dous exemplos citados neste parágrafo.

Nunha etapa de clímax sen interromper, os ecosistemas regúlanse por si mesmos (autorregulación). Os seus compoñentes interactúan entre si, de tal xeito que aparece un equilibrio de ciclos materiais e fluxos de enerxía (polo aporte de enerxía solar, fluxo térmico terrestre e magma de chemineas hidrotérmicas). Doutro xeito, non sería posible outra sucesión.

Podemos contemplar asemade estados no que unha fase de clímax dun ecosistema implica unha fase de menor rendemento doutro, como as diferentes solucións para o mantemento das ribeiras dos ríos: se se limpan a fondo, a produtividade en canto a especies acuáticas increméntase en xeral por incremento das disponibilidades enerxéticas (máis luz solar), mentras que en caso de non limpeza, é a produtividade da beira terrestre a que pode aumentar.

Funcionamento

Os seres vivos da biocenose inflúen no ciclo da materia e nos factores abióticos (factores medioambientais) por medio de tres tipos de organismos:

* Os produtores, organismos que crean materia orgánica a partir de substancias abióticas e da enerxía (luz solar, enerxía química, etc.). Pertencen a este grupo principalmente as plantas e bacterias.

* Os consumidores, organismos que se alimentan dos produtores ou doutros consumidores (especialmente os animais, incluído o ser humano) e que producen, a partir destes, dióxido de carbono e sales nutrintes.

* Os descompoñedores, os cales mineralizan ós organismos produtores e consumidores e convértenos de novo en substancias abióticas. Pertencen a este grupo principalmente bacterias e fungos. Este grupo é o que cerra o ciclo, permitindo a rexeración de substancias.

Os ecosistemas inflúense uns ós outros. Coloquialmente, acostúmase a usar o termo ecosistema en singular debido á relación global exposta.

Por exemplo, os ecosistemas mariños inflúen na atmosfera mediante o fluxo de enerxía e o ciclo da materia, e, ó influír na atmosfera, fano tamén nos ecosistemas terrestres, do mesmo xeito que o fan o efecto invernadoiro ou cambio climático.

Unha curiosidade exemplarizante do funcionamento dun ecosistema e as súas variacións está aínda en proceso na illa de Surtsey, preto da costa islandesa, creada por unha erupción volcánica e que se foi arrefriando, chegando logo a posarse así paxaros, que deixaron os seus restos e detritus, fertilizando a terra e dando a posibilidade que pouco a pouco fora colonizada por especies vexetais a partir de sementes levadas polo vento.

Concepto de Ciclo en mosaico

O feito é que distintas etapas dun ecosistema derivan de influencias ambientais alteradas eventualmente, con frecuencia, de xeito simultáneo. Así, por exemplo, un incendio forestal causado por un raio pode crear terreos non cubertos de capa vexetal na etapa clímax nun bosque. Deste modo, consérvanse a dinámica e as especies pioneiras necesarias que poden poboar áreas descolonizadas, e temos áreas en diferentes fases do ciclo, producíndose a posibilidade dunha rexeneración por zonas.

Amais, nalgúns ecosistemas, non sempre hai unha etapa estable de clímax constante. Tamén pode darse, sen influencias ambientais, unha sucesión constante de etapas que, despois de superar o máximo ecolóxico, pode transcorrer en reiteradas ocasións. De aí que o concepto de ciclo en mosaico defina a etapa clímax como un estado que ocupa un grande intervalo de tempo, no que a sucesión se desenvolve sen cesar. Un exemplo curioso é o dun tipo de formigas na selva brasileira, que van colonizando árbores dunha zona por orde, exprimindo cada un ata que baixa a súa produtividade, momento no que a colonia cambia de exemplar.

Estrutura e función

Os ecosistemas pódense observar e subdividir tendo en conta a súa:

* Estrutura (Dimensión do hábitat, espectro de densidade; nivel trófico) e

* Funcionamento (fluxo de enerxía, ciclo de elementos materiais, sucesión).

Os ciclos materiais e os fluxos enérxicos (fluxo de enerxía e nivel trófico) son importantes características e reguladores dun ecosistema, amais do espectro de densidade ou a distribución. Realizouse unha grande subdivisión na cal os círculos especializados trátanse de xeito máis concreto. Cando se analizan os ecosistemas enfocando a súa distribución, e non as súas relacións sistemáticas, fálase de ecotopo (sería algo así como a 'foto' do biótopo)

Clasificación pola estrutura:

Podemos nomear tres xéneros, que ordeados polo seu tamaño (e de xeito derivado, pola súa complexidade e estabilidade) serían:

Microecosistemas. Son os ecosistemas máis pequenos. Acostúmase a usar este termo para os ecosistemas microscópicos (unha rama podre, unha comunidade de microbios, etc.).

Mesoecosistemas. Son os ecosistemas cos que xeralmente interactúa o home e outros animais de tamaño semellante (un bosque, unha lagoa, unha selva, etc.).

Macroecosistemas. Comprenden grandes extensións de terra e/a auga e comunidades, á súa vez abranguen os microecosistemas e os mesoecosistemas. Exemplos dos macroecosistemas son os Círculos polares, os Océanos e as cadeas montañosas.

Outra clasificación estrutural moi usada dos ecosistemas é polo seu carácter de terrestres ou acuáticos.

Ecosistemas terrestres:

* Tódalas zonas climatolóxicas: pantanos.

* Zona climatolóxica polar:

o Inlandse

o Tundra

o Taiga, bosque de coníferas ou bosque boreal

* Zonas temperadas oceánicas:

o Bosque esclerófilo mediterráneo, bosque mixto de frondosas caducifolias, bosque mixto, bosque mixto de montaña

* Zonas temperadas continentais:

o Pradeiras

o Estepa

o Pampa

* Zona montañosa:

o Bosque de coníferas do andar inferior.

+ do andar medio (montano inferior)

+ do andar superior (montano superior)

* Zona mediterránea:

o Formacións de folla caduca dura.

* Zona tropical:

o Desertos:

o Deserto costeiro neboento.

o Deserto salgado.

o Sabana

o Bosque tropical seco.

o Bosque monzónico seco.

o Sabana seca.

o Bosque espiñoso.

o Altas montañas tropicais.

o Zona ecuatorial (Trópicos)

o Selva tropical

Ecosistemas acuáticos:

* Ecosistema límnico:

o Augas estancadas.

o Augas correntes.

* Ecosistemas mariños:

o Mares pouco profundos.

o Mar de fóra.

o Augas abisais

o Océano glacial

o Cantil, marismas rochosas

o Arrecifes de coral

o Pradeira salgada

o Marismas

o Manglar

Ameazas para os ecosistemas

* A evolución dos ecosistemas, debido á súa complexidade, só pode predicirse a grandes trazos.

* Como sistema complexo que é, calquera pequena modificación das condicións medioambientais, incluso cando esta variación non é perceptible ou mensurable, repercute, sempre, no ecosistema e produce unha modificación.

* Debido á influencia do home probablemente non existen máis ecosistemas que non recibisen a influencia humana. Por este motivo, a ecoloxía considera o grao de influencia humana un dos posibles criterios de clasificación.

* A sobreexplotación (explotación abusiva, e polo tanto interacción humana desestabilizadora) dos ecosistemas impide a sucesión. Por este motivo, entre outros, as especies pioneiras atópanse en vías de extinción. Sen estas especies pioneiras, os ecosistemas non poderán volver a rexenerarse.

As anteriores amezas poden concretarse na pŕatica de diversos xeitos, como a perda de biodiversidade (diminución do número de especies) por exterminio causado por perda de hábitat adecuado ou matanza de exemplares pola man humana.


Desequilibrios ecolóxicos

Ó ser os ecosistemas entidades en contínuo cambio, tamén de xeito contínuo se producen neles desequilibrios que en xeral son autoreverquidos (é dicir, autoregulados) debido ás propias interaccións no ecosistema. Non embargantes, poden identificarse diversos factores que producen impactos nos ecosistemas que desencadean o seu cambio duradeiro producindo algún tipo de desequilibrio que non son capaces de regular. Así, podemos considerar contaminación baśicamente a calquera tipo de desequilibrio inducido nun ecosistema difícil de compensar debido á súa magnitude relativa.

Póñense a continuación algúns casos de desequilibrios.

Cambio climático

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

O termo soe usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quentamento global. O UNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denominano variabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana (é dicir, á parte que ten a compoñente humana no cambio) úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico. De calquera xeito, así como pode verse no pasado a historia dos cambios climáticos e as súas influenzas, a novidade actual é que non se poden predicir de xeito exacto as implicacións que o cambio que pode producir debido á rápida escala temporal e á actual organización humana.

*Combustibles fósiles e quencemento global

A finais do século XVII o home empezou a utilizar combustibles fósiles que a terra acumulara no subsolo durante a súa historia xeolóxica. Logo de comezar co uso do carbón, a queima de petróleo e gas natural (en xeral, hidrocarburos) causou un aumento do CO2 na atmosfera, que ultimamente increméntse a razón de 1,4 p.p.m. (partes por millón) ó ano e produce o conseguinte aumento da temperatura por efecto invernadoiro. Estímase que dende que o home mide a temperatura fai uns 150 años (sempre dentro da época industrial) esta aumentou 0,5ºC e prevese un aumento de 1ºC no 2020 e de 2ºC no 2050.

A principios do século XXI o quencemento global é irrefutable, a pesar de que as estacións meteorolóxicas nas grandes cidades pasaron de estar na periferia da cidade, ó centro desta e o efecto de illa urbana1 tamén influíu no aumento observado. Os últimos anos do século XX caracterizáronse por posuír temperaturas medias que son sempre as máis altas do século.

*Planeamento de futuro

Tal vez os mecanismos de compensación do CO2 contribúan de xeito decisivo á estabilización do nivel actual de CO2: o aumento da absorción de dióxido de carbono polas plantas, a disolución del no mar, etc. De calquera xeito, parece que máis ben esos efectos poden ser todo o máis, temporais. Nun prazo de centos de anos, tal vez o Sol entrará nun novo mínimo. nun prazo de miles de años, tal vez nos salve a próxima glaciación. Pero non sería lóxico confiar neso.

No Cretácico, sen intervención humana, o CO2 era máis elevado ca agora e a Terra estaba máis quente. A pesar diso, polos cambios que produce a variación de temperatura media, o home ten que adquirir conciencia ecolóxica e diminuír as emisións de CO2, impedir a destrución da capa de ozono e non deforestar en exceso. A Terra agradeceránolo e os nosos fillos tamén.

Por eso, por exemplo, debemos distinguir moi claramente entre causas e efectos, e non confundilos levando a unha sensación de imposibilidade ou fatalismo no tratamento do cambio climático: a intervención humana leva causado moitos desequilibrios, e pode ser asemade o xeito de comezar un reequilibrio.

*Clima de planetas veciños

Hoxe podemos estudar o clima dos planteas veciños, sendo convinte moitas veces facer unha comaparación en relación coa Terra para unha mellor comprensión dos procesos.

Como se ten dito, o dióxido de carbono cumpre un papel regulador fundamental no noso planeta. Así a todo, o CO2 non pode conxugar calquera desvío e incluso ás veces pode fomentar un efecto invernadoiro desbocado mediante un proceso de retroalimentación (moitas veces nomeado mediante a verba inglesa 'feedback').

- Venus ten unha atmosfera cuxa presión é 94 veces a terrestre, e está composta nun 97% de CO2. A inexistencia de auga impediu a extracción do anhídrido carbónico da atmosfera por dilución naquela (como está a ocorrer de momento na Terra), este acumulouse e provocou un efecto invernadoiro intenso que aumentou a temperatura superficial ata 465ºC, capaz de fundir o chumbo. Quizá a menor distancia ó Sol fose determinante para sentenciar ó planeta ás condiciones infernais que vive na actualidade. Hai que lembrar que pequenos cambios poden desencadear un mecanismo retroalimentador e se este é suficientemente poderoso pódese chegar a descontrolar dominando por riba de tódolos demais factores ata dar unhas condicións extremas coma as de Venus. Toda unha advertencia sobre o posible futuro que podería deparar á Terra.

- En Marte a atmosfera ten unha presión de só seis milibares (arrededor dunha centosesentava parte da da Terra) e aínda que está composta nun 96% de CO2, o efecto invernadoiro é escaso e non pode impedir nin unha oscilación diurna da orde de 55ºC na temperatura, nin as baixas temperaturas superficiais que acadan as mínimas de -86ºC en latitudes medias. Pero parece ser que no pasado gozou de mellores condicións chegando a correr a auga pola súa superficie como demostran a multitude de canles e vales de erosión. Pero iso foi debido a unha maior concentración de dióxido de carbono na súa atmosfera. O gas proviría das emanacións dos grandes volcáns marcianos que provocarían un proceso de desgasificación semellante ó acaecido no noso planeta. A diferencia substancial é que o diámetro de Marte mide a metade que o terrestre. Isto quere dicir que a calor interna era moita menor, a superficie relativa maior e arrefriouse fai xa moito tempo. Sen actividade volcánica na actualidade, Marte estaba condenado e o CO2 foise escapando da atmosfera con facilidade (dado que ademais ten menos gravidade que na Terra, o que facilita o proceso). Tamén é posible que algún proceso de tipo mineral polo momento descoñecido absorbese o CO2 e ó non verse compensado polas emanacións volcánicas provocara a súa diminución drástica. O caso é que o planeta se arrefriou progresivamente ata conxelar o pouco CO2 nos actuais casquetes polares.

Efecto invernadoiro

Considérase en boa parte a causa do desequilibrio anterior. Denomínase efecto invernadoiro á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior, aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta. Para ter unha imaxe do que ocorre, imaxinemos un coche exposto ó sol: deseguida aumenta a súa temperatura por riba da do seu entorno debido a este efecto, propiciado polos vidros que deixan entrar a radiación pero non deixan saír parte dela despois de sufrir cambios no interior do vehículo, tentando saír como radiación infravermella, á que son opacos.

O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quence a superficie da Terra. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera que é necesaria para quentar a Terra, mantendo a temperatura estable ó nivel que coñecemos. Actividades como a queima de combustible fósil emiten gases (especialmente, dióxido de carbono, CO2)que actúan impedindo que escape a calor, producindo un quencemento superior ó que habería se non houbera ditas actividades. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os clorofluorocarburos (CFC), ou metano, os óxidos nitrosos e o ozono (a lembrar que a destrucción da capa de ozono deixa pasar máis radiación ultravioleta, de frecuecnias e enerxías altas, sendo ademáis un risco para a saúde a exposición á mesma)

A radiación electromagnética é capaz de elevar o estado térmico de calquera corpo a un nivel superior (maior temperatura), aínda a traverso do baleiro. Tódolos corpos, polo mero feito de estar a unha certa temperatura, emiten unha determinada cantidade de radiación electromagnética (porporcional á cuarta potencia da temperatura absoluta, isto é, en graos Kelvin) arrefriándose e quentando outros corpos. Tamén son capaces de absorber esa radiación, quencéndose. Así podemos observar o efecto de suavización dos cambios de temperatura que ten o mar, debido á súa capacidade calorífica que ás correntes entre a superficie e as profundidades, o que fai que a masa a quencer tamén sexa enorme, e o seu quencemento ou arrefriamento, moi lento.

Cando a radiación solar chega á superficie da Terra, esta quéntase. A enerxía absorbida é remitida como radiación infravermella. Sen embargo, non toda esta radiación pode escapar de volta ó espazo, xa que unha parte é absorbida de novo pola atmosfera (ó redor dun 90%), sendo un fenómeno semellante ó que mantén a temperatura cálida no interior dun invernadoiro, fenómeno do cal recibe o seu nome. Deste xeito, o equilibrio térmico (enerxía recibida = enerxía emitida) establécese a unha temperatura superior á que se obtería sen este efecto. En zonas da Terra cuxa atmosfera ten pouca proporción de gases de efecto invernadoiro (especialmente de vapor de auga), como nos grandes desertos, as flutuacións de temperatura entre o día (absorción de radiación solar) e a noite (emisión cara ó ceo nocturno) son moi grandes.

A importancia dos efectos de absorción e reemisión de radiación na atmosfera son fundamentais para o desenvolvemento da vida tal e como a coñecemos. De feito, se non existise este efecto, a temperatura media da Terra sería entre 30ºC e 40ºC menor, situándose a case 20ºC baixo cero.

*Gases de efecto invernadoiro e actividade industrial

Os máis importantes dos denominados gases de efecto invernadoiro ou gases invernadoiro, responsables do efecto descrito son:

- Vapor de auga (H2O)

- Dióxido de carbono (CO2)

- Metano (CH4)

- Óxidos de nitróxeno (NOx)

- Ozono (O3), e

- Clorofluorocarburos (artificiais).

Se ben todos eles (salvo os CFC) son naturais, en tanto que xa existían na atmosfera antes da aparición do home, desde a Revolución Industrial e debido principalmente ó uso intensivo dos combustibles fósiles nas actividades industriais e o transporte, producíronse sensibles incrementos nas cantidades de óxidos de nitróxeno e dióxido de carbono emitidas á atmosfera, co agravante de que outros problemas como a deforestación limitaron a capacidade rexenerativa da atmosfera para eliminar o CO2 (principal responsable do efecto invernadoiro).

Estes cambios causan un paulatino incremento da temperatura terrestre, o chamado cambio climático ou quencemento global, que á súa vez é orixe doutros problemas medioambientais:

  • Desertización e secas, que causan fame e poden destruír de xeito duradeiro terras antano fértiles.

  • Deforestación, que aumenta aínda máis o cambio pola diminución da capacidade de abasorción e fixación de dióxido de carbono.

  • Inundacións e fenómenos climáticos extremos, xa que ó haber máis temperatura na atmósfera, tamén hai máis enerxía dispoñible para ditos fenómenos.

  • Fusión dos casquetes polares, e outros glaciares, que causa un ascenso do nivel do mar, mergullando cidades costeiras.

  • Quencemento do 'permafrost', liberando gases de efecto invernadoiro, ...

* Destrución de ecosistemas.

Desenvolvemento das cidades

Na realidade non tería por que ter que ser considerado por sí só un desequilibrio. Pero a acumulación de xente, de seres vivos dun determinado tipo, sen compensación nos seus intercambios vitais por parte doutros seres vivos produce unha grande descompensación que se extende ás veces a zonas abondo alonxadas da propia cidade. Se por exemplo, unha familia illada pode depositar os seus propios excrementos nunha ampla zona e así serviren para fertilizar a terra, no caso dunha grande cidade eses excrementos constitúen un grande problema ó ser producidos en escala diaria de miles de toneladas e recollidos dun xeito concentrado, que habería que redistrbuír de novo para poder ser tratados de xeito convinte pola propia natureza.

Caso semellante sería a contaminación de dióxido de carbono ou a necesidade de enerxía para fábricas, casas ou mesmo transporte para concentrar os recursos (comida para a xente, materias primas para as fábricas) nunha pequena zona. Recursos que tampouco se poden almacenar indefinidamente na cidade e que por tanto necesitan asemade de medios de redistribución.


Traballo comezado a partires de datos da Galipedia (”http://gl.wikipedia.org”).

Lic.GNU Free Documentation License


1As poboacións, en particular as grandes, debido á actividade desenvolta nelas e ó gasto de enerxía que nelas se fai, inducen un aumento da temperatura no espazo que ocupan, en relación ós arredores, chamándoselle 'illa urbana de calor'

2020/12/10

Quen dixo cambio? O dióxido de carbono, a temperatura, o noso futuro...

   Isto vai de cambio climático. E de cambio nas emisión pola pandemia, é dicir, no cambio da intervención humana no clima por mor de estar en plena pandemia.

   Pois resulta que o cambio climático está fortemente relacionado coa presenza de dióxido de carbono na atmosfera. O dióxido de carbono producímolo nós o respirar, pero comezou a acumularse na atmosfera (e no mar) ó medrar o uso de hidrocarburos para queimar, en usos de transporte ou industria, entre outros. Co parón da pandemia do coronavirus, había quen se fixera ilusións de que ía frear o ascenso da contaminación deste gas. Os gráficos a continuación, que resumen datos ata o mes pasado, botan por terra esa esperanza: seguiuse a contaminar máis ou menos ó mesmo ritmo que se viña facendo. Mentres, en consecuencia, este ano será un dos máis cálidos dos que hai rexistros...

Comparativa anual dende os anos 50. A liña vermella é a medida media no mes correspondente. A negra, unha vez desestacionalizados os datos.

Comparativa dos últimos anos.

A anterior gráfica, coa liña entre novembros para ver a evolución neste ano 2020.

Os datos están tomados de https://www.esrl.noaa.gov/gmd/ccgg/trends/

Sobre o dióxido de carbono na atmosfera no blog Ribadeando.

Sobre o dióxido de carbono na atmosfera neste blog.

O artigo anterior desta serie.

2021/07/05

Canadá, 50 ºC. Ribadeo, frío

Gráfica da NASA manifestando a anomalía de temperaturas en norteamérica estes días, en comparación coa media dos sete anos anteriores. Imaxe no dominio público.

 

   As novas dan fe: no Canadá están a sufrir temperaturas de case 50 ºC, en zonas onde o normal é que nesta época pouco máis teña feito que comezar o desxeo. Mentres, Ribadeo marcou o comezo de ano máis frío deste século.

   Está tolo o clima? Diría máis ben que quen está tolo somos nós, como especie, os humanos. O clima só responde ás leis físicas, aínda que ás veces sexan complicadas de entender, ou mesmo, aínda descoñecidas.

  E, mentres, está a estenderse de que hai que difundir os efectos extremos para amosar a gravidade da situación climática e propiciar unha mentalización rápida e a conseguinte actuación para enfrontarse ó cambio nocivo que estamos a experimentar. En contra, ese alarmismo é respondido dende filas opositoras, chamándoo como econazismo ou etiquetas semellantes.

   Na realidade, non fai falta poñer fincapé na difusión de catástrofes, nin provocadas polo clima, nin doutro tipo: pola súa propia natureza, eses efectos extremos son carne de noticia. E, en relación ó clima, cada vez son máis frecuentes e máis extremos. De xeito estatístico, eses efectos que soian darse de cento en vento, aumentan de xeito rápido a súa frecuencia con aparentemente pequenas variacións de temperaturas medias. Ó fin, que é un aumento de 1 ºC?

   Ese aumento de frecuencia non só é para aqueles fenómenos que asociaríamos con temperaturas altas, senón que nun aparente paradoxo (só aparente) tamén vemos aumentos doutros fenómenos que asociamos con temperaturas baixas. E así, hai non moito, a pasada primavera, mentres unha ampla zona de Europa centrada no Báltico, estaba a sufrir unha abafante vaga de calor 'mediterráneo', ó estilo do que se pode pasar nas costas cálidas dese mar no verán, a zona mediterránea estaba a sufrir unha vaga de frío 'polar'. Ambas vagas, anómalas, por máis que fora máis rara a calor báltica. E ambas, episodios puntuais que por si sós non significarían nada máis que unha flutuación típica, se ben pouco frecuente. Pero a suma de flutuacións dun e outro signo vese aumentar en cantidade e profundidade, e iso si, ese cambio de frecuencia e profundidade do conxunto, é efecto do cambio climático

   E é que un aumento da temperatura media supón que a atmosfera dispón de máis enerxía, e polo tanto, é máis inestable. Dicir algo como que 'en Galicia viranos ben que aumente algo a temperatura polo cambio climático' é afirmar o propio descoñecemento do tema, e non só no que a rexistros de temperatura poda afectar, pois unha cousa é pensar na temperatura media e outra que debido a ese aumento se podan rexistrar máis veces indesexables extremos da temperatura, sobre todo, altas. E, por suposto, desestimar outros efectos asociados como a seca e o descontrol de precipitacións ou a chegada de furacáns ás nosas costas. Non, por desgraza as novas non son alarmismo: son alarmantes aínda que haxa que comprendelas e matizalas.

2013/01/24

Ribadeo e o cambio climático

Antonte foi un día frío para Ribadeo. Mais, a xente dixo que onte era máis frío, e unha vez consultados os datos meteorolóxicos, está claro que andaba errada. É doado facerse unha idea falsa da temperie que ven en cada momento, de xeito algo semellante a como ás veces, menos datos poden resultar en máis claridade.
En relación ó primeiro, onte, a temperatura en Ribadeo foi superior á de antonte, en varios graos, mentras que había xente que dicía que facía máis frío. O quid está no que se chama sensasión térmica, que depende da temperatura, pero tamén do vento e da humidade, e que fai sentir unha sensación de máis frío por acción do vento. E onte houbo abondo vento.
En canto ó que dicía de menos datos e máis claridade, en Ribadeo o cambio climático está visible en pequenos detalles, como o adiantamento das estacións meteorolóxicas e cousas relacionadas, como a floración ou a saída de follas, que fai ique algunhas árbores sofran stress. Deixo abaixo unha táboa feita coas temperaturas máximas recollidas na Pedro Murias, pero tomando só o número de días en cada ano nos que a temperatura medida nalgún momento superou os 25 graos. A tendencia ascendente é clara, podendo dicir que aumenta de media máis dun día por ano ...
... aínda estando lonxe de ser un número de anos e medidas abondo como para dicir que en Ribadeo estamos sufrindo o quencemento climático.
Por certo, hoxe hai 5 anos que tíñamos sobre nós o 'Klaus'.
Entrada participante en 'el carnaval de la física', coordinado en enero de 2013 por Eureka.

2017/11/01

O mundo é complicado, por algo o principio de precaución

Iso do 'principio de precaución' non parece estar moi de moda. Non obstante, cada vez se ve máis a súa necesidade no complexo mundo no que vivimos. E cada vez se nota máis a súa falta en relación a cousas como o cambio climático ou o furado de ozono.
O mundo é complicado, pois as múltiples relacións que no seu interior se desenvolven poden convertir a priori calquera causa en produtora de calquer efecto, e só un estudo moi minucioso pode aportar certas garantías de que se chegará ó efecto desexado e non a outro. Estamos afeitos ás simplificacións necesarias para poder estudar, chegar a conclusións e predicir no mundo físico. E de tan afeitos, parece que nos esquezamos das simplificacións que estamos a facer. Ás veces, tamén, o esquecemento é interesado (e aí entraría a teoría de xogos para comprender a nosa actuación para tentar sacar máis melloras que os demáis, aínda con custe neto para o conxunto) pero iso non entra xa dentro das consideracións que espero traer hoxe aquí.
O caso é que nunha volta de xiro, agora resulta que o mesmo que hai sistemas que tenden a desestabilizarse máis cando se comezan a desestabilizar (aí, a liberación de grandes cantidades de CO2 polo permafrost ó aumentar a temperatura deste e desfacerse), apareceu un novo sistema que contribúe á estabilización da temperatura por captura de CO2, mitigando o efecto invernadoiro. Trataríase dos bosques boreais, a traverso dun mecanismo sinxelo: se a temperatura media sube, a súa capa verde está menos tempo cuberta pola neve, e iso implica que pode realizar a fotosíntese máis tempo, aumentando a fixación de dióxido de carbono.
Así pois, descubriuse un novo aliado no cambio climático. Iso non quere dicir que xa teñamos a vitoria, nin moito menos! Pero ao menos, da unha oportunidade máis para que demos feito os cambios necesarios para mitigar algo o cambio, preparándonos a nós e ó planeta para o aumento das temperaturas e facendo que sexa o máis pequeno posible.
Lembremos: a Terra está en un equilibrio complexo que levamos moito tempo empurrando para desequilibrar. Agora, xa o logramos, e ese desequilibrio vemos como leva consigo cambios que nos pode levar por diante... Non estou seguro que o noso nivel de comprensión sexa abondo para actuar como debéramos. Polo momento, non foi así.
Temperatura dos océanos. Imaxe no dominio público, collida de gl.wikipedia.org creada pola NASA

2011/01/20

O ano previo ... a algo (segundo a física)

En contacto co "antroido da física" (xaneiro 2011) e o seu blogue anfitrión este mes, 'curiosidades de la microbiología', segundo as normas do antroido da física.

Contas as crónicas que este será o penúltimo ano... Dende as sibilas (que hai que interpretar despois de ser elas mesmas interpretadoras), pasando polo calendario maia (que ó non facerlles falta máis, tiñan un contador numérico limitado) ou programas de simulación informática (con datos escollidos ad hoc) a Nostradamus (outro intérprete do futuro que é necesario reinterpretar), os modernos gurús do futuro interesado teñen previsto que 2012 sexa un ano de desastres para a humanidade (algúns ata os focalizan no 21 de decembro dese ano, facéndoo coincider cunha desas datas especiais na Terra, o solsticio de inverno), que poderían chegar á súa extinción ... dende un mero pasar un mal ano (algo que, en plena crise, non será difícl que se cumpra).
E, no fondo, o interese. Dende a venda dun cantos libros 'escatolóxicos' á promoción dunha película con numerosos efectos especiais, '2012', marcando o rumbo.
Hai que lembrar o rebumbio que se armou na 'cristiandade' cando se aproximou o ano 1 000, do que tamén se dicía que ía ser o fin do mundo (por iso de ser un número redondo nun calendario concreto, o seguido pola cristiandade), que quedou moi debilitado para o ano 2 000 (só co efecto y2k nos ordenadores), para ter unha imaxe do que pode significar un tal 'efecto'.
Hai poucos días tiven que ver de xeito obrigado un par de vídeos curtos sobre o tema, e logo puiden falar algo do que me parecía a min, comezando a falar de cousas que é físicamente posible, mesmo cunha probabilidade superior á media dos últimos alnos, que sucedan. E é que, con bases físicas, hai quen poidera estar tentado a subirse o carro da película. Ó fin, parece que as catástrofes máis achegadas a nós no tempo son peores e hai máis (Jorge Manrique, 'cualquiera tiempo pasado / fue mejor'), pois así son as nosas lembranzas, e ademáis temos os efectos do cambio climático, que naturalmente tenden a incrementarse, e polo tanto, as últimas tempadas de ciclóns foron das peores que se lembran, e sempre está presente a posibilidade de destrucción atómica, e grazas á técnica, cada vez hai máis posibilidades de atopar algún corpo celeste que graciosamente se achegue á Terra algo máis que outros, e as probabilidades dun destrutor terremoto, o 'big one', seguen aumentando en California. Ademáis, este ciclo solar parece especialmente virulento, e aínda que non remata de remontar, aí está a predicción de que o cambio climático podería parar o motor da corrente do Golfo, variando por completo o clima arredor do atlántico norte, e ... poderiamos seguir. E, si, é moi probable que algún día fenezamos, ademáis de que é aínda máis probable que cada un de nós fenecerá... eu dría que cunha probabilidade do 100% se entendemos a morte como na actualidade. E con explicación física!

2023/01/28

Subindo. O nivel do mar

    As mareas? Si, claro. pero non me refiro a iso, senón ó nivel medio.

    En cada costa hai movementos locais que poden facer que o nivel do mar, relativo á terra nese punto, sufra altibaixos. Pero a nivel mundial, o cambio climático, tanto pola dilatación da auga mariña co aumento de temperatura, como polo aumento de auga no mar polo derretemento do xeo continental, fai que o nive medio suba. A gráfica a continuación é unha representación dese feito. Realizada na Universidade de Colorado, amosa tanto oincremento destes últimos 30 anos como a aceleracióndesa suba, sendo outro factor a indicar que os efectos do cambio climático están a acelerarse.

    Nestes últimos trinta anos, o nivel subiu uns dez centímetros. Na Veiga xa o están a notar nas mareas altas...

2020/11/11

Un iceberg dúas veces o tamaño da Mariña

Hai máis de tres anos deixaba esta entrada: Un billón de toneladas de xeo. daquela, a nova era que estaba recén desprendido da Plataforma Larsen C da Antártida un xigantesco iceberg de máis de 100 km de longo. Tardou tempo, uns dous anos e medio, en afastarse da Península Antártica, deixando atrás o punmto máis ó norte do continente xeado. Pero este ano, xa no océano aberto, arrastrado pola corrente, está a moverse moito máis rápido, e posiblemente chegue a colisionar contra unha illa colonia británica, Xeorxia do Sur (si, a base máis próxima que usaron os británicos cando atacaron as Malvinas).

O caso é que tan xigantesco anaco de xeo (A-68A por nome) pode tardar dez anos en derreterse substancialmente. E iso aínda despois de partirse en anacos máis pequenos, pois o orixinal chamábase A-68, do que o A-68A é o maior.

E o choque é un problema medioambiental para as illas. Mirando o tamaño relativo na imaxe da ESA que relata o seu movemento  ata a actualidade coido que pode comprenderse de xeito doado:

E é que a distancia actual de separación coa illa, uns 300 km, é só unhas tres veces a súa lonxitude, e o tamaño da illa, 3756 km2, é semellante ó de A-68A. Se pode deixar a costa sur da illa cuberta dunha grosa capa de xeo durante dez anos, o ecosistema dunha zona superior á Mariña resentirase... Cousas do cambio climático? Máis ben, cousas que acelera o cambio climático, pois desprendemento de icebergas xigantes habíaos de antes, pero non na cantidade que hai agora. Así, sen ir máis lonxe hai pouco máis dun ano desprendeuse outro que podería dar de beber a Ribadeo durante... 300 000 anos, o D28.

(Nota: tamén publicado en https://www.ribadeando.com/2020/11/un-iceberg-duas-veces-o-tamano-da-marina.html )

2021/10/30

Terremotos? Si, claro

    Como xa saberás, na noite de xoves a venres houbo un terremoto con epicentro pŕoximo a Galicia de intensidade 4,4 mbLg, que se deixou sentir en toda a zona norte, e por suposto, dentro dela, na Mariña. Eu sentino, entre soños díxenme 'isto é un terremoto suave', din media volta (na cama) e seguín ó meu, que naquel momento era durmir.

   A Terra está 'viva', e maniféstao de diversos xeitos, sexa na procura de novos equilibrios ecolóxicos que tenten reequilibrar os desequilibrios que se van producindo, sexa polo cambio climático ó cambiar a constitución atmosférica, ou sexa polo movemento de placas tectónicas impulsado pola transferencia de calor calor interno que aínda conserva a Terra dende a súa constitución como planeta, entre outros casos que manifestan esa vitalidade do planeta. Atención, vitalidade non significa que, no que en relación ó mantemento da nosa vida, non estea a esmorecer e podamos empregar a imaxe de que 'a Terra morre': somos nós os que, polos cambios na Terra, temos peores condicións vitais (nosas).

   Volvendo ós terremotos. Prodúcense por movementos desas placas que lle dan armazón á superficie terrestre, a modo de exoesquelete. Cando dúas placas se moven de xeito relativo (ou dúas partes máis pequenas delas, subplacas, o fan, ou mesmo a liberación de tensións internas dentro dunha subplaca), pode ser para xuntarse, golpeando unha contra outra e onde unha tenderá a ir por riba da outra, para separarse, creando un espazo entre elas polo que pode saír material do interior terrestre, ou de xeito lateral unha esvarando en relación a outra. En calquera dos tres casos poden producirse terremotos, ó non ser os movementos suaves, senón producirse a saltos, cando vencen a resistencia (o 'rozamento') que ofrece o propio terreo. Ademais, poden producirse por outras causas, como os volcáns, como está a suceder na illa da Palma.

   O caso da chamada 'falla de Triacastela', que se chega dende a montaña do sur de Lugo ata o Cantábrico despois de pasar pola zona de Viveiro corresponde a unha raxa menor no interior da cortiza terrestre, que de cando en vez deixa terremotos, máis ben cara ó seus extremos, na zona de Triacastela ou no mar a uns 50 km da costa, como neste caso, onde se produce a discontinuidade da placa continental paralela á costa Cantábrica.(1)

   Cabe dicir que os movementos terrestres están á orde do día. Na páxina web do Instituto Xeográfico Nacional rexístranse uns cantos terremotos tódolos días, e iso, porque teñen que poñer un límite de intensidade mínima para cortar a lista nalgures, pois noutro caso, a lista sería interminable. Ademais, cando se produce un axuste relativamente grande na cortiza terrestre, non queda 'exacto', tendo a continuación xeralmente movementos de reaxuste máis pequenos nas proximidades do 'grande'. É dicir, sismos de menor intensidade, ós que se lles chama 'réplicas'. Así, neste caso houbo unha réplica ó pouco tempo, menos de 25 minutos despois. 

   Deixo dous anacos da lista do IXN para comparar. Na primeira columna, a magnitude: a maior magnitude, máis intensidade. Na segunda columna, data e hora, en UTC, é dicir, para a hora legal peninsular, a piques dun novo cambio horario, hai que sumarlle 2: o que aparece como as 4:32 UTC nos nosos reloxos terían codificados, leríamos '6:32', (hora legal en España peninsular). Nos lugares, sobresaen a cantidade detectada na illa da Palma (ILP), sexa no concello de Fuencaliente ou en Villa de Mazo. Nesa mesma columna, para os terremotos de maior magnitude, tamén aparece a intensidade máxima, unha especie de 'tradución' da magnitude a outra escala para equiparar os efectos de destrozos dos diversos terremotos. A última columna que aparece é a profundidade do epicentro, é dicir, do lugar onde se orixina o terremoto:


   Vemos que o terremoto 'do Cantábrico' produciuse ás 04:32:11 UTC, cunha intensidade de 4,4, a 92 km de Ribadeo (65 km de Burela, 58 km de Viveiro ou 42 km de Estaca de Bares), e unha réplica ás 04:56:00 UTC con intensidade 2,3. Os datos totais brindados na web indican claramente a posición, aínda que neste caso non dan a profundidade do epicentro do sismo máis intenso (aínda que si do menos intenso, 4 km):



   Pódese observar que a réplica foi un terremoto abondo superficial, e, no mapa, asemade xa na beira da placa continental. Ademais, as caracteríticas de ambos terremotos non os facían produtores de maremotos. Por sorte, pois ó estar tan próximos á costa, o tempo de chegada, e polo tanto, o tempo de evacuación aínda para os lugares máis apartados da Mariña tería sido menor de unha hora.
   Un resume de terremotos recollidos polo IGN na mesma zona nestes tres días é:
   Nunha escala máis ampla, o mapa de terremotos recollidos nas proximidades de territorio español, resume destes tres últimos días sería:
   Onde vemos que se destaca o terremoto do Cantábrico, por ser dos importantes na zona nese período, pero sobre todo, a estrela na illa da Palma, pola acumulación de sismos, algún significativamente máis intenso que o do Cantábrico.
-
Agunhas entradas sobre terremotos próximos, no blog:
-

Cŕedito das imaxes: IGN, permiso de reuso da información do sector público, capturadas o sábado 30 de outubro de 2021.

--

1 O coñecemento da zona está progresando día a día. O último artigo científico publicado sobre o fenómeno dos terremotos na zona, en particular en relación coa falla Cantábrica foi hai poucos días, aquí (e non inclúe ningunha 'falla de Triacastela', aínda que si a de Viveiro ou a de Valdoviño, que rematan, en particular a primeira, próximas a Triacastela, e a primeira aemáis segue o camiño cara ó mar que corresponde co que teño visto da 'falla de Triacastela').

 

2007/05/15

Fenómenos Meteorolóxicos

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Fenómenos Meteorolóxicos

Autoría: Patricia López López e Alba Prados Castro
Grupo: 2bt
Data entrega: 07/04/10
1.Introdución e Hipóteses.
Nun primeiro momento o traballo ía consistir en algún tipo de estudio sobre os satélites ou algo parecido, pero isto derivou en tratar o tema da meteoroloxía. A sí mesmo, a primeira idea que consideramos era a de realizar un álbum de papel de fotos dende o meteosat, para poder observar como se ven os fenómenos meteorolóxicos desde o espacio. Todas estas ideas derivaron no que agora é unha presentación coa súa explicación destes fenómenos.
2.Pequeno resume.
Trátase dunha presentación en ordenador onde se explica a formación dalgúns dos fenómenos máis comúns, así como a mostra de fotos e esquemas destes desde o meteosat.
This project consists on the explanation of the meterological phenomena and some photos to explain them better.
3.Obxectivos.
O que se pretende con este traballo é amosar as incribles imaxes a que dan lugar estes fenómenos e que descoñecemos. O máis normal é que nos fixemos nas consecuencias que se desatan coa formación dun furacán, dun tsunami… pero ter outro punto de vista destes tamén é curioso.
4.Base teórica.
A maior parte da información neste caso foi sacada do libro “La Enciclopedia del Estudiante. 10 Ciencias de la Tierra y del Universo”. A formación dos fenómenos máis normais así como os tipos de ciclóns tropicais e as súas características básicas, inda que se perfeccionaron coa búsqueda de máis información en internet.
Fenómenos máis normais:
Ventos: É o movemento do aire, e orixínase como consecuencia de diferencias de presión e temperatura entre dous puntos da atmosfera.
Choiva: Prodúcese cando as pequenas pingas das nubes se agregan.
Neve: Orixínase en determinadas condicións, cando nas nubes se forman pequenísimos cristais de xeo e se agregan despois formando os copos de neve.
Granizo: Prodúcese no interior de nubes de tormenta, cando o vento ascende moi rápido e se encontra unha capa de aire moi fría.
Néboa: É a condensación de minúsculas pingas de auga no aire próximo ao chan.
Rosada e xeada: O vapor condénsase formando pinguiñas de auga sobre o chan e as plantas. Estas pingas mantéñense por a mañá e denomínase rosada. Se sucede o mesmo cando a temperatura está por debaixo dos 0º, fórmase a xeada.
Fenómenos máis graves:
As grandes tormentas: Un ciclón tropical é un sistema de baixas presións con choivas e actividade eléctrica, e ventos que rotan en sentido antihorario no hemisferio Norte. Dependendo da velocidade do vento, poden ser de tres tipos:
- Depresións tropicais (non superan os 62 km/h = 17,22 m/s)
- Tormentas tropicais (entre 63 e 117 km/h = 1,5 e 32,5 m/s)
- Furacáns ( máis de 118 km/h = 32,77 m/s)
Tornados: Son ciclóns pequenos e de vida moi curta (unhas horas). Unha masa de aire calente, ao chocar con un frente frío, forma unha poderosa tormenta e crea as condicións propicias para un tornado.
Tsunamis: Non se trata dunha ola senón dunha serie delas. A medida que se acerca á costa sofre un fenómeno de refracción, diminuíndo a lonxitude de onda, disminuíndo tamén a velocidade, pero incrementándose en altura.
Fenómeno El Niño: É unha situación meteorolóxica especial que causa importantes alteracións na dinámica da atmosfera e do océano. Prodúcese no Pacífico cada certo tempo provocando un cambio climático radical.
5.Traballo.
Deste proxecto non houbo cartelería posto que ao ser unha presentación o único que se podería facer sería unha breve explicación de cada fenómeno. O que se puxo en inglés na presentación foi:
This project consists on the explanation about how the meteorological phenomens form. Also there are some photos to illustrate them and some structure graphics to explain them better.
6.Distribución.

Outubro: Búsqueda dos posibles traballos a realizar na feira.
Novembro: Maduración do tema finalmente elexido e comezo da búsqueda de información.
Decembro (e vacacións de Nadal): Búsqueda da maioría das fotos, xa que son complicadas de encontrar tal e como as precisábamos.
Febreiro: Finalización da presentación.
Marzo: Entrega previa do traballo ao profesor e cambio dalgúns datos ou fotos a petición deste. Entrega definitiva.
7.Materiais e Orzamento.

Posto que decidimos realizar o traballo de forma dixital para evitar o gasto de papel, que ía ser moito o empregado, non hai ningún tipo de gasto salvando a corriente eléctrica que precisa o ordenador.
8.Descrición.
O primeiro é observar que non todos os fenómenos meteorolóxicos teñen as mesmas características. Por iso, os dividimos en dous apartados: os fenómenos máis normais e os fenómenos máis catastróficos. Nos primeiros atópanse os que son máis comúns e que non causan desgracias a non ser que cheguen a un punto extremo como pode ser a choiva se é moi forte e provoca o desbordamento dos ríos ou algo polo estilo. Outros exemplos dentro deste grupo sería a néboa, o vento ou a xeada. Dentro do segundo grupo situaremos os ciclóns tropicais (tormentas, depresións e furacáns), os tsunamis ou, por exemplo, o fenómeno El Niño que só se da no Pacífico.
9.Material.

Debido a que o ordenador non funcionaba ben non se logrou ningunha foto con el encendido.
10.Conclusións.
Con este traballo houbo un problema posto que o ordenador non funcionaba ben. A pouca xente que lo puido ver quedou sorprendida por as fotografías que alí se mostraban e preguntábanme de donde as sacara. Tamén observei que non tiñan moita gana de ler toda a explicación de cada fenómeno, polo que se o volvera facer cambiaría a teoría e pondríao máis tipo esquema para que a xente non se cansase de lelo.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

2013/01/09

A temperie ribadense no 2012

Primeira Parte.

(2ª parte) (3ª parte)

Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen grandes excesos meteorolóxicos, a diferenza doutros anos anteriores. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, pódese trazar unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano
1.Introducción
En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Pedro Murias, que D. Luciano Zubillaga mantén en perfecto funcionamento na actualidade. Do pasado, dispóñense de series de datos de diversos períodos, e hoxe, semanalmente, o mesmo Luciano fai un resume dos datos da estación manual para a Comarca.
A estación ten dous conxuntos de instrumentos. Un manual, ó que corresponden os citados datos de diversas épocas, aínda sen analizar. O outro automático, que foi incorporando instrumentos e que no que ten relación con temperaturas, comezou a funcionar no 2001, pero que nos seus comezos non representa un conxunto harmónico por faltarlle abondos datos invernais ata 2003.
Os conxuntos de datos de ambas estacións parecería que son intercambiables, pero por cuestións técnicas só son relativos, o que fai que nun primeiro estudo sexa preferible ter en conta só un deses conxuntos. Por estar accesibles en internet ata a actualidade, elixín o conxunto de datos da estación automática. 2.Temperaturas
A temperatura últimamente soe chamar máis a atención que outras variables meteorolóxicas por cuestión do cambio climático. Mais, facendo referencia case exclusiva á temperatura  dun só ano, non se poden esperar mostras de dito cambio, que implica períodos de tempo moito máis longos.
2.1. Temperaturas medias diversas.
A táboa cos datos recollidos é a seguinte:

Nela xuntei o resume de datos referentes a temperaturas.
En negro, na primeira liña, aparece o promedio de temperatura anual dos anos 2003-2012. En azul, as medias mensuais dende o 2003 ata hoxe mesmo (por exemplo, os 10,2 ºC de xaneiro corresponden á media de temperatura de tódolos xaneiros de 2003 a 2012). E na penúltima liña, a media anual acumulada dende o 2003, que vemos que case non se move, aínda que poñendo os datos con máis decimais ten unha pequena tendencia á suba
2.2. Temperaturas medias anuais.
Represéntase abaixo os datos dos promedios de temperaturas anuais, observando que se ben 2012 foi máis quente que a maioría de anos do século, está lonxe das marcas de 2006 ou 2011, medio grao por baixo. 

En conxunto, a temperatura media anual indica diferenzas de medias anuais de ata 1ºC en Ribadeo, entre o 2010, o ano máis frío, e o 2011, o máis cálido, tendo o ano recén rematado unha temperatura xusto media entre os dos anteditos.
A gráfica anterior é temperatura media anual acumulada, que como é de esperar vai variando cada vez menos, estebilizándose, aínda que cunha pequena tendencia a subir.
2.3.Temperatura media mensual.
A temperatura media mensual ó longo destes últimos anos (2003 en diante) da unha gráfica que é característica, cun máximo en agosto, seguido de preto por xullo, e un mínimo en febreiro, seguido de preto por xaneiro, correspondendo con que as temperaturas diarias máximas se rexistren uns 45 días despois de S. Xoán e as mínimas, uns 45 días despois de Sta. Lucía.

A gráfica típica de temperaturas mensuais pode complementarse con outra que expresa os mesmos datos cunha visualización diferente, na que se presenta a temperatura media como un curioso óvalo simétrico, inclinado debido ó desfase entre as máximas/mínimas e os puntos básicos astronómicos recollidos polo calendario.
É dicir, son os mesmo datos anteriores, expostos nun tipo de gráfica diferente. É claro o desfase de do máximo de temperatura uns 45 días en relación ós eventos astronómicos (por exemplo, o máximo de temperaturas a comezos de agosto, tendo sido o solsticio de verán o 21 de xuño)
-2ª parte- -3ª parte-
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.